Issuu on Google+

The Muros Times ANO 0 – Nº 3

– XUÑO-2013

REVISTA DIXITAL DE ARTE E CULTURA

UNHA FIESTRA EN LIBERDADE FEITA POR MURADANS E ADICADA A TODOLOS MURADANS 1


The Muros Times ANO 0 – Nº 3

– XUÑO—2013

Carta da Redacción: “The Muros Times” sigue crecendo, tanto en colaboradores como en páxinas, e neste número de xuño abrimos unha sección adicada ós muradans na diáspora, ós que con todo agarimo queremos rendirlle o pequeño homenaxe que supón traelos, unha vez mais o noso recordó, refrexando nas páxinas da revista o seu estar con nós. Moito lle ten que agradecer Muros ós centos de homes e mulleres que espallados polo mundo, moitas veces forzados por causas económicas ou sociais tiveron que asentar e facer as súas vidas nunha terra alléa a súa, pero sempre coa súa casa; seu rueiro; a súa aldea, o seu pueblo, ou a súa Vila, no mais fondo do seu corazón. Ninguén emigra por gusto. Doe deixar a terra, a familia, os amigos. Doe sentirse só; pero o afán de voltar está sempre presente: “Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei”. ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!.

Non nos deixades¡¡¡. Estamos sempre con vos ¡¡¡

The Muros Times Difusión da Cultura. Exemplar gratuíto, prohibida a súa venda. 2


COLABORADORES:

Jorge Lago de Pexejo Henrique Monteagudo María Castiñeira Joaquín Vilar Antón Lago Alfonso Pouso—Quín Caamaño Escola de Música Esmu— Manuel M. Caamaño Manuela Tajes—Marisé Luces Manolo de Lajo— Manuel Lago

3


The Muros Times ¡¡¡

UNHA FIESTRA EN LIBERDADE FEITA POR MURADANS E ADICADA A TODOLOS MURADANS

4


”The Muros Times” nas bibliotecas The Muros Times xa está nas bibliotecas municipais de Muros, na Biblioteca Xosé Agrelo Hermo do Colexio Ricardo Tobio de Esteiro, no Instituto As Insuas, Colexios: Fontexería, Ramón de Artaza, e Colexio de Louro. Gracias os responsables das bibliotecas pola acollida a revista; non deixa de ser unha acollida a CULTURA. Gracias tamén a nosa colaboradora Nieves Formoso por levalas aos centros, e gracias o Concello de Muros, que se fai cargo da impresión das revistas.

E-mail a “The Muros Times” : Gonzalo Brea Romaní Como director do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío de Esteiro, e en nome da comunidade educativa, queremos agradecer ao equipo de The Muros Times a deferencia que tivo ao entregar dous exemplares da súa revista para a Biblioteca Escolar "Mestre Agrelo" do noso centro. E sobre todo a Nieves Formoso Vidal que foi a encargada de traelos persoalmente. Moitas grazas.

5


NAVEGAR POLO INFINDO No cume de Monte Louro Plantei o meu corazón, Bandeira a frotar no vento, Mastro senlleiro, maior, Dun grande barco de vela Ancorado no solpor. Polo sur vén Corrubedo; A par da proa, O Neixón..., A Roda, O Facho e A Insua Mantéñense en comunión Co meu navío sagrado, (Onde mora a devoción Dos ancestros parroquianos, Loureanos de nación), Envexa de riatelos E gareteiros do Son. Cando emprenda a travesía, Cando endereite o timón Rumbo ós dourados infindos, -Pazos de dormir o Sol-, Para navegar tranquilo, Quero, por tripulación, Uns mariñeiros veciños, Cofrades do Caldeirón, Expertos, nos Tres Saltiños, Practicantes da inmersíón, Nadar na casca da auga, De “resolgo” e a pulmón..., Desde o limpo ata o escuro, Facendo esa exhibición Con testemuñas expertas Nas Artes da Natación, En pórse cu para riba, -En bolas, sen bañador-,

Amosando esa gaitiña, Vermiño triste e sen voz, Por mor de estar enrugada Do salitre e o arneirón, Pouca boroa na casa, E de carne, nin ración...

Quero, pois, xente probada No sufrimento peor; que navegar polo infindo non che é unha broma, ¡non!

¡Rompe amarras, Monte Louro, Adiante, e a polo Sol, Antes de que o roube a noite, Co seu bocado traidor, Pra nos deixar desnortados Ó pairo do perdedor!

P/ Manuel María Pena Silva

http://rioderradeironaeiroa.blogspot.com.es/

Fotografías de: Jaime Martínez Fernández (JAIMOLO)

6


¡MORREU DE AMOR!

REFREXOS

p/ Mª Luz Pérez Quintela

¿Por qué tocan as campás Neste día tan fermoso…? Preguntáballe Manuela A María, a de Xestoso.

P/ A. Pouso

¡Ay Manuela, Manueliña,

Arrebatadoras son as ondas

Morreu case sin sentir

Que me chaman a ser náufrago nas túas praias

Dun mal que non sei dicir.

Mariquiña a de Xosé

¡Oh, doce muller, querida miña!... Morreu soiña e distante

Arremetendo con forza, entraches a miña ialma. Tenra e fráxil, cal paxariño que na mañanciña a o sol, trina e canta…

E ninguén puido saber Porque sempre estaba ausente

E son os meus maiores anhelos

Sen falares con ninguén.

Os queixumes de amor da tua garganta… Dis que preto a súa fiestra

Máis…., insondables son os teus peitos,

Pasaba as horas sin xeito,

Do teu corpo as perfectas redondeces,

E dis que falaba soa

Que agochan a negrura, tristeira e profunda soiedade,

E choraba coma tola.

Aloxada nos plegues de todo ser…, i é a ialma. Deixaste a inocencia adormecida pra do amor beber as súas ansias…

Afundida nun tormento. Así a mirei no solpor

Libando no cáliz da vida, facendo sofrir por onde pasa

Un día que fun a vela.

Gran paradoxa o amor é, meu tesouro…

¡Non tiven con que falar.

Póis ofreceche de bon grado él as suas ás, Máis o tomar altura , cara do sol en pos,

Volvín moi triste, Manela!

Tras da sua amada…

¿Morreu de amores quizáis…?

De un só mandobre che aturuxa, sofres , bagóas , esgorxache, eso é ao fin…,

¿Qué pensas ti Maneliña…?

Miña doce Praia, o que agochado ….

¡Morreu de amores, María

Aló moi fondo e dentro ..., a tua ialma garda.

De tristura, soedá e melancolía!

7


A NOSA XENTE Miriam Lago Sendón,

Domingo Barreiros Lago,

naceu o

21 de febreiro de 1982, en Muros. Mudouse á illa de Lanzarote aos 19 anos onde traballou como camareira durante os 10 anos seguintes. Entre café e café utilizaba os comandeiros onde anotaba as bebidas para escribir calquera historia que se lle ocorría, inspirada na historia dalgún cliente. Con esas notas foi facendo un libro destinado á familia por Nadal, e así descubriu que esta era a súa verdadeira vocación. Así naceu “Entre sueños y paseos” . Non parou de escribir desde entón, creando blogs onde expón algún dos relatos, grupos de lectura facebook e e unha páxina persoal onde, a parte dos seus relatos, descubre novos escritores, ilustradores e artistas. Actualmente colabora en Universo da Maga, unha web cultural de Granada.

naceu na parroquia de Louro, en 1942. Alumno da Escola de Abaixo e posteriormente do Seminario de Herbón onde cursou o bacharelato. Matriculouse no ano 60 por libre na Escola de Maxisterio de Santiago rematando os tres cursos da carreira no ano 61...oposicions para a praza de Mestre Nacional no 63 e exercendo 6 cursos en Alfabetización de Adultos (Outes, Noia, Carnota e Sobrado dos Montes). Servizo militar no Sahara e mestre propietario dunha escola de nenos no Freixo e outros centros de ensino, alternándoo todo como membro por máis de 20 anos na de todos coñecida “Orquestra Los Romero”, e para non se quedar curto foi o primeiro licenciado galego de Filoloxía Hispánica e Ciencias da Educación pola Universidade de Educación a distancia. Notable músico e compositor excelente, na actualidade e director das corais: Orfeón Ría de Muros, Coral "Agustín González" de Louro; Clube de Xubilados de Porto do Son, Liceo de Noia e "Francisco Añón" de Outes; Coral "Don Diego de Muros" e "San Xoán de Serres e Coral Xuvenil "Solpor de O Freixo.

Con “Entre sueños y paseos” experimentou por primeira vez coas editoriais, pero pronto se fixo con todos os dereitos da obra para o seu auto publicación. A penas un ano despois, xurdille a idea de ”Y me llamé justicia”, un relato longo que, a verdade, está a gustar moito e da que pronto teremos noticias novas, novos plans. Agora mesmo está a terminar a súa primeira novela fantástica. Esta novela a leva “cociñando” dende fai varios anos. De feito a idea inicial desta novela xurdiulle aos catorce anos, pois pasaba por unha época de conflito interior de preguntas constantes e necesidade de ampliar os seus coñecementos. Mirián foi apuntando toda aquela idea que asomaba pola súa cabeza, independentemente de que tivese sentido ou non. Varios anos despois comezou a debuxar os personaxes, aos poucos, ta que xurdiu a posibilidade de documentarme mellor e estruturar a obra como tal.

8


A NOSA XENTE MANUEL FABEIRO GÓMEZ (Muros 7-8-1916, Noia, 1992) Ainda que xa non estás con nos, o seu legado como poeta, prosista e historiador permanecerá para sempre vivo na mente dos muradans, pois co seu traballo excelso supo afondar nos sentires da Vila que o veu nacer. Historiador, poeta, e escritor, ingresou en 1934 nas Mocedades Galeguistas. En 1950 fundou en Noia a revista Tapal, que dirixiu ata que desapareceu en 1956. Colaborou, entre outras publicacións, En Compostellanum, Lar, Poesía española, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudios Gallegos e La Noche. Da súa produción destacan os artigos “Ordenanzas de la villa de Noya de 1589”, “Os cobrados de Noya”, “Una biblioteca noyesa de finales del siglo XVIII”, “La Santa Biblia y la filatelia”, “Matasellos religiosos de Galicia”, “O correr da pluma” e “Breves notas sobre Añón”. Como poeta publicou “Cachemare da saudade”,“Muros: Poemas da terra natal” e Follas de un arbre senlleiro (1951), Cancioneiro de Muros I (1955), Cancioneiro de Muros, II e III (1968) no Boletín da Real Academia Galega. Do seu “Cancioneiro Muradán”, reproducimos unas coplas:

CANCIONEIRO MURADÁN,

Mariquina, Mariquiña. Mariquiña dos amores, queda na Porta da Vila falando con dous señores. Quen me dera un ovo podre para frexir con saín, para lle dar a esa burra que anda falando de min. Meu San Antón de Abelleira, feito de pau de ameneiro, compañeiro dos meu zocos, irmán do meu tabaqueiro. Nosa Señora das Neves ten as portas para o mar; e a Virxen do Camiño tenas para o vendaval. Nosa Señora do Carmen ten os pendientes de pedra; ben-os podía ter de ouro ¡miña Virxe! Si quixera.

O lugariño de Serres é pequeño pero forte; para pasar por él hai que sacar pasaporte.

Nosa Señora do Carmen velahí vai pol-a ribeira, collendo conchiña a cuncha, metendo na faldriqueira.

Anque son de Torea, non son toreán, zapatitos de seda, polainitas de lan.

O señor cura de Serres Non ten capa nin capelo; ¡qué viva o cura de Muros Que a ten de terciopelo!

E na Acerca hai boas mozas, na calle Ancha a frol délas; na Axesta catro peladas para pechar as cancelas.

San Xulián de Torea non ten camisa lavada; Santa Comba de Carnota ten catorse na solaina.

Si queres ver a Pelada pol-a mañán, en cabelo, súbete a Pedra Furada, mira para Rebordelo.

San Xulián de Torea ten a escopeta n aman; para mata-los paxaros domingo pola mañán.

A Torea, a Torea, a Torea, que o dan; a que no da no cuberto, dao no cocho do can.

En Laxeiras hai xirelo, e no Salto xirelada; hai na Porta da Vila Xurelos de media vara.

Quen queira fanfarrochos, vai en casa da Borraxeira, que os vende tío Lucas da súa fanfarrocheira.

Os suspiros dunha mincha, as bágoas dun mexillón, os amores dun percebe fan chorar a un camarón.

