Page 1

Nยบ 3 Maio


Poucas veces a muller percibe a súa propia imaxe como positiva. Incluso existen estudos que ratifican este pensamento: a media de peso que a maioría de nós desexa perder sitúase nos cinco quilos. As mal chamadas dietas milagre, teñen a única pretensión de satisfacer esa necesidade de sentirnos valoradas, por nós mesmas e pola sociedade, de maneira rápida e efectiva. Pero sempre hai que ter en conta, que un réxime destas características deixa a saúde a un lado. Como veremos nun artigo escrito pola compañeira Carmen Buceta, as mulleres que deciden seguir este tipo de dietas, con frecuencia sofren problemas gastrointestinais, deshidratación, insomnio, supresión da menstruación ou mesmo depresión. O prezo a pagar por tratar de achegarnos a un canon de beleza irreal, é demasiado alto.

Jessica Hermo tamén reflexiona sobre os problemas de imaxe na adolescencia, unha etapa na que adoitan aparecer os trastornos da alimentación, como a bulimia e a anorexia nerviosa. Por último, preguntamos á cidadanía de Boiro a súa percepción sobre a imaxe da muller nos medios de comunicación. A nosa enquisa corroborounos que algo ten que cambiar no cine, a moda e a televisión, para que o modelo de beleza estea encarnado pola muller real. Neste número 3, Mulleres Boiro quere achegarse a outras culturas. A profesora de inglés Sara Cadarso, protagonista da nosa entrevista en profundidade, explícanos a súa experiencia en Irlanda, país no que viviu durante once anos. Nestes anos de crise económica, son moitos os novos profesionais que deciden coller a maleta rumbo a outro país. Empaparse da cultura na que pensamos facer carreira, é un paso importante para perder un pouco a morriña, e saír adiante. ◘


Co verán á volta da esquina, é necesario materializar algúns deses propósitos que fixemos, con tan boa vontade, tras come-las doce uvas. Un dos máis repetidos é, obviamente, o desexo de chegar a tempo á temida „operación bikini‟. Carmen Buceta / Boiro A perda de peso é unha obsesión para moitos homes e mulleres. Coa chegada do bo tempo, a coñecida „operación bikini‟ motiva que máis de un bote man de dietas efectistas, que prometen unha grande perda de peso en pouco tempo. Sometemos a exame dous destes réximes e descubrimos que un uso continuado pode resultar especialmente nocivo para a saúde. Tras isto, non nos queda moi claro se debemos denominalas dietas “milagre”, ou máis ben, dietas “desastre”. Dieta 1400 calorías Este réxime hipocalórico promete unha perda de ata tres quilos nunha semana, con tan só tres comidas ao día –en troques das cinco recomendables-. Pode resultar prexudicial para a saúde abusar desta dieta en concreto, porque conleva a perda de nutrientes esenciais. Este réxime é deficitario en vitaminas D, E e B1, e minerais coma o calcio, o magnesio, o ferro ou o iodo, entre outros. Estas carencias afectan de maneira determinante á nosa saúde. De feito, un uso conti-

A realidade, é ben distinta. Poucas persoas optan por un réxime equilibrado, baseado nunha perda gradual e controlada de peso. Pero antes de optar por perder eses indesexados quilos, é necesario coñecer os riscos para a saúde das denominadas dietas milagre.

nuado da dieta 1400 pode provocar alteracións gastrointestinais, mareos, contracturas musculares, caída do cabelo, ansiedade, insomnio, amenorrea –perda do período-, ou mesmo depresión. Dieta disociada Este réxime resulta máis radical que o anterior, posto que promete unha perda de ata cinco quilos en tan só unha semana. Trátase dun réxime baseado en queimar os depósitos de graxa e os hidratos de carbono complexos, e eliminar auga. Permite esta dieta a inxesta de ata seis „minicomidas‟ ao longo do día. En cada unha destas comidas, só podemos inxerir un tipo de alimento. É dicir, non permite mesturar alimentos de diferentes grupos. Os domingos permítese ao paciente comer o que desexe, sempre que o contido en graxa e hidratos de carbono complexos sexa moi baixo. A carencia de vitaminas A, E, D e B1 e de minerais como o ferro, o magnesio e o zinc, fan deste réxime unha alternativa perigosa. A multitude de enfermidades que pode provocar, o corroboran. Ao igual que coa dieta 1400, un seguimento habitual deste réxime provo-

ca mareos, ansiedade, depresión, amenorrea e insomnio. Por outra banda, o aporte de proteínas e graxas é excesivo, mentres que as cantidades de hidratos de carbono, fibra e glicosa son insuficientes. Isto conleva a aparición doutras doenzas graves, como a descalcificación ósea, danos renais ou perda de líquidos e electrólitos. Porén, pode provocar un aumento dos niveles de colesterol e triglicéridos, elevando o risco dun accidente cardiovascular. Tamén eleva os niveis de ácido úrico –aumentando o risco de padecer gota-, e a acetona. O risco de perder proteína muscular e visceral é moi alto. A saúde é o primeiro En materia de dietas, cada quén ten as súas preferencias. Persoalmente, eu prefiro guiarme por un endócrino ou un dietista profesional. Tamén podemos botarlle a man a un refrán de vellos, que di “pouco plato e moito zapato”. Por favor, non estrágue-la saúde. Non vos temos sete vidas coma os gatos. ◘


Jessica Hermo / Boiro Actualmente, na nosa sociedade, o estereotipo de beleza é unha muller completa e perigosamente delgada. A apreciación de que os homes as prefiren delgadas non ten nada que ver cos gustos persoais, senón coa manipulación dos medios (televisión, revistas,..) sobre nós mesmas. Fannos crer que a verdadeira beleza é a que vemos na televisión e nos medios, que para ser popular o ideal é ser un esqueleto andante. O peor: nós crémoslles. Hoxe en día moita xente nova, tanto mulleres coma homes, sofre de anorexia e bulimia por culpa dos estereotipos que dita a sociedade. A anorexia é un trastorno de conducta alimentaria que supón unha perda importante de peso, provocada polo propio enfermo. As persoas que padecen anorexia chegan a experimentar situacións de gran debilidade, provocada pola carencia de nutrientes necesarios e básicos para o noso organismo. Por outro lado, a bulimia é unha enfermidade igual de perigosa, malia que drasticamente distinta. Cando unha persoa padece bulimia, alónxase das pautas de alimentación saudables, pasando moito tempo sen comer para despois comer en exceso. A inxesta masiva de alimentos contrarréstase coa eliminación destes excesos mediante vómitos, purgas, laxantes ou xaxúns. Tanto a bulimia coma a anorexia son trastornos

psicolóxicos e alimenticios nos que unha persoa cree que esta gorda cando é xusto o contrario. No caso da anorexia, pola falta de nutrientes, as mulleres poden perder o período. Que estea de moda levar o pelo rapado ou tinguilo de azul, simplemente porque vemos a unha actriz famosa levalo, ou porque os chamados “gurús” da moda predican que se vai levar iso, non debe obrigarnos a modificar o noso aspecto. No tocante á nosa saúde, o exemplo é moito máis claro. Acaso temos que comer unha vez ao día só porque nolo din desde os medios? Somos tan influenciables que non podemos decidir o que nos gusta e o que non nos gusta? Se podemos ou non podemos comer un bo bocadillo de xamón e queixo debe dictalo unha moda? É este un xeito patético e miserable pola nosa parte, de ser aceptados dentro do paradigma tradicional de beleza. O máis grave desta situación é que os medios influencian aos máis novos e novas, facéndolles crer ás nenas que se lles gusta comer un croissant son unas focas, mentres que aos nenos ensínaselles que se non teñen a constitución física de Rambo, son bolas de graxa con patas. Cando estes pensamentos cobran unha importancia excesiva, poden

chegar a provocar os trastornos alimenticios severos dos que falabamos anteriormente. Sobre todo nós, a xente nova, temos que preguntarnos por que permitimos que unha moda enfermiza dicte a nosa maneira de alimentarnos. Por suposto que é bo facer exercicio e coida-la figura, pero de verdade pensamos que é o único que importa? Chegamos ao punto de non retorno, no que o físico está por riba da nosa propia saúde? Unha cousa é facer exercicio e levar unha dieta variada, con verduras, peixe, carne, froitas …, e outra moi diferente é destruírnos a nós mesmas só polo “que dirán”. O exercicio moderado – camiñar 30 minutos ou unha hora ao día- e a dieta saudable son o camiño adecuado, non maltratar os nosos corpos alimentándonos a base de auga e pan. Rebelémonos irmás! Loitemos contra as dietas agresivas! Demos un bo bocado de torta de chocolate. ◘


Mulleres Boiro / Boiro Durante as últimas semanas, quixemos coñecer a percepción da cidadanía de Boiro sobre o ideal de beleza que proporcionan os medios de comunicación, a industria cinematográfica e os grandes deseñadores. Cos resultados na man, decatámonos de que a opción ‘Estes medios promocionan un canon que potencia a extrema delgadeza’ foi a escollida na maior parte dos casos (25 enquisados), a excepción do sector máis novo de poboación. A opción ‘Estes medios potencian a delgadeza, pero non tan extrema como anos atrás’ sitúase en 2º lugar (10 enquisados), mentres que a opinión ‘A beleza que se impulsa desde estes medios é saudable’ tan só foi referendada por cinco dos enquisados. Estes resultados fannos reflexionar sobre a distancia que aínda existe entre medios e sociedade. A muller real debe ter un espazo preeminente en campos como o cine, a televisión ou a moda. Como grandes creadores de tendencias e dinamizadores da opinión pública, débenlle este acto de responsabilidade ao gran público.

Resultado global da enquisa

Lenda

Gráfica: Resultados globais da enquisa

É un canon que potencia a extrema delgadeza

13%

Potencia a delgadeza, pero non tan extrema como anos atrás Os medios impulsan un modelo de beleza saudable

25% 62%

Opinións desglosadas por por sectores Gráfica: Distribución porcentual franxasde de idade idade Distribución por %

A organización dos resultados por grupos de idade axúdanos a ver unha clara tendencia: a maior idade, peor percepción teñen os usuarios do canon de beleza que se publicita desde estas canles.

100% 90% 80% 70% 60% 50%

De feito, as únicas opinións favorables a este estereotipo de beleza feminina, atópanse nos sectores de entre 12 e 17 anos, e entre 18 e 34.

40% 30% 20% 10% 0%

Idade

1210 - 17 DE 12 A 17

9

18 - 34 DE 18 A 34

9

35 - 44 DE 35 A 44

7

45 - 59 DE 45 A 59

5

+60 DE 60 EN DIANTE


Táboa: Resultados absolutos por franxas de idade

Grupos de idade

É un canon que potencia a extrema delgadeza

Potencia a delgadeza, pero non tan extrema como anos atrás

Os medios impulsan un modelo de beleza saudable

Total

12-17

3

4

3

10

18-34

5

2

2

9

35-44

6

3

-

9

45-59

6

1

-

7

+ de 60 Total

5

-

-

5

25

10

5

40

Táboa: Resultados absolutos por sexos

Sexos

É un canon que potencia a extrema delgadeza

Potencia a delgadeza, pero non tan extrema como anos atrás

Os medios impulsan un modelo de beleza saudable

Total

Mulleres

14

4

4

22

Homes

11

6

1

18

Gráfica: Distribución porcentual por sexos

Lenda Mulleres ♀ É un canon que potencia a extrema delgadeza

18% 6% 33% 18%

Potencia a delgadeza, pero non tan extrema como anos atrás Os medios impulsan un modelo de beleza saudable

61%

64% Homes ♂ É un canon que potencia a extrema delgadeza Potencia a delgadeza, pero non tan extrema como anos atrás Os medios impulsan un modelo de beleza saudable

Opinións por sexos

Os resultados diferenciados por sexos demostran que tanto homes coma mulleres opinan, maioritariamente, que a delgadeza extrema aínda segue predominando nestes medios. Por outra banda, as opinións positivas sobre a imaxe da muller atópanse, na súa maioría, no bando feminino.

