Morrazo Tribuna 21

Page 31

página 31_Maquetación 1 25/08/13 19:07 Página 1

“Pardela cenicienta” está amenazada en la fachada atlántica europea Dato positivo : científicos muestran esperanza fundada de recuperación de la especie en las Cíes. Se consolidan 25 parejas en la isla de Monteagudo MORRAZO TRIBUNA | Cangas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, na súa labor por favorecer a protección de especies en perigo, constatou a consolidación da pardela cincenta, no Parque das Illas Atlánticas. Xa se suman 50 exemplares, significa un aumento importante da biodiversidade nos entornos protexidos, concretamente, en Monteagudo, a maior das illas Cíes; onde se atopa o seu asentamento. Esta colonia, en consolidación desde mediados do 2000, inclúe ao Parque Nacional nunha reducida lista de lugares onde aniña esta especie mariña ameazada, dentro da costa atlántica do continente Europeo. Actualmente hai 25 parellas, todas criando, encargadas de axudar ao asentamento desta especie na nosa comunidade. Este tipo de procesos

de colonización son esencias para poder investigar os elementos que caracterizan a estes primeiros exploradores, así como para poder observar de cerca a rutina dunha ave tan especial. Porén, este asentamento foi constatado no marco do proxecto de investigación Ferramentas para a conservación de poboacións ameazadas de procelariformes, nunha iniciativa financiada polo Parque Nacional, onde participan investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e máis da Universidade de Vigo. Este proxecto ten como obxectivo estudar o proceso de creación de colonias destas especies.

Unha ave descoñecida A pouca información que xira ao seu redor non é froito da casualidade, o que ocorre é que as pardelas cenicenta son moi gregarias e non

se asentan en sitios onde non haxa outras do seu igual. Pero ademais o que dificulta o seu estudo é a súa ubicación e a súa rutina. Estas aves fan os seus niños en pequenas covas debaixo das rochas, polo que o acceso ata elas vese moi reducido; ademais normalmente só están neles de noite. Por iso se considera que os individuos que protagonizan os raros eventos de fundación de novas colonias son moi importantes para supervivencia da especie. En relación ao seu estado de protección cabe destacar que a pardela soamente incuba un único ovo, e a maiores presenta a complicación dos depredadores que a acochan. O visón americano é un deles, e concretamente no Parque das Illas Atlánticas, ante esta problemática, construíuse uns cercados de protección para a pardela así como uns

niños artificiais para favorecer o seu asentamento. Con medidas como esta espérase por unha parte controlar ao visón americano; e pola outra facilitarlle o traballo a estes paxaros en perigo de extinción.

Características A colonia da pardela cincenta, (Calonectris diomedea) unha ave mariña ameazada, da orde das procelafiformes- parente próxima do albatros- prosegue a súa consolidación e crecemento no Parque das Illas Atlánticas de Galicia. Esta é unha boa nova para a labor de Conservación da Natureza que leva a cabo a Xunta de Galicia, xa que o feito de que unha ave ameazada aumente os seus lugares de cría, sempre é un dato positivo e aínda mellor, sabendo que o sitio escollido, foi este fogar da Natureza e da biosfera.

Roi Casal unha lufada de aire fresco no panorama actual da música galega MORRAZO TRIBUNA | Cangas | Roi Casal, artista da nova vangarda musical galega, actuaba xunto coa coa sua banda habitual, o venres 23 de Agosto, no recinto da Naves de Ojea con motivo do paso pola localidade da Volta Ciclista a España. Roi Casal e a súa banda chegaron a Cangas co seu traballo Máxicamente Vello, co que levan realizado unha xira de máis de 50 concertos por toda España e polo que foron galardoados en varias ocasións. “Este concerto de Cangas chegounos nun gran momento. Despos de 4 anos de xira, teño o pracer de contar cunha banda plenamente consolidada e para min foi un pracer expor en Cangas por primeira vez, o meu proxecto musical, ainda que eiquí xa tocara na miña etapa de Milladoiro” afirmaba Roi Casal despois da súa celebrada actuación. O cantante galego situaría en escea o espectáculo que o está a levar polas principais festas e celebracións durante o ano 2013. Así, afirmaba que “a nosa máxima é que o público desfrute durante unha hora e media. Temos un espectáculo inspirado na música tradicional pero inter-