9


O BONIFAZ Os patróns de pesca do arrastre necesitamos coñecer todos e cada un dos obxectos, pedras e cascos asolagados que hai no fondo da plataforma continental onde adoitamos traballamos para non prender as nosas redes neles estragando dese xeito o día de pesca e causando grandes avirías nas artes de pesca. A miña grande curiosidade polo tema dos naufraxios ven dada pola circunstancia de que centos de cascos asolagados nas augas de preto das nosas costas son de procedencia , nome e circunstancias descoñecidas, sendo rebautizados por nós de diferentes maneiras para localizalos e situalos. Iso ben dado polo afastamento no tempo e pola falta de información, ou documentación deses naufraxios, dos que tan só quedan os seus restos como testemuña muda e perenne da súas traxedias. ´Dalgún pecios, a causa a ter ocorrido os seus naufraxios en tempos máis recentes, coñécense os seus nomes e as circunstancias dos seus naufraxios , as máis das veces moi tráxicas! Un destes casos de e o do petroleiro “BONIFAZ” da compañía navieira española “Castilla” , de triste lembranza na vila de Muros. O Bonifaz que prestaba servizo para a CAMPSA no momento da súa traxedia , zarpou do porto da Coruña con destino a Cartaxena o día 2 de Xullo do ano 1964, despois de ter descargado para a refinería da cidade herculina 19.000 toneladas de petróleo cru.

guinas de néboa polos outros buques que se cruzases na súa derrota. No caso do Bonifaz non serviron de nada as pre-

caucións tomadas. Ás 10 da noite do día 3 de xullo era abordado polo tamén petroleiro de bandeira francesa “Fabiola” a nove millas ao oeste de Cabo Fisterra. En tan só media hora, logo do abordaxe e dunha forte explosión, desapareceu o buque tragado polas augas deixando un balanzo tráxico de 20 desaparecidos e cinco falecidos. Na traxedia tan só houbo 29 superviventes. ................. Entre os tripulantes desaparecidos había catro veciños da vila de Muros :

Ían abordo del nese viaxe 47 tripulantes e 7 mulleres como pasaxeiras, que acompañaban aos seus maridos nesa travesía. Ao pouco saír da ría da Coruña e antes de chegar á altura das illas Sisargas a néboa fíxose espesa dificultando a visibilidade e polo tanto a navegación. O capitán do Bonifaz , don José Amézaga, ordenou reducir maquina e reforzar a garda con vixías nos aleróns da ponte de mando, tal como mandan as ordenanzas e as regras elementais de navegación. Navegaban con esas nulas condicións de visibilidade nunha costa que soportaba un dos maiores tráficos marítimos de mercadorías do mundo; un trafico que non estaba regulado de ningún xeito, e no que unha gran maioría de buques navegaban aínda sen radar, tan só confiando en que fosen escoitadas as sinais acústicas das súas bu-

10

Juan José García Malvarez de 63 anos que ocupaba o cargo de Mozo.


..................... Un dos superviventes do naufraxio foi o capitán Amézaga o cal fixo estas declaracións ante as autoridades logo de ser desembarcado no porto de Vigo “El buque fue embestido por la popa en el costado de babor, en medio de la niebla por el petrolero galo Fabiola que tenia el doble de tamaño que el Bonifaz y tras declararse un fuego a bordo, xusto en la zona de colisión, el barco se fue a pique en menos de media hora.

Jesús Malvarez Fernández de 48 anos, caldereteiro.

Los tripulantes desaparecidos eran justo los que estaban alojados en el costado que sufrió el impacto del abordaje y posterior incendio, para abandonar el barco que se hundía ordené arriar dos botes salvavidas en los que embarcaron los tripulantes que en eses momentos se encontraban en cubierta, mientras un marinero y mas yo permanecimos a bordo hasta que las aguas llegaron al puente , momento en que nos lanzamos al mar donde estuvimos nadando durante una hora hasta que un bote auxiliar del buque holandés Setas nos recogió” …………… Algunha vez teño estado cas miñas redes enganchado nos restos do Bonifaz , cousa que agora mesmo antolláseme case un pecado por crer ter perturbado o eterno descanso dos seus desaparecidos.

Antonio Tajes Tajes de 43 anos, fogueiro.

No ano 2008 fixemos en Muros unha homenaxe ás vítimas do Bonifaz. Estiveron aquí varios dos superviventes , entre eles o capitán Amezaga, e moitos familiares dos mortos e desaparecidos. Este ano faremos o noso particular homenaxe ás vítimas do mar en Plencia, País Vasco. Lugar de nacemento e de residencia do capitán do Bonifaz, o cal, ainda que case con 90 anos e practicamente cego. Aínda se emociona e énchese de ledicia ao volverse atopar cos seus vellos compañeiros e coas familias dos que perderon as súas vidas naquela terrible traxedia. O vindeiro ano cúmprese o cincuentenario do naufraxio do Bonifaz e os superviventes e as familias das vítimas, volveranse a reunir en Muros. E xunto coas familias de aquí volveremos a lembrar e a honrar a memoria daqueles que perderon as súas vidas nas augas da nosa costa. FICHA TECNICA ARMADOR :............................... ...Naviera de Castilla TIPO :............................................ Petrolero ESLORA :.................................. …170,67 Metros MANGA :........................................ 21,64 Metros PUNTAL :...................................... 11,90 Metros TONELADAS P.M. :....................... 19.420 TM PUESTA QUILLA :..........................17/02/1957 BOTADURA :..................................27/09/1957 ENTREGA :.................................... 2/02/1959

Jesús Fernández Tajes de 26 anos , limpiador

p/ Manuel M. Caamaño

11


A NOSA XENTE NA DIASPORA Antonio Rey

Moitas grazas polo recibimento. Nacín en Bos Aires e o meu avó paterno era de San Xián de Torea. Cando enviudou veu vivir connosco e eu tiven a oportunidade de compartir vinte anos no mesmo fogar. O meu avó veu cara a América no ano 1927 e nunca voltou á terra. Eu tiven a sorte de estar alá dúas veces (a última o ano pasado). Publiquei un libriño que se chama “Son galego”, e que explica o meu sentimento con Galicia en xeral e con Muros en particular. Xa publicara algo ao respecto Manuel M. Caamaño en I LOVE MUROS. Podes ler algo do libriño no blog Cuspe de Pita: http://cuspedepita.blogspot.com.ar/ search/label/Son%20galego. Podes ver algo da miña historia a partir do minuto 4:30 do vídeo: http://www.youtube.com/watch? v=QTcylgJ7OD0 E a partir do minuto 3:12 neste: http://www.youtube.com/watch? v=XX2XSUNBok8 Teño catro fillos e casei cunha descendente de vascos. Son mestre e profesor. Non che quero amolar coas miñas lerias... Unha aperta, Jorge.

Mónica Fernández

Son Monica Fernandez Martinez coñecida como a filla de Pepita Luisa de chuvasco. Filla de Pepita Luisa e Moncho (gorrion) Casada con Gustavo Nine Varela, de Esteiro Nacin na coruña en 1974 emigrei ós Estados Unidos en 1996 Actualmente resido nun pobo chamado Montrose no estado de New York Traballo limpando casas dende que cheguei a este pais no 1996, e levo o meu querido Muros sempre no meu corazón. Moitos saudos, apertas e abrazos a toda a miña xente muradan en especial a miña nai, as miñas irmans, Joséo meu sobriño ,os meus cuñados e os meus tios e primos. Querovos a todos na alma ============================

TONO de TONA Son Tono de Tona, fillo de Tona e de Jaime , casado con Almudena Benito Nogal, madrileña. Nacin en Campo de Cortes. Funme pra Madrid, fai 20 anos. Vivo na Serra de Madrid, en un pobo que se chama Mangiron, e estou facendo unha casa dunha al-

12


dea de Segovia; esta aldea chamase La Nava. Traballo de autonomo da construcion, son encargado de obras ou era antes da crisis,,,,Moitas gracias pola invitacion, e un forte abrazo ===========================

María Dolores Sendón Formoso. Son María Dolores Sendón Formoso, coñecida tamén por Mariloli de Taxes, son filla de Pedro e María Dominga (a rubia de Taxes), estoú divorciada. Nacín en Taxes-Louro-Muros. Emigrei a Mogán-Gran Canaria no mes de abril do ano 2013, e actualmente resido en Mogán-Gran Canaria, traballo no Concello de Mogán como membro da Policía Local. Saudos, apertas o amor da miña vida, que é o meu fillo juapo MANUELIÑO, a miña NAIÑA, e a tódolos meus amigos da NOSA TERRIÑA……… Ahh tamén si interesa, eu non teño pro-

blema e dicir os meus anos, o conto e cumplilos..............15 de novembro do 70.

JOSE MANUEL FERNANDEZ MAYO

Son José Manuel Fernández Mayo coñecido por moitos alcumes, dependo do lugar e do momento. Fillo de Maruja de Chinote …..e de Manolo da Nea, da Pontenova e do Vilar (Abelleira). Divorciado con tres fillos. Nacín en Asturias, vamos que xa nacín emigrado, no ano 1.952. A culpa foi da miña bisaboa, miña pobre, unha asturiana que casou con Antonio de Chiñote, o vello, nada menos que en Bos Aires e que finou n’ Abelleira, Actualmente resido en, (Xixón , Asturias) e cando podo vou ata O Cruceiro (Abelleira) Por moito tempo que pase fora sempre sentiréi nos meus pes as areas de praia de Mondelo e na miña retina terei imaxen de Muros e o Monte Louro como si fora un telón de fondo. O que se vive de novo non se esquece. Traballei na Conselleria de Educación do Principado de Astuiras, coma mestre de Eduación Especial estou retirado dende comenzos d’este curso. Anécdota: Traballei o longo de 21 años n’un colexio chamado “Asturias” donde o director era de Ourense e de xefe de estudios eu. A parte son actor de teatro asturiano, Estou enrolado na compañía “Rosario Trabanco “ de Gijón, de gran rexoñecimeto no mundo teatral d’esta terra en que vivo . O que más me enche de orgullo e que me recoñezan galego . Anécdota : n’un descanso fixéronme unha foto con Moncho Bugallo e no pe escreben: dos gallegos. Saudos , apertas e bicos a miña xente d’Abelleira

13


Musicoterapia p/ Esmu-Carnota A musicoterapia ten infinidade de definicións por diferentes expertos, pero eu, mestra de educación primaria, terapeuta ocasional nun centro de xente discapacitada e profesora de piano, defínoa coma “o emprego da música, en todo o seu concepto, para acadar uns fins ben definidos, que no son outros que cambios ou manifestacións no comportamento da persoa á que se dirixe a fin de que poida comprenderse mellor a sí mesma e ao seu mundo, para poderse adaptar mellor á sociedade e facerse entender”. A musicoterapia pode ir dirixida a moitos sectores da sociedade e moi diversos: A nenos con: • Dificultades na aprendizaxe • Problemas de conducta • Trastornos profundos no desenrolo (autistas) • Nenos con deficiencia mental • Con dificultades na socialización • Con baixa autoestima • Con trastornos médicos crónicos ou dexenerativos (cáncer, cardiopatías, problemas da dor, etc.) A persoas que non teñen problemas de saúde pero que lles permite emplear a música para: • Reducir o estrés a través de facer e escoitar música • Como apoio no proceso do parto nas mulleres • Aumentar a creatividade e a capacidade de resolver problemas • Para diminuir a ansiedade • Para millorar a autoestima • Para manexar o estrés Os efectos que produce son distintos en cada persoa, e dependen da etapa de vida en que se estea (nenos, adultos, anciáns), dos coñecementos de música que se teñan, da recepción da música e dos seus gustos, polo tanto, a musicoterapia é absolutamente personalizada.... A pesar disto, recoñécense patróns comúns entre doentes do mesmo rango e póidose establecer unha serie de efectos, xa sea físicos, psíquicos ou sociais: Físicos: Incrementa ou disminúe a enerxía muscular. Acelera a respiración ou alteran a súa regularidade. Produce un efecto variable pero marcado no pulso, na presión sanguínea e na función endocrina. Incrementa a extensión dos reflexos musculares.