* Mostra: 40 participantes


Cada vez hai máis persoas que escollen o camiño da cirurxía estética, para corrixir posibles defectos ou intentar frear o paso do tempo. De feito, España atópase no décimo posto do ránking mundial de países que máis intervencións deste tipo practican. A maior parte da xente que se somete a este tipo de intervencións busca mellorar o seu aspecto. O problema chega cando, custe o que custe, unha muller decide seguir un prototipo de beleza enfermizo e irreal. Porque hai rapazas dispostas a todo para parecerse a ela, a única: Barbie. Norma Pereiro / Boiro Diversos estudos da sociedade internacional de cirurxía estética mostran que na actualidade este tipo de intervencións practícanse en máis de 60 países. Os que encabezan o ránking co maior número de intervencións son Estados Unidos, México, Brasil e Arxentina. Países con maior número de intervencións 1

Estados Unidos

2

China

3

Brasil

4

India

5

México

6

Xapón

7

Corea do Sur

8

Alemaña

9

Turquía

10

España

As operacións populares

máis

O 18% dos e das pacientes que acoden á consulta dun cirurxián plástico, buscan unha liposución. O aumento de peito síguea en número de intervencións, cun 17% do total. Contrarrestar os efectos do paso do tempo resulta importante par un 13,5% de persoas, que deciden someterse a unha

blefaroplastia, unha intervención que consiste na elevación das pálpebras. Outras operacións comúns son a rinoplastia – modificación da forma do nariz-, cun 9,4% das intervencións, e a abdominoplastia, que constitúe un 7,3% do total. Este tipo de operacións dependen moito do país e da cultura, posto que os cánones de beleza cambian dun lugar a outro. Por exemplo, en Xapón resulta común someterse a unha operación para „occidentalizar‟ a mirada, mentres que en Estados Unidos é máis popular o bótox e os implantes de mamas. As brasileñas, pola súa parte, prefiren os tratamentos de reducción. E rebaixar un talle de suxeitador é, precisamente, a principal razón pola que as dominicanas pasan polo quirófano. Por outra banda, é común relacionar a cirurxía estética coas mulleres, malia que cada vez máis homes están dispostos a modificar o seu aspecto a golpe de bisturí. Riscos da cirurxía estética Toda persoa que estea meditando someterse a este tipo de intervencións, debe ter en conta que ademais de implicar riscos para a integridade física –por exemplo, complicacións derivadas do uso da

anestesia-, poden aparecer outras doenzas. As secuelas neurolóxicas, tanto a nivel sensitivo como motoras, e as repercusións psicolóxicas e sociais, poden non resultar asumibles para certos pacientes. En ocasións, os malos resultados obtidos tras una intervención, provocan que algunhas persoas sexan incapaces de sentirse cómodas co seu novo aspecto físico. Barbies humanas Rubia platino, ollos azuis e cintura de avespa. Así é o prototipo de boneca Barbie, ao que miles e miles de rapazas ansían parecerse. Para chegar a ser unha versión viva deste manequín, idolatrado por varias xeracións de nenas, imponse a lei do „todo vale‟: dietas estrictas que poden derivar nun trastorno alimentario, ou mesmo recorrer á cirurxía estética. O risco de padecer un TDC (Trastorno Dismórfico Corporal) é moi alto nestas rapazas que persegue nun canon de beleza totalmente irreal. E tan irreal. Os números falan por si mesmos. Se intentáramos extrapolar as medidas de Barbie á realidade, teríamos como resultado unha muller de dous metros de alto, 40 centímetros de cintura, 90 de cadeira e 135 de peito. Isto non frea ás súas admiradoras. Unha das


primeiras que comezou a explotar o seu parecido coa famosa boneca foi a estadounidense Dakota Rose, coñecida polo seu club de admiradores como Kota Koti. Quizais máis radical resulte a imaxe de Valeria Lukyanova, una rapaza ucraniana de 21 anos cuxo parecido coa boneca de Mattel resulta asombroso. O parecido doutra norteamericana,

Cindy Jackson, coa todopoderosa Barbie, vén derivado dunha obsesión coa cirurxía estética. Pero onde non chega o bisturí, estas rapazas non dubidan en utilizar técnicas informáticas para retocar as súas fotografías. A posta en escena, por outra banda, tamén resulta totalmente artificial: miradas baleiras, caras estáticas e posturas artificiais.

Kota Koti e Lukyanova gozan de miles de seguidores na rede. Pero tamén hai unha ampla comunidade de detractores, que as sinalan como un exemplo negativo para as nenas e adolescentes. A fin e ao cabo, coroar a unha simple boneca como icona de beleza é unha actitude estremada e perigosamente infantil. ◘

A esquerda Barbie, a boneca coñecida e admirada por nenas de todo o mundo. Na imaxe da dereita, Cindy Jackson, unha das „barbies‟ de Internet, goza dun amplo club de admiradores na rede. O parecido resulta máis que evidente.


“O anxo do fogar”. Esta é a definición de muller que dou o poeta Frei Luís de León no século XVI. Unha definición que ben se axusta á realidade social das nosas antecesoras, ata ben pasada a Transición. Os piares fundamentais deste anxo doméstico eran, como non, a vida na casa e a maternidade. Pero malia que a muller estaba excluída do foro público, a administración dos bens e a cultura, iso non significa que non valera a pena loitar. Os dereitos dos que gozamos as mulleres do século XXI, débense ao combativas que foron as nosas predecesoras. Loli Gª Tarela / Boiro

A historia da muller está ligada aos movementos feministas, xa que estas doutrinas serviron de motor para o cambio social. De maneira máis ampla, tamén aportaron recursos teóricos e fundamentos, que serviron para que a muller puidera formar parte da política, a economía, a administración, e o mundo académico. Pero, como chegamos a isto? A evolución dos movementos feministas pode clasificarse en dúas etapas. A primeira, desde mediados do século XIX ata os anos 20/30 do século XX. A segunda, comeza coa revitalización do movemento nos anos 60, e chega ata a década dos 80. Durante a primeira etapa viviuse un retardo, motivado, segundo sinala Geraldine M. Scalon, por un subdesenvolvemento industrial, o modelo de estado e o papel determinante que aínda conserva a Igrexa. En España, precisamente a Igrexa católica era a encargada de educar ás clases acomodadas, motivo polo que se seguiu a perpetuar un modelo no que a muller só tiña futuro como esposa e nai. Ademais, o analfabetismo e o escaso

Alegoría da II República, proclamada o 14 de abril de 1931

acceso ao mercado laboral da muller, frea aínda máis o desenvolvemento dun movemento feminista cohesionado en España.

1920. As figuras máis emblemáticas desta primeira etapa son as galegas Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán.

Habería que esperar ata a Primeira Guerra Mundial (1914-1918), para que a muller puidera por fin acceder á vida laboral e académica. Trátase este dun cambio social, xa que os avances do feminismo na política non se producirán ata

En 1909, a escritora catalana Dolores Nonserdá adopta o termo „feminista‟. No ano 1918 créase a Asociación Nacional das Mulleres Españolas (ANME), movemento que comezará a esixir a revisión das leis que relegan á muller ao ámbito


Coa chegada da Guerra Civil, a Agrupación Unión Republicana Feminina pediu, sen éxito, un posto na Fronte Popular. Malia que o feminismo practicamente desapareceu durante a contenda, vítima das loitas entre esquerdas e dereitas, durante o franquismo houbo mulleres que ousaron revitalizar o movemento. Entre elas, destacamos a María Campo Aburge, que en 1947 publicou „A secreta guerra dos sexos e algunhas asociacións relixiosas‟. Aperturismo

Clara Campoamor

doméstico, así como a súa promoción na vida política. Desta época cabe destacar as figuras de Carmen de Burgos, Margarita Nelken, Victoria Kent ou María Martínez Sierra. Mención especial merece Clara Campoamor, avogada e deputada polo Partido Radical. En 1931 presideu a Unión Republicana Feminina. Durante a ditadura de Primo de Rivera concedéronse certos dereitos. Ironicamente, a concesión do dereito ao voto supuxo o debilitamento do movemento feminista, posto que algunhas militantes decidiron incorporarse a outros partidos políticos para conquistar máis beneficios para a causa feminina. Dereitas e esquerdas viviron unha pugna moi forte para conseguir o apoio da muller.

A partir dos anos 70, a muller consigue incorporarse de forma masiva ao mercado laboral. A expansión educativa e cultural faise agora máis evidente ca nunca antes, posto que chegan a España os textos do movemento feminista doutros países. O ano 1975 quedará sinalado pola ONU coma o Ano Internacional da Muller. Constitúese en Madrid a Plataforma de Organizacións de Mulleres, asociación que expón un programa revolucionario para a época: despenalización do adulterio, legalización do divorcio... É esta unha década de cambios profundos e rápidos: en 1975 anúlase a Licencia Marital, pola que a muller non podía facer ningunha dilixencia sen a firma do seu marido. No ano 1977 apróbase a Lei de Igualdade en o 78 despenalízanse os anticonceptivos e o adulterio. Hai que esperar ata 1981

para que cambie a regulación do matrimonio no Código Civil, mentres que en 1985 ao fin a Lei permite o aborto nos casos de violación, situación de risco para a vida da muller e feto en mal estado. Do mesmo xeito, a representación da muller nas cámaras políticas non deixou de aumentar: en 1977 a representación feminina no Senado era tan só do 2,4%, mentres que en 1989 ascende ao 30,5%. En 1983 había 164 alcaldesas, mentres que en 1991, chégase ás 393. A creación do Instituto da Muller en 1983, supón a irrupción do feminismo no ámbito académico, aparecendo así os primeiros centros de investigación nas universidades españolas, programas de doutorado, másters... Durante estes anos conquístanse outros dereitos: en 1990 as primeiras mulleres ingresan no Exército, mentres que en 2002 permítese á muller entrar nos corpos militares considerados de extrema dureza física. A muller non deixou de conquistar representación no novo milenio. En 2004, había 125 mulleres no Congreso dos Deputados. A Pasionaria Neste mundo de loita e conquista de dereitos, é necesario reservar un lugar especial para Dolores Ibárruri, a coñecida Pasionaria. Destacada dirixente política e activista durante a Segunda


República e a Guerra Civil, naceu o 9 de decembro de 1895 en Biscaia, no seo dunha familia mineira. Casou en 1915 co mineiro socialista Julián Ruiz. Grande afeccionada á lectura, aproveitou a condición de activista do seu home para aprender sobre o marxismo. Conseguiu así superar a súa educación tradicionalista e católica, para comezar a loitar pola “liberación da clase obreira”. En 1917 participa na folga xeral de agosto, ano no que trunfa a Revolución Bolchevique en Rusia, e no que Dolores ingresa no Partido Socialista Obrero Español (PSOE). É nesta época cando utiliza por primeira vez o pseudónimo de Pasionaria. Participou no ano 1920 na fundación do Partido Comunista de España (PCE), e en 1930 pasou a integrar o Comité Central do partido. Pouco despois da instauración da II República, en 1931, traballou para Mundo Obrero, xornal vinculado ao PCE. A súa militancia provocou que fora encarcerada en varias ocasións, ata 1933, ano no que foi designada presidenta da Unión de Mulleres Antifascistas.

