Issuu on Google+

Xuventude Crea 2014 A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o Programa Xuventude Crea nas especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, moda e deseño de xoias. Poderán participar mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2014. Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de xuño de 2014. Premios por cada unha das especialidades: – Un primeiro premio de 3.000 €. – Un segundo premio de 1.500 €. – Un terceiro premio de 1.000 €. As obras dos/as participantes premiados/as quedarán en posesión da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Teatro: Poderán concorrer grupos teatrais, non profesionais, compostos por mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2014. Admitirase que ata un 25% dos/as compoñentes do grupo supere os 30 anos ou teñan entre os 14 e 16 anos. Artes plásticas: Establécense as seguintes modalidades: pintura, escultura e fotografía. Música: Poderán concorrer solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea. Admitirase que ata un 25% dos/as compoñentes do grupo supere os 30 anos. Tamén poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos/as participantes que se presenten como solistas. Relato breve: As obras serán orixinais, inéditas e en galego. O tema será libre. As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 5 páxinas e máxima de 10, mecanografadas a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4, e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar. Poesía: As obras serán orixinais, inéditas e en galego. O tema e a técnica serán libres. As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 50 versos e máxima de 100, a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4 e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar.

1


Videocreación: As obras serán orixinais, inéditas e en galego. Quedan excluídas deste certame todas as obras que teñan concedidas axudas económicas da Administración autonómica para a súa realización, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes. O tema será libre, máis deberá dar prioridade aos contidos artísticos e culturais dunha maneira innovadora e experimental. Enténdese por experimental a obra que se sitúa fora dos códigos convencionais, que aposta por fórmulas audiovisuais onde se dá prioridade á subxectividade. Banda deseñada: As obras serán orixinais e inéditas. A temática será libre, con textos en galego. A técnica pode ser calquera, feita en branco e negro ou en cor. O formato deberá ser en DIN A-4 ou DIN A-3 e a extensión mínima terá que ser de 10 páxinas. En caso de que a obra fose feita en formato dixital, á parte dunha versión impresa deberá xuntarse un CD ou DVD cos arquivos orixinais. Cada obra deberá levar pseudónimo e título. Graffiti: As obras serán orixinais, inéditas e, de ter texto, este estará en galego. O tema e a técnica serán libres. Os traballos poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso poderán ter un máximo de 3 membros. Carteis: A participación será a título individual. As obras serán orixinais, inéditas e en galego. O tema do cartel será: "Conmemoración dos 800 anos de peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela". A técnica será libre dentro dos límites usuais, para permitir unha normal reprodución fotomecánica. As obras presentaranse en formato vertical cunhas dimensións de 50 × 70 cm, montadas en superficie ríxida (cartón pluma) que facilite a súa manipulación, e deberán estar feitas en formato dixital para poder facer as modificacións que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado considere oportunas. Presentaranse suficientemente protexidas e montadas sobre un soporte ríxido e desmontable que permita a súa perfecta exposición. Deseño de xoias: A colección debe ser orixinal e estará composta por 3 xoias. Xunto coa documentación indicada no artigo 4 desta disposición, e no mesmo sobre, os/as participantes presentarán: – Unha fotografía de cada unha das 3 xoias que poderán ser tanto para home como para muller. Moda: As coleccións deben ser orixinais. Os/as participantes presentarán: Unha colección coherente de 5 modelos de home ou muller. Terá que definir o tecido utilizado e os complementos para cada un dos modelos presentados. Presentaranse estes deseños en láminas de formato DIN A-3 (297 mm x 420 mm), con deseño de fronte e de costas. Ficha técnica da colección e mostras dos tecidos que se empregarán na súa confección. Máis información no DOG do 7 de maio de 2014 e en https://sede.xunta.es co procedemento BS310Q

2


CONVOCATORIA DE PREMIOS “SELO EUROPEO DAS LINGUAS 2014” O Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos, nunha iniciativa conxunta europea, convoca os premios SELO EUROPEO 2014 co obxecto de distinguir e difundir as iniciativas e mellores prácticas no eido do ensino de linguas, tanto a nivel local como nacional. Os centros, educativos e institucións, organismos ou asociacións que desenvolvan iniciativas innovadoras no ensino ou aprendizaxe de calquera lingua – incluída a de signos- poden optar na, modalidade A, a un dos tres premios en metálico ou un diploma acreditativo. Na modalidade B, as institucións poden propor para o premio a candidatura dun profesional que destaque na súa traxectoria no ensino de linguas. O prazo de presentación remata o 30 de maio de 2014. Na presente convocatoria a Comisión Europea establece as seguintes prioridades para o Selo Europeo 2014: 1. As linguas para favorecer a inclusión social 2. As linguas e o deporte.

