Page 1

… PARA OS NENOS E NENAS DO MOSTEIRO NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA  Acudiremos en silencio e orden dende clase.  Na biblioteca estarase en silencio e prestarase atención ás instrucións que de o/a profesor/a.  Rexistrarase o libro prestado nos carnés. Escribe os datos dos libros e a data.  Os libros prestasen por espazo de 7 días. Se non se fai entrega no tempo establecido, o neno/a non poderá facer uso do servizo ata que non entregue o libro.  Os dicionarios, enciclopedias e material de consulta soamente se pode utilizar na biblioteca.  Debes coidar os libros, evitando manchas, rachaduras o calquera outro desperfecto.  Se algún libro entregárase con algún desperfecto ou deterioro,este repoñerase de novo con cargo ao alumno/a.  Pasa as páxinas do libro con coidado, a modo e sen mollar os dedos. Así os libros durarán máis.  Pide axuda para elixir o libro.  Cando teñas un libro nas mans procura lelo enteiro aínda que te pareza aburrido. O interesante sempre está al final.  Se un libro gustouche moito, recoméndao a un amigo/a o compañeiro/a. Tes un taboleiro para expoñelo.  Cando se fai a entrega do libro procura depositalo no lugar onde estaba. Lembra apuntar no carné a data e a túa opinión.

… PARA OS PAIS E NAIS DO MOSTEIRO ESTRATEXIAS DE FOMENTO DA LECTURA  Anima ó teu fillo/a a ler, incluso antes de que saiba. Ollar libros ilustrados é unha boa maneira de empezar a amar a lectura.
  Comparte e fomenta calquera tipo de lectura: libros, xornais, receitas, informacións do colexio,…
  Coñece os seus gustos e pon o seu alcance moitos e bos libros.
  Acompaña ós nenos a visitar exposicións, teatro, marionetas ,… para espertar nel a súa sensibilidade e imaxinación.
  Fomenta e coida a biblioteca familiar ou persoal destinando en casa un espazo axeitado. É bo reservar un tempo cada día para a lectura.
  Sempre podemos atopar momentos especiais para contar contos, recitar poesías, ler en voz alta. Aproveita aquelas historias que coñeces, que te contaron.
  Da exemplo lendo libros, revistas, xornais,…
 Os nenos/as imitan ós maiores.
  A compra dun libro non debe ser algo excepcional. É unha inversión máis na educación dos nosos fillos/as.
  Acompáñalle cando ve programas de televisión, películas,…
 para comentar e compartir experiencias con eles.
  Visita o noso blog e a nosa biblioteca. Os nenos/as ven que é importante para ti.



BOLETÍN INFORMATIVO

Comeza un novo curso na biblioteca do noso cole !!!























 






























 


SETEMBRO 2011

(coloréalo)

BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP MOSTEIRO-BEMBRIVE

Pillarratos dáche un consello: Non te esquezas de traer moitas ganas de ler e de pasalo ben.

BOLETÍN SETEMBRO  

Boletín informativo biblioteca de MOsteiro