Page 1

COÑECENDO O RÍO ANLLÓNS


O Anllóns é un río galego que nace na serra de Montemaior, a uns 480 metros de altitude e desemboca na ría de Corme e Laxe. Pertence á vertente atlántica. Foi declarado lugar de impotancia comunitaria- LIC -no ano 2001. TIPO DE RÉXIME: Pluvial. Presenta augas altas entre xaneiro e febreiro e augas baixas en agosto e setembro. CAUDAL: O seu caudal medio é de 9.931 m³/s


Despois dun rápido descenso dos montes do Xalo e Santa Baia remánsase e discorre sinuoso agás no tramo do Coto de Verdes onde se encaixa e forma unha sucesión de rápidos e pequenos saltos. Nos seus afluentes abondan as fervenzas: -Fervenza de San Paio ou de Entrecruces. No río Outón tamén chamado da Férveda e Taboada, afluente do río Grande (Rosende-Anllóns). Acada 30 m de altura en gabros con tres saltos. -Fervenza de Rus. No rego da Férveda, afluente do Casal do Perros (río Grande-Rosende). No lugar de Ramil (Santa Eufemia), na parroquia de Rus (Carballo). -Río Baiabosa ou Garguiña, afluente do Cundins (Anllóns). Na parroquia de Rioboo (Cabana de Bergantiños). -Rego das Bouzas (Pelamio-Anllóns), no Lugar de Brixería (Cospindo-Ponteceso).


PERCORRIDO

percorre 54,4 km, pasa polos concellos de Cerceda, Coristanco, Carballo, Ponteceso e Cabana de Berganti単os


Cerceda: superficie: 125 km cuadrados. poblaci贸n: 5318 habitantes. Sector primario de Cerceda es de un 18%. El sector secundario es 32%.El sector terciario es de 50%.

Coristanco: superficie : 140km cuadrados. Poblaci贸n: 6974 habitantes. El sector primario es de 50%. El sector secundario es de 15%. El sector terciario es de 25%.


Carballo:La superficie de Carballo 187km cuadrados. La poblaci贸n de Carballo es de 31358 habitantes. El sector primario de Carballo es de 10%. El sector secundario de Carballo es de 40%.El sector terciario de Carballo es de 50%.

Laracha: superficie:126 km cuadrados. poblaci贸n : 11367 habitantes. El sector primario es de un 10%. El sector secundario es de 53%. El sector terciario es de 37%.


Ponteceso: superficie: 92,09 km cuadrados Poblaci贸n: 4759 habitantes. El sector primario es de 17,7%.El sector secundario es de 39%. El sector terciario es de 43,4%.


Cabana de Berganti帽os:La superficie de Cabana es de 99,8 km cuadrados. La poblaci贸n de Cabana es de 4759 habitantes.


AFLUENTES Recibe as augas dun bo número de regatos como o Graña, o Quenxe, o Acheiro, o Abaixo, o Queo ou o Bertón, durante o curso alto. Tras pasar o monte Neme recibe as augas do Gándara, o Bandeira, o Vao, o Calvar, o Portecelo ou o Batán, Rosende,

Balsa, Devesa, Ramallás, Cundíns y Anós.


No curso baixo, tras pasar Verdes, os rápidos fan que acelere a súa velocidade. Nesta zona recibe as augas do Lourido, o Ponteceso, o Prados ou o Bouzas. Xa na desembocadura recibe a auga do rego dos Muíños, chamado así debido aos numerosos muíños de auga que hai nel.


ESTEIRO DO RÍO ANLLÓNS

Na desembocadura forma un esteiro e na saída ao mar unha gran frecha areosa (A Barra) na que se desenvolve un amplo sistema dunar que se complementa coas dunas remontantes do Monte Branco. O esteiro do río Anllóns localízase na ría de Corme e Laxe e ten abundante vexetación e fauna.