As solicitudes presentaranse a través do rexistro da Consellería de Cultura, Educación e O.U, no enderezo: Dirección Xeral de Educación, F.P e Innovación Educativa Programas Europeos San Caetano s/n 15781 Santiago de Compostela As bases da convocatoria publicáronse no BOE do 23 de abril de 2014: http://www.boe.es/boe/dias/2014/04/23/pdfs/BOE-A-2014-4363.pdf Pode atopar máis información sobre o Selo Europeo das Linguas en: http://ec.europa.eu/languages/policy/strategic-framework/languagelabel_en.htm http://ec.europa.eu/education/language/label/label_public/index.cfm?lang=EN http://www.oapee.es/oapee/inicio/iniciativas/sello-europeo.html Enderezo electrónico de consulta: programas.europeos@edu.xunta.es


8º edición do Certame fotográfico Viaxando

DESTINATARIO E REQUISITOS : A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Porriño, convoca para este ano 2014 a 8º edición do Certame fotográfico Viaxando. O obxecto de dito certame é a promoción de actividades varias para mozos/as dentro dun traballo en rede que veñen realizando conxuntamente varias OMIX pertencentes á Rede Galega de Información Xuvenil de Galicia (O Porriño, A Guarda, Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda de Caselas, O Rosal) e o Espazo Xove de Tui. A temática das fotografías a presentar versará sobre calquera aspecto relacionado cas viaxes realizadas polos mozos/as participantes, primando a idea que emana do propio nome do concurso ”Viaxando”. Participarán en concurso único, mozos e mozas de entre 12 e 35 anos. Cada participante pode presentar unha única fotografía. As fotografías presentadas poderán ser en cor ou branco e negro, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 25x30, sempre pegadas sobre unha cartulina negra DIN A3. A fotografía deberá ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin recoñecida ou seleccionada noutros certames. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír terceiros. As fotografías presentadas nas que aparezan menores de idade concursarán baixo a responsabilidade do autor/a. A fotografía entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e o título de dita fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado co pseudónimo do autor/a escrito por fora e, no seu interior, os seguintes datos: o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia. As fotografías entregaranse nas instalacions das OMIX do Porriño, A Guarda, Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda de Caselas, O Rosal e no Espazo xove de Tui nos seús horarios de atención ó público.

PRAZOS: O prazo para presentar fotografías estará aberto ata o 15 de setembro do 2014.

PREMIOS: Concederase un único premio consistente nunha Tablet valorada en 236,85 €. Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición itinerante que percorrerá as OMIX e o Espazo Xove de Tui que forman parte deste traballo en rede, inaugurandose oficialmente no Concello do Porriño o luns 6 de outubro ás 20:00 horas.

Máis información nas OMIX de: O Porriño: 986 337 624 A Guarda: 986 614 546 Baiona: 986 356 282 Gondomar: 986 369 746 Tomiño: 986 622 001 Salceda de Caselas: 986 349 003 O Rosal: 986 625 000 Espazo Xove de Tui: 986 600 568


Proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca a proba de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente, e fagan dezanove anos no ano 2014, ás ensinanzas artísticas superiores de Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o curso 2014/15. Inscrición nas probas: A inscrición realizarse na secretaría dos seguintes centros educativos ata o día 30 de maio:

– Conservatorio Superior de Música da Coruña. – Conservatorio Superior de Música de Vigo. – Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. – Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela. – Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo. – Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense. – Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. – Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 30 de maio de 2014. A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño, ás 9.00, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Máis información no DOG do 30 de abril de 2014 e en http://www.edu.xunta.es


Visitas didácticas a Auga Doce na Cidade da Cultura Aula Gaiás convida a visitas didácticas á exposición Auga Doce para aproximarse á arte, á ciencia e á ecoloxía dunha forma lúdica e pedagóxica. Da man dunha mostra multidisciplinar con obras procedentes de museos e institucións de recoñecido prestixio como o MoMa, o Victoria and Albert, o Museo D’Orsay ou o Reina Sofía; a comunidade escolar poderá traballar contidos ambientais como o cambio climático ou a explotación dos recursos naturais; aproximarse a diferentes épocas históricas a través do No se puede mostrar la imagen. Puede que su equipo no tenga suficiente memoria para abrir la imagen o que ésta esté dañada. Reinicie el equipo y , a continuación, abra el archiv o de nuev o. Si sigue apareciendo la x roja, puede que tenga que borrar la imagen e insertarla de nuev o.

aproveitamento que as civilizacións fixeron da auga; ou abordar aspectos científicos como os fenómenos atmosféricos ou as prediccións meteorolóxicas. Todo partindo da ollada prestada de artistas como David Hockney, Gerhard Richter, John Constable ou Chema Madoz, no que será unha aproximación á arte clásica e contemporánea. As Visitas didácticas á exposición Auga Doce están dirixidas a grupos educativos desde Educación Infantil ata Bacharelato, con posibilidade de desenvolver contidos específicos para grupos de Educación Especial, Ciclos Formativos, Universidade e Aulas de Adultos. Actividades por tramos educativos:

Educación Infantil Educación Primaria Educación Secundaria Obrigatoria Bacharelato A exposición estará aberta ata o 12 de setembro. Máis información en www.cidadedacultura.org/gl/evento/visitas-didacticas-auga-doce


Campo de Traballo en Becerreá Luns, 05 Maio 2014 13:56

A Asociación "Castaño y Nogal" convoca un ano máis o seu Campo de Traballo Internacional A Asociación ten por obxecto promover o desenvolvemento rural sostible, conservar e protexer o patrimonio natural, así como a dinamización rural cultural da rexión de Becerreá, a través da recuperación e preservación de camiños histórico e antigos sendeiros para camiñar e a arquitectura rural que se descoidou durante moitos anos. Tipo de traballo: Obras de conservación e limpeza do sendeiro tradicional ao longo das beiras do río Donsal, traballando ao redor de 5 horas ao día, durante 5 días á semana. A tarefa inclúe a reconstrución dos antigos elementos arquitectónicos existentes ao longo do sendeiro, cortar maleza, reparar pequenas pontes de madeira, recoller o lixo, axudar a sinalizar o sendeiro de acordo á normativa internacional, retirada de herba, a limpeza do sendeiro, movendo pedras, cortando madeira. O traballo é de intensidade media

DESTINATARIO E REQUISITOS : A Comisión Organizadora deste Campo de Traballo Internacional terá como criterios básicos de selección dos voluntarios 2014, os seguintes: a) A motivación do solicitante, b) Un voluntario por país estranxeiro, c) Ter participado noutros campos de traballo, d) O interese e compromiso anterior co rural, e) A multiculturalidade do grupo, f) Configuración dun grupo mixto de rapaces e rapazas, g) Pago cota de 90 € esixida.