Provoca cambios nos trazados eléctricos do organismo, así como tamén no metabolismo e na biosíntese de variados procesos enzimáticos. En adultos pode aliviar algunhas afeccións psicosomáticas como a asma, as úlceras, etc. Nos nenos mellora o desarrollo cerebral. Psíquicos: Pode cambiar emocións en cortos períodos de tempo. Axuda a personas con depresión, ou con problemas mentais máis severos. Relaxa e disipa a fatiga, disminúe o stress. Aumenta a sensación de enerxía. Axuda a dormir millor. Liberación de tensións emocionais e psíquicas inmediatas. Produce un incremento na seguri-

dade e estabilidade emocional. Mellora a capacidade de comprensión. Axuda á introspección. Sociais: Facilita a comunicación, promove a expresión individual, favorece a integración social. Incremento da capacidade de expresión das persoas, sendo capaces de revertir a timidez. En terapias en grupo aumenta a sociabilidade e a confianza. Reverte o aislamento tan común nos nosos días.

Pois todo beneficios, así que, vivamos a musica !!!

14


ORA ET LABORA

A VACA MISIONEIRA p/ Marcelino García Lariño En Muros, no arrabalo de Campo de Cortes, houbo unha vaca que a xente deu en dicir que era santa. Eu non sei, nin son quen de dicilo, se haberá vacas santas. Disque, eu nunca as vin, que na India hai vacas sagradas que non traballan pero comen, e que a xente ata se axeonlla cando as ve. Esta, á que me refiro, non era sagrada; traballaba moito e con traballiños abondos. No físico era unha vaca coma outra vaca calquera, con cornos, rabo, patas, ubre e raxo. No espiritual, se é que as vacas teñen espírito aínda que sexa pequeniño, xa non me meto porque non debo nin podo, nin quero, meterme en cousas ás que eu, coitadiño de min, non teño capacidade intelectual nin xurídica suficiente para chegar a elas, e menos aínda de comprendelas.

A vaca en cuestión santa non sería, pero moi relixiosa si que era. Notábaselle ás légoas. Moi escrava no traballo, moi mansa e caladiña, moi guieira e reputada vaca da súa corte, aínda ben non escoitaba o tanxer da campá, de súpeto pa-

raba o que estivera facendo, e ata que finara o toque, non movía pé nin perna. E aínda que o amo a aguilloara e lle pegara que a veces incluso a facían sangrar, a vaca non protestaba, non se movía. Era unha mártir que morría pola fe. Tódolos días, cando a campá da igrexa tocaba ó Ángelus: tres, tres, tres e trinta e tres badaladas, a vaca negábase a moverse, como se fixera unha folga de brazos caídos, e os humanos que traballaban con ela non lles quedaba outro remedio que secunda-la folga. Así de claro. E si se trataba de dar sinal de morte, repique de procesión ou misa solemne, actuaba do mesmo xeito: a vaca non se movía aínda que a matasen a golpes. Esta vaca, que existiu de verdade, e que os feitos que referimos son verídicos e non contos, como ó mellor poidan coidar algúns descridos, que de todo hai na viña de El Señor, mercáralla Alexandre da Pesca ós frades franciscanos do mosteiro de Louro. Nacera e criárase esta irmá vaca (como lle chamaría o noso santiño de Asís) entre os monxes, e dende ben xovenquiña estaba afeita á mansedume, á humildade, á paz e ás badaladas do mosteiro. Cando xa de xovenca feita e dereita traballaba, os pais franciscanos e os irmáns leigos que a dirixían nos cotiáns quefaceres na horta, ó oír o soar do sino da espadana invitándoos á oración paraban as tarefas. Ela tamén facía o mesmo; e cando saíu do mosteiro para vir para Campo de Cortes, non perdeu o hábito e proseguiu conservando esas boas costumes que nunca deberan rexeitarse. A xente tívoa sempre por santa. Volvo a dicir que eu non sei se as vacas poden ser santas ou non. Ou se o foi, ou se non o foi. Para min, para o meu punto de vista e o meu pouco entender, foi unha vaca misioneira. ¿Por qué? Porque o seu amo nunca foi quen, a pesar das tundas e castigos que tal lle aplicou co gallo de facela traballar entrementres a campá tocaba, de conseguilo. Nembargantes ela, coa súa docilidade seráfica, logrou que o Alexandre da Pesca, cando a campá da torre da igrexa tocaba á oración, se persignarse, rezase, e se tiña a pucha na cabeza a quitase, a pesar de ser calvo.

15


Capela do Espíritu Santo Conta a lenda, que a imaxe de pedra apareceu na praia, e mentres se transportaba nun carro camiño da Vila os bois detivéronse no alto do Campo das Cortes, negándose a continuar, indicando así o sitio onde debía erguerse a capela. A súa construción sitúase cronoloxicamente entre o 1250-1350; aínda que o profesor Caamaño estima que podería tratarse dunha obra tardía, entre o 1350 éo 1400. Ano arriba ano abaixo trátase dunha das capelas máis antigas non só do concello, senón tamén da comarca, ca mesma idade que a igrexa de Santa María a Nova de Noia. Exteriormente trátase dunha edificación rectangular, de estilo gotico-mariñeiro; na cabeceira atópase a capela maior de forma cadrada e lixeiramente máis estreita que o resto da edificación. Os muros están compostos de bloques de cantería que rematan superiormente nunha cornisa apoiada sobre canzorros

de diversas labras: xeométricos, zoomorfos…, estes a súa vez sosteñen o tellado, a dúas augas, de tella do pais. A fachada principal, fruto da ampliación levada a cabo no século pasado, ten un marcado sabor románico, con columniñas embebidas nas zambras que sosteñen un dintel moldurado de medio punto, no que reza a seguinte inscrición: “SANTOESPIRITU-PARACLITO AMPLIOSE ESTA CAPILLA POR PUBLICA DEVOCIÓN 1927-1928”, e enriba, debaixo da pequena espadana coroada cunha cruz, ábrese un pequeno óculo. O interior atópase dividido en tres treitos por senllos arcos faixóns que descansan sobre ménsulas, accédese a capela maior a través dun arco de medio punto e atopase cuberto todo o conxunto con bóveda de canón. Alberga diferentes imaxes, o altar maior é presidido por unha imaxe gótica do Pantocrátor ( Pai, Fillo e Espírito Santo) pertencente a principios do século pasado, a súa dereita unha imaxe da Virxe co Neno e a esquerda unha imaxe

16

de San Nicolás; na entrada da capela maior no lado do evanxeo atópase a imaxe primitiva do Espírito Santo que Carlos Cayón define como: “riquísima reliquia ojival, tesoro artístico e histórico.” Dos primeiros séculos non se sabe nada, o primeiro dato sobre ela aparece nun testamento do ano 1563 onde deixáselle esmola; sábese tamén que no 1609 cando Jerónimo del Hoyo visítaa, que a

ermida estaba ao cargo da vila; e posteriormente no 1740 foi visitada polo bispo de Avaren o que deixa escrito: “…que la hermita del Espiritu Santo queda contigua a una casa que sirve para recogerse un ermitaño y una huerta con que ayudara a su manutención, todo propio y perteneciente a dicha hermita y que con motivo de haber muerto el ultimo ermitaño se ha introducido en el manejo y usufruto de D. Sebastián de Giance, vecino de la villa”. Posteriormente, no 1847 o dicionario Mandoz recolle: “Espírito Santo: casa y hermita en el ayuntamiento y feligresía de San Pedro de Muros”. Entre os anos 1927-28 sufre unha pequena ampliación (fachada e treito ate o primeiro arco) por parte dos veciños de Campo das Cortes, os que nos seus carros transportan pedras da ermida caída da Santa Cruz . A esta época pertence a imaxe que preside a capela, a fachada (na cal se atopa un gravado antropomorfo), a espadana e o encintado interior.

Artigo do noso conveciño Xokas Figueiras, recollido en: www.patrimoniogalego.net


COMO SACAR EL “AIRE” p/ Jesús Mourelo de la Fuente Me han invitado a poner mi granito de arena, como aportación a esta publicación que ahora comienza su singladura, a lo que he accedido con buena voluntad, humildemente pongo a su merced mi conocimiento de las diferentes especies botánicas que nos acompañan desde el principio de los tiempos, hasta el día de hoy. Se acerca el verano, el sol gana la partida al largo invierno, en su honor surgen en nuestra divina tierra rituales cristianos y paganos para conmemorar su llegada. En este margen atlántico del mundo antiguo, Muros reina sobre el mar como vestigio defensivo de nuestras costas, testigo de un pasado glorioso, mantiene intactas sus tradiciones, a veces enmascaradas por un progreso inexorable, pero esta será otra historia. Me ha llamado la atención desde que he trasladado mi domicilio a esta hermosa villa, las múltiples formas que tiene el mal de manifestarse en los hombres, hablo de ese mal de ojo llamado "AIRE", una posesión tan antigua como maligna, provocada por alguien negativo con poder para hacer enfermar a quien lo padece, tanto somática como anímicamente, cargándole de negatividad, mala suerte y aflicción. También los muertos, íncubos de la oscuridad demoníaca, contaminan a los pobres mortales con ese aire nocivo, aprovechando la debilidad propia de la impotencia de la obligada transición. Pero el "aire", tiene en esta parte del Mundo un feroz enemigo. Mujeres que han heredado de sus ancestros la facultad de expulsar ese mal de los cuerpos endemoniados, utilizando para ello los medios y sortilegios al alcance de su poder. Cuando una persona se encuentra poseída por este demoniaco ente, recurre a la adivinación de su dolencia, la “María”, encargada de localizarle, sostiene junto con el poseído, usando las yemas de los dedos índices sendos ojales de unas tijeras de modista clavadas en una “PENEIRA”, criba de cereal a modo de péndulo. Entonces recita un salmo a modo de pregunta: PENEIRA , PENEIRIÑA, DIME SI (nombre del poseído), TEN O AIRE. SE O TEN VIRAME A CARA, E SE NON VIRAME A ESPALDA En caso positivo, de una forma misteriosa el artilugio girará, hacia la adivinadora. No hay tiempo que perder, la mujer chaman armada de un gran manojo de laurel "LAURUS NOVILIS", planta de naturaleza sagrada para múltiples pueblos mediterráneos, sacude el cuerpo místico

de la cabeza a los pies ,mientras musita letanías,

oraciones susurrantes para expulsar el mal; LOUREIRO NASCIDO NON TRASPLANTADO QUITALLE O AIRE DE MORTO A ESTE HOME/MULLER COITADO/A FUME SANTO DO LOUREIRO LIMPA O AIRE DESTE CORPO VAITE DEMO CO TEU CHEIRO A ENCHERE UN HOME MORTO Finalizado el sahumerio, con el laurel bendecido, la mujer chaman arrodillada casi en trance ora por Dioses paganos ya olvidados. Existen múltiples rituales utilizados para expulsar el "Aire", tantos como especies vegetales usadas para tal menester, no obstante es en este en el cual se utiliza exclusivamente una única planta, en este caso el Laurel, común y humilde en tierras oceánicas. Planta cuyo pasado le honra. Desde la antigua Grecia consagrado al dios Apolo, el cual loco de amor, y rechazado por la ninfa Dafne, la convirtió en este árbol siempre verde, infundiéndole el poder de proteger del rayo a los débiles humanos. y llegando a proveer de visiones proféticas a las sacerdotisas del templo de Delfos, oráculo y centro del mundo antiguo. Un saludo, de éste, su panorámix particular.

17


BRASONS MURADANOS Fotagrafía: José Manuel Formoso Luces (Porrúa) Textos: Don Ramón de Artaza Malvarez

Este brasón encóntrase gravado na parede lateral dunha casa da Rúa dos Fornos (Pirriola), casa que unida a outra forma un pasadizo ás costas de do chamado río dás Ánimas. Este escudo cuartelado que ten no xefe unha cruz segundo parece dunha orde militar e dúas cunchas. O primeiro cuartel é un castelo que poden ser armas dos Castro; o segundo é unha estrela de sete puntas, acaso dos Mariñas, o terceiro é un tronco de árbore e pode facer referencia ao apelido Troncoso, e o cuarto unhas ondas de mar, armas dos Mariños, sete ondas azuis que o ocupan todo. É moi nobre.

Pertencía a D. Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago e señor xurisdicional da vila de Muros; hai unha a cada lado da porta principal da ex Colexiata e outro sobre a luz da súa fachada (Hoxe en día tan so existe un destes dos escudos). Como o citado Prelado foi un de que mas contribuíron á súa ampliación e construción, colocaría as súas armas para conmemorar este feito, como di a inscrición da porta lateral.

Achase colocado este escudo na fachada principal da porta de entrada da capela de San Xosé, no barrio do mesmo nome. Está formado dun só cuartel cunha cruz no centro, a todo o alto; á dereita unha espada espida e á esquerda unha palma e sobre o todo, unha coroa de nobreza. Estas armas constituían os atributos do Tribunal da Inquisición, que usaban os que a ese tribunal pertencían, desempeñando cargos como o de Inquisidor, Comisario, familiar do Santo Oficio, etc.