Dolores Ibárruri, A Pasionaria, figura clave do comunismo español

Conseguiu ser elixida deputada pola Fronte Popular, a coalición de partidos de esquerda que concorreu ás eleccións de febreiro de 1936. Poucos meses despois, co estalido da Guerra Civil, A Pasionaria percorreu a fronte, divulgando consignas célebres como “No pasarán” ou “Antes morir de pie que vivir de rodillas”. Converteuse, grazas ao seu carisma, na portavoz do PCE. En 1939 comeza o seu exilio á URSS. Alí sería designada Secretaria Xeral do Partido Comunista de España, no ano 1942. Santiago Carrillo a

relevou do cargo en 1960, e A Pasionaria pasou a ser presidenta do partido. Voltaría a España en 1977, ano no que foi elixida deputada ao Congreso para formar as Cortes Constituíntes. Faleceu en Madrid, no ano 1989. Dolores Ibárruri foi unha muller, como moitas outras contemporáneas súas, que decidiu superar os convencionalismos e loitar polo seu propio futuro. Todas estas mulleres son exemplos que deberíamos seguir, para loitar polo que queremos e por defender as nosas ideas, sen deixarnos avasalar por ninguén. ◘


Os profesionais dedicados á contratación de persoal esperan que o currículo vital ou CV sexa a expresión clara e concisa de tódolos datos que quere destacar o aspirante: a súa información persoal, formación e experiencia profesional. Como facer que o teu CV destaque? Sigue atent@ aos nosos consellos... Mónica Núñez / Boiro O que debes ter en conta O teu currículo ten como principal obxectivo obter unha entrevista de traballo. Para iso, debe cumprir tres tarefas fundamentais: servir de presentación ao responsable da contratación,

concentrar a atención durante a primeira entrevista sobre os aspectos máis importantes do teu percorrido académico e laboral, e por último, recordar tras a entrevista os datos que mellor falan de ti.

aspirar, debes ter en conta que pode ser necesario modificar o teu currículo. Non se trata en ningún caso de mentir, senón de destacar en cada ocasión os puntos que máis se adecúen ao posto de traballo que pretendes conseguir.

Dependendo do posto de traballo ao que queiras

Como estruturar un CV Datos persoais: Ademais do nome e apelidos, a data de nacemento ou a dirección persoal, coa chegada das novas tecnoloxías ábrense outros vieiros para resaltar a túa candidatura. Xa non chega con proporcionar un teléfono de contacto. Estamos na era do correo electrónico, e mesmo das redes sociais profesionais. Incluír un vínculo ao teu perfil en LinkedIn, por exemplo, fará máis accesible a túa información. Formación académica: Trátase de tódolos estudos realizados. Esta información debe incluír sempre o centro onde foron cursados e as datas. Outros títulos e seminarios: Aquí veñen recollidos estudos que complementan e amplían a túa formación, como cursiños e seminarios. Poden estar estruturados por horas cursadas ou por datas. Experiencia profesional: Neste apartado débense recoller os traballos exercidos, relacionados ben cos estudos universitarios cursados, ben con outro tipo de formación que pode ser de interese para a empresa. Ademais de sinalar as datas nas que traballaches e a empresa contratante, é necesario sinalar as funcións e tarefas levadas a cabo. Idiomas: Nesta sección ademais de sinalar o nivel que posúes nas linguas que domines, tamén debes indicar se estás en posesión dalgún título ou certificado que acredite ese nivel. Informática: Coñecementos de sistemas operativos, follas de cálculo, bases de datos... Tamén é necesario indicar se manexas programas informáticos específicos, relacionados coa túa profesión. Outros datos de interese: Neste último apartado, sinala tódolos aspectos que non están incluídos no resto de epígrafes, como se posúes carné de conducir, cando te podes incorporar ao posto, cal é a túa dispoñibilidade horaria, etc.

Conclusións Non podemos esquecer que debemos adecuar o currículo ao posto que pretendemos conseguir, posto que non tódalas empresas buscan os mesmos requirimentos. Durante a entrevista de traballo, debes recordar que tes que sentarte ben, porque a túa linguaxe corporal pódelles suxerir que non che interesa o traballo, que es unha persoa ansiosa, etc. Non cruces as pernas nin os

brazos, nin te apoies na mesa cando che falan. Tamén debes mirar aos ollos do teu entrevistador, non ao chan ou á parede. Do mesmo xeito, cando che pregunten cal é o teu punto feble, non podes dicir que non o tes. En cambio, debes aproveitar os teus defectos para transformalos en puntos fortes. Por exemplo, se consideras que o teu peor defecto é que es unha persoa desorganizada,

pretende reforzalo dicindo que tratas de solventalo cunha axenda persoal. Ademais, durante a entrevista hai que evitar responder con monosílabos, esaxerar as túas calidades e, por suposto, mentir. En definitiva, xa non son os tempos de antes. Hai que ter en conta tantos factores para a busca de emprego, que xa non chega coa túa simple candidatura. Máis que nunca, hai que facerse valer, saber venderse. ◘


Mulleres Boiro / Boiro O 14 de xuño o Centro Social de Boiro acolleu unha iniciativa pioneira. Trátase do obradoiro Tomando as Rendas, un proxecto de formación e apoio a mulleres de entre 25 e 45 anos, que queiran ver realizado o seu soño: montar unha microempresa. Este plan de formación xurdiu da colaboración entre a Fundación para o Desenvolvemento Infotecnolóxico de Empresas e Sociedade (Fundetec), a Xunta de Galicia e a Federación Deglobé. De maneira máis ampla, enmárcase dentro do Subprograma Avanza Cidadanía Dixital, do

O obradoiro insiste de forma especial na utilización das novas tecnoloxías, como parte vehicular para recibir formación, compartir dúbidas e preguntas, pero tamén para seguir o proceso de creación dunha empresa. Neste senso, o pasado día 14 ofertouse unha videoconferencia, seguida en tempo real por varias aulas da rede CeMIT de toda Galicia, na que unha asesora ofreceu a súa experiencia a estas novas emprendedoras.

plans de empresa e o “apoio incondicional” dunha dinamizadora vía Internet. Ademais, o proxecto pretende non só axudar a crear unha empresa, senón tamén a poñela en valor fronte a un mercado competitivo. Desta maneira, ofértanse tamén talleres de mercadotecnia –é dicir, estudo de mercado-, un obradoiro económicofinanceiro no que se ensina ao alumnado como levar as contas ao día, os balances e a tesourería; un taller de dirección e venda e outro de recursos humanos.

Paralelamente, Tomando as Rendas facilita formación presencial en capacitación dixital, módulos online sobre

No próximo Mulleres Boiro, ofreceremos máis información sobre emprendemento feminino. ◘

Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

As asistentes prestan atención á videoconferencia, durante o obradoiro Tomando as Rendas, impartido o pasado 14 de xuño na aula CeMIT do Centro Social de Boiro / Fotografía: Sara Outeiral


Gladys non podía coidar da filla debido aos problemas económicos e emocionais que tiña. Por este motivo, decide deixala cunha familia adoptiva. Posteriormente, Gladys quixo recuperar a custodia, pero sufriu unha crise nerviosa, polo que a pequena Norma Jean quedou ao cargo da súa mellor amiga, Grace McKee. Precisamente sería McKee quen espertaría na futura Marilyn o interese polo cine.

Marilyn co vestido branco, nunha das súas imaxes máis emblemáticas /Fotograma da película de 1955 A tentación vive arriba

Celia Herbón / Boiro

Unha dura infancia

Marilyn Monroe é quizais o mito erótico por excelencia. Coñecida pola súa faceta de actriz, tamén foi cantante e modelo, desenvolvendo a maior parte da súa carreira nos anos 50. Pese á súa temperá morte, acontecida hai xa 50 anos, deixou unha grande marca tanto no mundo do cine, como no da música e no das pasarelas. Está considerada como unha das mulleres máis atractivas da historia do sétimo arte. Aínda a día de hoxe, moitas mulleres anelan tanto a súa beleza como o seu éxito.

Gladys Pearl Baker, nai de Marilyn, casou no 1924 cun noruego chamado Edward Mortenson, pero a parella separouse e Gladys descubriu que estaba embarazada. Nace en Los Angeles, California, o 1 de xuño de 1926. Inda que no rexistro civil apareceu como Norma Jean Mortenson, a súa proxenitora chamouna Norma Jean Baker. A razón era que o seu pai era “ descoñecido”, polo que decidiu utilizar o apelido do seu ex marido, para que a filla non fora ilexítima.

Pero cando Grace McKee casou, a vida de Norma Jean volveu ser novamente errática. Durante dous anos viviu en varias casas de acollida. McKee levouna consigo outra vez, pero ao cabo de poucos meses a nena acusou ao padrastro de abusar sexualmente dela. Ante esta situación, Grace McKee decidiu outorgar a custodia ao seu tío Olive Brunings. Con doce anos sufriu de novo abusos sexuais, desta vez por parte dun dos fillos de Brunings. Pouco despois descubriu a existencia de Bereniece, a súa irmá maior por parte de nai. Mantiveron unha estreita relación, que durou ata a morte de Marilyn. Tras pasar por máis casas de acollida, o marido de Gladys propúxolle a Norma Jean que casara cun veciño seu, o policía James Dougherty, para así evitar ter que ir a un orfanato. En 1942, con tan só 16 anos, Norma Jean casa. Dougherty tiña 21 anos.


Primeiros pasos no mundo do cine

dez mellores actrices femininas de tódolos tempos.

da actuación da Laurence Olivier.

En 1943 Dougherty incorpórase á Marina para loitar na Segunda Guerra Mundial. Norma Jean decide instalarse coa súa sogra. Traballará con ela na fábrica de municións Radio Plane de Burbank, lugar onde foi „descuberta‟ polo fotógrafo Henrik Manukyan. Aquí comeza o seu ascenso meteórico no mundo da moda, aparecendo en primeira plena dunha decena de revistas. Quizais a máis emblemática sexa a portada do número inaugural de Playboy (decembro de 1953). A fotografía Sonos Dourados catapultouna á fama, pero tamén nos revelou as medidas do sex symbol: “9458-92”.

Os amores de Marilyn

Con todo, durante os anos que estivo casada con Miller, a súa saúde resentiuse: sufriu varios abortos, viviu un profundo deterioro do seu estado emocional e comezou a abusar dos barbitúricos e do alcol. Os seus problemas persoais comezaron a influír no seu traballo como actriz, de maneira que faltaba ás rodaxes, pedía que se repetiran as tomas unha e outra vez, ou mesmo tiña dificultades para memorizar os guións.

Con todo, Dougherty desaprobaba o traballo como modelo da súa muller. Por este motivo, Norma Jean decide divorciarse en 1946, e seguir así a súa carreira fulgurante en pos da fama.

Tras o divorcio do seu primeiro marido, James Dougherty, Marilyn foi mundialmente coñecida polas súas relacións con diversas estrelas do star system, políticos ou mesmo intelectuais. En 1954 casa co ex xogador de béisbol Joe DiMaggio. A pesares de que o matrimonio tan só durou nove meses, DiMaggio sempre a apoiou. Casa novamente en 1956, co dramaturgo Arthur Miller, quen intervirá en varios dos guións de películas protagonizadas por Marilyn. Tras contraer matrimonio, viaxa con Miller a Londres, onde rodará O príncipe e a corista, primeiro filme da factoría Marilyn Monroe Productions. A película foi dirixida e coprotagonizada por unha das maiores figuras

historia:

Mantivo unha relación extramarital co actor francés Yves Montand, compañeiro seu na película Let’s Make Love. Pero tras finalizar a rodaxe, Montand regresou a Francia coa súa muller, a pesares de que Marilyn lle pediu que a abandonara por ela. Tamén foron célebres as súas relacións co presidente John Fitzgerald Kennedy e o

Decide dar o salto á interpretación e preséntase a varias audicións para participar en películas e series de televisión. É contratada pola Twentieth Century Fox, onde o executivo Ben Lyon lle cambia o nome polo de Marilyn Monroe; en homenaxe á actriz Marilyn Miller e á nai de Lyon, cuxo apelido de solteira era Monroe. Marilyn participou en numerosas películas e musicales, e o American Film Insitute considéraa entre as

Estrela dedicada a Norma Jean no Paseo da Fama de Hollywood


seu irmán, o senador Robert Kennedy.