PRAZOS: A selección terá lugar en torno ao 12 ao 26 de maio, aproximadamente, que se comunicará aos preseleccionados por correo electrónico, que deberán confirmar a súa participación e pagamento cota selección e seguro de 90 euros antes do 2 de xuño de 2014. Os que non o fagan pasarase ao suplente respectivo. Os voluntarios queiran que que se inscriben eles para ser seleccionados e eventualmente participar neste Campo de Traballo Internacional deberán cumplimentar o ImpresoFormulario que está colgado na web da asociación, que deberán remitir, antes do 13 de maio de 2014, por unha destas dúas vías: por correo electrónico á dirección de contacto: contacto@asociacioncastanoynogal.com por correo postal á dirección que figura no Formulario Selección. Máis información en http://www.asociacioncastanoynogal.com/inicio.html


Apúntate á 1ª Carreira Camiño das Letras! Mercores, 30 Abril 2014 09:33

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, convócavos á I Carreira Camiño das Letras, o domingo 18 de maio de 2014, en Santiago de Compostela. A proba une o Día das Letras Galegas e o simbolismo do Camiño coa práctica do deporte. Todos os participantes que finalicen a proba recibirán un libro e o diploma Camiño das Letras. Hai categorías de menores e de maiores. Máis información


Concurso de Graffiti en Portomarín A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración co Concello de Portomarín (Lugo), co obxectivo de promover e dar participación aos creadores de graffitis como medio de expresión cultural e artística, convoca un concurso de graffiti. A intervención artística desenvolverase no citado concello, en pleno Camiño de Santiago, do 11 ao 17 de agosto de 2014. Participantes: Poderán participar no concurso mozos e mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre 15 a 35 anos. Non obstante, os /as menores de idade deberán contar coa autorización de pai/nai ou titor/a. Para os efectos do presente concurso, enténdese por profesional aquela persoa que mantén una relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada a esta especialidade levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dado/a de alta como autónomo/a nunha actividade que teña una relación directa coa citada especialidade. A participación poderá ser a título individual ou en grupo (ata un máximo de 3 compoñentes). Inscricións: A inscrición deberá facerse no impreso anexo e deberá ir acompañada de: 1. Un sobre pechado en cuxo exterior figurará exclusivamente e en letras maiúsculas, o título da obra e un lema ou un pseudónimo do autor ou da autora, que servirá para preservar a identidade do/a artista ou grupo ata o fallo do xurado. Dentro deste sobre pechado: Os datos do/a artista: nome, apelidos, copia do DNI, idade, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto. (No caso de que sexa un grupo serán os datos de todas as persoas que o compoñen). Unha declaración asinada indicando que o traballo é orixinal e inédito. No caso dos mozos e das mozas menores de idade, autorización do/a pai/nai ou titor/a legal para participar e autorización para que se lle poidan facer fotografías (no caso de ser gañador/a) durante o desenvolvemento do concurso, co obxecto de incorporalas á memoria da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. 2. Bosquexo da obra que se vai realizar en formato DIN-A3 (realizado a man e presentado a cor). No anverso figurará o título da obra e o lema ou pseudónimo. 3. Ficha técnica explicativa da obra e listado de cores e materiais a utilizar. 4. Fotografías de murais/graffitis realizados máis recentemente polo/a solicitante –en formato papel ou informáticoNa documentación presentada (agás o contido do sobre pechado) non se permitirá ningún tipo de alusión que permita identificar ao autor/a dos graffitis e será motivo de exclusión do concurso. De apreciarse defectos ou falta de documentación requirirase á persoa solicitante para que, no prazo de 10 días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa petición. Lugar e prazo de inscrición: As inscricións poderán presentarse do 19 de maio ao 30 de xuño de 2014. A documentación enviarase por correo postal: Concurso de graffiti 2014 Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado Edificio Adtvo. San Lázaro, s/n, 3º 15781 Santiago de Compostela Igualmente admitirase a entrega de documentación en calquera rexistro das administracións públicas, conforme ao establecido no artigo 38.4 da lei 30/92, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Condicións das obras: As obras serán orixinais, inéditas e, de ter algún texto, este estará en galego. O tema do graffiti será “O camiño de Santiago”. A técnica será libre. As obras presentadas non poderán ter sido premiadas noutros certames ou concursos no momento do remate de prazo de presentación de solicitudes. O Concello de Portomarín e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado quedarán eximidos de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente que en materia de propiedade intelectual puidesen incorrer os/as participantes. As obras premiadas pasarán a ser propiedade do Concello de Portomarín, que adquirirá sobre esta o dereito pleno á súa utilización,


