Issuu on Google+

Biblioteca C.E.I.P. Chano Piñeiro

OBRADOIRO LITERARIO ACTIVIDADES ARREDOR DA POESÍA. Extraídas de: A poesía necesaria. Lectura e creación literaria dentro da aula. Antonio García Teijeiro. Ed. Galaxia Rexistro 942 da Biblioteca Obradoiro da escrita: a poesía, o conto e outros textos na aula Curso PLATEGA 2007-2008 A Poesía non morde pero manca Obradoiro de poesía de Espazo Lectura 2009

ASPECTOS A TRABALLAR E COIDAR PARA LER UN POEMA EN VOZ ALTA: •

É imprescindible unha lectura previa e concentrada do poema

Facer

diversas

relecturas

para

facer

un

poema

propio,

buscando

a

interpretación persoal do mesmo (non o que quere dicir o poeta) •

A vocalización, entoación, o espítiro co que se le o poema debe buscar a perfección: ton en función do que dí, volume alto para chegar a todos.

Fuxir da monotonía tonal: o recitado debe ser rico, vivo, rítmico: atención ás pausas, silencios, signos de puntuación

Evitar aumentar o ritmo da lectura, debe ser unha lectura placentera, dominada e que comunique aquelo que o poema di a quen o le.

Importancia do derradeiro verso no recitado global do poema

XOGAR ORALMENTE CUN POEMA LIDO EN VOZ ALTA: Partindo sempre dunha primeira lectura por parte da mestra ou mestre. •

A mestra/mestre le o poema en voz alta e o alumnado escoita. Rematada a lectura, repítea e o alumnado di a última palabra de cada verso

Semellante ao anterior, o alumnado sustitúe a última palabra por outra que poida quedar ben no contexto do verso.

Os nenos e nenas repiten os versos que vai lendo o adulto mentras fan xestos: expresión corporal


Biblioteca C.E.I.P. Chano Piñeiro

O alumnado despois dunha primeira lectura, di os versos pares (ou os impares)

Dividimos a clase en dous grupos e co poema diante un grupo le un verso (ou estrofa) e o outro grupo o seguinte.

A mestra/mestre comenza a lectura do poema e vai indicando quen le o seguinte cambiando os lugares da clase (pódese facer variantes utilizando diferentes voces, intensidades, tons, ....)

O adulto deixa un verso no aire e propón que alguén invente outro verso que rime co leído

Facemos ecos dos sons da derradeira palabra do verso. A mestra/mestre le e o alumnado ecoa con diversos tons, potenciando a sonoridade do poema.

Modificación na lectura do poema: ◦ Cambiar as vogais; substituir nalgún verso as vogais por unha soa que se repite ◦ Ler a distintas velocidades os versos do poema, subir e baixar a voz,... o alumnado repite ◦ Cambiar as emocións: ler o poema rindo, chorando, cantaruxando, morrendo, expresando sorpresa, dor, anoxados, con soño ...... Dramatización sinxela ◦ Nun poema dialogado podemos interpretalo por parellas, grupos, ringleiras, sexos, morenos-loiros.... ◦ Un poema con onomatopeias pódese ler facendo un recitado/lectura intercalado con sons: palmas, pitos, golpes na mesa, bufidos, ....

Cantamos o poema: poñemos música ao poema cunha música coñecida ou inventada

CREACIÓN DE POEMAS: •

A festa da rima: A mestra /mestre di unha palabra ( narices!!) e engade unha palabra que rime ( felices!!) e dirixíndose ao alumnado pide palabras que rimen con...... Non nos debe preocupar que esa rima sexa consoante ou asonante . O


Biblioteca C.E.I.P. Chano Piñeiro

xogo pode continuar por parellas, a ver quen di primeiro unha palabra que rime con..... •

Creación de estrofas rimadas: 1. Damos unha palabra e buscamos palabras que rimen con ela: Mensaxe/ encaixe, paisaxe, salvaxe,....

