Page 1

1


En anos pasados estivemos a elaborar unha revista escolar. Debido á grande cantidade de proxectos que estes últimos anos levamos a cabo, deixámolo un pouco a un lado. Nembargantes, conscientes da importante ferramenta deste para propiciar a cooperación, comunicación, liderazgo e sobre todo o traballo en equipo, retomámolo este ano.

A revista escolar permite aos nosos nenos e nenas participar dando a coñecer as súas propias creacións, ideas, desexos e sentimentos. É unha forma de xerar a través da reflexión unha construcción dos propios coñecementos.

A revista fomenta a escritura e, por suposto, a lectura; é, do mesmo xeito, unha maneira de vincular o colexio coa comunidade educativa.

A revista escolar é, a fin de contas, un xeito de fomentar valores como a amizade, solidariedade e cooperación entre os nenos e nenas, que é unha finalidade do centro “educar en valores”.

Nel atoparedes unha mostra dos traballos levados a cabo no presente curso. Agardamos que sexa do voso interese.

Remato expresando o meu agradecemento aos nenos e nenas participantes, e como non pode ser doutro xeito, aos profesores e a coordinadora do proxecto.

Áurea González Francisco Directora do CEIP PlurilingüeCalvo Sotelo .

2


O Magosto…………………………………………………………páx.4 Día da Ciencia…………………………………………………….páx.5 Postais de Nadal………………………………………………….páx.6 Festival de Nadal……………………………...………………….páx.7 Día de Rosalía…………………………………………………….páx.9 Día da Paz………………………….………………...…………...páx.11 Entroido…………………………………………………………….páx.12 Letras Galegas…………………….………………………...…...páx.13 Contacontos………………………..……………………………..páx.15 Exposición musical. “Recicling”…………………………………páx.16 Música na escola porque… …………………………………....páx.18 Música para que?....................................................................páx.19 Exposición musical: “Se chove, que chova”…...……………...páx.20 O mundo dos selos…………………………………………...….páx.22 Deporte escolar...………………………………………………...páx.24 Este ano visitáronnos… ……..………………………………...páx.28 Pasatempos……………………………………………………….páx.30

3


Para festexar unha das nosas festas máis tradicionais e ensalzar á sua protagonista, a castaña, os alumnos trouxeron receitas moi saborosas que de seguro van conseguir que se vos faga a boca auga.

4


O pasado 12 de novembro, o terceiro ciclo do noso centro participou, xunto cuns cen centros de toda Galicia, nunha videoconferencia impartida pola profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Marilar Aleixandre e que levaba por título ”Benqueridos insectos”.

Ao remate da mesma os alumnos puideron plantexarlle as dúbidas que lles xurdiron.

5


Como cada ano, convocouse o concurso de postais de Nadal. A postal elexida serviu para felicitar as familias do ciclo. Este ano, estas foron as elexidas :

Resultou moi difícil facer a elección, todas teñen algo: unhas son moi orixinais, outras son moi coloridas, as mais delas con mensaxes que nos desexan o mellor nesas datas tan especiais, e todas, todas elas feitas con moito cariño. Xulgade vós mesmos:

6


Outro ano mĂĄis, o Festival de Nadal serviu para que os nosos alumnos mostrasen que son uns verdadeiros artistas. Foi unha oportunidade para disfrutar de obras de teatro, panxoliĂąas, bailes, e ata dun desfile de moda para axudarnos a estar ben elegantes de cara a un-

7


8


Con motivo do “50 aniversario” da morte de Rosalia de Castro, o noso colexio fíxolle unha pequena homenaxe a esta poeta galega. Para conmemoralo traballamos coas súas poesías. Os nenos/as fixeron murais relacionados coa temática das poesías para posteriormente expoñelas a toda a comunidade educativa.

9


10


Todos os días o colexio é un instrumento de paz e entendemento entre as persoas que formamos a comunidade educativa. E como todos os anos o 30 de xaneiro contribuímos na concienciación dun mundo mellor, un mundo mais xusto e mais humano que permita que todos os individuos teñan as mesmas oportunidades. O noso lema este ano " PARAUGAS POLA PAZ" plasmouse nun montón de paraugas que se decoraron en todas as aulas e se expuxeron polos corredores dos tres edificios. Abriuse o acto coa lectura dun manifesto e rematamos bailando a canción "SEGUIREMOS" de Macaco.