reprodución e difusión. Premios: As persoas gañadoras, á parte da realización do seu graffiti, levarán: Primeiro premio: Estancia creativa do 11 ao 17 de agosto de 2014, no Albergue Xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín, en habitacións de uso múltiple, para a execución da obra nunha parede de 140 m2 (con material incluído). Así mesmo será membro do xurado da especialidade de graffiti do certame Xuventude Crea 2014, condición que terá carácter retribuído. Segundo premio: Estancia creativa do 11 ao 17 de agosto de 2014, no Albergue Xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín, en habitacións de uso múltiple, para a execución da obra nunha parede de 90 m2 (con material incluído). Estoxo de material de graffiti para uso persoal, por valor de 200 euros. Segundo a calidade das obras, os premios poderían ser declarados desertos ou compartidos. Neste último caso, a contía do premio que se repartirá será de xeito directamente proporcional ao número de obras premiadas Xurado A composición do xurado farase pública na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado http://xuventude.xunta.net O fallo do xurado será firme e inapelable e difundirase mediante unha nota nas ditas web, e comunicarase ás persoas premiadas mediante chamada telefónica ou mensaxe ao enderezo electrónico facilitado na solicitude. Realización do Graffiti: As persoas gañadoras do concurso serán requiridas para realizar os seus graffitis nas inmediacións do Albergue Xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín sobre a parede que este indique. Os/as graffiteiros/as reproducirán o bosquexo que presentaron coa ficha de inscrición. A data de realización será do 11 ao 17 de agosto de 2014. No caso de malas condicións meteorolóxicas, a organización resérvase o dereito a modificar a data. A selección realizarase tendo en conta, entre outros, os criterios de deseño, estrutura, tema e colorido (que deberán responder á maior calidade). Así mesmo, valorarase a sostibilidade do proxecto así como o seu impacto paisaxístico e urbanístico-ambiental. Será motivo de descualificación a realización dos graffitis fóra dos espazos e horarios asignados pola organización. Máis información nos teléfonos 981 541 689, 981 545 822, 981 545 937, 981 545 702 e no correo electrónico xuventude@xunta.es Ficha de inscrición Autorización paterna/materna/titor Autorización paterna/materna/titor/a para fotos


Cursos de idiomas no estranxeiro 2014 Queres aprender ou perfeccionar un idioma, coñecer novos países e culturas e sobre todo mellorar a túa formación de cara ao mundo laboral? A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas de A Rioxa, Andalucía, Canarias, Castela e León, Cidade Autónoma de Ceuta, Estremadura, Illas Baleares, Madrid, Murcia, Navarra e Valencia, pon en marcha o programa de Cursos de Idiomas no Estranxeiro 2014.

DESTINATARIO E REQUISITOS : Quen pode acceder a este programa? Todos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos(Consultar na guía as idades para cada escola). Os/as menores de idade deberán presentar unha autorización dos seus/súas pais/nais no momento de efectuar a reserva, sen prexuízo de cumprimentar posteriormente os documentos particulares que cada escola determine. Para os/as menores de 16 anos é obrigatorio contratar o servizo de transfer tanto de ida como de volta (servizo de recollida e desprazamento desde o aeroporto ata o aloxamento).

IDIOMAS OFERTADOS Inglés en Reino Unido, Irlanda, Australia, Canadá, EE UU, Malta, Nova Zelandia e Sudáfrica. Alemán en Alemaña e Austria. Francés en Francia. Italiano en Italia. Portugués en Portugal. Ruso en Rusia. Guía completa

PREZOS Os prezos varían en función do tipo de curso, número de leccións, réxime alimenticio, datas (tempada alta ou baixa), semanas de duración, tipo de aloxamento e outros servizos. Estes inclúen as clases do idioma elixido e o aloxamento (en familias, apartamentos ou residencias de estudantes). Non inclúen os gastos de viaxe ata o país de destino, gastos de transporte local, as actividades e excursións que sexan opcionais dentro dos programas de cada escola, nin os traslados. Os/as posuidores/as do Carné Xove terán un 6% de desconto sobre os prezos ofertados na Guía.

DATAS DE INICIO E DURACIÓN Normalmente os cursos comezan en luns, aínda que algunhas escolas establecen datas determinadas de inicio para os/as principiantes. O aloxamento farase de domingo a sábado, chegando un día antes do comezo do curso e marchando un día despois do remate, salvo que a escola estableza que o aloxamento sexa de sábado a sábado ou de domingo a domingo. A duración dos cursos é semanal (2, 3, 4 semanas…) e o número de leccións varía dun curso a outro (15, 20, 25 ou 30 lección semanas), así coma o horario.

ALOXAMENTO Ofrécense distintas opcións: familia, residencia, pisos de estudantes, etc. Cada organización indica o tipo de manutención que inclúe no seu programa (sen comidas, aloxamento e almorzo, media pensión ou pensión completa). As actividades socioculturais e as excursións non sempre están incluídas no prezo do curso.

PRAZOS: Hai que facer a solicitude como mínimo 15 días antes do comezo do curso, en tempada baixa (de xaneiro a maio e de outubro a decembro), e 30 días antes, en tempada alta (de xuño a setembro). Para os cursos en Estados Unidos e Canadá, 30 ou 60 días antes da data de comezo do curso, dependendo de si se necesita ou non visado de estudante.


CONDICIÓNS E FORMA DE PAGO No momento de solicitar a inscrición para un curso deberase aboar o 40% do seu importe. O 60% restante deberá aboarse, unha vez confirmada a reserva de praza por parte da escola. A reserva de praza non se considerará definitiva ata que non se reciba a confirmación por parte da escola. Unha vez a oficina confirme a praza ao/á estudante, este xa pode reservar os seus voos e demais transportes que necesite empregar e deberá facilitar os datos destes á oficina xestora para que sexan comunicados aos responsables da escola e do aloxamento. Antes do comezo do curso, entregarase ao/á estudante un certificado de inscrición, xunto coa documentación relativa a escola. Para máis información consulta as condicións xerais. ANTES DE SOLICITAR O TEU CURSO LE CON ANTECIÓN AS CONDICIÓNS XERAIS, nelas especifícanse aspectos tan importantes como son as recomendacións de viaxe, documentación, cambios e anulacións, aloxamento, etc.