DiMaggio pola que fora a súa compañeira. Foi el quen organizou o funeral da actriz. Ademais, leváballe flores á súa tumba tres veces por semana, ata o día do seu propio deceso.

En xaneiro de 1961 divórciase de Miller e en febreiro ingresa nunha clínica psiquiátrica. Viviu unha mala experiencia, razón pola cal o seu segundo ex marido, Joe DiMaggio, faise cargo da súa situación e fai que a trasladen a un hospital normal. Volta á actuación en 1962, na película Something’s Got To Give, coa que pretendía desbancar a Elizabeth Taylor. Pero coa súa morte, o filme quedou incompleto. Un tráxico suceso que nos descubriu a devoción que sentía Joe

Asasinato ou suicidio? Un tráxico 5 de agosto de 1962, Marilyn Monroe foi encontrada morta no seu dormitorio. A súa morte foi calificada polas autoridades como un “posible suicidio”, pero a falta de evidencias fai que a día de hoxe a verdadeira causa siga sendo un misterio. A morte de Marilyn é unha das teorías

conspirativas máis debatidas do século XX. Algunhas teorías sinalan aos irmáns Kennedy, posteriormente asasinados, como responsables da súa morte. Tamén mantivo unha relación perigosa con Frederick Vanderbilt Field, comunista residente en México que estaba sendo investigado polo FBI. No próximo número de MULLERES BOIRO, analizaremos os detalles da morte de Marilyn, as probas obtidas e os misterios que aínda seguen sen esclarecer, 50 anos despois de que a súa estrela se apagase. ◘

Principais películas da súa filmografía ANO

PELÍCULA

GALARDÓNS

The Asphalt Jungle (A xungla de asfalto) 1950 All About Eve (Eva al desnudo) Niágara 1953

Gentleman Prefer Blondes (Os cabaleiros prefírenas louras) How To Marry A Millionare (Como casar cun millonario)

1954

River Of No Return (Río sen retorno)

1955

The Seven Year Itch (A tentación vive arriba)

Nominada aos BAFTA

1956

Bus Stop

Nominada aos Globos de Ouro

1957

The Prince And The Showgirl (O príncipe e a corista)

Gañadora do premio David di Donatello Nominada aos BAFTA

1959

Some Like It Hot (Con faldas y a lo loco)

Gañadora do Globo de Ouro á mellor actriz de comedia ou musical

1961

The Misfits (Vidas Rebeldes)

1962

Something‟s Got To Give


A nosa invitada deste mes, é unha galega que viviu durante os pasados once anos en Irlanda. Viviu unha experiencia que, nas súas propias verbas, “serve para abrir a túa mente”. Tamén experimentou a parte máis negativa: a creba da economía irlandesa e o rescate económico do país por parte do Banco Central Europeo (BCE). De volta en Ribeira, o seu pobo natal, esta profesora de inglés vén disposta a compartir connosco a súa experiencia vital, pero tamén os seus retos de futuro. Imparte agora inglés no obradoiro Aula Linguas Vivas, unha iniciativa pioneira que ten lugar no Centro Social de Boiro. Cunha metodoloxía innovadora e práctica, Sara Cadarso pretende achegar o inglés a tódalas idades e niveles. Mónica Núñez / Boiro Culturas irmás, caracteres diferentes MULLERES BOIRO: Realmente somos tan parecidos como se pensa os galegos e os irlandeses? SARA CADARSO: Pénsase que os galegos temos unha conexión moi forte cos irlandeses polo tema da cultura celta. Pero en realidade, co paso dos anos e a miña integración na cultura irlandesa, decateime de que non é así, e de que o choque cultural é moi forte. Os galegos somos moi abertos á hora de dicir o que pensamos. Tamén é fácil adiviñar o noso estado de ánimo polas expresións da nosa cara. Os irlandeses, como outras culturas nórdicas, son polo xeral máis inexpresivos e pechados con respecto aos seus sentimentos. Teñen moitísimo tacto á hora de expresar unha opinión e pretenden evitar conflitos. Non é posible percibir o seu estado de ánimo a simple vista. Pola contra, eles percíbenos aos españois como que sempre estamos enfadados, xa que segundo eles xesticulamos moito. Definitivamente, son caracteres moi diferentes. MB: Atopaches moitos galegos en Irlanda? Bótase de menos falar con xente da túa terra? SC: Realmente non atopei moitos galegos. Cando fun a dar de baixa a miña residencia en Irlanda, atopei na embaixada de Dublín a unha rapaza da Coruña. Díxome que me resultaría moi fácil atopar traballo en Galicia, posto que

Sara Cadarso pertence a esa nova hornada de emigrantes galegos, posto que viviu 11 anos en Irlanda

aquí non existen moitos profesores bilingües en inglés. Foi algo un pouco premonitorio, porque foi chegar a Galicia e atopar traballo. Tampouco estiven rodeada de españois. Non é que me sentira soa, é que non atopaba xente coa que me puidera expresar na miña lingua materna, sendo eu mesma. Nesta situación, sentes que estás máis próxima á cultura italiana, francesa ou latinoamericana. Porque, a fin e ao cabo, todos somos latinos. Teño amigos en Irlanda, pero boto en falta neles esa expresividade. MB: Alí vívese o nivel de estres que vivimos en España? SC: Tanto o estres como a contaminación están concentrados na cidade. Pero a xente non vive na cidade, senón que reside nas aforas. A calidade de vida é diferente, posto que os horarios permítenche disfrutar máis do día. Isto débese a que estruturan a xornada en torno á cea, mentres que aquí a estruturamos en torno ao xantar, de xeito que a nosa xornada laboral remata máis tarde. Conclusión: aquí cando chegamos a casa pola noite, non temos tempo para nós; só para cear, ver un pouco a televisión e ir para a cama. En Irlanda, a xornada laboral remata ás 5 da tarde, de maneira que é moi frecuente que a xente teña un hobby. Adaptación MB: Como son os irlandeses en relación aos estranxeiros? SC: De entrada non notas diferencias, porque son moi amables. Pero en canto buscas traballo


como mestre de inglés, chócalles moito que un estranxeiro intente exercer esta carreira. O meu único hándicap era que o inglés non era a miña lingua materna, a pesares de que o coñecía á perfección. A un mestre de primaria cuestiónanselle este tipo de cousas, algo que non acontece noutras profesións. Por exemplo, abundan os médicos árabes e africanos, e ninguén cuestiona a súa formación. A única mala experiencia que tiven aconteceu cando acudín a unha entrevista de traballo nun colexio, para un posto de apoio de linguaxe en inglés para nenos que veñen de diferentes países. Sentía que servía para o posto, porque grazas á miña propia experiencia, sabía polo que estaban pasando eses nenos. O director entrevistoume e explicoume que necesitaba unha profesora de español para dúas hora á semana. Comenteille que o que en realidade estaba buscando era un traballo a tempo completo. A resposta del foi: “onde queres atopar traballo a tempo completo, nun hotel?”. En certos traballos, percíbese que os estranxeiros non poden desempeñalos. MB: Custouche adaptarte? SC: Considérome unha persoa moi adaptable. Eu ía moi predisposta a atoparme con algo moi distinto. Pouco despois de chegar a Dublín, para sentirme máis segura co idioma, decidín dedicarme primeiro á educación infantil nunha gardería. Nos seguintes anos, unha vez que xa me sentín totalmente bilingüe co inglés, intentei explorar novas formas de integración na cultura irlandesa. Mesmo estudei gaélico, unha lingua moi complexa e moi diferente do inglés. Pero quizá o máis difícil foi cando naceu o meu fillo. Eu pensaba que ter un fillo era o único que me faltaba para sentirme realmente integrada, pero foi ao contrario. Cando naceu o neno empecei a ter ganas de volver para Galicia. Ser nai noutro país MB: Como Irlanda?

viviches

a

maternidade

en

SC: Foi toda unha experiencia. Eu estaba en contacto constante coa miña curmá, que acababa de ter un neno. Falando con ela, decateime de que en Irlanda non me facían nin a metade das probas durante o embarazo das que ela me falaba. A parte diso, tiven unha

experiencia moi boa. Tiven un parto moi complicado, que derivou nunha cesárea, pero sentinme ben atendida en todo momento. Fíxoseme duro, pero non imaxino como debe ser a experiencia para alguén que non entenda o idioma. As complicacións chegaron no posparto. Os días que pasei no hospital necesitaba axuda tras a cesárea, e non a ofrecían. Unha enfermeira chegou a berrarme porque dicía que tiña moito traballo que facer e non podía atenderme. É normal que se sintan desbordadas, posto que Irlanda é o país con maior taxa de natalidade de Europa, e os hospitais maternais están moi masificados. Pero en realidade, o que se fai máis duro é vivir o posparto sen a túa familia preto. Veste moi soa. MB: Por que non se fan certas probas ás embarazadas? Débese a una controversia co tema do aborto? SC: De feito, en Irlanda está prohibido o aborto baixo calquera circunstancia, incluso froito dunha violación. Este é o motivo para que non se fagan certas probas durante o embarazo, xa que aínda que haxa malformacións, ou enfermidades conxénitas, o embarazo non se pode interromper. Por outra banda, nin sequera puiden saber o sexo do bebé ata que vin a Galicia, posto que en Irlanda nin os médicos che permiten sabelo. Existe a crenza de que se Deus quixera que soubéramos o sexo do bebé, poría á nosa disposición métodos para sabelo. MB: Que axudas existen en Irlanda para os novos pais? SC: Existe o servizo de matronas a domicilio e ademais, os nenos reciben 120 euros ao mes, desde que nacen ata que acaban de estudar. As axudas estatais, de feito, atraeron a moitos estranxeiros, porque llas concedían a todo o mundo, sen importar a súa procedencia. Pero coa crise esta prestación foi recortada. Os recortes afectaron dunha maneira moi determinante aos nenos. Despois dun referendo moi controvertido, decidiuse por maioría absoluta que os nenos con proxenitores estranxeiros non teñen dereito á nacionalidade irlandesa. As axudas son necesarias, posto que alí as garderías son moi caras (una 1000 € ao mes). O que tamén hai son facilidades para conservar o


traballo se queres ampliar a maternidade ou tomarte un ano sabático (career brake). MB: Como é a educación cívica en Irlanda? SC: Notei moitas diferencias con respecto a Galicia. Alí a xente é moi amable, moi cívica. Cando ía co carro do bebé, pero tamén estando embarazada, todo o mundo me cedía o paso. Unha vez de volta a Galicia, isto pareceume a lei da xungla. Estaba moi acostumada ao civismo de alá, e ao vir a pasar as vacacións a Ribeira chocábame moito que non existira o mesmo comportamento aquí.

progresar na miña carreira perfectamente. Conseguín traballar nun colexio moi interesante, no que eramos uns 50 profesores e preto de 1000 alumnos. O 80% dese alumnado era doutros países, o cal facía a experiencia moi enriquecedora. A miña mellor amiga, que é mexicana, a base de esforzo tamén conseguiu chegar a ser manager de tenda de Christian Dior. En canto aos salarios, puiden constatar que, con respecto a aquí, gañaba 20 euros máis por hora. Un salario baixo en Irlanda, é un salario moi bo en España. A media xornada podía chegar a gañar uns 1500 euros ao mes.