Nos distintos ambientes que se atopan no espazo que abarca o esteiro do Anllóns: carriceiras, xunqueiras, extensas praias, dunas e cantís, viven especies animais en perigo de extinción como a píllara das dunas (Charadriusalexandrinus). Descubrirás tamén outras aves como o lavanco (Anasplatyrhynchos), a gabita (Haematopusostralegus), a gorzota (Egrettagarzetta), a cerceta (Anascrecca), a garza real (Ardea cinérea), o parrulocullerete (Anasclypeata), o mazarico real (Numeniusarquata) ou o corvo mariño grande (Phalacrocoraxcarbo).


FLORA Nas marxes consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, sabugueiros, carballos... Na beira do río e nas zonas de corrente lenta hai pé de boi, oucas, herbas da prata, fentos, brións… Chámase bosque de ribeira ou bosque en galería, á formación vexetal riparia, que medra nas marxes dun regueiro, lagoa ou río, e que soe ser frondoso e composto por especies que gostan dos solos húmidos e lamacentos. Son importantes ecosistemas de transición para a flora e mais para a fauna e os de maior biodiversidade en Galicia. O nome de "galería" provén do feito que a súa vexetación cobre o río formando unha especie de túnel, como se fose unha mina. Identifícase claramente na paisaxe por seguir mesmo o curso do río, formando un corredor normalmente distinto ou diferenciábel do resto da vexetación, ademais de se caracterizar por manter as especies autóctonas caducifolias en climas con seca estival, en zonas agrícolas, ou en zonas onde se reforestou con outras especies, coma ocorre na maior parte de Galicia con piñeiros e eucaliptos.


SALGUEIRO(Salix atrocinerea - SAUCE) Os salgueiros (xunto cós amieiros e bidueiros) forman o bosque de galería, xusto a beira dos regatos e ríos galegos. Son a primeira liña no río. As veces vense salgueiros no medio do río, resistindo a todo...


FREIXO (FRESNO) Os freixos son árbores polo xeral rexas que acadan os 15 - 20 metros de altura; o toro é recto e cilíndrico, proxecta moita sombra. É unha especie dioica (pés masculinos e femininos por separado). As follas son opostas, raramente en verticilos de tres, e xeralmente pinnadocompostas, malia seren simples en algunhas especies. As sementes están contidas nunha sámara.


ABELEIRO (AVELLANO) É unha arboriña (ás veces considerada arbusto) que acada entre 3 e 8 metros de altura, aínda que algúns exemplares poden chegar até os 15 metros. As follas son caedizas, arredondadas, aveludadas polas dúas faces, co extremo rematado en punta, e os bordos dobremente aserrados, de entre 6 e 12 cm. As flores masculinas aparecen no outono, volvéndose máis longas e de cor amarela na primavera, as femininas son moi pequenas e longas, cando se desenvolven dan lugar a acios de 1 a 4 abelás.


LOUREIRO (LAUREL) O loureiro común é unha árbore de folla persistente de 5-10 m de altura, de toro recto coa casca cinsenta e a copa mesta, escura. Ramallos ergueitos. Follas azuladas, alternas, lanceoladas ou oblongo-lanceoladas, de consistencia algo coriácea. As follas dos exemplares en Galiza soen ser menos coriáceas, máis claras e anchas, especialmente cando medran en locais húmidos e sombrizos.


SOBUGUEIRO (SAÚCO) Trátase dun arbusto ou árbore pequena, de pólas fráxiles ó teren unha abundante medula branca esponxosa. As follas son opostas e caducas, imparipinnadas: compostas de 5-7 folíolos de forma lanceolada ou oval e bordo aserrado. As flores son pequenas, pentámeras e de cor branca ou amarelada, formando densos corimbos terminais que agroman a finais da primavera ou no verán. O froito (os sabugos) é unha baga pequena, negra ou violácea que madurece a fins de agosto e en setembro.


CARBALLO (ROBLE) É unha árbore monoica de grande envergadura e folla caduca (ás veces no sur de Galicia marcescente) duns 15-20 metros de alto (excepcionalmente acada os 40 m.) A circunferencia vai dos 4 aos 12 m. nas carballas máis vellas de Galicia. O tronco é groso e curto, a casca cincenta ou acastañada, crebada. A copa é ampla, ovada ou irregular. Soen darse as formas tortas e bugallos.


