Page 1

3

O EXERCICIO FÍSICO E A SAÚDE.

Enténdese por saúde, en termos xerais, o funcionamento normal do organismo e a ausencia de calquera enfermidade. O concepto de saúde, segundo A Organización Mundial da Saúde, vai máis alá da mera ausencia de enfermidades, xa que considera aquela como un estado completo de benestar físico, mental e social. Existen determinados factores que contribúen a manter ou mellora-lo noso estado de saúde; estes son principalmente o exercicio físico, a actitude postural axeitada, a dieta equilibrada, a ausencia de hábitos prexudiciais para a saúde como o tabaco e o alcohol... Hábitos beneficiosos para a saúde  Exercicio físico A actividade física e o deporte teñen a vantaxe de estar ó alcance de calquera economía. Aínda que non todo o mundo poida ir esquiar tódalas fins de semana ou navegar a vela, ¿quen non pode saír correr un pouco ou xogar un partido cos amigos?. Vivimos nunha sociedade na cal, cada vez, temos máis tempo libre e de lecer, pero este utilizámolo en ver a televisión, xogar coa videoconsola..., o cal nos leva irremediablemente ó SEDENTARISMO. Podemos definilo como a maneira de vivir na que a actividade física realizada é mínima ou practicamente nula. Polo tanto, é necesario e imprescindible buscar unha alternativa ¿Cal? Está claro, a realización de exercicio físico, posto que supón un nivel de actividade bastante superior ó da vida sedentaria. Tamén podemos atoparnos casos de persoas que, sen practicar unha actividade física e deportiva, teñen unha boa condición física: un encargado de mercadorías, un traballador do campo, un bombeiro, un carteiro ou un repartidor de butano, son claros exemplos disto. O exercicio físico contribúe ao mantemento e/ou mellora do estado de saúde, fundamentalmente dende un punto de vista preventivo.  A ocupación do tempo libre. Aínda que na sociedade actual se fixo moi popular a práctica de diversas actividades físicas e deportivas, moitos dos xoves da túa idade dedican cada vez máis tempo a actividades pasivas, onde a participación se reduce a ser meros espectadores. Isto ten consecuencias negativas para á saúde, pois o corpo necesita un mínimo de actividade física diaria para manterse en forma. Un exercicio axeitado axuda a conseguir un corpo máis acorde cos nosos desexos. É evidente que non conseguiremos medrar dez centímetros, nin adozar as nosas faccións, pero si poderemos perder graxa superflua e flaccidez, corrixir posturas defectuosas, variar o volume muscular e adquirir soltura de movemento.Isto pode influír notablemente no noso aspecto, pero aínda máis no noso comportamento. A ocupación do tempo libre realizando unha actividade física máis intensa e distinta que durante as horas de traballo provocará por si mesmo unha mellora no noso organismo e no noso estado de ánimo.

Páxina 1


 A condición física. O exercicio físico inflúe decisivamente sobre o noso organismo, provocando modificacións positivas nos distintos sistemas orgánicos: - O SISTEMA CARDIOVASCULAR: Mellora a presión sanguínea (permite que o corazón bombee máis sangue, polo que a frecuencia cardíaca diminúe mellorando a osixenación), permite o engrosamento das paredes do corazón, diminúe os problemas do corazón e do sistema circulatorio (por exemplo, os infartos). - O SISTEMA RESPIRATORIO: Mellora a capacidade respiratoria, conseguindo desta maneira unha maior cantidade de osíxeno. - O APARELLO LOCOMOTOR: Axuda ó crecemento de ósos e músculos, mellora a mobilidade articular, así como a forza dos ligamentos e ósos. - O SISTEMA NERVIOSO: Eleva os niveis de reacción e de coordinación dos movementos, debido a unha mellora da capacidade de atención e dos reflexos.  A relación social. En xeral, gracias á práctica do exercicio físico, coñecemos novas persoas, xorden novas amizades, que en moitas ocasións chegan a converterse nos nosos mellores amigos.  A imaxe corporal. É moi habitual non estar de acordo co corpo que temos, o que nos leva a practicar unha serie de actividades coa fin de transformar a nosa figura no ideal que buscamos. A preocupación pola nosa imaxe estase convertendo, cada día máis, nun dos factores que inflúen decisivamente na nosa forma de ser e de vivir. Polo tanto a inluencia do exercicio sobre a saúde é altamente significativa, non só a nivel físico, senón tamén a nivel psíquico. É importante que non esquezas os beneficios da actividade física, a súa práctica repercutirá positivamente na túa saúde. Debes considerar o exercicio físico como un hábito, como unha práctica constante que che permite manter a vitalidade e a enerxía.

