Issuu on Google+

GUÍA DE LECTURA DO VERÁN PARA 1º E 2º DA E.S.O

Ler é poñer as neuronas a facer aerobic. Sealtiel Alatriste

A Biblioteca do IES Rafael Dieste deséxavos un feliz verán


LA CLAVE SECRETA DEL UNIVERSO: Lucy & S. Hawking. É unha aventura trepidante dun neno e unha nena que viaxan polo sistema solar subidos nun cometa, que ven dende o espazo a Terra, que disfrutan

dun

ordenador

prodixioso,

que

van

ao

colexio,

que

desobedecen aos pais, que vencen aos malos. E ao tempo, esta novela é

un espléndido libro cheo de explicacións sinxelísimas sobre o Big Bang,

os buratos negros, sobre o universo, sobre a física que o rexe e que Hawking axudou a desvelar. E ademais, é un canto a favor da alianza entre a ciencia e a ecoloxía para salvar este planeta.

A ODISEA CONTADA AOS NENOS: Rosa Navarro

Durán

Neste libro nárranse as aventuras que vive Ulises navegando polo

mar Mediterráneo dende que rematou a guerra de Troia ata que chegou á súa patria vinte anos despois. Poseidón mandará contra

el enormes tempestades e Atenea será a súa protectora. Entre tanto, na súa terra, Ítaca, estano agardando a súa muller Penélope e o seu fillo Telémaco, que irá á percura de novas sobre el. A Odisea orixinal é un longo poema de 12110 versos, escrita en grego hai case 3000 anos.

ARQUÍMIDES EL DESPISTADO: Luís Blanco Laserna Aínda que tivera pinta de pasar o día nas nubes, na xigantesca barba de Arquímides non había un pelo de tonto. Podía erguer barcos coa forza

dunha man, foi un dos grandes detectives da

historia e inxeniouse para defender a súa cidade de todo un exército coa única axuda duns espellos. Así que cando dixo:

“Dádeme unha panca que moverei o mundo”, moitos se botaron a tremer e ninguén quixo deixarlle unha.

EL PAN DE LA GUERRA: Ellis Deborah

Parvana é unha nena de once anos que vive en Kabul, a capital de Afganistán, na época do goberno dos talibáns. Seu pai é detido e a

familia queda sen recursos para poder vivir. Parvana ten que

buscar unha solución desesperada: disfrazarse de rapaz para poder gañar cartos para a familia, xa que ás mulleres non se lles permite facelo.

Traballará no mercado escribindo cartas ás persoas que llo solicitan como facía seu pai e, cando a súa familia se cambie de cidade por medo aos talibáns, ela permanecerá en Kabul convencida de que seu pai regresará algún día.


CORAZÓN DE TINTA: Cornelia Funke

Un estraño personaxe chama á porta da casa de Meggie. Ao velo a pequena ten o presentemento de que algo malo lles vai pasar. Ao día seguinte, moi de mañá, Mo, o pai de Meggie, fai as maletas e sae

fuxindo da súa casa coa escusa de ir amañar uns libros á casa da tía Elinor. Capricornio irrumpe na vida de Meggie e da súa familia como un pesadelo que se fai realidade.

Secuestros, fuxidas e a maxia das palabras farán que non poidas deixar de ler ata o final. Cada capítulo comeza cunha cita dunha obra clásica da literatura

infantil e xuvenil relacionada directamente co episodio en cuestión.

GALILEO EL ASTRONOMO: Esteban Rodríguez Serrano

Calquera diría que Galileo non ten avoa. Segundo el, debuxaba e

cantaba de marabilla, era un matemático estupendo e un inventor asombroso. Claro que… a ver que avoa pode presumir de ter un neto capaz de detectar que o Sol está cheo de manchas, de descubrir que

Saturno é o verdadeiro señor dos aneis ou de multiplicar por mil o número de estrelas que ata daquela admiraban os homes.

A POMBA E O DEGOLADO: Fina Casalderrey

A André foron demasiadas as cousas que non lle sentaron ben nos tres anos que leva no intituto, onde nen sequera pode refuxiarse no aseo para coller alento, porque os recreos están tomados por Hector Solla e Raúl Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e á súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde tamén viven tempos difíciles, atopará acougo ás súas coitas facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando

baixo o nick de “Degolado”, con “Pomba”, unha amiga que o axudará a descubrir que paga a pena confiar na xente.

PODEROSA. DIARIO DUNHA RAPAZA QUE TIÑA O MUNDO NA MAN: Sergio Klein.

Joana Dalva, unha rapaza que soña con ser escritora, vive cos pais, un

irmán pequeño moi pesado e unha avoa que non se entera do que sucede ao seu arredor. Un día fai unha redacción sobre Xoana de Arco e provoca unha

reviravolta na historia e nela mesma. A partir dese momento vai utilizar a literatura para cambiar o presente. O problema é que cada texto que ela escribe provoca consecuencias imprevistas, orixinando outros textos que traen novos problemas.