CÓMO SOLICITAR UN CURSO? Chamando ao teléfono 981 544 840 ou ben enviando un correo electrónico (co asunto: cursos de idiomas no estranxeiro) ao seguinte enderezo: idiomas@xunta.es No correo deberá figurar a seguinte información (sen ela será imposible facer a consulta sobre a dispoñibilidade do curso que solicitas): Nome e apelidos Data de nacemento Teléfonos de contacto e enderezo electrónico Páxina da guía na que figura o curso que solicitas. Se son varios os cursos elixidos, deberás indicar a orde de preferencia. Idioma elixido e nivel País, cidade, escola elixida e tipo de curso (especificando leccións, horarios) Datas de inicio do curso e datas de aloxamento. Indicando as semanas de duración. Aloxamento, especificando o tipo de habitación e o réxime de manutención Transfer Carné Xove Unha vez confirmada a dispoñibilidade de prazas no curso solicitado, enviaranse a conta de correo electrónico facilitada polo/a interesado/a os impresos necesarios para facer a solicitude e o pago do curso.

ENLACES DE INTERESE: Se viaxas ao estranxeiro: http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/SiViajasAlExtranjero/Paginas/Inicio.aspx Recomendacións de viaxe: http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/SiViajasAlExtranjero/Paginas/RecomendacionesDeViaje.a spx Rexistro de viaxeiros: https://www.visatur.maec.es/viajeros/ Tarxeta sanitaria europea: http://www.segsocial.es/Internet_1/Trabajadores/PrestacionesPension10935/Asistenciasanitaria/DesplazamientosporE11566/TS


Imaxes con Fondo O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza o concurso “Imaxes con Fondo" O concurso de fotografía ‘Imaxes con Fondo’ é unha actividade de sensibilización que impulsa o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O certame está dirixido á cidadanía galega ou residente en Galicia a partir de 14 anos co obxectivo de promover a reflexión sobre a temática da solidariedade e a responsabilidade da nosa sociedade na construción dun contexto mundial máis xusto e equitativo.

Poderán presentarse tódalas persoas interesadas, de 14 anos en diante, de calquera nacionalidade e residentes ou con lugar de nacemento na Comunidade Autónoma de Galicia. Haberá dúas categorías: - Dos 14 aos 17 anos (ambos inclusive): categoría xuvenil - Dos 18 anos en adiante: categoría adultas/os Temática do concurso: Para a categoría xuvenil: A solidariedade dá sentido ás nosas vidas. As/os concursantes que entren dentro desta categoría fotografías:

deberán

achegar

a) Nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade b) Nas que se denuncie a falta de solidariedade na nosa sociedade Para a categoría adultas/os: Cambia, reivindica e constrúe. As/os concursantes desta categoría deberán achegar fotografías: a) Nas que se amosen como algunhas prácticas dos países desenvolvidos (tanto de persoas particulares coma de empresas e/ou gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do Sur de forma directa ou indirecta. Algúns exemplos poderían ser: explotación laboral, explotación sexual, comercio “inxusto”, malas prácticas empresariais, quecemento global, consumismo, guerras, sobreexplotación do medio ambiente, contaminación, etc. b) Nas que se amosen prácticas positivas dos países desenvolvidos (tanto de persoas particulares coma de empresas e/ou gobernos) que repercuten positivamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou indirecta Premios: Para a categoría xuvenil: 1º Premio: Cámara fotográfica valorada en 450€. Colección de libros do concurso de fotografía Revela, doados polo Concello de Oleiros, para o centro de ensino ao que pertenza. 2º Premio: Unha cesta de produtos de comercio xusto valorada en 150€. Colección de libros do concurso de fotografía Revela, doados polo Concello de Oleiros, para o centro de ensino ao que pertenza. 3º Premio: Un ciclo de cine sobre temática social por un importe de 60€. Colección de libros do concurso de fotografía Revela, doados polo Concello de Oleiros, para o centro de ensino ao que pertenza.


Para a categoría adultas/os: 1º Premio: Viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a Nicaragua, a xunto o noso parceiro, a ONGD INPRHU- Somoto, co que o Fondo Galego leva desenvolvidos numerosos proxectos de cooperación ao desenvolvemento desde o ano 2003. A viaxe ten como obxectivo o compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2015 e terá entre 15 días e un mes de duración. O uso de ditas fotografías quedará cedido ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que poderá empregalas para realizar calquera actividade sen fins lucrativos, citando sempre ao/á autor/a das obras. Tamén poderá difundilas polas súas canles de comunicación habituais (boletín, web). A persoa premiada asinará un documento de cesión de dereitos de reprodución das imaxes que debe achegar tras a viaxe, no que tamén se especificará a calidade e cantidade das mesmas. 2º Premio: Cesta de produtos de comercio xusto valorada en 150€ 3º Premio: Un ciclo de cine sobre temática social por un importe de 60€ As fotografías deberán ser presentadas en formato JPG, cunha resolución mínima de 300ppp. A imaxe poderá ocupar 5MB como máximo. Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías individuais. Admítense fotografías en cor e en branco e negro. Non se admitirán fotomontaxes ou fotografías retocadas dixitalmente, se ben serán admitidas as fotografías con axustes de brillo, contraste e cor empregados para mellorar a calidade da imaxe. Prazo: ata o 15 de novembro de 2014 poderanse entregar as obras no seguinte enderezo electrónico: imaxesconfondo@gmail.com Máis información en http://www.fondogalego.org