Bidueiro ou abedul. Nome científico: betula alba Pode acadar ata 20 metros. Distínguese perfectamente pola súa cáscara branca, as follas romboidais e estar a beira dos ríos (galegos). É moi abondoso en Galicia. Está en primeira liña de río, despois dos salgueiros e amieiros. Eucalipto. Nome cinetífico: eucalyptus globulus


CASTIÑEIRO (CASTAÑO) As follas son estreitas, alternas, coa beira moi dentada, peludas no envés cando son novas; miden entre 10 e 25 cm e teñen uns 20 pares de nervios. As flores reciben o nome de candeas, as masculinas distribúense ao longo dun eixo e as femininas (con sete a nove estilos) na base do amento, xeralmente en tríos dentro dunha roseta de espiñas.Os froitos están recubertos por unha casca verde con espiñas (o ourizo) de até 4 cm de diámetro e preséntanse en grupos de dous ou tres. A época da recollida das castañas é novembro, e en Galicia celébrase co magosto.


FAUNA

Hai unha gran diversidade de aves (paxaros de ribeira, garzas, lavancos, merlo rieiro, limícolas…), anfibios (pintafontes, sapos, ras…), peixes (troitas, anguías, escalos…) e insectos (libeliñas, cabalos do demo, escaravellos...). TROITA (TRUCHA) A troita é un peixe de forma alongada, pertencente á mesma familia do salmón (Salmonidae). Pode ter até cerca de 100 cm de lonxitude total e pesar até 18,8kg. O dorso ten cor que varía do verde ao castaño, sendo as laterais acinzentadas e a parte inferior abrancazada. Ten pintas escuras nas nadadeiras e no corpo.


ANGUÍA (ANGUILA) Son da familia de peixes teleósteos daorden Anguilliformes que inclué un só xénero, Anguilla, conocidos vulgarmente coma anguías de río. Son peixes eurihalinos que pasan parte da súa vida no mar e outra parte nos ríos, con comportamento catádromo.

BOGA (BOGA) A boga é unha especie de peixe da familia Sparidae na orden dos Perciformes. Vive en todo tipo de sustratos (area, barro, rocas o herbazales) ata os 250 metros de profundidade a pesar de que é máis abundante nos primeiros 100 metros.


Merlo rieiro. (Mirlo acuático) O mirlo rieiro é un dos principais medidores da contaminación dun río. As minicentrais e a contaminación rematan con este fenomenal buceador e pescador.


PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO

Toda a zona foi poboada desde tempos moi antigos e conserva un rico patrimonio histórico e etnográfico. A ponte Lubiáns, sobre río Rosendo, entre os concellos de Carballo e Coristanco, foi construída ao parecer polos romanos no século I. Por aquí, cruzaba unha calzada romana coñecida coma Per Loca Marítima, que partía de A Coruña ata Fisterra.


MUÍÑOS Os muíños son un dos exemplos da rica tradición patrimonial e etnográfica galega. A chegada da electricidade relegou a un segundo plano o labor que desenvolveran os muíños desde había séculos, e foron deteriorándose ata caer no abandono.


Cando non se dispoñía a energía eléctrica, era a auga a que proporcionaba a forza necesaria para moer o cereal e obter fariña, o producto básico par a fabricación do pan. Desde o século XI ata pasada a metade do XX,os muiños foron imprescindibles na economía galega. Están presentes en toda a cunca do Anllóns e non hai río ou regato que non teña o seu. No Anllóns atópanse os coñecidos muíños da Saimia. Hoxe en día xa non traballan, aínda que as súas instalacións están en pé.


O muíño de auga (hidráulico) é unha maquina que utiliza a forza da auga do río para moer o gran, para elo move unha gran pedra ( A Moa ou Pedra) sobre outra pedra fixa (Penedo ou Pe) e no medio o grau, estas grandes pedras son capaces de convertir o grao en fariña (sexa de centeo, trigo ou millo). Unha muiñada era unha antigua xuntanza festiva de mozos e mozas en torno os muíños, mentras se esperaba pola vez para moer.