pretado por unha formación eminentemente pop-rock, que se diferencia polos sons da arpa, a voz de Silvia Ferre e a potencia e caracter que lle imprimen a batería, as eléctricas ou os sintetizadores”. Roi Casal e a súa banda están considerados como unha das referencias da música actual feita en Galicia, e comparten cartel na xira deste ano con artistas como Chuchito Baldés (20 Xullo, Talavera de la Reina-Toledo-) ou Chenoa e Julieta Venegas (31 de Xullo, Festa do Albariño, Cambados) entre outros. O concerto de Cangas, que foi todo un éxito, estaba enmarcado dentro da programación asociada ao paso da Volta Ciclista a España polo concello de Cangas e estaba financiado pola Deputación de Pontevedra. A entrada foi de balde e o abarrote de público non é preciso que o refiramos. Nacido en 1980, Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo, que toca a arpa céltica, a zanfona, e o bouzouki. Formado co mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a

formar parte de Milladoiro, o grupo máis internacional da música galega, no ano 2000. Tras case unha década no grupo, no ano 2009 inicia a súa carreira en solitario coa publicación de Lendas douradas, disco galego máis vendido dese ano. En febreiro de 2011 publicou o seu segundo traballo, Maxicamente vello, no que de novo realiza unha interpretación da música galega desde unha visión contemporánea e co que leva a cabo unha importante xira de máis de trinta concertos e recibe varios galardóns.

Las navieras que van a Cíes tomaron, un verano más, el muelle de la marquesina, avasallando con esos confesionarios móviles que expenden billetes y atrancando el paso de los usuarios de los barcos en el camino hacia y desde los pantalanes. Se les consiente todo. La autoridad competente debería poner coto a demasiados desmanes, como lo que sucede con el servicio modelo cuando les conviene en la línea Vigo-Cangas.

Sobre atascos, variantes, transporte público y caos en O Morrazo LUIS ARTIME Ahora resulta que el Concello de Cangas solicita un convenio con la Xunta y Deputación para acelerar la construcción de la pretendida variante y atajar los atascos que un verano más asolaron al município. Desde el Concello se demanda una reunión a tres bandas para garantizar la mejora de viales internos y nuevas rutas en barco. Como hay caos en los actuales viales de Cangas y la cosa está que no se cabe... se busca que Xunta y Deputación pongan el cascabel al gato. Todo muy bien, pero habría que empezar por lo primero... Si en el puente más grande de Vigo : jueves, viernes, sábado y domingo, con buen tiempo y abarrote en las playas, el barquito de Mar de Ons que une cada media hora Cangas y Vigo, funciona con una especie de servicios mínimos en los 4 días... el resultado va a ser más coches, más atascos, más caos... Pues habrá que empezar por ahí. Por poner un servicio de barcos de verdad y como Dios manda. No el servicio que le conviene al empresario, sino el que necesita el usuario; que no estamos hablando de una churrería... Y si el señor de Mar de Ons hace lo que le viene en gana -y dice estar en su derecho de hacerlo- pues habrá de cambiarse la normativa para que caos como el de estos 4 días por vía marítima semi-incomunicados no vuelva a suceder. Y aquí paz y después gloria. Y habrá que poner pantalanes en las playas y llevar en barco hasta allí a cientos de personas que serán cientos de coches que no atravesarán O Morrazo. Y después, solo después de tener un transporte público alternativo y decente también por vía terrestre- es cuando habrá que promover esas reuniones con Xunta y Deputación para construir variantes y otras necesidades. Pero lo primero es el transporte público. Y ese, en O Morrazo, brilla por su ausencia. Y hora va siendo de meter en cintura a quien corresponda, que para ir con miles a las Cies pierden el trasero y más.

Edición número 21 - morrazo tribuna - El verano 2013 que se fue...

31


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.