Inmersión Lingüística para 6º de primaria e 2º de ESO en otoño de 2014 O Ministerio de Educación convoca 106 axudas para grupos de alumnos de 6º curso de Educación Primaria e 104 axudas para grupos de alumnos de 2º ESO, para o desenvolvemento dun Programa de «Inmersión Lingüística» durante o outono de 2014. Os alumnos deben estar matriculados en centros sostidos con fondos públicos, e viaxarán acompañados por dous profesores: O seu profesor de inglés e outro profesor do centro cun coñecemento da lingua inglesa adecuado para participar nun programa de inmersión nesta lingua. Ambos os dous profesores responsabilizaranse, para todos os efectos, da axeitada participación do grupo na actividade. O centro formará un grupo de entre 20 e 25 alumnos de 6º curso de Educación Primaria ou de 2º curso diso. A actividade desenvolverase no primeiro trimestre do curso académico 2014-2015 en réxime de internado, en períodos semanais, de domingo pola tarde a sábado pola mañá, de acordo co seguinte calendario: - Primeira quenda: Do 28 setembro ao 4 de outubro. - Segunda quenda: Do 5 ao 11 de outubro. - Terceira quenda: Do 12 ao 18 de outubro. - Cuarta quenda: Do 19 ao 25 de outubro. - Quinta quenda: Do 26 de outubro ao 1 de novembro. - Sexta quenda: Do 2 ao 8 de novembro. - Sétima quenda: Do 9 ao 15 de novembro. O prazo de presentación de solicitudes estará aberta ata o 5 de xuño de 2014. Máis información no BOE do 19 de maio de 2014 e en www.educacion.es


XXVII Certame Mozos Investigadores O Instituto da Xuventude (INJUVE) convoca os premios do XXVII Certame "Mozos Investigadores" para 2014, dirixido a estudantes de Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato e Formación Profesional e membros de asociacións xuvenís. A finalidade deste certame é promover a investigación nos centros docentes e/ou asociacións xuvenís mediante a concesión de premios a traballos de investigación básica ou aplicada ou de deseño de prototipos, relacionados con calquera das áreas do currículo do Ensino Secundario Obrigatorio, o Bacharelato e a Formación Profesional. Requisitos: Non ter cumprido 21 anos a 30 de setembro de 2015 e ter máis de 14 anos a 1 de setembro de 2015, non ter completado máis dun ano de estudos universitarios no momento do Certame Europeo (setembro 2015) e ter desenvolvido o proxecto de investigación con anterioridade ao inicio dos seus estudos universitarios. Premios: a) Premio Especial do Certame Mozos Investigadores, de 6.000 €. b) Ata un máximo de oito primeiros premios, de 4.000 € cada un. Destes premios, cinco están destinados a premiar os mellores traballos das áreas de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias Físicas, Químicas e Matemáticas, Ciencias da Terra e da Vida e Tecnoloxía e Enxeñaría. c) Ata un máximo de oito segundos premios, de 3.000 € cada un. d) Ata un máximo de dez terceiros premios, de 2.000 € cada un. e) Ata un máximo de dez accésits, de 1.000 € cada un. f) Premio de 3.000 € á memoria mellor avaliada. g) Ata un máximo de tres premios aos autores de tres traballos, para que representen a España como participantes no Certame Europeo de Mozos Investigadores que se celebrará no ano 2015. Premios de entidades patrocinadoras: a) Un premio especial Universidade Politécnica de Madrid de 4.000 €, ao mellor traballo de investigación realizado nas áreas de Enxeñaría e Tecnoloxía. b) Un premio especial Universidad de Málaga de 3.000 €. c) Un premio especial Alan Turing de 3.000 €, dotado pola Sociedade Científica Informática de España e a Conferencia de Decanos e Directores de Enxeñaría Informática de España, destinado a un traballo destacado na área da Informática e disciplinas afíns. d) Un premio especial Fundación ONCE, dotado pola Fundación ONCE, ao mellor traballo de investigación en calquera ámbito e dirixido á mellora da calidade de vida de persoas con minusvalidez. e) Ata un máximo de oito premios, dotados polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para realizar unha estanza de dúas semanas de duración nos seus centros de investigación. f) Un premio especial Real Sociedade Española de Física consistente nunha estanza de dúas semanas de duración nun laboratorio da Facultade de Físicas da Universidade Complutense de Madrid, para o mellor traballo de investigación realizado nas áreas relacionadas coa Física. g)

Un

premio

especial

Fundación

REPSOL,

ao

mellor

traballo

de

investigación

en


Emprendimiento e Innovación, consistente nunha estanza nun Centro de Investigación da devandita fundación. Mencións de Honra: a) Ata tres Mencións de Honra aos profesores coordinadores cuxo labor de fomento e impulso da investigación entre os mozos fose apreciado como especialmente destacable polo xurado. b) Unha Mención de Honra ao centro docente ou asociación cuxo labor fose apreciado como especialmente destacable en prol do fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da xuventude. c) Unha Mención de Honra, á persoa ou institución que, a xuízo do Xurado, destacase nos labores de fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da xuventude. O prazo para a presentación será ata o 13 de maio de 2014. As persoas que desexen tomar parte neste certame deberán cubrir o formulario de forma telemática, a través da páxina

www.injuve.es Máis información no BOE do 23 de abril de 2014 e en www.injuve.es


Concurso urso de dese deseño do cartel da Campaña Libre 2014 da Dirección Xeral de Xuventude ventude e Voluntariado A campaña LIBRE ten como finalidade fin fomentar a condución segura e responsable respons entre mocidade galega así como omo as boas prácticas ao volante.