¿?

¿Qué é a saúde?

Hábitos beneficiosos e prexudiciais para a saúde

Define sedentarismo

¿Qué alternativas sedentaria?

Traballo en grupos de catro: Conseguide recortes de revistas onde se poña de manifesto os distintos obxectivos da práctica de actividade física (ocupación do tempo libre, mellora da condición física, relación social, mellora da imaxe corporal).

se

Páxina 2

che

ocorren

a

unha

vida


A alimentación equilibrada En certa medida somos o resultado do que comemos. Estás nunha idade na cal se está producindo un rápido crecemento. Para que este crecemento sexa adecuado debemos controlar a nosa alimentación, xa que son os alimentos os encargados de aportar a “materia prima” para construír e manter o noso corpo. Se non comes adecuadamente, o teu crecemento non poderá ser completo. Por conseguinte, é moi importante incluír na nosa dieta diaria os alimentos necesarios para realizar ditas funcións. Por outro lado, os alimentos tamén aportan a enerxía necesaria para que o noso corpo funcione, se mova; de feito, esta é a idade do máximo exercicio; os rapaces e rapazas a esta idade non parades en todo o día: corredes, xogades, practicades todo tipo de deportes, gastando con iso moita enerxía, a cal tamén procede da alimentación. Por isto, esta debe ser completa e equilibrada. Parece razoable pensar, tras o dito ata agora, que a nutrición desempeña un papel importante á hora da práctica física e deportiva. Pero.........¿Que é comer ben?. Fundamentalmente comer de todo nas proporcións adecuadas. Non debe faltarnos ningunha das “materias primas” (nutrientes esenciais). Así acádase o que denominamos unha dieta equilibrada. Os grupos de nutrientes esenciais e os alimentos que os conteñen son: 

GRAXAS

HIDRATOS DE CARBONO

PROTEINAS

AUGA E SALES MINERALES

VITAMINAS

As dietas pouco equilibradas poden provocar certas carencias nutricionais e estas, dar lugar a trastornos e mesmo enfermidades. Se comemos máis do que necesitamos, o noso corpo almacena o que sobra, producíndose un aumento de peso que, cando é excesivo, se converte en obesidade. Normalmente co que comes no almorzo, xantar e cea, se é variado e contén o aporte necesario de nutrientes fundamentais, tes suficiente para cubrir as túas necesidades. A continuación, tes unhas pautas para conseguir unha dieta equilibrada e nutritiva, tendo en conta que estás crecendo e realizando gran cantidade de actividade. Estas dúas características fan que as túas necesidades enerxéticas sexan maiores:

Páxina 3


   

¿?

O almorzo é de gran importancia, sobre todo, se tes clase de educación física ou vas a realizar algún deporte, posto que é o primeiro elemento do día. O xantar repón as enerxías gastadas pola mañá e compleméntase cunha merenda a media tarde. Procura que as ceas nunca sexan moi copiosas e nunca te deites inmediatamente despois de cear. É bo que respectes algunhas regras con respecto ós alimentos e á dixestión. - Come a modo e mastiga adecuadamente. Ademáis, cada comida non debe ser unha enchenta porque non é san que te quedes coa sensación de “estar cheo”. - Comer gran variedade de alimentos. - Respecta o equlibrio entre hidratos de carbono, lípidos e proteinas. - Debes comer peixe en abundancia e non abusar do consumo de ovos. - Procura comer moita froita e verdura, a ser posible fresca. - Bebe auga en abundancia. - Ten coidado coas lambetadas, os bolos e os pasteis. - Non consumas ningunha bebida alcohólica e modera o teu consumo de bebidas azucradas e con gas. - Antes de facer exercicio físico, é bo que teñan pasado ó menos dúas horas desde a túa última comida, e que esta fora rica en hidratos de carbono. - Da mesma forma, non debes comer inmediatamente despois dun exercicio, pero si deberás beber líquido para repoñer o que perdiches durante a actividade a trávés da suor.

Nomea distintos alimentos. Clasificaos nos distintos grupos de nutrientes (Hidratos de carbono, proteinas, graxas, vitaminas, sales minerales e auga).

¿Que é comer ben?. ¿De que se encargan os alimentos?.

Lee atentamente as regras básicas. ¿Cales cumpres? ¿cales non?. ¿Por que?.

Páxina 4

Hábitos beneficiosos e prexudiciais para á saúde  

Páxina 1 ¿?  A imaxe corporal. É moi habitual non estar de acordo co corpo que temos, o que nos leva a practicar unha serie de actividades...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you