A zona do muiño onde vai o rodicio chamase inferno, realmente é por onde sae a auga a gran presión e choca coas penlas do rodicio, facendo xirar deste xeito a moa, que realmente é a que tritura.

Canle - Eixe - Capa - Pé - Rodicio - Moega


No paseo fluvial do río Anllóns ata chegar á área recreativa de Gabenlle. Os muíños que se encontrarán na ruta (os do Formigueiro, As Pezas, Grande de Gabenlle e O Tarrulo) permitirán coñecer en primeira persoa a pericia dos nosos antepasados no aproveitamento da forza da auga para moer o gran, sempre cun total respecto ao medio.


AS PONTES A Ponte Dona

Esta ponte, de construcción popular, sobre o río Anllons, é unha robusta ponte de granito na que 5 vanos soportan unha ponte plana. A tradición a data da época romana, pero posiblemente é do século XVIII ou XIX A ponte da Garga


A ponte dePonteceso De cinco arcos, que cruza por enriba do río Anllóns. A súa construción é do século XIX, aínda que se asenta sobre unha ponte de orixe romana.


USOS DA AUGA

As principais actividades de uso e consumo de auga so: -Abastecemento de auga potable (consumo humano) -Xeración de enerxía eléctrica (centrais e saltos hidroeléctricos) -Usos agrícolas e gandeiros. -Sostemento de fauna acuática. -Actividades deportivas e de lecer O uso humano da auga divídese en tres grandes categorías: -Doméstico -Industrial Nos 54,4 kilómetros do curso do río Anllóns, -Agrícola podemos encontrar varios encoros e algún que outro lugar de ocio habilitado para diversas actividades, como a pesca deportiva, tamén é un lugar frecuentado polos fotógrafos aos que lles gusta este lugar. O río Anllóns tamén é un lugar de grande riqueza para a pesca e o marisqueo, do que se extraen troitas, reos, salmóns… e na súa desembocadura mexillóns, ameixas…


USO AGRÍCOLA E GANDEIRO Os usos agrícolas e gandeiros son os que producen maior consumo de auga en Galiza e a nivel mundial. Na cunca do Anllóns, grazas ao réxime de precipitacións existe unha gran dispoñibilidade de auga. A maior parte das captacións para uso agrícola as realizan os particulares que teñen parcelas de pequeño tamaño O autoabastecemento é a característica principal das explotacións gandeiras.


APROVEITAMENTO ENERXÉTICO

No río Anllóns hay dous encoros, un en Anllóns (Ponteceso), e outro en Corcoesto (Cabana). Entre os dous xeran arredor de 1.700 KW anuais.

Así funciona unha central hidroeléctrica.


CONSUMO HUMANO No curso do río Anllóns hay 6 plantas potabilizadoras: En Carballo, en A Laracha, en Corme, en Laxe, en Cabana e en Ponteceso.

Así funciona potabilizadora.

unha

planta


Plantas Potabilizadoras 1 en Carballo, a súa explotadora actual é Aquagest S.A. Iniciou o seu funcionamento no ano 1998. 1 en A Laracha ,iniciou o seu funcionamento no ano 2000 a súa explotadora actual é Aquagest S.A. 1 en Corme iniciou o seu funcionamento no ano 2012. 1 en Laxe iniciou o seu funcionamento no ano 2007, a súa explotadora actual é Isolux Corsán. 1 en Cabana iniciou o seu funcionamento no ano 2005, a súa explotadora actual é Organización e Xestión de Proxectos e Obras S.L. 1 en Ponteceso iniciou o seu funcionamento no ano 2000, a súa explotadora actual é Espina y Delfín S.L


Ocio O Río Anllóns conforma un espacio de interés natural con

grandes posibilidades para o tempo de ocio. Os aficionados á pesca poden encontrar no seu caudal troitas e, en menor medida, salmóns e reos. Ademáis de este extendido deporte, os habitantes do municipio teñen nas orillas do Anllóns un lugar perfecto para o tempo libre e o descanso. Tamén unha ruta de sendeirismo con moita riqueza natural é o Esteiro do Anllóns.


FIN

Traballo 1º eso rio  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you