a

BASES A Consellería de Traballo llo e Benestar, Be a través da Dirección Xeral de Xuventud uventude e Voluntariado, con motivo da posta en n marcha march da campaña LIBRE, convoca un concurso curso co fin f de elaborar o cartel da dita campaña. PARTICIPANTES Poderán participar no concurso todas aquelas persoas de entre

18 a 30 anos, an ambas

inclusive, e residentes en Galicia. Galic TEMA A técnica será libre. As s obras deben d incluír obrigatoriamente a imaxe LIBRE (que ( se achega nesta convocatoria) e mailo te texto “ libre de alcol, libre de preocupacións.” Admitiranse traballos realizados realizado tanto de forma

individual como en n grupo.

CONDICIÓNS Cada autor/a ou autores/as es/as poderán po participar con dúas (2) obras orixinais, ixinais, inéditas in e en galego. A obra premiada pasará rá a ser propiedade da Dirección Xeral de Xuventude ntude e Voluntariado, que adquirirá sobre esta o dereito pleno á súa utilización, reprodución e difusión. ifusión. A citada dirección xeral al queda facultada para introducir algunha modificación ificación na obra premiada se existira algunha lgunha dificultade d técnica para a súa impresión ou para introducir algún texto ou logotipo que non figure figu inicialmente nestas bases. O cartel gañador será a imaxe da campaña LIBRE 2014 e poderá ser utilizado parcial ou totalmente para o seu deseño, páxina web ou calquera outra iniciativa a que considere co a organización.

DOCUMENTACIÓN As obras presentaranse e en formato for vertical cunhas dimensións de 50x70 x70 cm, montadas en superficie ríxida (cartón n pluma) pluma que facilite a súa manipulación, e deberán erán es estar feitas en formato dixital para poder er facer as modificacións que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado considere e oportunas. oportu En ningún caso poden levar nin o nome nin a sinatura.


Os/as artistas poderán confeccionar confecci as súas obras con liberdade de procedem rocedemento e cor. Todas as obras irán acompaña compañadas dos seguintes documentos: •Solicitude de inscrición scrición debidamente de cuberta. •Ao dorso de cada obra figurará figu un lema ou pseudónimo que servirá para

preservar a

identidade do/a artista tista ata o fallo do xurado. Este lema ou pseudónimo nimo aparecerá, ap en letras maiúsculas, no exterior exter dun sobre pechado aparte, sen facerr alusión ningunha que permita identificar ao autor/a, autor sendo causa de exclusión do concurso rso o incumprimento incu desta norma. •Dentro do sobre pechado echado irán os datos do/a artista: nome, apelidos, os, copia copi do DNI, idade, enderezo postal, enderezo nderezo electrónico, teléfono decontacto , unha ha declaración decla asinada indicando que o traballo ballo é orixinal e inédito, ficha explicativa e CD da obra. obra Se se apreciasen defectos s ou falta falt de documentación , por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, tariado, requirirase a persoa solicitante para que e no prazo pra de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación ción de que, se así non o fixese, se considerará ará desistida desist da súa petición. LUGAR E PRAZO DE ENTREGA GA O prazo de admisión das as obras rematará o día 14 de maio de 2014 e poderanse poderan enviar por correo postal a: Concurso deseño cartel el da campaña cam LIBRE 2014 Consellería de Traballo o e Benestar Bene Dirección Xeral de Xuventude entude e Voluntariado Edificio Administrativo San Lázaro, Láz s/n, 3º 15781 Santiago de Compostel mpostela Igualmente admitirase se a entrega entre da documentación en calquera rexistro, stro, en h horario de 9:00 h a 14:00 h, presentando o a solicitude solic de inscrición para o seu posterior selo de entrada. Calquera información sobre o concurso ou solicitude de presentación a este, pode p obterse mediante contacto coa Dirección Direcci Xeral de Xuventude e Voluntariado nos os teléfonos teléfo 981 541 689 e 981 545 822. A Dirección Xeral de Xuventud uventude e Voluntariado porá o máximo coidado o nas obras ob recibidas, pero declina toda responsabili onsabilidade de perdas, roturas, roubos, furtos s ou danos dano nas obras por razón de forza maior ou calquera calqu outra causa allea á súa vontade, tanto nto nos actos a de recepción e devolución n como durante d o tempo que estean baixo a súa custodia. custodi Unha vez recibidas as propostas propost e pechado o prazo de admisión, procederase cederase á súa valoración por un xurado responsable sable de resolver o concurso. XURADO A composición do xurado do farase pública na páxina web da Dirección Xeral eral de Xuventude e Voluntariado: xuventude.xun tude.xunta.es O fallo difundirase mediante diante unha u nota na citada web e por teléfono a partir d do día seguinte do fallo do concurso. PREMIO O/a autor/es/as da obra ra gañadora gañad recibirá como premio un iPod e será rá membro memb do xurado da especialidade de carteis is do certame cer Xuventude Crea 2014, condición que terá carácter retribuído.


