Page 1

1

Campus eduEmprende Visita á Ulloa (Granxa Maruxa, Arqueixal, Ovos Pazo Vilane)

Cuestionario a empresas De seguido móstranse algúns exemplos de preguntas que vos poden guiar na elaboración do voso cuestionario, podedes utilizalas e engadir máis preguntas que vos parezan necesarias para realizar o voso análise:

Aspectos económicos/empresariais da empresa 1. Os comezos: como xurdiu a idea empresarial? 2. Cal é a imaxe que se quere transmitir da empresa? 3. Como comercializa os seus produtos? 4. Como se dá a coñecer a empresa? 5. Por que se elixiu esa localización? 6. Cal é a súa política de prezos? 7. Como se fai a distribución dos produtos? 8. Utilízase algunha ferramenta de promoción? 9. E algunha campaña publicitaria? 10. A que tipo de clientes se dirixen os produtos?


2

Aspectos Ambientais da empresa

1. Que materias primas necesita para realizar o seu produto ou servizo? 2. Onde consigue estas materias primas? De que maneira? 3. Consumo de auga: estableceu algunha medida para reducilo? 4. Consumo de enerxía: estableceu algunha medida para reducilo? 5. Utiliza substancias químicas artificiais á hora de elaborar o seu produto? Cre que podería substituílas por algunha natural? 6. Como xestiona os impactos negativos que xenera a súa actividade? 7. Residuos: cales son e como os xestiona? 8. Xeración de augas sucias: como as elimina? 9. Ten algúnha garantía de que a súa actividade segue uns principios respectuosos co medio ambiente? 10. O seu valor ambiental sírvelle para diferenciarse no mercado? Por que? 11. Proporciona a súa empresa información medioambiental clara e precisa sobre as súas actividades e/ou produtos ós seus clientes, provedores, comunidade local?


3

Aspectos sociais da empresa/igualdade/RSC

1. Compra produtos locais ou nútrese de servizos ofrecidos na súa comunidade local, do comercio xusto, etc.? 2. Á hora de realizar unha contratación, dá preferencia á xente que vive na súa localidade? 3. Ofrece oportunidades de formación a xente da empresa ou da comunidade local? 4. Participa en actividades sociais da súa comunidade local? 5. A súa política de empresa inclúe cuestións como a igualdade de xénero, capacidades especiais. etc? 6. Toma algunha medida para a conciliación da vida familiar e social dos seus traballadores ou de vostede mesmo? 7. Ofrece

algunha

mellora

ás

condicións

de

maternidade/paternidade

establecidas pola lei? 8. Analiza a satisfacción dos seus clientes? 9. E dos seus empregados? 10. Establece medidas que favorezan un entorno laboral saúdable?

Cuestionarios para as empresas: campus vivencial eduEmprende  

Cuestionarios modelo para preparar a visita ás empresas do Campus vivencial eduEmprende

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you