18


Na fachada da capela da Virxe do Carme, encóntrase este escudo gironado (oito cuarteis). O primeiro cuartel Maldonado ou Rúa; o segundo cinco follas verdes de figueira en ouro, que fai referencia ao apelido Figueroa. Solar xunto ao ponte de Sarandones en Abegondo, preto da Coruña. As cinco follas débense a liberar certo cabaleiro a cinco doncelas do poder dos moros que as levaban como pago do tributo das cen doncelas e por ter unha figueira na casa, en memoria de gañar esa batalla, usaron estas armas os descendentes; o terceiro descoñecido; o cuarto son as armas do apelido Feijóo, escudo en vermello cunha espada de prata coa gornición de ouro e a punta do seu fío cara a arriba e tres roeles de ouro a cada lado. Outros en lugar de roeles poñen feixes de vimbio verde. Solar no val de Ramiras, xunto a un Priorato de Santa Comba, que é da casa de Celanova. É nobre e antiga, descenden da Casa e familia de San Rosendo. Tivo moitos cabaleiros de ordes e grandes ligazóns. O quinto Romero, armas xa descritas; o sexto pode ser Bermúdez, escudo jaquelado de ouro e sabre, bordadura do mesmo metal, cargada dunha cadea de azur. As armas primitivas desta antiga e nobilísima casa de Galicia foron: Escudo jaquelado de ouro e sabre (negro). O sétimo pode ser Abalde ou Carantoña, nunha das súas variantes; o oitavo Pardiñas e o do centro, descoñecido.

Na fronte da capela da Angustias, fundación que foi de D. Domingo A. Giance de Caamaño. Rexedor perpetuo e procurador Xeral da Vila, e a súa esposa D.ª María Patiño Oanes de Figueiras, herdada logo polos Condes de Medina por ligazóns matrimoniais, encóntrase este escudo cuartelado; no primeiro cuartel figuran as armas do apelido Romero, en campo verde catro aspas de bordóns de ouro, dous a cada parte e no medio seis orellas de home en ringleira de alto a baixo. No segundo a árbore e as lanzas dos Caamaño. O terceiro o brazo e o puñal dos Carballido, e no cuarto o parrulo nadando do apelido Patiño.

Na fachada dunha casa que olla ao peirao da Cerca, unha das antigas que tiñan asento sobre a derruída muralla que cercaba a vila, encóntrase este escudo medio cortado e partido que se compón de tres cuarteis, o primeiro unha ponte sobre un río, armas do apelido Ponte ou Aponte, con dúas cunchas sobre a ponte, que nos indican feudo ou cargo do señorío do Apóstolo. A segunda mostra o piñeiro e as dez lanzas dos Caamaño, armas xa descritas anteriormente. O terceiro, correspondente ao apelido Montenegro, dous lobos andantes ou un pacendo e o outro ollando ao alto, árbore no medio.

19


EN ESTEIRO, CON AMOR (I)

NO CINE DE CALDEIRADAS p/ GONZALO BREA ROMANI

E

taban, así que pensou que pasaría unha boa tarde. Cando chegou á porta do cine, xa ha-

staba Edelmiro acaban-

do de peitearse, pois era domingo e o cine era sagrado. Sempre tentaba perfilar unha raia case que perfecta na parte dereita da súa poboada cabeleira. Púxose nervioso ao escoitar, ao lonxe, un son coñecido. A música dos discos que comezaban a soar nos altofalantes exteriores do cine Miramar, avisaban da cercanía da hora. Era Edelmiro Cernadas un rapaz esteirán, de 17 anos, que buscaba un lugar no mundo da adolescencia. Un mundo que, para el, reducíase a Marisé. Os domingos significaban a porta aberta cara a ese mundo, xa que Marisé asistía con puntualidade á cita co cine. Aquel cine, ao que chamaban de “Caldeiradas”, daba vida á fin de semana en Esteiro. Os discos previos, con música variada de rancheiras, boleros e pasodobres, enchían de parellas que bailaban no medio da estrada que atravesaba o lugar. Era inevitable que os morrillos se foran metendo impertinentes no calzado do domingo, pero isto non impedía que as voltas e os movementos dos bailaríns foran sucedéndose con alegría. Cando Edelmiro pasaba pola porta do Piliteiro, puido ver o cartel da película que votaban aquel 14 de maio do ano 1961: “Río Bravo”, con John Wayne e Dean Martin. Os filmes de vaqueiros eran os que máis lle gus-

20

bía unhas cantas parellas bailando ao son dunha rancheira de Antonio Aguilar titulada “Veinte años”. Viulle a cabeza unha imaxe perfecta na que, con vinte anos, estaba ao lado de Marisé sentados na terraza dunha bonita casa pintada de azul mariño, mirando para o mar. Un golpe nas costas trouxo a Edelmiro de volta á realidade. Era Lito, un amigo da pandilla, que sempre saudaba cunha palmada, aínda que máis ben, semellaba que che quería dar unha paliza. Miro, xa chegaches? – a pregunta retórica típica á que Edelmiro sempre contestaba: Non, aínda estou na casa, non te amola!!! – Nese intre, apareceu a imaxe máis esperada


cabalos, pistolas, disparos e miradas á terceira fila. Xusto cando John Wayne entraba no salón pola porta de atrás, rifle en man, pegaba un portazo e todos os vaqueiros volteaban a cabeza, desapareceu a imaxe da pantalla. Era o tempo de descanso. Había unha cantina dentro do cine, xusto enfronte da taquilla, pero case toda a chavalada tiña preferencia por acudir á tenda de “Corchete”.

por el. Marisé, e máis as súas amigas do Freixo, chegaban camiñando como todos os domingos. Traía unha saia por riba dos xeonllos, de cor marrón claro, con tres botóns en ringleira vertical que percorrían pola cadeira esquerda. A blusa branca de manga larga, combinaba perfectamente co seu pelo negro e incriblemente liso. Xa non puido mirar para outro lado. Chegaba a hora do inicio da película, así que fóronse colocando na fila para mercar o boleto. A taquilla estaba xa dentro do cine, na banda esquerda. Marisé e as amigas estaban catro postos máis adiante. Edelmiro sempre esperaba a que ela se puxera na cola antes que el, pois así, asegurábase non perdela de vista en ningún momento. Unha vez dentro da sala, e entregadas as entradas á muller de Caldeiradas, que era quen as recollía, xa podían sentarse naquelas cadeiras de madeira, aínda que bastante cómodas. Había quen prefería subir ao anfiteatro, pero Edelmiro buscaba situarse o máis cerca posible de Marisé, que sempre sentaba na terceira fila.

Ao outro lado da estrada e mentres soaban de novo algúns discos no exterior, esta tenda era un punto de encontro ritual para os rapaces e rapazas, que ían buscando algo que botarse á boca. Edelmiro e a súa pandilla sempre mercaban vainillas que ían chuchando con moitas gañas durante o pequeno paseo

que facían pola praia de Parameán mentres esperaban o comezo da segunda parte da película. Alí, pola area, era habitual atoparse co grupo de Marisé, e polo tanto, un dos momentos máis esperados da tarde. O cruce de miradas foi inevitable, pero fugaz.

Despois do obrigado NO-DO, que, durante case que dez minutos, con velocidade frenética e sen ningún interese por parte do público, informaba, entre outras cousas, da nova sede do Ministerio de Traballo, da visita de Franco a Andalucía e da botadura, en Sevilla, do moderno buque frigorífico “Tropicana”, a primeira parte da película foi pasando entre

21


PETROGLIFOS DE SERRES p/ Pepa Formoso Romero

Estos petroglifos son conocidos desde siempre por las gentes que viven cerca de ellos, por los que los visitaban al pasar por allí con animales, a recoger leña, etc. Las historias de estos lugares y leyendas han ayudado a mantenerlos en la memoria y otros enterrados por el monte, han caído en el olvido a la espera de que alguien los encuentre, algunos han sido destruidos en la ignorancia de su valor. Este es el

piedra se encuentra tapada por el depósito. Este conjunto lo forman 11 círculos concéntricos, alguno muy desgastado, y un grupo de cazoletas.A 400m de este lugar en dirección a la carretera Nacional y cerca del colegio, se

caso de la cruz céltico-irlandesa, que se encontraba en una “laxa” en un Camino de Serres y al asfaltar el camino se rompió sin darle ninguna importancia (fig1). Este tipo de grabados está muy extendido en Irlanda y combina la cruz cristiana con un círculo (aparecen por primera vez en el s.VII). encuentra:

(Fig.1) “Laxe do depósito de agua”Se encuentra en el lugar de Serres, siguiendo el curso del rio “Catalán”, la mayor parte de la

“Morosa do paso” (“El correo Gallego”,1975). Este conjunto lo forman varios grupos de cazoletas y círculos.

22


Uno de estos círculos tiene a sus lados terminaciones en cuadrados y otros en unas líneas que forman una especie de cuadricula, más semejante a una escalera. Otro grupo es el formado por dos círculos unidos entre sí por una recta y uno de los círculos remata en una línea serpentiforme.(fig.2).

Llama la atención que aprovechando dos diaclasas paralelas que cruzan una parte de la piedra están grabados unos trazos en horizontal formando lo que parece un calendario o quizás una escalera (fig.3) El último y más importante de este grupo tanto por su extensión como por los motivos que

lo forman es “A cova da bruxa”. También llamada por los más viejos del lugar: “Cova do Lobo” o “Pedra dos encantos”. Mide unos 110m de superficie y cuando se descubrió apenas se veían unos metros, lo demás estaba tapado por el monte. Este conjunto es de los más importantes ya que reúne a figuras humanas, círculos, animales, escenas de caza, y cazoletas y ciervos astados algunos terminados en retículas (está datado en la edad de bronce).

Esta enorme piedra está dividida en varias secciones. A simple vista se encontraba el más significativo de los grabados, un ciervo con cornamenta y sexo que está unido a un entramado de líneas que parece una trampa de caza (fig.4). En todos los pueblos es innata la religiosidad natural, un sentimiento mágico, frente la enfermedad los desastres naturales, la búsqueda de alimento, lo inexplicable, la muerte, la necesidad de un “axis mundi”, un lugar donde rendir culto y sacrificios.

23


HABLEMOS DE DROGAS (I) (Una realidad que debe tratarse en familia) Por Dra. Castiñeira 1.- LA ADOLESCENCIA ES UNA ETAPA FUNDAMENTAL EN LA FORMACIÓN DE LA PERSONALIDAD. La adolescencia se caracteriza por la riqueza de vivencias y aprendizajes pero también por la inestabilidad de emociones y sentimientos.

entrada en la adolescencia es la aparición de pequeños conflictos. Muchos de estos conflictos responden a una necesidad de afirmación personal y no representan, en el fondo, ningún problema grave. Los chicos y chicas de hoy entienden la adolescencia como una época para gozar de la vida

Chicos y chicas experimentan profundos cambios hormonales vinculados a la adquisición de la capacidad reproductiva e importantes cambios personales y sociales para adaptarse al mundo que empiezan a descubrir. Se trata de un momento de afirmación y de conflicto con las normas familiares y sociales que chocan con la búsqueda de valores absolutos de los adolescentes

y ser felices. Muchas de sus experiencias se desarrollan en el marco del grupo de amigos, con los que comparten vivencias y sentimientos. Buena parte de los conflictos se producen por la necesidad de experimentar cosas nuevas y compartirlas con los demás. De esta forma empiezan a tener los primeros contactos con las drogas. Los padres tenemos que aprender a influir en los hijos, no podemos olvidar que la experimentación es el principal medio de aprendizaje de los adolescentes.

(amor, verdad, solidaridad……) Durante la adolescencia, chicos y chicas desarrollan una gran capacidad para incorporar y elaborar información y afinan mucho su sentido crítico. Es el momento ideal para hablar de drogas y drogodependencias.

Debemos aprender a situar nuestra influencia educativa como un recurso para cuando ellos nos piden opinión. Esto no quiere decir que evitemos expresar nuestras creencias y opiniones ante nuestros hijos. Al contrario, tenemos que hacerlo de forma continuada y amigable. No podemos esperar que nos haga tanto caso como cuando eran pequeños, pero debemos tener el convencimiento de que ir destilando creencias, valores y conocimiento es muy útil y ayuda a conformar su carácter.

