Page 1

EXERTOS Unha das prácticas que fixemos este ano foi facer varios tipos de enxertos; o inglés, o de xema, o de coroa, e o de fendedura. O de xema non o conseguinos debido a que a corteza non se desprendía con facilidade; o de coroa tampouco xa que hai que facer varios cortes verticais na corteza e introducir a púa entre ésta e o cambim. O de fendedura faise de octubre a marzo polo tanto era a época ideal cando o fixemos, tamén o inglés resultounos fácil xa que a madeira estaba moito máis dócil para facer os cortes. Quixen levar a teoría á práctica, todo o que explicou Marina nas clases intentei levalo ó pé da letra, cousa que foi totalmente imposible, xa que cando eu pensaba que o estaba facendo ben, resultou que non sabía nin coller a navalla, parece unha tontería pero aprendín unha cousa na práctica que seguramente na teoría me parecería algo indiferente; desta maneira, os cortes fanse limpos e líbrome de peligros como rebanar un dedo. A pesar de ser unha práctica ficticia aprendín moito máis nese día que se tivese que estudiar imaxinando como podería ser. Eche ben certo, que enxertar é un arte. Na miña aldea o mastic que utilizan é excremento de ovella, cúbreno cun saco e átano cun cordel de empaca e… ó final ten éxito. Iso si que é arte.


Enxertos  

Enxertos xevi arte

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you