Labrando un futuro MB: Unha persoa con estudos básicos ten fácil atopar traballo alí? SC: Cando eu marchei, hai unha década, si. Daquela resultaba doado marchar un ano para traballar nun bar ou nunha tenda. Coa crise é máis difícil atopar traballo non cualificado, sobre todo para os estranxeiros. Ademais, existía a posibilidade de recorrer ao paro transportado, algo que tamén se eliminou cos recortes. Outra diferencia importante atopámola no sector público, xa que en Irlanda non existen os postos de traballo para toda a vida. Aquí o sector público funciona moito por oposicións, e agora mesmo están paralizadas.

MB: Que sectores en particular demandan traballadores de fóra? SC: Demándanse moitos médicos e enfermeiros. Ademais, Irlanda é pioneira en software. Apple, Facebook Europa, Intel e Microsoft, entre outras, teñen sede neste país, pero requiren traballadores altamente cualificados de procedencia estranxeira. Isto soa a contradicción, pero é que Irlanda é un país de contradiccións. Por exemplo, é moi fácil ver moitos coches de alta gama circulando por estradas en moi mal estado. Nos bos tempos, non se investiu o suficiente en infraestruturas. Estado de Benestar

MB: Resulta máis doado ascender na carreira profesional en Irlanda?

MB: Como afectou o rescate do BCE ás axudas sociais irlandesas?

SC: Si, pero teste que esforzar para conseguilo. Tiven que traballar moi duro, pero conseguín

SC: Particularmente a min chegaron a recortarme o 30% do salario. Unha das primeiras cousas que recortaron foron os postos de traballo de profesores de lingua estranxeira, os docentes de nenos con hándicaps, os coidadores de xente dependente, etc. Tamén eliminaron os subsidios ás nais sen recursos. Penso que os recortes non nos poden frear. Ata agora estabamos a vivir nunha burbulla. É a hora da xente creativa, de buscar novas alternativas, incluso mediante o voluntariado. MB: Como é o nivel de vida e gasto alí?

Sara Cadarso (no centro da imaxe), con algunhas das compañeiras de MULLERES BOIRO / Fotografía: Sara Outeiral

SC: A vida é moito máis cara, posto que saír á rúa supón gastar. Tomar un café e un sándwich nunha cafetería custa 25 €. O máis caro é comer fóra, pero tamén o tabaco, xa que unha caixa custa arredor dos 10 €. O redondeo que


se viviu en España coa chegada do euro non afectou tanto aos irlandeses, posto que a equivalencia coa libra irlandesa era moito máis parecida. MB: A xente maniféstase polos recortes? SC: Alí non se unen para protestar. Incluso está mal visto socialmente e non hai movementos como o 15-M. A xente non se manifesta non porque non teña problemas, senón polo carácter que teñen. Pode que critiquen certas actuacións do goberno, pero á hora da verdade non se manifestan. É algo que me fai sentir moi orgullosa do meu país, posto que aquí, se non estamos dacordo con certas políticas, saímos á rúa a expresar as nosas opinións. Inglés: a asignatura pendente de moitos MB: É máis esixente a educación en Irlanda que aquí? SC: Ademais de esixente, a educación en Irlanda é moi diferente á de aquí. Para comezar, hai que ter en conta que a pesares de que Irlanda é unha república, a Igrexa ten un gran poder, e tódolos colexios públicos son católicos. Os nenos reciben a formación necesaria para facer a 1ª comuñón e a confirmación xa desde a escola. Sobre todo nos nenos de 6º de primaria, teño observado que a confirmación é un rito moi importante, polo que pasan todo o ano ensaiando a cerimonia. Ao inicio do curso escolar celébrase unha misa inaugural, á que é obrigatorio asistir. Ademais, nas aulas abundan os símbolos relixiosos, imaxes do Papa, ou mesmo un pequeno altar que se decora con flores. Por suposto, alí non se cuestiona, como acontece aquí, o papel da relixión na escola. MB: Considera que coa crise a xente demanda máis formación, en concreto, en lingua inglesa? SC: Penso que sempre existiu esta demanda, posto que o inglés é unha lingua internacional. Si que está claro que por mor da emigración a outros países, sobre todo de xente nova, hai moita demanda do inglés, pero tamén do alemán ou do chinés. En concreto, a xente necesita mellorar en competencias orais. En

España moita xente domina o inglés nas competencias escritas, pero fallan na comprensión oral: entender e falar o idioma. MB: Pode explicarnos en que consiste o proxecto AULA LINGUAS VIVAS que se imparte no Centro Social de Boiro? SC: É un proxecto que estamos a desenvolver desde o mes de marzo. Os obradoiros impártense en francés, inglés e alemán. No meu caso, ensino nos obradoiros de inglés en dous niveis: básico e intermedio. A idea é sacar á rúa o ensino do inglés, facelo máis accesible, intentando transcender aspectos como a gramática. En realidade, trátase este do método natural de aprender un idioma. Nos obradoiros facemos actividades con música, vídeos de Youtube, recreamos situacións cotiás... Co que me chega de feedback dos asistentes, considero que a xente está moi contenta co obradoiro. Para min, está a ser un éxito. En paralelo, puxemos en marcha a Comunidade Aula Linguas Vivas, que é totalmente voluntaria e altruista. É tan sinxelo como tomar un café no Centro Social e charlar cos invitados en inglés. Trátase dunha inmersión lingüística completa, posto que colaboran connosco persoas procedentes de países de fala inglesa. MB: Parecen innovadoras...

metodoloxías

un

tanto

SC: Aprendín en Irlanda esta forma de ensinar un idioma. Realmente si, é unha metodoloxía distinta da ensinanza convencional. É preciso ter en conta que unha parte moi importante no ensino de linguas non é só a lingua en si. Tamén se aprende moito da cultura, a xeografía e mesmo a comida na que se adscribe esa lingua. Este tipo de experiencias serven para abrir a mente, a decatarnos de que a nosa forma de facer as cousas non é a única posible. Desta forma, podemos ser máis xustos, máis comprensivos, e menos racistas. Para min, esta é a parte máis bonita e gratificante do ensino de linguas. ◘


Certame de relatos curtos ‘A muller máis importante da miña vida’

3º clasificado: Jorge Saavedra Fungueiriño

No século pasado, concretamente o 29 de setembro do ano 1946, naceu a miña avoa materna. Naceu en Fontecoba, que é unha aldea de Cespón. Para min é unha muller moi importante, unha muller á que lle quero moitísimo, e por iso lle quero dedicar a ela esta historia da muller traballadora.

O mellor da miña avoa Carmen (á que todo o mundo chama Pilar), é que ten un gran corazón A miña avoa chámase Mª del Carmen, aínda que toda a xente lle chama Pilar (iso é un pouco raro, pero o seu verdadeiro nome é Carmen). Miña avoa non é moi alta, ten o pelo curto e castaño, e uns ollos moi bonitos de cor verde. O mellor é que ten un gran corazón. Xa desde que casou vive na Boliña. Agora vive co meu tío. Pero vouvos contar un pouco como foi a súa vida desde que naceu ata hoxe, xa que non sempre foron bos tempos para ela e a súa familia. Ela é a pequena de cinco irmáns, pero moito máis pequena, porque a súa irmá máis vella lévalle

vinte anos. Miña avoa sempre di que iso era unha vantaxe porque tíñana bastante mimada. Pero aínda así, cando era pequena, eran tempos difíciles para a xente, porque houbo unha guerra, e en todos os sitios pasaban necesidades. Había veces que a comida escaseaba e tiñan que repartila moi ben, porque eran moitas persoas na casa para comer. Cando era festa celebrábano dun xeito diferente e comían polo e cocían pan con fariña de trigo. Aínda que iso hoxe non é nada raro, naqueles tempos só facían pan de millo os sábados e botáballe toda a semana. Ademais, case nunca comían polo porque os criaban para vender ou para regalarllo a algún médico. Unha data que lle gustaba moito era a Noiteboa, porque comían coliflor con bacallau e a ela gustáballe moito. Dime que non había tantas lambetadas como agora, que máis ben había poucas, e como eran caras non as podían comprar. Cóntame que a primeira vez que ela comeu un iogur era xa unha muller casada, e hoxe iso sona moi raro porque todo o mundo come iogures e hainos de moitos sabores.

A súa nai, miña bisavoa, tiña unha froitería na entrada de Boiro. Ademais de froita tamén vendía outras cousas como algún polo, verdura ou fariña, porque tiñan moito millo e trigo e ían moelo ao muíño. Miña avoa pasábao moi ben na tenda cando ía con súa nai, pero ía poucas veces porque tiña que axudar na casa ás súas irmás. Ela di que fame nunca pasou, pero si gana de moitas cousas, por iso enfádase se miña irmá ou eu lle protestamos pola comida. Dálle moita rabia e dinos que oxalá a tivera ela cando era pequena, que nos viña ben pasar gana de algunha cousa. Cando era moza foi aprender a coser unha tempada, pero pouco tempo máis tarde abriu en Boiro unha fábrica de conserva que se chamaba Rianxeira. Así foi como empezou a traballar en JEALSA. Miña avoa di que tivo moita sorte de poder traballar fóra da casa, porque aínda que agora case todas as mulleres teñen un traballo, antes case todas eran amas de casa. Na fábrica traballou en moitas cousas: unhas veces estaba na zona do peixe, onde carrexaban atúns; outras veces limpaba mexillóns ou


Certame de relatos curtos ‘A muller máis importante da miña vida’

Traballou durante trinta e seis anos nunha fábrica de conservas. Alí as compañeiras queríana moito colocaba sardiñas nas latas, e ás veces tamén estaba no almacén, onde colocaban as caixas xa envasadas para vender e para cargar camións. Ese traballo tamén o facían as mulleres moitas veces. Pero a maior parte do tempo que traballou na fábrica, ela limpaba peixe. Puxérona alí porque adiantaba moito e despois de tantos anos xa non a cambiaron. Á xente que empezaba nova alí, ensináballe como facer para adiantar máis e á vez facelo ben para que non lles chamaran a atención. Por este motivo na fábrica as súas compañeiras queríanlle moito. En JEALSA traballou ata que se xubilou, trinta e seis anos máis tarde, cando ela xa tiña sesenta anos. Casou con dezanove anos co meu avó Manolo (que xa morreu dun infarto, vai facer dezanove anos). Contoume que casou vestida de negro porque facía pouco tempo que morrera seu pai, e que foi de lúa de mel a Santander. Gustoulle

moito, aínda que non foi unha viaxe grande, pero daquela pouca xente saía de viaxe. Sempre me di que viaxei eu máis ca ela, que ela nunca foi a Roma e que eu xa estiven, que teño que valoralo máis e que teño que me fixar ben nos sitios aos que me levan meus pais, porque ela de pequena nunca puido facer unha viaxe con seus pais. Gustáballe moito que chegaran os domingos, porque pola semana traballaba todo o día. Ía á fábrica e cando chegaba a casa tiña que axudar nas tarefas da casa ou senón ía ás leiras cos meus bisavós. Ademais, meu avó navegaba e pasaba moito tempo no mar, así que ela tamén ía á herba para as vacas. Na casa tiñan dúas vacas, un porco, coellos, patos, galiñas, un can e dous gatos. Ela axudaba a coidalos e a traballar as leiras, botaban patacas, sementaban millo, traballaban as viñas… A verdade é que tiñan moi pouco descanso. Por iso, cando meu avó estaba na casa, gustábanlle tanto os domingos. O meu avó tiña unha vespa e saían pasear con ela. Sempre di que teñen chegado a Muros na moto, e que

está bastante lonxe para ir en vespa. Cando levaba un ano casada naceu miña madriña Pili, que é a irmá maior de miña nai. Tres anos máis tarde naceu miña nai. Miña avoa sempre di que ese día foi á fábrica coma sempre, e ao chegar á casa foi con meu avó a unha leira a buscar herba para as vacas. Despois de traballar todo o día, naceu miña nai, ás once da noite. Naceu na casa, cousa que me estrañou, porque non naceu no hospital, pero miña avoa explicoume que antes moitos nenos nacían na casa. Cinco anos máis tarde naceu meu tío Juan, que é quen vive con miña avoa na Boliña.