2.-¡¡¡¡¡ NUESTRO HIJO YA ES ADOLESCENTE!!!!! La primera manifestación de la

24


PROHIBIR POR PROHIBIR NO SIRVE DE NADA. 3.- PADRES Y ADOLESCENTES EL ADOLESCENTE Reclama libertad para tomar sus propias decisiones. Ya no es ningún niño, pero tampoco es exactamente un adulto.”Quiero salir con mis amigos esta noche. ¿Me das dinero?. Es muy permeable a las influencias que recibe de su entorno, a las modas y a las presiones comerciales, de consumo. “Esto si que es guay”. Se rebela contra los adultos, lleva la contraria y trasgredí las normas en un acto de afirmación. “Déjame hacer mi vida”. Quiere descubrir, experimentar, conocer lo desconocido y lo prohibido, explorar nuevas sensaciones. “¡Qué fuerte, que pasada!”. Se identifica con sus amigos, con los que forma un grupo de afinidad e intereses comunes. “Todos mis colegas lo hacen”. LAS MADRES Y LOS PADRES Podemos ayudar a nuestros hijos a ganar libertad y autonomía para que sean responsables de sus decisiones, para que sepan qué quieren vivir y que deben evitar. Podemos favorecer el conocimiento y el pensamiento crítico: invitarles a reflexionar, con argumentos sólidos y creíbles. Debemos estar dispuestos a discutir, negociar y pactar, sin perder de vista que sin respeto por las normas no puede existir responsabilidad ni libertad. Tenemos que fomentar las actitudes reflexivas y prudentes. Desde una lógica adolescente, las sensaciones y los placeres son inmediatos ; los daños, lejanos e improbables. Tenemos que respetar a los amigos de nuestros hijos, pero al mismo tiempo debemos combatir las actitudes que les impiden ser ellos mismos.

4.- SENTIRSE QUERIDOS Y SEGUROS AYUDA A NUESTROS HIJOS A ENCONTRAR EL EQUILIBRIO. Poder contar con un entorno seguro, sentirse apoyado y querido, ayuda a afrontar los cambios que comporta el paso de la infancia a la adolescencia. Para ello hay que establecer una buena comunicación con nuestros hijos, ya desde antes de la adolescencia.

25

Tenemos que entender lo que les pasa y ponernos en su lugar, descubrir qué es lo que piensan y sienten, establecer unas normas que les ayuden a conseguir un orden interno pero , al mismo tiempo, saber ser flexibles y sacar partido del la negociación como herramienta de aprendizaje y de construcción de valores. En la infancia prevenir es sinónimo de proteger, evitar que nuestros hijos sufran ningún riesgo. En la adolescencia, proteger quiere decir proporcionar recursos (conocimientos, habilidades personales, testimonios y valores) para que puedan decidir. PREVENIR ES AYUDAR A DECIDIR

Los padres y las madres establecemos con nuestros hijos un vínculo afectivo. Les demostramos que les queremos, que nos importan, que pueden contar con nosotros. En la adolescencia la relación se transforma: perdemos la seguridad, nos parece que nuestros métodos educativos ya no sirven. A menudo conviene seguir un proceso de aprendizaje y adaptar nuestras ideas a la nueva situación. RAZONAR NUESTRAS DECISIONES Educar es ayudar a comprender los cambios, descubrir emociones y sentimientos sin dejar que nos desborden. Las explicaciones de las


Entrevista a

Marcelino García Lariño (Marcelo da Rabela)

paso. J.L._¿Me escoitas e oes ben Marcelo? Marcelo: _Si, perfectamente, vostede ten a palabra. J.L._ Grazas. ¿Ti naciches no ano 30? Marcelo: _ O 17 de Marzo de 1930 J.L._ Xa levas navegando pola vida uns poucos anos e embarcado en moitos e diversos mesteres. ¿Como xurdiu a túa afección polas letras?

p./Jorge Lago de Pexejo, vía Skype. ¿Qué se pode dicir que non se saiba dun dos personaxes máis coñecidos da bisbarra? Aínda moito, e séntome honrado de ter conducido

Marcelo: _Pois dende neno, era un sentir que me levaba a gardar todos os libros de texto e libretas que aínda hoxe conservo. Eu tiña a afección de cantar, pero como cantaba mal, compensábao escribindo a letra das cancións que oía. J.L._ ¿Quen foi o teu primeiro mestre? Marcelo: _Cando me mandaron por primeira vez á escola cun silabario debaixo do brazo, foi á escola da señora Dolores da Trilla. Co silabario e o Rayas Primero, a señora Dolores impartiu a máis de catro xeracións os primeiros pasos en deletrear e esborranchar as primeiras letras. Despois, mandáronme a unha escola de pagamento, a de D. Antonio Lojo, na que estiven ata os 14 anos e me botaron da escola. J.L._ Por traveso?

esta entrevista en directo vía Skype da cal só podo escribir unha pequena síntese dunha agradabilísima conversación que se prolongou por varios días e que me serviu para coñecer máis de preto a alguén que a pesar de certos achaques relacionados coa idade, non deixou de marabillarme pola súa lucidez, viveza e gran sentido do humor. Non me é doado expoñer como quixese a esencia do diálogo que mantivemos, abonda dicir que a cada pregunta saía unha morea de anécdotas, pequenas viñetas, recordos e explosións de risa incontibles polas ocorrencias que saían a cada

Marcelo: _!Non, non! Bueno, traveso un pouco, o habitual: Ir para casa cun ollo hinchado, romper algún cristal con aquelas pelotas de trapo con que xogabamos. Pero non, como sabes, naquel entón íase escola cun só libro de texto no que estaban condensadas todas as materias ata que foses a facer o bacharelato e a min como ó memoricei de cabo a rabo, D. Antonio falou coa miña nai e díxolle que ou me daba estudos, ou deixaba de ir á escola, porque el xa non tiña máis que ensinarme. J.L._ Despues desa saída honorable da escola e con 14 anos... A que te dedicaches? Marcelo: _Despois da escola funme a traballar unha tempada como revisor de Jacobito, un primo irmán da miña nai que era taxista ata que me decatei de que necesitaban un axudante no xulgado e como D.Antonio Lojo o mestre era procurador, suxeriu que eu era o mellor opoñente para a praza e alí estiven, teño que dicir que con bastante poder tácito exercendo ese labor ata que me fun para o servizo militar.

26


J.L._ ¿ E despois do servizo militar? Marcelo: _Entón xa empecei a traballar no concello como escribente pois xa traballara por anos no xulgado. Pero a miña vocación era ser obreiro como o era o meu pai.

radán, non sei de cantos equipos de futbol, certame de Mister Feo... Sempre me sentín moi a gusto cooperando no que pensaba que era ben para o pobo. J.L. _ E é indubidable que no pobo pensabas. Como fillo de emigrantes; o teu pai en EUA e a túa nai que aprendeu a falar castelán nunha provincia arxentina, ¿Nunca sentiches inquietude por largarte de Muros?

J.L._ O teu pai quedárase en EUA cun irmán seu e alí desempeñou varios traballos ata a súa xubilación na que volveu a Muros definitivamente. Mentres tanto, despois do concello, e de cumplires o servicio militar, ti empezaches a traballar na fábrica de Sel alá polo 77 nin máis nin menos que por 25 anos. Marcelo: Si, 25 anos xustos e despois apetecíame tomar unha tempada de descanso, pero xa non me dou tempo, chamáronme para traballar no Banco do Noroeste e así seguín ata que un infarto me obrigou a retirarme.

Marcelo: _ !Nunca! Nin sequera se me pasou pola cabeza a pesar de como ti ben dis, tiña familia d e s p e rd ig ada en t o d as as américas, nunca se me pasou pola cabeza esa tentación. Percorrín toda España por esixencias do traballo, pero se cadraba que a miña ausencia de Muros coincidía co día de S. Pedro ou o Carmen, xa non estaba máis que pensando en volver. E tamén fixen turismo, Portugal, Francia, Italia, pero ausentarme de Muros por máis tempo que o estrictamente necesario nunca estivo nos meus plans. J.L. _ Pregunta así de súpeto: Es un fervente católico? Marcelo: _ !Si! Pero non fanático. J.L._ ¿Qué queres dicir?

J.L. _ E sempre seguiches escribindo. Marcelo: _ Sempre, xa antes de ir para a fábrica de Sel, dende que era un rapaz. Unhas veces escribía máis e outras menos e cando xa empecei a escribir máis en serio levaba todo o escrito para o fallado coa idea de ir corrixindo e ordenando despois, pero nunca tiven tempo de sobra así que case toda a miña obra está alí a esperar. J.L. _ O de falta de tempo enténdese ben. Ti sempre estiveches involucrado en toda clase de actividades xa fosen de carácter relixioso ou mundano. Marcelo: _A verdade é que si, que eu recorde nunca fun presidente de nada, pero fun secretario de todo, ser secretario converteuse no meu modus vivendi. A partir do concello xa seguín de secretario de Acción Católica, Adoración Nocturna, Cabalgata de Reis, a Coral Polifónica, Teatro Mu-

Marcelo: _ Quero dicir que as miñas crenzas son miñas e que non afectan o meu concepto da xente que non coincide con elas. Relixión e política son cousas persoais e nunca enturbaron a miña relación con ninguén. A miña filosofía persoal é vivir e deixar vivir e esa filosofía levoume a ter amigos de todas as tendencias. J.L. _ Non cabe dúbida de que practi-

27


cas o que predicas. Marcelo: _ Mira, os meus estudos universitarios foron aprendidos debaixo dos soportais de Muros. Escoitando e analizando o que discutían os maiores, recollendo certas perlas de sabedoría que emanaba da experiencia da vida. Aprendín a valorar a xente non polo moito que falaban se non polo ben que o decían. J.L._ Falando de valores, ¿Pensas que Muros valora axeitadamente a xente que ten, a que sobresae, á que alcanza metas? Marcelo: _ Penso que non, penso que se lle dá máis valor ao que é noso fóra do pobo que o que lle damos nós e aínda que llo damos algunas veces, temos certa tendencia a non abusar de ser demasiado efusivos. Pero teño que agregar que esa tendencia está a cambiar. Agora as novas xeracións saben ver e recoñecer talento onde o hai e o que máis me gusta é que ultimamente de Muros sae xente moi, pero que moi preparada. O saber domocratizouse e de calquera familia rica ou pobre poden saír eminencias. J.L._ Tes fe na xuventude actual? Marcelo: _ Moito máis que o que a tiña na miña xuventú. Mira de onde vimos nós e

Ao Reiseñor do Varadoiro

mira os medios dos que eles posúen. Que os saiban aproveitar, iso xa é outra cousa, pero no que non podemos caer é culpalos a eles nin os facer vítimas dos nosos erros. J.L._ Marcelo: Falamos de todo un pouco e fixéchesme pasar un anaco de tempo agradabilísimo con esta entrevista. Nos temos reido a gargalladas e fixéchesme sentir moito máis próximo ao pobo que deixei hai máis de medio século. Os de certa xeración alimentámonos coa nostalxia e ás veces ata nos empachamos dela. A través da túa longa e frutífera vida ¿Cales foron os cambios máis notorios ou sorprendentes que viviches no pobo de Muros?

Marcelo: _Os cambios foron sorprendentes, dende levar o conde á dársena a empezar a facer cuartos de baño nas casas. A emigración foi sen dúbida o grande artífice de incrementar a riqueza local. As casas foron cambiando de aspecto, os pescadores a comprar novas e mellores embarcacións e en xeral a concienciarnos de que a educación non era un privilexio duns cantos. O Muros de hoxe pouco ten que ver con aquel Muros que me viu nacer, progresouse en todos os aspectos, pero hai un aspecto negativo que me preocupa; seguimos coa pauta de ter que deixar que a emigración sexa a máxima beneficiaria do que Muros produce.

porque na vida, vencer

E nomearche Doutor

é seguir, é tropezar.

“Honoris causa, Cum laude”,

A ti

Magno Cónsul que sen fraude

que desbaldes fantasía,

és da Musa, sedutor.

por que venche curto o día

Para ti, honra e honor.

para aprender a vivir.

Coroa de metal Louro;

A ti

E alimentas o presente

fillo fiel do varadoiro

porque és poeta

co maxín da túa fronte

e das verbas, reiseñor.

e que acadastes a meta

que vai procura do abrente.

que poucos seguen aquí.

A ti

A ti

que inventas horas de calma,

que sementas noites de lúa,

das ledicia as nosas almas

e que amarras unha a unha

ensinándoas a vivir...

as flores do pensamento.

Quéroche dar unha aperta.

Dígoche en todo momento.

Unha sentida homenaxe

que non che importe perder,

deste, que é o teu paxe

que non che importe loitar,

e sen galóns, inspector.

