Page 1

Algunhas cousas sobre

OURENSE


Ourense é unha das catro provincias de Galicia. Está situada ao sureste de Galicia. Ao norte limita coas provincias de Lugo e Pontevedra, ao oeste limita con Pontevedra e Portugal, ao sur limita con Portugal e ao leste limita coa Comunidade Autónoma de Castela e León. O río máis importante de Galicia, o río Miño, atravesa a cidade. Ourense é a terceira cidade galega por poboación tras Vigo e a Coruña, é a máis poboada do interior de Galicia, con 108.673 habitantes.


A orixe da cidade é romano, aínda que existen dúbidas sobre a etimoloxía do topónimo Ourense. A primeira teoría sinala que foi bautizada polos romanos como “A cidade do ouro “ (Auriense) pola abundancia deste metal, que se podía encontrar no curso do río Miño . Outra teoría di que o nome da cidade ven do latín “aquae urente “ ( augas abrasadoras ), ou do xermánico “ warmse” (lago quente), polas súas coñecidas fontes de augas termais, coñecidas como as Burgas.


Tres cousas hai en Ourense que non hai en Espa単a, O Santo Cristo, a Ponte Romana e a Burga fervendo auga.


FESTAS


ENTROIDO


Do 10-12 ao 28 de febreiro. A cidade de Ourense e o resto da provincia vístense de festa para celebrar o Entroido .Onde destaca a orixinalidade dos disfraces, e os productos gastronómicos. Existen dous días especiais: O xoves de comadres, (é o xoves de dúas semanas antes do Entroido.),os nenos fan unhas bonecas, chamadas comadres, que logo as nenas teñen que intentar collerllas aos nenos e rompelas. O xoves de compadres(celébrase o xoves seguinte),neste caso son as nenas ou mozas as que fan os bonecos ,que se chaman compadres,e son os rápaces os encargados de collerllos ás nenas e rompelos. O último boneco que queda sin romper cada día resérvase para o ano seguinte.


O entroido na provincia de Ourense é un dos máis importantes de E spaña. Como disfraces tipicos temos : as Pantallas de Xinzo de Limia, asi como os Peliqueiros de Laza, os Cigarróns de Verín. Con respecto á gastronomia destaca o postre: Orellas de Carnaval.


O MAGOSTO O magosto é unha festa que se celebra en novembro (día 11, San Martín), de longa tradición en Ourense. Ten unha orixe moi antiga relacionada co ciclo das colleitas. Ásanse e cómense as castañas, xógase e cántase. Hai a crenza de que despois da festa as ánimas van quentarse ás brasas das fogueiras e hai que que deixarlles algunhas castañas para elas.


ADIVIÑAS Alto pimpín, ruín cabaleiro, pégalle unha risada e perde o diñeiro.

(Ourizo da castaña ) A un alto cabaleiro dalle a risa e perde o diñeiro. (Ourizo da castaña)


Ten pelexo como a xente e é moi boa para comer; chega polo mes de Santos e todo o ano a tes. (A castaña)

No alto estou de ouro vestido, por unha regaña perdín os meus fillos. (O ourizo da castaña)

No aire se cría, no arie ten, bota unha risada e perde canto ten. (O ourizo da castaña)


REFRÁNS

O que non sabe mañas non come castañas.

A castaña no agosto quere beber e no setembro comer.

A castaña no Nadal sabe ben e parte mal.

A castaña e o besugo en febreiro non ten zugo.

Temperá é a castaña que por setembro regaña.

Non quero peral, quero castiñeiro, para ter castañas para o ano enteiro.


TRONCO DE CASTAÑAS INGREDIENTES

para 4 persoas

100 gr. de azucre 100 gr. de fariña 4 ovos Vainilla en po Manteiga 300 gr. de marmelada de castañas 150 gr. de requeixo 3 culleradas de brandi

PREPARACIÓN Montar as xemas co azucre ata obter unha escuma clara, engadimos as claras a punto de neve, a fariña e a vainilla. Verter a mestura sobre a placa do forno forrada con papel de aluminio enmanteigado. Cocer ao forno 200º C 8 minutos. Desmoldar a pasta sobre un pano húmido, retirar o bizcoito polo lado máis ancho. Mesturar 150 gr. de marmelada co requesón e o brandi. Abrir o bizcoito e untalo coa mestura. Enrodelar de novo, colocalo sobre unha bandexa e untalo con marmelada.


OS MAIOS


A principios do mes de maio, as flores son as protagonistas; os ornamentos florais desfilan polas rúas da cidade para celebrar a primavera. O elemento fundamental das festas son chamados “maios” que son composicións de flores, musgo e “ carrabouxos” que representan monumentos e elementos cotiáns da vida ourensá. Xunto co maio, o segundo elemento característico da festa é a “copla” (Composición satírica sobre aspectos da sociedade e da política).


EDIFICIOS

RELIXIOSOS


CATEDRAL DE SAN MARTÍN: REEDIFICACIÓN: século XII – século XIII ESTILO ARQUITECTÓNICO: Románico e Gótico.

IGLESIA DA SANTÍSIMA TRINIDAD: TRINIDAD CONSTRUCIÓN: Século XII – século XVI ESTILO ARQUITECTÓNICO: Gótico


IGLESIA DE SANTA MARÍA NAI: CONSTRUCIÓN: Século XI e reconstruiuse no século XVIII ESTILO ARQUITECTÓNICO: Barroco

CAPELA DA NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS: CONSTRUCIÓN: Século XVI Na fachada hai unha portada de estilo plateresco


IGLESIA DE SANTA EUFEMIA

CONSTRUCIÓN: Construida polos Jesitas en 1653. Fixeronselle añadidos posteriores nos séculos XVIII e XIX.. Planta de cruz latína con tres naves lonxitudinais e dúas laterais, destaca polo seu gran volumen, moi propio da idea Barroca.


PONTES DE OURENSE


A PONTE VELLA.- É unha ponte de orixe romano.

PONTE NOVA.-Diseñouna Martín Díez de la Banda. As obras desta ponte terminaron no ano 1918.


PONTE DO MILENIO.-Inaugurado no 2001, foi diseñado polo arquitecto Álvaro Varela.

VIADUCTO.-Aínda que o ferrocarril chegou a Ourense no ano 1881, non sería ata o ano 1958 cando finalizou a construcción desta ponte que permitía cruzar o río para que o tren chegara a outras partes de Galicia.


PONTE NOVĂ?SIMA.-Entra en funcionamento no ano 1971.

PASARELA DO VAO.-Esta pasarela peatonal inaugurouse no ano 2003 cumunicando o barrio da Ponte co centro da cidade a travĂŠs do centro comercial.


Traballo realizado polas alumnas de alternativa á relixión de 4º B: Nerea Nóvoa Álvarez Érica Silva Bilhoto Lucía Martínez-Risco Pereira

ourense  

Trabajo de investigación sobre a cidade de Orense

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you