A miña nai naceu na casa, cousa que estrañou, porque non naceu no hospital. Miña avoa explicoume que antes moitos nenos nacían na casa A avoa tivo que seguir a traballar. Mentres meus tíos e miña nai non empezaron a escola axudáballe miña bisavoa a coidalos. Estaba triste cando meu avó tiña que marchar para navegar


Certame de relatos curtos ‘A muller máis importante da miña vida’

,porque pasaba moitos meses no mar e a ela Cando tiña corenta e seis anos púxose moi triste porque foi cando morreu meu avó, que tiña cincuenta e dous anos. Dime que foi a peor época da súa vida, que estivo triste moito tempo, pero que se volveu poñer moi contenta cando eu nacín. Eu son o primeiro neto, e tanto ela como a miña bisavoa estaban moi contentas comigo (aínda que a miña bisavoa morreu cando eu tiña cinco anos). A pesar de pasar esa mala época, ela seguiu a traballar en JEALSA, porque era moi nova para poder xubilarse. Co paso do tempo empezou a notar como se Miña avoa é unha muller que non sabe estar sen facer nada, sempre está de arriba para abaixo lle ían deformando os osos das mans e ademais doíanlle moito, así que foi ao médico e dixéronlle que tiña artrose. Tivo que ir a moitos médicos pero as mans doíanlle igual. Dábanlle pastillas para que non lle doeran tanto,

facíaselle moi duro. pero ao final, cando tiña sesenta anos, dixéronlle que era mellor que se xubilase, así que se xubilou. Así pasa máis tempo con nós porque se meu pai traballa e miña nai ten que ir á academia ou ao colexio, nós podemos quedar con ela e eu pásoo moi ben, porque ten un campiño ao lado da súa casa onde podo xogar ao fútbol. Sempre está facendo cousas na horta que ten detrás da casa. Planta tomates, leitugas, pementos, xudías, patacas, repolos, etc. Na súa horta hai de todo, ata flores. Miña avoa é unha muller que non sabe estar sen facer nada, sempre está de arriba para abaixo, pero sempre facendo algunha cousa. Cando chove traballa dentro da casa, ou está a limpar ou a cociñar. Tamén lle gusta facer punto, aínda que non pode moito porque coa artrose non pode manexar moi ben as agullas. Pola semana comemos na casa da avoa moitos días, e os fins de semana

tamén veñen meus padriños e meu primo Pablo. Sempre está preocupada por nos ter a comida feita cando chegamos da escola, que non teñamos que esperar. Fainos cousas que nos gustan, aínda que temos que comer de todo. Sabe que me gusta o salmón e o pinto, e cando toca peixe procura poñer eses. Sabe que me encantan as filloas e faimas moitas veces, aínda que non sexa carnaval. Eu penso que miña avoa foi unha muller moi Aínda hoxe segue a traballar, e sobre todo coida de nós e quérenos moito a todos

traballadora, e aínda hoxe que é un pouco maior (non podo dicir vella porque non lle gusta) segue a traballar, e sobre todo coida de nós e quérenos moito a todos. Eu tamén lle quero moitísimo a ela, a miña avoa. ◘


Certame de relatos curtos ‘A muller máis importante da miña vida’

Finalista: Briones

Lucas

Romero

Para facer este traballo estiven pensando en tres mulleres moi importantes na miña vida que dalgún xeito marcaron a miña forma de ser. Unha era a miña bisavoa Encarnación, que aínda que non coincidimos moito tempo xuntos, só os meus primeiros catro anos, sei polo que me acordo e polo que me contaron, que o pasábamos moi ben xuntos. Divertíase moito comigo, porque a facía rir e xogábamos ao que eu lle pedía sen protestar. Outra é a miña avoa María, que é coa que estou máis a miúdo e que me quere moitísimo. Eu tamén a quero un montón, por iso non podo pasar sen ir pola súa casa tódolos días para vela e saudala. Case sempre aos venres, se acabo os deberes e me deixan, durmo alí. É algo que me encanta facer. E finalmente está miña nai, Encarna. Nun principio tiña pensado escribir sobre as tres, pero se o fixese levaríame moito tempo, así que ao final de moito pensar, decidín facelo sobre a miña nai, que

para min importante.

é

a

máis

Ela empezou a traballar moi nova, porque non quixo seguir estudando, algo do que sempre se arrepentirá. Desde que empezou a traballar foi tendo sorte, porque se non era nun sitio era noutro. Ademais, despois de nacer eu e cando xa tiña tres ou catro anos, decidiuse poñer a estudar outra vez. Empezou a facer cursos que despois lle serviron para traballar en sitios mellores. Cando eu xa fun máis maior e pensando en que tería que axudarme coas tarefas do colexio, dedicouse a aprender o galego normativo e tamén a sacar a ESO. Aínda que compaxinaba os estudos co traballo, sacaba tempo para as tarefas da casa e o máis importante para ela, axudábame a min. Unha das cousas que máis lle gusta facer cando ten tempo libre é ler, algo que me transmitiu a min, xa que a lectura é unha das miñas afeccións preferidas. Pero o que lle encanta é pasar todo o tempo que pode comigo. Desde pequeno ensinoume a respectar aos demais, sobre todo

aos maiores. Na casa gústalle ter todo ben ordenado, cada cousa no seu sitio. Nese aspecto é un pouco esaxerada. A min tamén me ensina a facer iso, pero eu ás veces non fago o que di coas presas para ir xogar. Ás veces temos unhas longas charlas onde me explica como se deben facer as cousas. Sempre me di que primeiro son as tarefas do colexio, que é o meu traballo, e logo é a diversión, que sempre hai tempo para todo. Moitas veces vén cansa de estar tantas horas traballando, e cando chega aínda ten que facer as cousas da casa e axudarme coas miñas tarefas.

A miña nai ensinoume desde pequeno a respectar aos demais, sobre todo aos maiores Sempre me ensina valores como que non lle faga a ninguén o que non me gustaría que me fixesen a min, e tamén que respecte a todo o mundo, como á familia, aos amigos, aos profesores e aos compañeiros, e que non discrimine a ninguén.


Certame de relatos curtos ‘A muller máis importante da miña vida’

Tamén di que no colexio non me meta en problemas, que antes de iso, se vexo que vai a haber algún lío, mellor comunicarllo aos profesores. Á miña nai gústalle que estude moito e saque boas notas. Sempre me di que eu podo facelo porque ata o de agora sempre fun un bo estudante e nunca tivo queixa de min. Ás veces cústame un pouco, pero cando ve que empezo a fraquear, aí está ela para axudarme e animarme. Ela sempre di que por non estudar cando debía, agora ten que estar traballando moi duramente. Por iso dime que estude, para que o día de mañá eu poida ter un traballo e unha vida mellor, e que canto máis aprenda e máis estude, máis lonxe poderei chegar. Ás veces pídolle cartos para comprar cousas como cromos ou golosinas, e aínda que case sempre mos dá, tamén me di que teño que aprender a valorar o diñeiro. Dime que non sempre o podo gastar no que eu quero, senón que

cando me dean cartos tamén debo aprender a aforrar. Isto axudarame nos meus estudos e en cousas máis necesarias. Pola contra, se gasto todo en pequenos obxectos innecesarios, nunca chegarei a ter nada. Para miña nai o máis importante e polo que traballa e se esforza tódolos días son eu. Vai traballar coa ilusión de que eu no colexio tamén me vou esforzar, ao igual que cos deberes e tarefas do cole ao chegar á casa. O máis importante, e polo que se esforza miña nai tódolos días, son eu Fala moito comigo e intenta explicarme o dura que é a vida para outros nenos. Móstrame a sorte que teño de ter unha casa na que vivir, roupa e calzado para vestirme e un prato de comida na mesa, que nunca me falta. Non me esixe nada, só me pide que estude, que iso ten que ser o máis importante e ao que me teño que dedicar. Ás veces, cando protesto polos deberes, dime que é o meu traballo e que se non quero facelos vou ter

En posteriores números de ‘Mulleres Boiro’ publicaremos os restantes relatos finalistas do certame ‘A muller máis importante da miña vida’

que axudala nas tarefas da casa e que non vou a ter tempo para xogar e divertirme. Neso, é moi estrita. Con tal de que vaia ben no cole, non lle importa chegar cansa de traballar fóra e poñerse coas tarefas da casa, como limpar, pasar o ferro, facer a compra, etc. Moitas veces non pode máis, pero aínda así preocúpase dos deberes e traballos que traio do cole e ponse a axudarme sen importarlle o cansa que estea. Sempre trata de darme bos consellos e malia que ás veces non os siga, sei que o fai polo meu ben. Non lle gustaría que eu acabase como ela, e malia que ás veces é un pouco pesada coas súas charlas, entendo que é para que eu siga polo camiño correcto, como fixen ata o de agora. Para min, é a mellor nai do mundo. A súa meta aínda está por chegar, xa que o seu obxectivo é seguir estudando para aprender e mellorar. Así que quen sabe, igual ata imos xuntos á Universidade. ◘


V Certame Literario Ramón Martínez López

O pasado venres 25 de maio tivo lugar a entrega de premios do V Certame Literario Ramón Martínez López, convocado polo Concello de Boiro. O acto foi conducido polo bibliotecario municipal, Anxo Campos. Entre os asistentes, cabe destacar a presenza do alcalde, Juan José Dieste, así como as concelleiras de Cultura,Elena Teixeira , e de Educación, Mª José Lorenzo. O xurado, composto por Esther Carrodeguas, Xesús Laíño, Natalia Carou e María del Sol Beiroa, escolleu aos finalistas e premiados nas diversas categorías de narrativa e poesía. A xornada estivo amenizada polo alumnado da Escola de Música. Os números mostran unha alta participación na quinta edición do certame: un total de 133 traballos presentados, que concorrían en tres categorías de poesía e seis de narrativa. A diversidade de idade dos participantes, así como a temática libre das pezas literarias, posibilitou a celebración dun concurso heteroxéneo e de gran

calidade. Alumnos de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional contaron con cadansúa categoría. Tamén houbo categorías reservadas para o resto da poboación, feito que da boa conta da diversidade que pretende promover o certame, que vén de celebrar o seu primeiro lustro. Durante este e os restantes números de Mulleres Boiro, publicaremos varios dos textos gañadores no certame, tanto das categorías de poesía como de narrativa. Debido á extensión dalgúns relatos, a revista resérvase o dereito de editar os textos, para adecualos á extensión requirida para este formato xornalístico. O homenaxeado Ramón Martínez López, fillo predilecto de Boiro, foi un destacado filólogo e intelectual galeguista. Boirense de corazón, pero tamén de nacemento, veu ao mundo o 4 de abril de 1907. Estudou Filosofía e Letras e Dereito, carreiras que

mostran a súa dobre vertente académica e militante. Defensor do nacionalismo desde os ámbitos cultural e político, participou na fundación de dous dos maiores símbolos do galeguismo: o Seminario de Estudos Galegos (1923) e o Partido Galeguista (1931). Ao igual que o seu íntimo amigo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, tivo que desenvolver a súa carreira no exilio. En 1936 impartiu clases no Instituto Español de Lisboa. Viviu tamén en Francia e Arxentina, pero o país onde acadou os maiores honores académicos foi Estados Unidos. Foi catedrático de lingua española na universidade de Austin (Texas) ata 1971, ano no que retornou a España. De volta en Galicia, retomou a súa actividade como presidente do Partido Galeguista, e mesmo foi galardoado coa medalla Castelao, máximo recoñecemento que outorga a Xunta de Galicia. Faleceu en Pontevedra o 14 de setembro de 1989, aos 82 anos. ◘

Categorías e premios Narrativa

Poesía

Categoría A: 3º e 4º de primaria. 1º premio 80 €, 2º premio: 50 €, 3º premio: 30 €. Categoría B: 5º e 6º de primaria. 1º premio 80 €, 2º premio: 50 €, 3º premio: 30 €. Categoría C: 1º e 2º de ESO. 1º premio 80 €, 2º premio: 50 €, 3º premio: 30 €. Categoría D: 3º e 4º de ESO. 1º premio 120 €, 2º premio: 80 €.

