Issuu on Google+

CONSELLOS PARA CREAR BOS LECTORES

VISÍTANOS EN:

http://centros.edu.xunta.es/ceipeladiamarino (páxina web do centro)

http://libroucho.blogspot.com (blogue das actividades da Biblioteca Escolar)

http://aslecturasdelibroucho.blogspot.com (blogue de recomendacións de lectura)

Bibliografía: “Con la lectura ganamos altura”. Goberno de Navarra. Departamento de Educación. “Con la lectura ganamos altura 2”.Goberno de Navarra. Departamento de Educación. Enquisa de hábitos de lectura Blitz. Goberno de Navarra. Departamento de Educación. “ Contamos moito”. Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP ELADIA MARIÑO CABANAS


ENQUISA SOBRE OS HÁBITOS DE LECTURA: Queridas familias: Queremos animarvos a que fomentedes o gusto pola lectura e a escritura entre os vosos fillos e fillas. É moi importante que, desde pequenos, desenrolen estas capacidades, xa que son a base sobre a que se asentan as demais aprendizaxes.

SOMOS UNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA?

SITUACIÓNS LECTORAS DA VIDA COTIDIANA QUE NOS PODEN SERVIR PARA FOMENTAR O COSTUME DE LER E ESCRIBIR: Cada vez que saímos á rúa: ás veces necesitamos ler para orientarnos, para localizar o lugar ao que queremos ir, para saber os horarios dos establecementos,… Se imos facer unha viaxe: os horarios, os mapas, os carteis, información sobre os lugares que imos visitar,… Comunicándonos cos demais: cartas, notas ou recados, felicitacións, invitacións,… Indo de compras: lista do que temos que comprar, folletos, precios, rótulos, ticket despois da compra, etiquetas, tallas, modelos,… Nas comidas: menús da semana, etiquetas dos productos, datas de caducidade, cartas dos restaurantes, receitas,… Cando queremos recordar: na axenda ou no calendario as datas importantes, os teléfonos ou enderezos, os lugares das fotos,… Cando buscamos información: nun dicionario, enciclopedia, no índice dun libro, en internet,… Para coñecer a actualidade: nos periódicos, revistas,… Xogando: compoñendo palabras con letras móviles, inventando contos, lendo as instrucións dos xogos,… E disfrutando: cunha biblioteca na casa ou na propia habitación cos seus libros favoritos, acudindo á Bibloteca Municipal a buscar libros,… Xa vedes que hai moitísimas situacións… … APROVEITÁDEAS!!

1

Anima á lectura incluso antes de que o seu fillo/a aprenda a ler.

2

Conta contos, recita rimas, le en voz alta aos seus fillos/as

3

Da exemplo lendo libros, revistas, periódicos e transmite aos seus

Si non

fillos/as condutas lectoras. 4

Acompaña aos seus fillos/as a visitar exposicións. Asiste a sesións de títeres, espectáculos culturais,… para ir afinando a sensibilidade e imaxinación dos seus pequenos.

5

Comparte e comenta as lecturas cos seus fillos/as.

6

Acompaña aos seus fillos/as aos lugares onde están os libros (librarías, bibliotecas,…) para miralos, seleccionalos xuntos e anima a que acudan á biblioteca do colexio.

7

Fomenta e coida a biblioteca familiar ou persoal e dedica na súa casa un espacio para ela.

8

Valora e le, cos seus fillos/as, as publicacións que fan no colexio.

9

Comprende que a compra dun libro, non é algo excepcional, e que en datas sinaladas non debe faltar.

10 Comparte cos seus fillos/as, ademais, programas de televisión, películas, xogos,... Agora, conta todos os SI

E ASÍ!! ativas: SEGUID 5 respostas afirm s Se tedes mais de algunha das nosa intentade cumplir s, iva at irm af s de 5 resposta Se tedes menos Moita sorte!! recomendacións.


CONSELLOS PARA CREAR BOS LECTORES