Issuu on Google+

 

Manel Fernández inaugura o campo de fútbol de Montecastelo 10/12/2013

 

  O colexio Montecastelo inaugurou o seu novo campo de fútbol o pasado día dous coa presenza do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e o presidente do Celta, Carlos Mouriño. É o primeiro centro escolar de Vigo que conta cun campo de fútbol 11 de herba artificial nas súas instalacións. Manel Fernández recordou os seus tempos de profesor e felicitou o Colexio pola súa aposta por unha educación non só académica senón tamén deportiva e agradeceu o labor formativo tan importante que Montecastelo está a facer na cidade. Tras estas palabras, procedeuse á bendición do terreo de xogo polo capelán do Colexio. E procedeuse ao saque de honra, que realizou o Presidente do Celta. Foi entón cando os xogadores do Real Club Celta, Augusto, Khron Dehli e os exceltistas Gudelj e Yago non pararon de asinar autógrafos: folios, botas de fútbol, camisetas, ... todo era bo para ter un recordo dos seus ídolos. A presentación rematou cun partido amigable de fútbol entre o equipo cadete e os profesores do Colexio.  


Manel Fernández inaugura o campo de fútbol de Montecastelo