Categoría G: 1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O. 1º premio 80 €. Categoría H: bacharelato e formación profesional. 1º premio 80 €.

Categoría E: bacharelato e formación profesional. 1º premio 120 €, 2º premio: 80 €. Categoría F: poboación en xeral. 1º premio 145 €.

Categoría I: poboación en xeral. 1º premio 80 €.


V Certame Literario Ramón Martínez López

1º clasificado categoría G (1º-4º ESO): Javier Outeiral

Só, soa o mundo. Nunha man, eu, noutra a nada. A desesperación, o sen saber, a sen razón. O negro e o blanco, A noite e o día, melodía dalguén, Que fai soñar, entroques de cambialo todo. Só, soa, o mundo. Os pensamentos derrétense, Non acougan, falan sós. Loita por e para, Para quen? Non consigo ser, saber o que realmente, pasa ou está pasando. Sinto a indiferencia, a frustración do ser humán Como invaden o meu maxín. Non hai resposta! Quero pensar, mais, no mo propoño, quizais e mellor deixar pasar o tempo, Indiferencia. Noto preto alcanzar o infinito, nen bargantes cabilo e conclúio cunha única meta, voltar ao prinicipio. Só, soa O mundo. Catro paredes, E os meus desacougos. Escribo cal ser sen dono, sen rumbo, inconsciente do paso do tempo. Non quero pensar o que a de ser. Sinto o vacío coma un desafío infinito, Onde non ten cabida máis nada. Refuxio dos Deuses, Que nalgures, os atopades. Sinfonía melódica,

Cuías notas acompasan, O paso quebrado, Dos meus sentimentos. Sócrates, Aristóteles, Platón, Descartes... Pacientes filósofos extraordinarios. Que cos meus razoamentos, Conseguiron cambialo senso dalgúns, Sendo ou non conscientes, meditaron, pensaron, e en consecuencia actuaron. Mais eu estou canso, sen folgos. Co único desexo de ser forte, De non perder a encrucillada, Na que se está a convertir a miña vida. Xa non pretendo seguir, Indiferencia. Só, soa. O mundo. Engrúñome, oculto o meu ser, Gustaríame poñer límites a miña presencia, Mais o poder inusitado da noite faime desacougar. Berro seco e sen sentido, O medo interior, A fraxilidade, a espera. A noite fai demagoxia, Pretendendo conseguir así, o fin para o que foi creada. O medo! Síntome demérito, Como se me espinaran, Espido, sen nada, Como se voltase os comezos da vida. Demudo, reorganízome e ríndome pois atísvase o amencer, a escuridade anícase. Só, soa. O mundo. Xa quere espuntar o día, Os meus pensamentos mudan. Unha nova xornada acércase polo miúdo. Sal, érguete, non cabiles. Volta de novo a vida. Ten esperanzas do que pode acontecer. Só, soa. O mundo.


V Certame Literario Ramón Martínez López

1º clasificada categoría D (3º-4º ESO): Irene Muñiz

Esta noite é unha noite de ceo despexado, desas nas que cada mínimo ruído semella soar coma un estrondo, nas que podes ver ata na escuridade, nas que o son do vento contra a ventá fanche recordar miles e miles de recordos. Hoxe si, é unha desas que paso en vela e decídome a pensar en todas as cousas pasadas (que non son poucas) as miñas aventuras cando apenas era un mozo feito e as preguntas sen resposta. A verdade é que o tic tac do reloxo fai o que se lle antolla. O tempo é lento cando un non quere, efímero cando non te das conta... e ás veces si, daste conta de que xa che son as 8 e pasaches toda a tarde tomando café e dándolle á lingua. Pero agora mesmo o único que me importa é gastar a pouca cabeza que queda recordando os momentos coma estrelas fugaces que nacen e morren. Aínda que sei que o tempo é pasaxeiro, tamén sei ben que as cabichas do meu pito nesta fría madrugada de decembro, consómense igual e compáranse cos anos que se foron desgastando na miña vida. -Fillo, xa puxeches a chambra que che trouxo teu tío de Portugal? –dixo a señora Portela, mentres deixaba unha cesta de tomates enriba da mesa. -Mamá, non... é que me doe moito a cabeza... – escúsase Ramón. -Pequeno, xa sei que non che gusta ir á misa, pero hoxe é o día do Señor, e a verdade é que ultimamente non nos axuda moito...-di Dolores mentres se coloca o mandil. -Leváronse outra vez a papá, non? –pregunta o pequeno Ramón mentres senta nunha cadeira desgastada. -Ramoncín, fillo, quero que saibas que pase o que pase todo vai estar ben, vale? E quero que saibas outra cousa moi importante... Se algún día eu e papá desaparecemos polas boas, recolle o necesario para irte, colle tamén a túa irmá Carlota e escapa. Por todo o que máis queiras, se algo pasase non volvas a Limicos – afirma a nai, despois de secar as pequenas bágoas que escorregaban polas súas meixelas.

Ramoncín, fora como fora, non entendía o que pasaba naqueles anos que transcorrían de 1937. El tiña apenas 10 anos recén cumpridos. Nese aniversario foi o primeiro no que recibira o seu primeiro regalo que non fose un anaquiño de biscoito: a súa primeira chambra. Entón dedicábase a ir á escola e aprender todo o que puidese. Eses tempos non eran moi bos e os rapaces case sempre quedaban abraiados coa cantidade de cousas que lles explicaba o profesor Reixeito. O traste de Ramón Portela tamén facía das súas... Case tódalas tardes ía xogar á pelota cos seus mellores amigos Pedriño e Lois. Os tres tiñan máis ou menos a mesma idade, menos Lois, que era un ano maior. Santos, santos, non eran... porque sempre lle gastaban a Herminia, a típica vella roñona, unha broma, e ela claro... rosmaba. (...) -Vaste, entón? –pregunta Dolores. -Si mamá, vou xogar co Pedriño que disque hoxe a súa avoa foi ao mercado e podemos correr pola casa –di Ramón, deixando enriba da cadeira a chambra que lle tendera súa nai. -Ramón, por favor... como non vaias á misa coa túa irmá Carlota dígolle a teu pai que non che dea as túas correspondentes pesetas do ano – bérralle Dolores ao rapaz. -Mamá, mamaíña... aínda con todas as pesetas que acado en tres anos, non me chega para a buxaina de tres cores que quero! –di Ramón mentres imaxina como sería a súa primeira buxaina. A familia Portela era unha familia humilde. Vivían nunha casiña na pequena aldea de Limicos, preto da cidade da Coruña. Xoán, o pai de Ramón, traballaba como construtor de pequenas casiñas que lle encargaban algúns veciños de Limicos. A súa nai, porén, tamén traballaba plantando e recollendo a colleita na súa pequena horta ao lado da casa. Diso vivían, e dalgún pedazo de carne de porco que conseguía mercar seu pai na fin de semana, unha vez ao mes. (...) Ramón íalle dando ao maxín mentres percorría as estreitas rúas de Limicos. <E se ten razón


V Certame Literario Ramón Martínez López

mamá e algún día no futuro téñome que ir de Limicos... A verdade é que non sería capaz de plantexarme unha vida na que non aparecese a miña aldea e a miña familia...>. -Ramón, pasa! Temos a casa para nós ata as doce! –berra Pedriño desde o portal verde da súa casiña preto do río. -Vou! –Ramón abre o portaliño e limítase a entrar na casa -Teño unha idea, amigo... –argalla Pedriño mentres colle do brazo o seu compañeiro e lévao fóra da casa – Por que non imos ata o río e bañámonos? Empeza a vir o bo tempo agora en maio! -E que pasa se collo unha gripe? Teño que axudar a miña nai na horta e amolaríame moito perder algunhas clases do señor Reixeito – responde Ramón. -Veña home, non fagas que te escangalle! E... o último en chegar ao río ten cabeza de sapo! “Será mellor que me levante e que deixe de pensar tanto no pasado. Pero a verdade é que boto de menos a mamá... Onde estará a miña bolsa con cousas especiais? Xa sei, que cabeza teño. No segundo caixón, onde gardo os calcetíns e os xerseis de punto. Un selo de 1960. Unha boa época, si señor. Este selo tráeme bastantes recordos. A miña querida Amelie, a miña muller, este pequeno papel desgastado é o selo da primeira carta que me mandou mentres viaxaba, e iso que non foron poucas... Aínda parece que foi onte cando te fuches... Unha cadea de ouro, unha chambra, un xersei de punto, un cochiño de xoguete vello, a miña primeira buxaina... Ao final conseguira mercala aos 14 anos e aínda así fíxome moita ilusión. En fin, que máis. Este si. Este obxecto que teño na man, o derradeiro da bolsa, si que me marca. Un billete de tren cara a Francia”.

o sol nun prado preto do río, e nunha pedra as súas roupaxes secaban ao sol. Sen dubidalo, eran moi bos amigos. Ningún dos dous se cría mellor ca o outro e entre eles non tiñan segredos. O Pedriño érache máis atrevido e argalleiro, coma seu pai e, porén, Ramón era máis teimudo e inocente, pero maila as súas diferenzas, sempre se prestaban unha man o un ao outro. (...) -Ben, quen che mandou a ti meterte no río? –di Dolores mentres lle coloca o termómetro na axila a Ramón. -Mamá, síntoo. Non pensei que me ía sentar mal o baño... –contéstalle coa gorxa dorida polas placas. -Pois agora fixémola boa. Trinta e nove de febre e placas. Vou ter que chamar ó médico Xosé... – explica preocupada Dolores. -Mamá, xa trouxeron a papá os homes malos? -Si fillo, aínda que, así como chegou, decidiu ir traballar e acabar o alpendre que lle tiña encargado Gelucho o de arriba. Sabes? O pobre do teu pai viña cun ollo de cor negra fillo, negra! Xa non sei que vou facer, el dedícase ao seu, á súa familia... Só por ter ideas distintas pasámolo mal non só teu pai, senón todos. Non se dan conta de que ten xente da que se ocupar? – Dolores volve chorar como nas primeiras horas da mañá e o seu fillo, recostado na cama, sécalle unha bágoa a súa nai. –Oxalá saiamos adiante e todo isto se esqueza. -Mamá, sempre serei o teu home da casa. Pase o que pase non quero que chores, vale? – Ramón acabáballe de demostrar a súa nai un símbolo de madurez pola súa parte.

-A verdade é que non che sei... Pero agora que xa estamos en calzóns e ao lado do río... Á auga! –di Pedriño mentres o empurra, e despois tírase el.

Seguramente todo o que estaba pasando en Limicos era moi difícil para todos os veciños da aldea, pero máis para Xoán, o pai de Ramón, xa que participara en protestas contra o bando Nacional e por iso maltratábano os gardas case tódolos meses. Obrigábano tamén a calar cando abusaban de Dolores, a súa esposa, e cando querían entraban na casa e collían a pouca comida e as poucas pesetas que tiña aforradas a familia en caso de urxencia.