GUÍA DE LECTURA DO VERÁN PARA 3º E 4º DA E.S.O

O libro é o telescopio co que se ve o infinito. Rubén Darío

A Biblioteca do IES Rafael Dieste deséxavos un feliz verán


EL GRAN JUEGO: Carlos Frabetti

Leo, un estudante ao que lle gustan as matemáticas e os xogos, coñece por Internet a Hal, un personaxe misterioso que o ensina a “xogar a xogar”, é decir, que o introduce na investigación científica no seu senso máis amplo. Unha historia amena e moi ben contada que vai intercalando curiosidades de lóxica e matemáticas con xogos de inxenio, fragmentos dun libro de consulta, conversacións con especialistas… que proporcionan a Leo a base necesaria para a súa aprendizaxe.

NAVES NEGRAS ANTE TROYA: Rosemary Sutcliff

É unha versión resumida e modernizada da Ilíada, se ben recolle algúns acontecementos que non aparecen como o xuízo de Paris ou o rapto de Helena, que provocaron a guerra e a morte de Paris, Aquiles e a destrución de Troia.

Unha adaptación extraordinaria e moi ben ilustrada dun dos máis famosos conflitos da Antigüidade, protagonizado por uns heroes de extraordinario

valor e coraxe que afrontan con orgullo e enteireza o seu fatal destino, sometido ao capricho dos deuses.

A CLASE: François Bégaudeau

François Bégaudeau constrúe unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e entre os adultos.

Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa

maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre os que posúen o saber e os que non o teñen.

MIL SOLES ESPLÉNDIDOS: Khaled Hosseini

Mariam, filla ilexítima dun acaudalado home de negocios, críase coa nai nunha modesta vivenda das aforas de Herat. Aos quince anos a súa vida cambiará radicalmente cando o pai a envía a Kabul para casar con Rashid, un rudo zapateiro trinta anos máis vello ca ela.

Pasados vinte anos Rashid atopa polas rúas de Kabul a Laila, unha rapaza de quince anos sen fogar, á que ofrece acubillo na súa casa. Laila e Mariam comezan así unha profunda relación, malia a diferenza de idade e

de vivencias, que lles proporcionará a forza necesaria para superar o medo e dar cabida á esperanza.


LAS MIL Y UNA NOCHES DE LA CIENCIA: Philippe

Boulanger

Ciencia e fantasía danse cita neste libro excepcional que penetra no ambiente fantástico das mil e unha noites, convertendo á mítica

Scherazade en testimuña das tribulacións da ciencia moderna a través das súas leis fundamentais, os seus controvertidos e inquedantes achádegos e os seus máis enigmáticos paradoxos. Aínda que cada

historia se inicia con relatos de heroes, xenios e alfombras voadoras, estas sempre derivan cara á exposición dos temas máis actuais da ciencia: o misterioso número pi, a teoría do caos, a teoría de nudos, os

paradoxos do tempo, a criptografía, as drogas que produce o cerebro, a evolución das especies e a desaparición dos dinosaurios, etc.

A PRAIA DOS AFOGADOS: Domingo Villar

Unha pescuda policial que parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen

testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez mergúllanse no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime, entre homes e mulleres que recean desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis.

LA COMERCIANTE DE LIBROS: Brenda Vantrease

Houbo unha época na que os libros podían dar a sabiduría, o poder e a morte. Durante o século XV, mentres a intolerancia relixiosa se propagaba por Europa, Anna Bookman e o seu avó Finn gañaban a vida en Praga iluminando libros de gran valor, entre eles traducións prohibidas da Biblia. Finn defende o dereito da xente a ler por si mesma a palabra de Deus, sen ter que pagar a ningún intermediario por ese privilexio, desafiando así á Igrexa. Mais cando as autoridades, que temen perder o seu poder, empezan a queimar libros e a matar herexes, entre eles o mozo de Anna, Finn convence á súa neta para que marche a Inglaterra.

EN BUSCA DE TROIA: Vida De Sophia y Henry Schliemann: Stone Irving

Unha novela baseada en feitos reais, Sophia Engastromenos tiña

dezasete anos cando se encontrou con Henry Schliemann, de corenta e sete, que buscaba unha rapaza grega para que puidera ser a "man de

Deus sobre o meu ombro" na busca da antiga cidade de Troia e das tumbas dos reis de Micenas. Schliemann decidira dedicar a súa vida a encontrar Troia, cuxa existencia era daquela negada polos homes de ciencia do mundo.


GUÍA DE LECTURA DO VERÁN PARA 1º E 2º DE BACH

-Que pon na faixa do libro? -As Autoridades advirten de que a Lectura perxudica seriamente o Pensamento Único. FORGES.