FALLO Antes do fallo do xurado, do, a Dirección Dir Xeral de Xuventude e Voluntariado do poderá pode levar a cabo unha exposición dos traballos raballos presentados. O fallo do xurado será inapelable inapela e poderá ser declaro deserto se así o considera consid este

.

DEVOLUCIÓNS Para a devolución das obras obra non premiadas existirán dous procedementos mentos para ser retiradas: •persoalmente polo o seu autor/es/as au ou •mediante delegación, ción, por escrito, noutra persoa no lugar onde foron ron entregadas, entr no prazo de 30 días que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación ión do/a gañador/a na web da Dirección Xeral eral de Xuventude e Voluntariado. As obras non premiadas as que non n foron retiradas polos interesados no prazo establecido, e pasarán á libre disposición sición da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. riado. A participación neste concurso implica de forma reservas, das presentes es bases.

IMAXE LIBRE FORMULARIO DE INSCRICI SCRICIÓN

automática a plena a e total tota aceptación, sen


A Xuventude no mundo” edición 2014: intercambio xuvenil a Berlin - Alemaña “

No marco do programa “A Xuventude no mundo”, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar convoca un intercambio xuvenil á cidade de Berlín (Alemaña), enmarcado dentro das relacións bilaterais que mantén con distintas entidades noutros países. Obxectivos: facilitar o coñecemento doutras realidades sociocultural e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal. Realización de workshops sobre as eleccións europeas e o que traen para a sociedade. Localidade: Distrito de Reinickendorf - Berlin, (Casa da Xuventude Fuchsbau). Datas de realización do intercambio: do 20 ao 27 de xuño de 2014. Prazas: 5 ( acompañados/as dun coordinador) Destinatarios: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio e que non participaran nas últimas tres edicións de A Xuventude no Mundo. Prazo de inscrición: do 15 ao 20 de maio de 2014. Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude. Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación de confirmación da praza o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para o intercambio. Confirmada a praza nos 5 días (naturais) seguintes os/as seleccionadas deberán remitir ao correo electrónico mobilidadexuvenil@xunta.es, a seguinte documentación : - unha copia do billete de transporte adquirido para desprazarse ata a cidade do país do intercambio. Non é documento válido a reserva de voo. - unha copia da Tarxeta Sanitaria Europea, ou seguro de viaxe, de accidentes e de enfermidade. A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio. De darse baixas despois de ter sido adxudicadas as prazas, ofertaránselle aos seguintes da lista de espera, tendo que presentar estes o billete e a documentación nos 3 días (naturais) seguintes da comunicación. De ser o caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente a súa remisión á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a praza para o intercambio será anulada e considerada non adxudicada. Recibidos correctamente as copias dos documentos requiridos, posteriormente aos seleccionados seralles facilitado o nome do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro no lugar de celebración do intercambio. Realizaranse o intercambio se existe un mínimo da metade mais un das prazas convocadas para cada intercambio. Cobertura do intercambio: Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple. Trasporte no ámbito do intercambio. Actividades organizadas pola entidade de acollida. Será a cargo do/a participante: Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio A obtención da Tarxeta Sanitaria Europea, ou os gastos o seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade. Recomendación de aeroportos máis cercanos para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:

Aeropuerto de Berlín-Tegel (TXL) Aeropuerto de Berlín-Schönefeld (SXF) Aeropuerto de Berlín-Tempelhof (THF) Máis información: xuventude@xunta.es FORMULARIO DE INSCRICIÓN


Aloxamento nas residencias da Universidade de Santiago de Compostela A Universidade de Santiago de Compostela convoca prazas de aloxamento para o curso académico 2014-2015. O número total de prazas que se ofertan nesta convocatoria 2014-2015 é de 1071. O SUR

proporciona aloxamento ó estudiantado e demais

membros

da

comunidade

universitaria, así como a outras persoas que, aínda que non pertenzan a esta Universidade, participen nas actividades organizadas por ela. Para apoiar isto a Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua, no primeiro trimestre de cada curso académico, convoca e adxudica bolsas de colaboración (biblioteca, informática, socio-culturais, deportivas, etc.), ás que poden acceder residentes e colexiais.

Os prezos das habitacións son iguais en tódolos centros do SUR, en razón do tipo de habitación (individual ou dobre). As prazas de estudantes están subvencionadas en función da renda dispoñible do solicitante de acordo a cinco niveis. Para as rendas que sobrepasan determinado tope os prezos son sen subvención. Requisitos: estudantado de readmisión e de nova admisión de grao, de 1º, 2º Ciclo, de másteres universitarios oficiais, de programas de doutoramento, de cursos de posgrao propios, e investigadores en formación. Campus de Santiago de Compostela: Colexio Maior Fonseca. Tfno.: 881 814 376

Colexio Maior Rodríguez Cadarso. Tfno.: 881 814 354 Colexio Maior San Clemente. Tfno.: 881 814 312 Residencia Universitaria Burgo das Nacións. Tfno.: 881 811 952 Residencia Universitaria Monte da Condesa: Tfno.: 881 813 531 Campus de Lugo:

Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay. Tfno: 982 824 300/301/302 Prazos: Para os solicitantes de nova admisión: dende o día 1 ao 25 de xuño de 2014 ambos os dous inclusive. Para solicitantes de readmisión: ata o 31 de maio. Máis información no Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado, teléfono: 881 814 574 / 582

http://www.usc.es/sur


Correspondentes xuvenís