P/Manuel M. Caamaño

28


A CONDENA PERMANENTE REVISABLE p/ Ramón Siaba Vara

O Ministro de Xustiza ven de presentar o proxecto de

Lei Orgánica de Reforma do Código Penal que previsiblemente entrará en vigor nos próximos meses. A figura estrela da reforma é a mal chamada condena permanente revisable, que en realidade non é máis que a coñecida e repudiada CADEA PERPETUA por moitos eufemismos que queiramos aplicar, institución por certo inédita no noso ordenamento xurídico. Considero que esta figura ten un difícil encaixe na nosa Carta Magna ao chocar de fronte co seu artigo 25.2, así como co artigo 1 da “Ley Orgánica General Penitenciaria”, que consagran “la reeducación y la reinserción social” como fin último das penas privativas de liberdade e das institucións penitenciarias. O propio feito de que o reo non coñeza o tempo que haberá de atoparse privado de liberdade atenta contra o principio de seguridade xurídica contido no artigo 9.3 da Constitución. O vixente Código Penal xa é dunha severidade e dureza notables, e máis cando desde hai máis dunha década existe unha lei de cumprimento íntegro

pero tamén de oficio por un tribunal colexiado, ao menos, cada dous anos. Se non se acorda unha revisión, a condena será de por vida. Cando vemos o telexornal ou lemos a prensa e nos atopamos con casos que causan unha grande repulsa social como poden ser os asasinatos de Marta del Castillo, Mari Luz Cortes, Rocío Wanninkhof ou a desaparición dos nenos Rut e José, é evidente que se produce un xeral desacougo, de xeito que o que inmediatamente pide o corpo é instar que aos autores se lle aplique a pena de morte ou que apodrenten no cárcere. Trátase dunha reacción visceral comprensible, pero os tempos da Lei do Talión, por sorte, xa pasaron e o Código de Hammurabi foi substituído por un ordenamento legal especialmente garantista da que creo todos deberiamos estar orgullosos. Deste xeito, as reacción de vinganza contra os autores destes delitos tan horrendos non debe dar paso a reaccións populistas ou demagóxicas destinadas a satisfacer impulsos elementais e inmediatos. En calquera caso, a reforma non se queda aí posto que introduce outra figura nova no noso ordenamento como é a denominada custodia de seguridade, que vén a ser unha medida privativa da liberdade aplicable a aqueles penados que veñan de cumprir unha pena de prisión e que polo Tribunal se considere que seguen sendo perigosos, medida que se estenderá por un período máximo de 10 anos.

das condenas para os mesmos delitos aos que quere aplicarse esta nova pena, contemplando internamentos en prisión de 20, 25, 30 e ata 40 anos de duración. Pola miña parte penso que toda condena de máis de 40 años pode considerarse inhumana de acordo co artigo 15 da nosa carta magna. A condena indicada sería aplicable, segundo avanzou o Ministro de Xustiza, para os homicidios terroristas, magnicidios, xenocidios, os delitos de lesa humanidade, asasinatos agravados, asasinatos múltiples, os cometidos por organizacións criminais e os que sexan subsecuentes a un delito contra la liberdade sexual. É dicir, aplicaríase aos delitos que consideramos máis graves e que son susceptibles de xerar unha grande alarma social. A prisión permanente revisable será unha nova pena de carácter indefinido aínda que, a partir dunha oscilación de entre 25 e 35 anos de cumprimento por parte do preso, deberá ser revisada periodicamente polo tribunal sentenciador, que permitirá a posta en liberdade do condenado se cumpre unha serie de requisitos. Só despois dese período se aplicará o sistema de revisión. Esta revisión poderase facer a petición do reo,

Se a isto lle unimos a figura da liberdade vixiada introducida pola LO 5/2010 e regulada no art. 106 CP, que somete ao penado a un estrito control xudicial mediante a súa localización a través de artellos electrónicos, obriga de presentarse periodicamente, tratamentos médicos obrigatorios, prohibición de acercarse á vítima…con unha duración que nalgúns casos se estende ata os 10 anos (delitos sexuais e terrorismo), atoparémonos con que este será o Código Penal máis duro da nosa democracia. Considero que, con un respecto absoluto á vixente constitución, podería ser defendible un incremento da duración das penas ou o seu cumprimento efectivo, podendo aplicarse en casos excepcionalmente perigosos a medida de liberdade vixiada sen necesidade de acudir a unha figura de tan difícil encaixe constitucional como é a condena permanente revisable. O Tribunal Constitucional terá a última palabra porque é evidente que a Lei será recorrida pola súa previsible violación de preceptos constitucionais. Por último cabe preguntarse, atendendo á demagoxia e populismo dos nosos lexisladores: ¿Para cando a pena de morte revisable?.

29


CONSERVEMOS LAS HÁBITOS DE ESTUDIO P/ Marisé Luces Tajes Ahora que las vacaciones escolares están tan cerca, vamos a proponer unas pequeñas normas para que nuestros niñ@s no pierdan los hábitos de trabajo adquiridos a lo largo del curso. Son unas ideas generales que cada padre / madre aplicará según la edad de sus hij@s. Si nuestr@s niñ@s están en Primaria es muy probable que el día de vacaciones llegue con trabajos que su tutora le ha dado para realizar durante el verano. En Secundaria puede ser que les haya quedado alguna asignatura para recuperar en septiembre, con lo cual su plan de trabajo será más intenso, quizás necesite la ayuda de algún profesional para alcanzar los objetivos.

-No nos olvidamos de las matemáticas. De acuerdo con la edad así serán los trabajos: unas cuentas, un problema, unos ejercicios de repaso… ¡ con una o dos cuentas y dos problemillas es suficiente ¡.

Los últimos días de junio dejaremos que los niños se olviden un poco de los libros y disfruten de nuestras fiestas. Será a partir de julio cuando comencemos a exigirles que “ trabajen “, para ello sería bueno seguir unas pautas:

-Las actividades anteriores pueden ser las que les hayan puesto en el colegio, si no es así, cualquier cuadernillo de verano, libro que no tenga terminado o que le haya quedado de sus hermanos nos puede valer.

. -Si tiene actividades mandadas por la tutora, no dejemos que las haga todas en la primera semana ni que las deje para la última. -Buscar una hora de trabajo, siempre la misma, cuando el niño esté descansado y no pendiente de otras actividades con los amigos. A media mañana, después del desayuno sería un buen momento -Diariamente hará un cuarto de hora de lectura ( depende del curso ), una buena opción para engancharlo es que lea un libro que le guste ( tened en cuenta la edad). Después de la lectura que nos cuente lo que ha leído. Ahí tenemos que estar nosotr@s para escucharle y hacerle ver que nos interesa lo que nos cuenta. -Un poco de copia para los más pequeños y un resumen escrito de la lectura a partir de 3º.

-Para los alumnos de Secundaria marcaríamos la misma pauta horaria, y su trabajo haría hincapié en la lectura, resúmenes ( orales y escritos ) y en repaso de los ejercicios matemáticos correspondientes a su curso. Todo esto no le llevará más de una hora, y si es pequeño, bastante menos. Si por cualquier causa hay días en los que el/ la niñ@ no pueda seguir estas normas no nos preocupemos ni se las hagamos recuperar al día siguiente. Lo importante es conservar sus buenos hábitos de estudio.

¡ BUEN VERANO Y DISFRUTAD ¡

30


As lembranzas de Jorge

Jorge Lago aporta os seus recordos dos anos nenos en Miraflores e cóntanos, entre outras cousas, da "festa laica" que era a matanza do porco . Guauuu!!!! aquelas matanzas si que eran unha verdadeira festa. Os rinchóns, a morcilla, as carnes mortas, o fígado encebolado... O conto do famoso porco que sempre fuxia co coitelo espetado no peito. Pero lede, lede vós e disfrutade como eu o fixen co seu relato. (do Blog: Homes de Pedra en Barcos de Pau) Uns ven o vaso medio cheo ou medio valdeiro e así debe ser. As memorias son como se recordan ainda que a veces sin querer dáselles licencia poética. Eu cando vou a caixa da miña memoria, casi sempre vexo o vaso medio valdeiro e non quixera adulterar eses recordos co bálsamo da nostalxia. En aquel Miraflores dos anos 50, a realidade era en xeral un pouco mais áspera qué a que a veces a memoria selectiva me quer facer ver. Sempre se tende a decir que os tempos pasados foron mellores, pero non deixa de ser o resultado de ir indo para vellos e ver as cousas con ollos miópicos que se queren aferrar a calquer ilusión que lles devolva un pasado idealizado. Para re -enforzar esa miopía basta recordar que sempre nos decían que había moita mais xente en peores condicións. E si que as había, pois a procesión de probes pidindo polas portas non se pode atribuir a unha fantasía da infancia, pois si o pesamos así, é que non temos memoria. Tanpouco era a pobreza de hoxe, non se daban euros que che sobraban no bolsillo. En aquel entón a calderilla era tan escasa que dar algo a un probe era compartir un anaco de broa ou unha taza de caldo e a veces unhas espigas de millo con alguén que non tiña nin millo para moer, nin cartos para compralo. No ámbito que eu me criei, non había moitas diferencias entre uns e outros, a todos se nos podía medir polo mismo raseiro. Todos éramos esbeltos, non por que era moda, si non por que as calorías que inxerías eran casi sempre menos que as que queimabas. Cando vias a algún gordo, era por que era rico (os menos) ou por que padecía de algunha infermedade glandular. Claro que as precariedades pasadas solo as vemos cos lentes da actualidade en que vivimos. Daquela, a pesar da falta de moitas cousas, non me acordo de pasar fame, pero tan pouco me acordo de que sobrara nada. Había festas polas que esperabas todo un ano con mais ilusión famélica que festeira. San Pedro, o Carmen, o Espíritu Santo, a Magdalena e a matanza do porco. Eso si que un quere recordar. Festas nas que se expoñían as mellores cualidades culinarias das nosas nais, tias e aboas, glotonería ainda que fora por un día. Roscos, bizcochóns e os mais privilexiados, incluso brazos de gitana. Guisos de polo que arrecendían a gloria ainda que os polos tuveran cincuenta anos, o caso era ter dentes. Viño de barril para os maiores e con suerte para os pequenos, laranxada ou como mal menor, gaseosa de Dubert ou do Cabaneiro. Carnes mortas o día da matanza. Para min, o día da matanza era a nai de tódalas festas, nin era relixiosa nin laica, non tiñas obligatoriamente que bañarse nunha bañeira do río en agua sempre mais fría que quente, nin terlle medo o rodo co que che lijaban como si foses un tablón de carpintería, nin poñer zapatos de charol que non sei porque, sempre che quedaban apretados. A matanza era a

festa perfecta, a festa donde os instintos ancestrales de matar a presa salían a relucir, donde te enfrentabas por primeira vez a unha morte por premeditación. Un acto de crueldade de cara a un animal que hasta ese momento considerabas como unha mascota sin seres capaz de percatarte de que o chourizo que comeras un pouco antes, era parte de unha mascota anterior da que estaba destinada a ser asesinada en frente dos teus ollos. Digo que era unha festa perfecta, por que ademais participaba casi todo o vecindario, un non podía facelo solo. Envolvía

o matachín; un artesano sabedor da anatomía do animal, un home que en ese momento mostraba a seguridade e pulso de un ciruxano, o noso era tio Antonio de alárriba , unha persoa que acometía o seu ritual coa precisión e seriedade de un sacerdote inca. Despois estaban os veciños que tiñan que aguantar do porco. Todo un alarde de virilidá regado cos comentarios críticos do que pasara en tal sitio cando o porco se lles escapara co coitelo colgando. Logo estaban as mulleres da casa e as veciñas recollendo o sangre para as morcillas, revolvendo e revolvendo para que non se coallara. Todo tiña unha secuencia precisa, unha orquestación sin posibilidade de imporvisar. Esquimexar, lavar, sacarlle as uñas, colgar e abrir, calcular o peso por arrobas, (non confundir con arroba.com), medir o espesor do touciño, levar as tripas a lavar o río, tomar a parva consistente en mezclado; viño dulce e caña da casa de Jesús da Meca e como acompañamento o fígado do porco fresco encebolado que arrecendía e sabía a manxar dos deuses, para moitos esa era a primeira carne fresca en moito tempo. Despois as carnes mortas, o único guiso do mundo que tiña mais carne que patacas. Logo as morcillas con eses aromas exóticos de cominos, canela e pasas. Os rinchóns; outra mini festa donde se reunian todos o rededor dunha lareira vendo como se enchía unha xigantesca pota con carnes que che facían fantasear cos contos de bruxas ou de caníbales. Pero sobre todo era a certeza de estar facendo unha póliza de seguros frente a incertidumbre dun ano que nunca se podía predecir.