A Biblioteca do IES Rafael Dieste deséxavos un feliz verán


LA INCÓGNITA NEWTON: Catherine Shaw

A autora sitúa a acción no Cambridge de 1888 nun ambiente vitoriano que actuará como continente idóneo para ennegrecer a autoría da morte de varios matemáticos implicados na investigación dos n corpos, coa fin

de acadar sona, pero morren misteriosamente, o que orixina o inicio dunha trama policial que sustentará a novela ata o final.

Como vehículo narrativo a autora escolle a voz dunha profesora de primaria,

Vanesa

Duncan,

que

representará

ademais

dun

papel

investigador, a loita da muller británica por abrirse un camiño intelectual nunha época na que as mulleres tiñan vedado o acceso á universidade.

Unha amena novela epistolar sobre enigmas de cálculo e crimes de matemáticos en Cambridge.

FESTINA LENTE: Marcos S. Calveiro

É unha novela histórica ambientada na Compostela de 1627, que propón ao lector unha intrigante viaxe polo mundo dos libros e o coñecemento nun tempo de intolerancia.

Devagar, un carro baixa polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio.

Festina lente devórate a modo, intrigado coa vida de Ambrosio Cavaleiro e a dos seus libros. Cando ambos se entrelazan no final o lector comprende o significado derradeiro da empresa. Estás diante dun dos libros máis fermosos dos últimos tempos.

EL TEOREMA DEL LORO: Denis Guedj

O matemático e novelista Denis Guedj pon en xogo todos os seus coñecementos científicos para obter unha novela interesante: mestura de humor e razón pura que nos presenta mediante unha entretida lección de matemáticas. O libreiro M. Ruche recibe un extraño legado: unha completa biblioteca de matemáticas; ao tempo chégalle á casa un loro parlanchín. Curiosamente ambos sucesos estarán relacionados.

Unha trama intercalada de flash backs de vidas de matemáticos célebres na que predomina a voz dun intelectual de oitenta e catro anos: M.

Ruche, que pon a punto os seus coñecementos de filosofía en función da investigación que se realiza.

HISTORIA DE LOS GRIEGOS: Indro Montanelli

Murmuracións, chismes, chistes máis ou menos afortunados sucédense como vía para explicarnos as vicisitudes dos gregos.

A obra abarca a historia de Grecia dende a aparición da cultura minoica en Creta (arredor do 3000 a. de C) ata a sucesiva integración das monarquías helenísticas en Roma (ss. II e I a. de C.).

As alusións á metrosexualidade grega son constantes e divertidas. O libro é a obra dun periodista que quere informar divertindo aínda que caia ás veces en inexactitudes e faltas de rigor.


LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS: Paolo Giordano

Mattia e Alice descobren na clase de matemáticas que os números primos consecutivos teñen unha relación especial

entre eles. E mentres o profesor explica esta teoría, Mattia dáse conta de que el se sente igual con Alice, alleo a todo o que os rodea día a día. Mais Alice vai ter un grave accidente de esquí o

que vai provocar que sintan a soidade e a compaña ao mesmo tempo. Unha novela que se adentra no mundo da soidade na parella e consegue atopar as claves para saír airoso do empeño.

SETE CASAS EN FRANCIA: Bernardo Atxaga

O escritor B. Atxaga describe a brutalidade e o horror que reina nunha gornición militar de Yangambi, xunto ao río Congo, cando era propiedade privada do rei Leopoldo II.

Unha novela de aventuras, segundo o seu autor, que agocha unha “sombra” e unha “pegada velenosa”. Lalanda Biran e unha serie de personaxes disparatados e espléndidos

converten a selva nun delirante circo da ambición e o absurdo humano. Atxaga foxe da crónica sombría ou da denuncia e busca a través do

humor e da aventura a metáfora que fala do lado sinistro do noso mundo.

HISTORIA DE ROMA: Indro Montanelli

Un relato ameno, sinxelo e ben estruturado da historia do Imperio Romano dende a súa fundación ata a súa caída e as invasións bárbaras.

Está organizada en episodios curtos, onde se repasan os principais personaxes e acontecementos da historia do Imperio. Montanelli,

premio

Príncipe

de

Asturias

de

Comunicación

e

Humanidades 1996 explica que “como todos os grandes imperios, o romano non foi abatido polo inimigo exterior, senón que caeu polos seus propios males”.

Esta é unha historia para non historiadores, escrita por un divulgador da historia, por un periodista que quere facer accesible a historia ao gran público.

LIXO: Xabier López Rodríguez

Expulsada do gris paraíso familiar, a protagonista de Lixo vese na

obriga de enfrontar o inferno exterior, onde a despensa está nos

contedores de refugallos, coas armas que ten en cada momento, como a voluntaria opción de facerse pasar por home para merecer un

mínimo respecto que, como muller, lle furtarían os habitantes da xungla urbana. Lixo aborda con realismo e gran crueza a situación de exclusión na que viven algunhas persoas mozas das nosas cidades


Guías de lectura para o verán 2009