Issuu on Google+


O magosto tradicional enténdese coma unha merenda, a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro, entorno a data do San Martiño. Encéndese o lume, ata facer brasas, enriba delas póñense as grellas ou tambores furados, dándolles voltas cun pau ata que estean ben asadas. Mentres tanto, os demáis participantes da festa, buscaban un sitio axeitado para comelas. A festa non sería tal sen contar coas actividades recreativas previstas para os nen@s. Este ano celebraremos a V edición do CROSS SAN MARTIÑO.

HORARIO 9:30 a 10. Infantil. C. da Victoria. 10 a 12 . Cross Primaria. 12 a 13. Cross Secundaria.

EXPOSICIÓN DE CESTAS DE FROITOS DO OUTONO Esta exposición é un clásico no noso centro. Cada clase pode presentar unha cesta a concurso. Cabazos, mazás, castañas, ourizos…. Enchen o corredor de entrada do edificio central. Este ano teremos tamén unha exposición sobre a castaña, situada na entrada do edificio central. As exposicións terémolas montadas, alomenos 15 días, para que todos vós poidades visitala.


A castaña A castaña é un dos alimentos mais antigos da Humanidade. Dende o Paleolítico o home aproveitou e alimentouse de castañas e landras.

Importancia da castaña na nosa dieta. A castaña é rica en vitaminas, mesmo asada non perde a súa riqueza en vitamina C, ten máis cantidade desta vitamina que a maioría das froitas e verduras. Tamén é rica en potasio, ferro cobre, iodo fósforo e calcio. Poden comerse preparadas de moitas maneiras: coma primeiro prato, acompañando a outras comidas, en sobremesas. Na actualidade as castañas galegas expórtanse a moitos países.

Tarta de castañas Ingredientes: • 500grs de castañas • 400grs fariña de trigo • 6 ovos • 300grs de azucre • 2 culleradas azucre • 2 culleradas levadura • raiadura de limón

Preparación: Bater os ovos co azucre e a raiadura de limón. Engadir a fariña coa levadura. Despois agregar as castañas moídas e mezclar todo ben. Untar un molde con margarina, botar a mezcla e meter no forno durante 30 minutos a 150º.


OS NOSOS DEBUXOS DO MAGOSTO 1º Primaria. Os castiñeiros do souto teñen moitas castañas.

David Prado Romero

Daniela Cartea Rivas

2º Primaria. Entre todos apañamos moitas para facer o magosto.

Adrián Rodríguez Frunhinsfeld

Hugo Cea Mariño

3º Primaria. Asarémolas todas e comerémolas. Estarán riquísimas!.

Ariadna López Seijo

Sandra Noya Vázquez

4º Primaria. Tamén faremos xogos populares ou o Cross do San Marti-

Xuría Mosquera González

Yalila Vázquez Gordedo


FOLLETO MAGOSTO 2010