31


EL LAZARETO DE LA VIRGEN DEL CAMINO P/ Manuel Lago Alvarez

Adosado a la fachada oeste del Santuario de la Virgen del Camino existe un edificio que albergó un antiguo Hospital de Leprosos. El lazareto es de planta y construcción sencilla, careciendo de valor arquitectónico A él se accedía a través del soportal que une las plazas norte y sur del Santuario. No existen datos ciertos que determinen la fecha de su creación, aunque sí hay documentos que lo mencionan en 1421, 1433 y 1490 (los ya citados testamentos de Marina Pérez –1433-, Fernan Boon –1421-, y la carta foral del año 1490). En siglos posteriores se cita al Lazareto en diferentes documentos, algunos contenidos en libros de la Colegial muradana y en archivos municipales del siglo XIX. Por ello, resulta muy difícil concretar la fecha de construcción del hospital, aun-

que se pudiera pensar que fuera anterior al Hospital de San Pedro que fuera fundado en el año 1380 por el juez de la Villa, Diego Rodríquez, padre del Obispo Don Diego I de Muros, y del

que hay profusa documentación en un legajo documental actualmente depositado en el Archivo Histórico Diocesano y que tiene por título: “Libro das posisoes do Espital dos pobres que esta sobre la fontda prapa da Vila de Muro, que esta junto con o cimiterio de San Pedro, que foi edicado por Diego Rodríguez, juiz da vila de Muro, enna era de mill e CCCC e dez e oito anos, eno primeiro dia de marzo, do qual hospital he procurador R. Aras de Fisterre”. No es difícil suponer que antes de la fundación del Hospital de San Pedro existiera ya el Lazareto de la Virgen del Camino, y que debido a su escasa superficie, fuera complementado por unas instalaciones mucho más grandes, y construidas intramuros, al lado mismo de la antigua parroquial de la Villa, y justo en una fechas en las que Muros se vio inmersa en una serie de avatares político-militares, como fue, entre otros, la destrucción de la Villa por las tropas portuguesas del Maestro de Avis, y la posterior acta de la nueva fundación de la Villa, en 1389. De la documentación que hace referencia al Lazareto hay multitud de referencias a donaciones que se hacían para el sostenimiento del hospital de lázaros. Así en documentos del siglo XVI

32


aparecen relaciones de casas donadas en testamentos y por las que se cobran arriendos que rentúan al año 17.513 maravedis. Del año 1814, hay un memorial de cuentas en el que se detallan nombres de vecinos de Badernado, Lira, Louro, etc, que pagan en grano y en dinero para los pobres del Hospital. En el año 1843, un cobrador de pensiones y rentas escribe: “Es de dicho Santuario la casa que está pegada a él y por la mitad que avita Bonif.o Camaño paga 60 reales. Otra casita que habitan las llamadas Caneleyras pagan 40 rls”. En el año 1571, siendo CardenalArzobispo de Santiago don Cristóbal Fernández de Valtodano, el Visitador General del Arzobispado, Licenciado Llanes, se acerca a Muros para comprobar y tomar la cuenta al mayordomo encargado de la gestión de los bienes del Hospital, Jacome de Bronco, y ante la presencia del alcalde de la villa Domingo Barba de Figueroa, y otros personajes ilustres, el Ldo. Llanes, conocido el estado patrimonial y financiero del hospital, deja por escrito claras instrucciones de mejora.

En la visita del año 1575, se lee: “Ytem mando que ninguna persona que tuviere bienes de fuero del dicho hospital, cualquiera que sea, no los pueda vender y trocar sin que primero lo haga saber al mayordomo que es o fuere del dicho hospital, si lo quiere, o la persona que lo comprare, para que de cuenta del canon y pensión, o sobre de la tal hacienda se debe al dicho hospital. Y se ponga en el libro de las escrituras y tumbo del dicho hospital so pena que no lo haciendo pierda el derecho que tuviere a los dichos bienes [...] que queden libres y desembargados al dicho hospital sin ninguna pensión. Y que el dicho mayordomo pueda a ellos hacer, en pro y útil del dicho hospital, lo que le pareciere sin que ninguna persona le ponga en ello impedimento alguno so pena descomunión mayor”.

33


...MENOS O CAPITÁN QUE ERA DE MUROS B y / A N T O N L A M E I R O A nós o prestixio dóumolo o mar, e remóntase a unha época na que todo muradán e muradana identificábanse aínda con este. Un pobo de soberbios mariñeiros que co seu oficio e ben facer enarboraron o nome da vila o longo de incontables xeracións. Non de balde dise de nós aquelo de que "toda a tripulación era galega menos o capitán, que era de Muros" cando o que se quer é destacar o glorioso pasado da vila. Calquera que se asome as páxinas da historia de Galicia non poderá por menos de reparar no importante papel que a nosa noble, leal e moi humanitaria vila xogou no curso desta, xa que foi berce de non poucos e nomeados bispos, xuristas e historiadores. O azar dóunolo enclave e nós trazamos, con tanta determinación, o noso destino que rematamos por poñelle a aquela ria o mesmo nome da fortaleza que alí erguemos. Si ben é certo que o compás dabordo é un instrumento vital na orientación, cabe sinalar que non deixa de ser mais que unha simple estrela apuntando un número infinito de rumbos, e que de pouco ou nada serve cando nos dormimos o timón. Muros tivo as suas últimas décadas de auxe de 1960 a 1989. Na primeira mitade do período (1960-1975) as pesquerías internacionais non estaban tan explotadas e o cultivo e procesado de marisco eran aínda bastante rendibles. Eu crecín neste período de relativa prosperidade, cando unha importante frota de bakas de arrastre tiña base no noso porto e as fábricas de conserva previas a Calvo empregaban ainda a un considerable número de mozas. Daquela, e anque eu namais era un rapaz, decateime de que tiñamos mudado o rumbo, e o que agora estabamos a levar non era o mesmo dos nosos devanceiros. Non sei no mar, pois nunca "anduven" a él, pero en terra firme e o marxen do que se poda

34

considerar dunnha sociedade con tan pouca estima polo propio, a imaxen que tiñamos os xóvenes da vila do noso futuro era moi pouco alentadora. Tanto o cura como a maestra ou calquer médico da vila falaban nunha lingua que non era a mesma que falaban os nosos mariñeiros, miña tia que tiña dous fillos homes e unha nena, sempre que se dirixía a esta facíao en castelán, mentras que a eles o facía en galego, ata para "maghearnos" aos meus pais o comercio local lles debía parecer modesto, e levábannos a mercar a roupa a Noia ou a Santiago. Era como si todo o que fose alleo ou viñese de fora fose millor. Supoño que foi por eso que crecín pensando que todo o que era "noso", "o de sempre", "o mais muradán", non podía valer gran cousa. Un erro que daquela nos achantaba, ou millor dito aínda nos achanta, a moitos galegos a hora de valorar "o noso" é a crenza de que somos mellores segundo canto máis teñamos. Hoxe, pola contra, eu son mais de pensar que o noso gusto de desdeñar o que temos polo que cobizamos estea probablemente a contribuír ,en boa medida, ca destrución da nosa verdadeira riqueza cultural. Que eu saiba, a envexa e a presunción nunca foron bos mestres, e aos nosos fillos de seguro que lles sería de máis proveito deixalos insinados no respeto polo que xa teñen, do que adoutrinalos na iñorancia da ostentación. O sistema de acaparamento no que vivimos baséase precisamente, en privar aos pobos da sua verdadeira identidade, afastándoos da sua propia cultura e confianza neles mesmos, para deste xeito poder explotalos mellor. A primeira vez que me decatéi do valioso que eran o noso patrimonio cultural foi -non podía ser doutravindo dun velorio. En esta Galicia meiga as nosas


crenzas, as nosas costumes e ata o noso xeito de ser, herdámolos através da chuvia, da terra ou do mar, coñecementos lentamente acumulados polo pobo no curso dos séculos, elementos de identidade que, anque as veces póidannos parecer difíciles de xustificar en un mundo tan globalizado como é o de hoxe, por si mesmos son capaces de invocar as forzas orixinales da terra para abrirnos de novo os caminos a autenticidade no preciso momento en que nolo propoñamos. Manolo da Montañesa expirou en Baño nunha tranquila tarde do mes de outubro, dispois dun curto e nada acomodado paso por este mundo. Antes de que se tivese feito o tanatorio da Atalaia, aos mortos velábaselles na casa de cadenseu. O pobre de Manolo por non ter, non tiña nin donde caerse morto, e tivo que ser velado pola caridade dos veciños no cuberto da Pardela. As mulleres do lugar limparon e acomodaron o sitio e os homes trouxéronlle a caixa e o "Soberano" para poder acompañalo naquela sua última noite de padecer. Entre contos, garolos e ladaíñas foi trascorrendo aquela cerimonia de transicion, ata que arredor das tres da mañán unha vaca desvelada berrou no cortello para recordarme que xa iba sendo hora de ir indo de retirada. Achegueime ao cadaleito para despedirme do coitado que semellaba máis acaudalado do que nunca -por fin xa tiña unha morada de seu- e botei a andar para casa. Dende que eu recorde sempre me gostou mais a noite do que o día, pero por medo a romper unha perna mais que por outra cousa, decidín baixar a Costa de Baño en lugar de acortalo camiño polo Arro, no ano 1978, cunha recen estreada democracia, o alumbrado dos lugares era ainda bastante sombrio e aquela noite antoxábase mais pechada que a cova na que había de rematar o día seguinte o noso Manolo. De Baño a Boavista, si un vai polo camiño darriba, non hai mais de cinco minutos, pero si o fas pola estrada que une Muros con Noia un ten primeiro baixar ata o bar de Paca e tirar logo cara a Abelleira outros cinco ou seis minutos mais, ata que a propia vista che delata o tan ben nomeado lugar. Crucei o Curro de Baño con paso firme, sin medo a encharcarme ou pisar lama, facía xa días que non chovía e os camiños estaban tan secos como a ramada no verán. Unha vez que se foi apagando o murmurio que proviña do velorio vinme envolto nun silencio sepulcral, nin un canto afanado dun grilo, nin un triste aubear dun can. De repente, no lugar donde se estreitaba o camiño, notei a presenza dalguén andando o meu paso, detrás miña primeiro, e logo adiantándome ata poñerse ao par. Tan certo como que me chamo Antón que escoitei aquelas pegadas e que sin-

35

tín o seu alento entrecortado, e abofé que non foi preciso palparlle os latexos para saber que, anque eu non era quén para velo, alguén estaba alí a me acompañar. - ¿Quen anda ahí? , preguntéi sin obter resposta. Un frio xeado percorreume o curuto como cando no inverno unha pinga cho arrufia o caer dende o bico dunha tella. O primeiro no me alarméi, podía ser calquera que tamén viña do velorio, pensei para min sin "acabar de telas todas conmigo". De supeto reparei nun resplandor nacarado curvándose porriba das cabaseiras do lugar que me atraxo cara a él coa mesma forza que a luz chama pola traza. Esperaba toparme con algo racional, un lariño para afumarse despois de estar co morto, o taxi de Trillas recollendo un enfermo para levalo a Santiago, calquer cousa lóxica que xustificase que aquel lixeiro éter tiña un proposito ou unha explicación natural. Ogallá un OVNI que me secuestrase para poder estudarme e que me levase, o fin de contas, lonxe daquela vila de merda. Provindencialmente, o que me atopei cando subín a Moreira non viña doutro planeta anque si de outro mundo e iba a mudar por completo a percepción que eu tiña de este ata ese momento. Ali, de xeonllos, e embolto nun amortallada aura, estaba Manolo da Montañesa rezando os pes do Cristo de Baño. Non ollou para min de unha pero quedeime tan frio como a mesma pedra da que se erguia o cruceiro cando un raio daquela luz asombrosa cegoume co seu resplandor. Pareime quedo como unha vara, e para sorpresa miña, mais do que medo, o que me sobrecolleu foi un sentimento de paz e agarimo solo semellante a cando, chovendo, un se atota na cama. Manolo estaba agora erguido, e no preciso momento no que a sua ánima ollou cara a min, notei como si todo o que estaba o meu arredor: as pedras, as prantas e ata as mesmas casas formaran de súpeto parte de algo moito mais grande e transcentental, de algo que xa levaría alí dende sempre nun equilibio perpetuo e megalítico dos tempos, e que agora por unha razón que eu non chegaba a entender, chamábanos a atoparnos alí a Manolo e a min para reclamándonos o que unha vez xa nos fora prestado. Enganábame, él sí estaba alí para rindir contas e retornar o pouco que en vida tomara de fiado. Semellaba feliz, como si aquela hora fose pola que tanto estivera agardando, de feito tan pronto como o vento "sansanicou" o farol que a señora Pepa d'Ana lle tiña o cruceiro para guiar os veciños cara o alén, todo aquel celestial fulgor consumeuse en apenas un fachuso, que siguiu guindando daquel baral de pedra o xusto para devolverme a realidade e descubrir que ainda non