Despois dun baño na auga fría coma o xeo, os dous rapaces xa se encontraban tumbados cara

A familia Portela non pasaba por unha boa etapa. E Ramón tiña trinta e nove de febre.

-Ti non cres que estará moi fría? –opina Ramón despois de gañarlle unha carreira a Pedriño.


V Certame Literario Ramón Martínez López

-Papá, chegaches! –Ramón vai correndo cara o seu pai e dalle unha aperta. -Si fillo, que che pasou? Tes mala cara –di o pai mentres deixa as súas ferramentas no chan. -Teño trinta e nove de febre, esta mañá bañeime no río e encóntrome mal. Aínda comín hai pouco unha cunca de caldo... –di Ramón mentres o aperta. -Fillo, temos que falar moi seriamente... Vén, senta –dille o pai mentres sentan no sillón –Creo que mamá xa che falou disto. Seguramente non entendas moi ben o que pasa, a verdade é que ninguén o fai. Sabes que me collen, así polas boas, téñenme preso tres días sen apenas comer e logo danme unha paliza e tíranme na porta da casa. Pois isto é así. Comigo e con algúns veciños de Limicos. Ao mellor escoitaches o que lle pasou ao pai do Pedriño... –remata o pai. -Non, non sei. Aínda vin hoxe a Pedro que me convidou á súa casa xa que non había ninguén... –afirma Ramón. -Vale, pois matáronlle o pai. Seica tiña decidido esconderse no monte un tempo xunto con outros homes de Limicos. Tiñan pensado permanecer alí ata que se calmasen un pouco as cousas. Pero enteráronse do plan e os civís entráronlle na casa, disparáronlle dúas veces e fóronse. E o mesmo con catro homes máis. Seguramente Pedriño non o saiba, xa que fixeron o enterro hoxe en Neiros, de onde son os avós de Pedro. A súa avoa quedou ao cargo del. O pai de Ramón endexamais lle falara tan seriamente. O pequeno rapaz por fin entendía o que pasaba. Pronto tería que liscar de Limicos, só ou con seus pais. Xa con tódalas cousas enriba da mesa, voulles botar outra ollada. Pois si, esta cadea de ouro regalouma o Pedriño. Xa non me lembraba del. Os anos, como pasan... a última vez que o vin foi hai un ano, cando voltei para Pontevedra (onde resido agora). Localiceino na guía telefónica. Alí estaba o seu nome: Pedro García Burés. Estaba moi cambiado, pero seguía falando tanto e igual que cando era un rapaz. Recordeille que tiña unha cadea de ouro súa, e pediume que a

gardase, que era o símbolo da nosa amizade. Pareceume ben. Este xersei... Ah! Xa me lembro. Rexina, a miña veciña que lle daba tanto á lingua. Fixéramo ela. Era de cor verde escura e a verdade é que abrigaba moito. Sabía tecer tan ben coma falar. -Fillo, déixame mirarche a febre, e dependendo do que teñas vas ou non á escola –di Dolores entrando na habitación de Ramón cun termómetro. -Que hora é? esfrega os ollos.

–pregunta Ramón

mentres

-Son as sete e media. A ver, agarda un pouco – di Dolores mentres llo coloca na axila –Moi ben, trinta e seis e medio. Colle o caderno e o lapis e á escola, que te acompaño eu. (...) Xa na escola Ramón non ve a Pedriño por ningures. E limítase a pensar que seguramente se enterou do que lle pasou ao seu pai e o mandaron á casa dos seus avós paternos un tempo. Despois dun duro día de traballo na escola, e de pasar fame coma todas as mañás Ramón, sempre inmerso nos seus pensamentos, volta para a casa, dándolle patadas a unha pedra xunto á súa irmá Carlota. O seu pai estaba no chan malferido e a súa nai medio espida, cun beizo sangrando. Ramón non acababa de dar credo. -Fillo, toma, corre, vai á túa habitación e colle todo o que che faga falta. Colle tamén estes billetes de tren. Sae agora ás 3:30 cara París. Alí vaite esperar un señor gordo e alto. É o teu tío, non teñas medo, vai con el. Pronto irei a por ti. Entendes? Pero agora corre, marcha. Carlota, ti espera aquí abaixo ao teu irmán. Se veñen homes vestidos de verde, agóchate aí, nese armario dos zapatos, e por favor non te movas nin digas nada! E ti o mesmo, Ramón, se ves homes vestidos de verde agóchate no faio. Quérovos! –di Dolores mentres agarra a face de Ramón e lle da un bico. A mesma acción repítea con Carlota. E apresúrase a socorrer a Xoán. Ramón corre todo o que pode. Colle unha vella bolsa de gardar xoguetes e mete un cochiño amarelo, a cadea de ouro que lle regalara Pedriño polo aniversario, a chambra do seu tío


V Certame Literario Ramón Martínez López

de Portugal, uns calcetíns e os billetes do tren. Cando se asoma pola escaleira, ve un home de verde sacar polos pelos a súa nai, e de inmediato corre a agocharse nun vello baúl do faiado. Óense voces, pasos, pratos romper contra o chan, e de súpeto, un portazo. Cando Ramón baixa xa non están seus pais, chama pola súa irmá Carlota, espera 15 minutos a que a rapaza se calme e xa son as tres e vinte. Corre, todo o que pode. Con Carlota nos brazos. O tren que sae das aforas de Limicos está alí parado. Pero tres gardas están falando co condutor do tren. Ramón non o pensa. Vagón sete. Corre, todo o que pode. E unha vez dentro do tren, túmbase nun saco de palla. El e Carlota ían en terceira clase para París. Pensamentos, frustración, mamá, papá. Unha vella bolsa chea de cousas inútiles. O son do vento entre os ferros do vagón. A verdade é que esa foi a miña primeira aventura cando era un mozo feito. Si, estas cousas marcaron moito a miña infancia. Aqueles anos en París co tío Albert foron difíciles. Cada noite miraba dentro da bolsa e recordaba aquel 21 de maio. Os meus pensamentos centrábanse niso. Xa con catorce anos comprendín o que pasara cando mo explicou o tío Albert. Aínda así, el non sabía nada dos meus pais. Custárame moito aprender o francés, aínda que hoxe o domino, xa que pasei alí o resto da miña vida ata hai un ano, cando me mudei para Pontevedra, onde encontrei este piso. Non quería seguir vivindo en Francia porque todo me recordaba a Amelie. Alí a coñecera. Era impresionante, falaba francés e eu non a entendía. Pero aos vinte e un anos casei con ela e herdei a casa do tío Pepe, que morrera de pneumonía. Alí tiven un fillo con ela. Agora está en Francia, casado, e xa teño un neto, Joan, en honor ao meu pai. Decidido, gardo todas estas cousas e fago a maleta. Mañá visito Limicos. Como cambiou todo! Pasou de aldea a vila. A casa de Pedriño, que recordos! Xa case está en ruínas! A casa de Xesús, a da tía Felipa, a de Herminia... A verdade é que as cousas non cambiaron tanto. O número 15. Esta é a miña. Que raro. Está reformada. Vale, vou aparcar e timbro.

Cando me abre a porta unha moza de mediana idade, preséntome. <Pasa se queres e explícoche, creo que temos moito do que falar. Levo tempo intentando localizarte> -dime ela. Cando entro nada é igual, agás o armariño dos zapatos, que segue aí. Noelia, así se chama, trae café e comeza a falar. Despois de comer seguimos a falar e xa son as oito. Saio da casa despois de despedirme, subo no coche e empézolle a dar ao maxín. Non me pensaba que pasara iso. Esperaba atopar a casa en ruínas, e preguntar a algún veciño, ao fillo de Rexina, por exemplo. Pero non, Noelia explicárame todo. Papá morrera a mans dos civís. Aquel 21 de maio entraran na casa de súpeto, violaran a mamá e leváronse aos dous. Cando estaban a piques de saír de Limicos, mamá saltara da furgoneta na que os levaban os civís, deixando o cadáver do meu pai atrás. Correra todo o que puidera e escondérase no monte cos maquis doutra vila próxima. Pasara alí máis de dous meses desesperada por saber de nós, de min e de Carlota. Ela non podía voltar á casa. Cando todo se calmou, un dos homes do bosque díxolle que podía vivir con el nunha casiña preto de Limicos. Ela aceptou. Como era de esperar, namorouse del. Tiveron unha filla, Noelia. Mamá empre choraba polas noites e intentara localizarnos máis de 50 veces. Noelia herdara a casa dos meus pais cando morrera miña nai. E alí vivía, miña irmá Noelia e a súa familia, na casa dos recordos. Recordos de 1937. Cando chego á casa, penso en toda a conversación con Noelia. Póñome ledo ao saber que mamá seguira coa súa vida, aínda que sen un anaco de nós. Poño o pixama e chama a miña irmá Carlota para contarlle a nova. Despois métome na cama e pasadas dúas horas sen poder durmir doume conta de que hoxe tamén. Hoxe é unha noite de ceo despexado, de recordos infinitos, aínda que de preguntas con resposta. Hoxe si, doume conta de que o reloxo ten o poder e fai o que quere. Pasei toda a tarde tomando café e dándolle á lingua. Estou ledo por saber de mamá, pero outra vez, o son do vento faime recordar miles e miles de cousas. ◘

En posteriores números de ‘Mulleres Boiro’ publicaremos outros relatos gañadores no V Certame Literario Ramón Martínez López


Continuamos un número máis ofrecéndovos receitas fáciles e económicas, nas que toda a familia pode colaborar. Os postres son unha boa maneira de introducir aos nenos na cociña, xa que se divertirán manchando as mans e decorando os pratos ao seu gusto.

Loli Gª Tarela / Boiro Ingredientes Un cuarto de litro de auga 125 gramos de manteiga 150 gramos de fariña 50 gramos de azucre 1 sobre de levadura Royal 1 cullerada de postre de canela moída Unha chisca de sal Catro ovos Unha tableta de chocolate Nestlé Postres

Os pequenos da casa quedarán encantados ao ver como se enchen os profiteroles unha vez acabados de facer no forno. Tamén poden axudarnos a bañalos en chocolate fundido.

E para o recheo: Crema pasteleira ou vainilla 4

Untamos de manteiga e enfariñamos unha bandexa de forno. Cunha culler sopeira ou cunha manga pasteleira facemos unhas boliñas do tamaño dunha noz. Colocamos cada boliña na bandexa cunha separación de dous dedos. Introducimos a bandexa no forno previamente quente. Dependendo do forno, deberá estar a unha temperatura de entre 160 e 170ºC. En aproximadamente 20 minutos estarán listos.

5

Unha vez finalizada a cocción, os pasteis estarán ocos. Facémoslles un corte para enchelos de crema pasteleira, nata ou calquera outro doce que guste. Por último, báñanse co chocolate, previamente fundido ao baño María. ◘

Elaboración 1

Ponse unha cazola ao lume co azucre, a manteiga, a auga e o sal. Cando arranque a ferver retírase do lume.

2

Engadimos a esta mestura a fariña, a levadura e a canela. Levamos novamente ao lume e non deixamos de remexer cunha culler de pao, ata que a pasta se separe da cazola. Este proceso leva, aproximadamente, un minuto.

3

Poñemos a arrefriar a pasta. Cando estea fría de todo engadimos os ovos de un en un: mentres a masa non absorbe o primeiro non engadimos o seguinte.


Concello de Boiro Plaza de Galicia s/n 15930 Boiro (A Coru単a) www.boiro.org

Mulleres de Boiro Maio de 2012  

Mulleres &política. V Certame Literario Ramón Martínez López. Por unha beleza real. Marilyn: 50 anos sen ela. Os novos emigrantes. Tomando a...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you