2. Facemos unha frase que conertiremos en verso. Atopei unha mensaxe 3. Facemos un pareado co primeiro verso creado e un segundo verso coa segunda palabra das rimas: Atopei unha mensaxe lixeira coma un encaixe

4. Creamos unha estrofa de tres versos engadindo unha terceira palabra Atopei unha mensaxe lixeira coma un encaixe no medio desta paisaxe

5. Cambiamos a estrofa intercalando un verso que quede solto (será o segundo verso do poema) Atopei unha mensaxe escrita con tinta azúl lixeira coma un encaixe no medio desta paisaxe

6. Continuamos engadindo versos que rimen entre si: impares, pares (ou non) repetidos Atopei unha mensaxe escrita con tinta azúl, lixeira coma un encaixe dunha enagua de tul, no medio desta paisaxe sempre mirando ao sur.

◦ Variantes e especificacións para maiores: podemos incidir no tipo de rima (asonante, consonante), na medida dos versos, as anáforas (se hai repeticións), paralelismos, e distintos tipos de esquemas métricos.

Das aliteracións aos trabalinguas: buscamos no diccionario palabras que comencen por un son determinado, que teñan un son determinado, ... e cos que


Biblioteca C.E.I.P. Chano Piñeiro

faremos trabalinguas ou poemas aliterados: Brinca a branca palabra, no abrazo labrado do brando brincar

Con sons e onomatopeyas: sons inventados que serven de detonantes para crear sen importar a medida dos versos ou si as rimas son perfectas: Cras, cras, cras Come a vaca sen parar. Cris, cris, cris, Sube a formiga polo meu nariz Cras, cris, cros, ese cabalo deume unha coz

ssssssssssssss silencio calado ssssssssssssss verde agochado, ssssssssssssss, caricia durmida ssssssssssssss, da serpe temida.

Versos encadeados: a última palabra dun verso ten que ser a primeira do seguinte

Poemas cunha soa vogal nos seus versos (Palabras blancas. Elvira Riveiro Tobío. Ed. Xerais).

Banco de palabras. Catro caixas, sobres, bolsas,.... onde meter as palabras que as nenas e nenos consideren bonitas; e lles poñemos 3 cores, flores, .... nas dúas repetidas meteremos nomes, noutra adxectivos e noutra para verbos. A actividade consiste en coller ao chou unha tarxeta de cada caixa na seguinte orde: nome-adxectivo-verbo-nome e con eles facer: ◦ unha frase ◦ converter a frase en dous versos ◦ Crear un poema. O verbo soa mellor en copretérito pero pódese usar como se queira.

Acrósticos: A partires dunha palabra (pódense usar os nomes propios de cadaquén) búscanse palabras que empezando por cada unha das letras dese nome teñan un siñificado (ou frases):


Biblioteca C.E.I.P. Chano Piñeiro

Palabras bailando, Oídos atentos. Emocións latexando Sentimentos e ídeas no ar. Alento.

Proposta: Facer un abecedario de palabras •

Poesía visual: ◦ Caligramas: poemas que mesturan palabras con debuxo, pero as palabras deben adoptar a forma dese debuxo. ◦ Poemas con debuxo (Pictogramas). Substituímos palabras dun poema por debuxos do seu significado

Haikús: poema xaponés, normalmente sobre detalles da natureza e sin acción, formado por palabras que sumen un total de 17 sílabas en tres versos: 5 - 7 - 5: Na area gris novos gromos brilantes contra o ceo.

O asubío brincadeiro, bailador no río verde.

Dados dous-tres versos dun poema que o alumnado cree a continuación

Poemas sen rima ◦ Palabras e definicións sen sentido poético, pódense modificar: ◦ Dadas unha serie de palabras facer frases, definicións, relacións,... con sentido poético ◦ Dados dous-tres versos dun poema, que creen un texto ◦ Utilizar cancións para elaborar textos poéticos


Obradorio de poesía