era o momento para min de dar contas, sinón de reflexionar sobre algo que non sabia que xa tiña, e que me ía servir dende entón para entender o verdadeiro sentido da miña vida. Pouco a pouco, como cando de rapaz te vas enamorando do mar a medida que lle vas perdendo o medo, voltei para casa polo camiño d'arriba, apreciando desta vez e como nunca antes o fixera, cada rodeira, cada parede e cada cabaseira que os nosos devanceiros tiñan feito e conservado para o nos, un patrimonio que non podía desdeñar porque agora sei que nace dunha terra que nos foi prestada, e que se fai absolutamente imperativo protexer e preservar para poder pasarllo os nosos fillos nas mesmas condicións en que nós o recevemos. -¡Síntollo moito pero este cruceiro non se pode mover do sitio! -dixo a señora Pepa d'Ana!- !Eu non son Xudas para vender a Cristo! Ben sabía a gardiá do Cristo de Baño o que se facía cando lle contestou deste xeito a un cobicento médico da vila o día que este ofreceuselle a compralo para que embelecera a entrada do seu chalet. A sabidoría e o altruismo deberían ser as únicas metas do home para poder entrar de cheo na vida e conseguir, dunha vez por todas, aprender a ser humanos. Por desgracia, mentras sigamos atrapados nos mundanales desexos non estaremos nunca en condicións de alcanzalar tal elemental proposito. En este vanal estado debía de estar a corporacion municipal que representaba os "intereses" de Muros no ano 1971, cando desestimou traer a Fonte dos Picholos de volta para a vila, disque por carecer de calquer interés artístico, privándonos así dun patrimonio cultural que era de todos os muradás dende o século XVII. De seguro que o potentado industrial de Vigo a soubo apreciar millor do que calquer desprendido pesco (fontes sempre tuvemos abondas) cando, desta vez,esta sí acabou enbelecendo o xardín do pazo que este tiña en Canido. Sería de xusticia, sin dúbida, acusar a aquela administracion que non o pobo do saqueo cultural da fonte, á fin de contas nos tempos de Franco tíñamos todos as mans atadas e non era moito, por non decir nada, o que se podía facer en contra dos intereses individuais do réximen, pero sería obrigado tamén aclarar que moitos dos estragos que sufreu a vila nas últimos décadas, fixéronse en complicidade cos que xa democraticamente foran elexidos por nós nas urnas. Soportais, pias, fachadas enteiras, e ata mesmo as lousas do chan da vila foron "renovados" nunha aposta, disque, para millorar e fomentar o desenrolo económico do

Concello, pero que por alguha misteriosa razón non se ve por ningures, e que semellaría máis ben que so serveu para cargarse tanto o pasado como o futuro da vila por igual. Por suposto que hai que apostar polos avances e a tecnoloxía, o progreso é unha das principaís forzas que move a humanidade (saber manifestar o descontento é outra), pero si somos neglixentes coque

nos deixaron os nosos antergos , de nada nos han de server. Dende as mesmas pedras da vila, ou do Chan de Rodas, ata ese xeito tan peculiar da nosa fala; dende as feiticeiras mouras que son A Creba e Monte Louro, ata ese arte de facer cestos ou bater os ovos para unha tortilla romana son, todas elas, singularidades dunha estirpe milenaria que nos debería encher a boca cada vez que a abríramos para decir de donde somos. Son elas, que non outras mais mundanas ou castizas, as nosas verdadeiras señas de identidade, legado que por devoción lle debemos de deixar a todolos muradáns que ainda están por embarcar sinón queremos que un día, o único capitán que “non é galego”, nos bote barco a pique.

36


Naufraxio da Motonave “Juan Ferrer” p/ Francisco Javier Mayo Veloso (fillo de Benito Mayo Núñez, tripulante do “Juan Ferrer”)

A motonave “Juan Ferrer”, un buque tipo “Shelter”, fora construída no 1.959 nos asteleiros Neptuno de Valencia, estaba fletado pola empresa Euromar e pertencia o armador Ferrer (que tiña outros tres barcos do mesmo tipo). Desprazaba 682 toneladas de rexistro bruto. Facía sempre a mesma ruta “Bilbao, Cardiff, Ardrossan e Liverpool”. Sobre as tres da madrugada do mércores 23 de outubro de 1.963 o “Juan Ferrer” navegaba a altura de Cornualles, na costa sudoeste de Inglaterra; no seu bandullo: carga xeral, fardos de madeira e 15 tripulantes de diversas idades e diferentes lugares de España. Por causas aínda hoxe non esclarecidas de todo (néboa, correntes, un cambio de rumbo que debería facerse e igual non se fixo... ou todas elas xuntas), os conocidos entre os lugareños como “Cepos ingleses de Cornualles” porque nun período de 25 anos atrás afundíronse nestos acantilados 32 buques con pérdidas de vidas humans que rebasan a cifra de 500, facían bo o seu nome, atrapando ó “Juan Ferrer”. A partires de ahí a traxedia. Na ponte están o oficial de garda e o piloto, o resto descansa ate que un golpe despértaos a todos. O capitán sube e comproba que o barco está ferido de morte, de contado lanza o sinal de socorro e ordea abandoar a nave. Intentan arriar primeiro o bote salvavidas de babor pero o mar lévallelo (nada sae ben a pesar dos continuos simulacros que se facían), logo inténtano co de estribor pero nese momento o barco escórase sobre o seu lado de babor de tal maneira que é imposible botalo á auga, de feito pódese camiñar perfectamente ergueitos sobre o costado. A única opción agora é saltar á auga. Saben que é perigoso pero a costa está preto. Póñense os chalecos salvavidas e baixo tebras, todos se botan á auga entre berros desesperados, chamánse entre si, píndense axuda... berros que pouco a pouco fóronse disipando arrastrados polas correntes. Luis Ruiz, o capitán, foi o último en abandonar a nave e, mentres o "Juan Ferrer" esgotaba o seu derradeiro alento de electricidade, afanábase en enfocar as rochas a xeito de improvisado faro co que guiar a súa tripulación: tres deles lograron chegar polo seu pé á terra firme medio desnudos, cheos de frío e pánico. (De esquerda á dereita: o engrasador Jose Rey SeviInmediatamente acudiron á chamada de socorro o llano de 21 anos, de Gijón, o capitán de 52 anos Luis Ruiz Izuel , de San Sebastián, o mariñeiro de 22 anos remolcador holandés "Titán", a falúa británica Benito Mayo Núñez de Esteiro-Muros, e o marmitón de "Stella", un minador inglés e barcos locais. O mar 24 anos José González de A Guarda) só devolveu frotando sete cadáveres e ao capitán, aínda vivo agarrado a dous fardos de madeira. O suceso (do que se fixeron eco a BBC, TVE, radio e xornáis da época) conmocionou de tal xeito a poboación local que a raíz deste naufraxio construíuse nese lugar o faro "Tater Du", preto de Lamorna Cove. Só catro daqueles quince infortunados mariñeiros do “Juan Ferrer” que se salvaron no naufraxio, hoxe en día tan só un segue vivo: o muradán Benito Mayo Núñez. Fontes: Benito Mayo Núñez (supervivinte) Xornal ABC; Xornal El Caso; Xornal El Ideal Gallego; Xornal La Vanguardia Española; Xornal Diario de Pontevedra; Xornal El Pueblo Gallego; Europa Press:

37


O HOME DO SACO

p/ Manolo De Lajo

O home do saco na miña infancia era un coco para asustar os nenos. Conta a lenda que era un vello alto e forte cun saco ó lombo para meter nel os nenos malos. Nos anos cuarenta, xa terminada a guerra civil, vivía na Atalaia un boticario xa retirado que non se relacionaba moito coa xente. O caer a tarde acostumaba a baixar ate a alameda e sentaba nún banco a ollar as nenas xogar, sempre levaba un saco con él. Dende que nunha noite fatídica do mes de maio faltou unha rapaciña loura, comenzou a correr na vila a cantiga: "..........porque en la alameda dicen que hay un hombrón con un camisón que a las niñas lleva". Nunca se pudo probar que fora él o que a roubara, e menos sendo un boticario retirado e con moita influenza. Pero a partir desa data, a lenda do home do saco comenzou a aterrorizar o povo e o caer a noite as nais apurábanse para recoller as fillas a voz de "para a casa que ven o home do saco". Crese que secuestraba rapazas virxes con cabelo louro e pel moi branca para sacarlles os orgos e facer mediciñas. Noutras zonas da aldea como Tal e Esteiro, o home do saco era un home feo que baixaba da Silvosa cun saco as costas e que en vez de falar, roncaba ou fungaba, tamen lle chamaban o abellón. Andaba de noite sen rumbo procurando unha casa onde o invocaran para asustar ou meterlle medo os nenos. Impresionaba por o seu aspecto e non se sabe ate onde chegaba a súa maldade e sempre remataba ceando unha cunca de caldo na casa requerida.

¡Fonteliña dos Picholos ¡

38


A Avenida de Bos Aires p/ Manuel Lago Álvarez

oma en calquera Vila, as nosas rúas teñen nomes, pero moitas delas teñen uns nomes un pouco singulares; nomes que non se encontran noutros lugares e que, os que nos visitan por primeira vez cáusanlle asombro. Paciencia, Amargura, Soedade, Calvario, Sufrimento, etc, non son nomes habituais para as rúas, pero como somos un pouco “distintos, pero non distantes”, témolos nós, aquí, en Muros. Descoñezo as datas e circunstancias nas que o Concello lle deu esos nomes. Teño recollido moitos datos interesan-

tes das actas do noso Concello, pero non cheguei atopar nada referente o nomeamento das rúas da Vila, tan só o acordo que fai mención a Avenida de Bos Aires, que se fixo a instancias da petición formulada pola Sociedade “Mutualidad y Cultura Muradana”, con domicilio social na cidade de Bos Aires, e que contaba naquel ano con 260 inscritos do concello de Muros. Igual resulta un dato descoñecido para moitos, pero a emigración muradana na Arxentina, estivo perfectamente organizada arredor desta sociedade, da que, no ano 1922 era presidente Don José Lamela Penela (irmá do bisabó da casa dos “Alonso”, de Serres), Don Amado Louro, síndico, e Don Manuel Don, vicepresidente, e dos que din as crónicas: “quienes desde sus respectivos puestos han sido los principales propulsores del progreso de tan simpática institución. Caballeros en toda la extensión de la palabra, entusiastas, inteligentes y ardientes galleguistas, esos tres coterráneos son merecedores de la gratitud de todos los muradanos por la patriótica labor que realizan”. Esta sociedade era unha das moitas sociedades galegas de carácter local que existían na Arxentina, e era unha das que realizaban unha labor mais intensa i eficaz, que non por silenciosa, sí, mais digna de aplauso.

Don José Lamela Penela, Presidente.

39

E como non podía ser doutra maneira, agradecidos a nación que os acolleu, a xunta directiva da sociedade, acordou dirixirse o Concello de Muros, solicitando designase co nome de Buenos Aires a unha das rúa da súa Vila natal. A petición foi atendida de inmediato, e a Corporación muradana acordou darlle o nome de Buenos Aires a travesía que se coñecía e coñece como “A Porteliña”, fixando as autoridades municipais que fora o día 29 de xuño de 1922, o día elixido para o solemne acto do cambio de nome, e a colocación das placas que foran enviadas pola Sociedade, dende a Arxentina. Coñecido o acordo da corporación municipal muradana, a xunta directiva da Sociedade “Mutualidad y Cultura Muradana” tivo o xesto magnífico de enviar por xiro telegráfica a cantidade de 560 pesetas para que foran distribuídas, no día do Patrón, entre os pobres acollidos no Hospitalillo de Muros. Igualmente dispuxeron o envío de 250 pesetas á Parroquia de San Juan de Serres, para que foran tamén repartidas ós pobres daquela feligresía, no día da súa festa patronal.


COLABORA:

CONCELLO DE MUROS

40


The muros times 3 xuño 2013