11


Durante o mes de marzo festexamos a semana do Entroido. De luns a xoves seguimos as ordes do Meco para ir completando, pouco a pouco, o noso disfraz: o luns, algo para a cabeza; o martes: cabeza e pescozo; mĂŠrcores: algo na cabeza, no pescozo e no tronco; o xoves: cabeza, pescozo, tronco e pĂŠs. O venres,grandes e pequenos lucimos os nosos mellores disfraces durante o desfile co que se pechou unha samana adicada a unha festa que vivimos con tanta intensidade.

12


Como vén sendo habitual no CEIP Clavo Sotelo, os seus alumnos realizaron actividades para conmemorar o día das Letras Galegas. Unha das actividades máis salientables son os murais que están expostos nos corredores do colexio. Constan de varios apartados, dende a procedencia do homenaxeado ata as súas principais obras, facendo tamén un repaso pola súa formación.

13


Queremos dende o xornal facer unha pequena homenaxe Xosé María Díaz Castro, poeta escollido no presente ano. Díaz Castro (1914 - 1989), é orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo). Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico. Obras realizadas Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955). Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.

“Herba pequerrechiña que con medo sorrís ó sol que vai nacendo e morrendo sen ti, ¿por que de ser pequena te me avergonzas ti? ¡O Universo sería máis pequeno sen ti!”

14


Os rapaces e rapazas disfrutaron de varios “contacontos” ao longo do curso. Visitounos Iago López Santos e contounos o fantástico conto “O APRENDIZ DE HOME DO SACO” promocionado pola editorial Anaya.

Da editorial Hércules tivemos a honra de escoitar a historia de Gloria Fuertes

15


EXPOSICIÓN MUSICAL - “RECICLING”

Este ano académico quería que o meu alumnado de 6º de Educación Musical realizase un instrumento musical con material reciclado e que producise algún son ou incluso, as notas musicais. Pero, como motival@s???. Esa era a miña dúbida!!!??? A idea estaba na miña na cabeza pero faltábame o elemento motivador para que o resultado fose óptimo e nese momento apareceu Laura, una ex-alumna do meu anterior colexio que me enviou por WhatsApp, dous enlaces claves para que se me prendera o foco dunha clase motivadora para acadar o meu obxectivo que paso a amosarvos.

“RECICLING” – EDUCACIÓN MUSICAL 6ºA

16


“RECICLING”

– EDUCACIÓN MUSICAL 6ºB

“RECICLING” – EDUCACIÓN MUSICAL 6ºC

PROBA SUPERADÍSIMA POLO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN MUSICAL!!!! MOITAS GRAZAS LAURA POLA TÚA COLABOARACIÓN!!! Ceci´14

17


MÚSICA NA ESCOLA PORQUE…

  

é unha linguaxe universal e forma parte do noso patrimonio cultural. favorece a súa compresión e valoración. axúdanos a expresar os nosos sentimentos e emocións, tanto individuais como dos diferentes colectivos ós que pertencemos.

      

axuda a comprender mellor as matemáticas. mellora a compresión e o emprego da linguaxe. aumenta a coordinación motora e a expresión corporal. estimula a sensibilidade, a imaxinación e a creatividade. aumenta a atención, a concentración e a memoria. favorece a interacción entre si e cos adultos. é matemáticas, lingua, coñecemento do medio, educación física e educación artística nunha soa materia educativa.

En definitiva, a Música é unha materia fundamental na escola porque estimula o desenvolvemento integral do noso alumnado ó actuar sobre todas as áreas do desenvolvemento e forma parte da nosa cultura e de cada un de nós.

18


Resultou moi difícil facer a elección, todas teñen as mais delas con mensaxes que nos desexan o mello con moito cariño.

19


EXPOSICIÓN MUSICAL - “SE CHOVE, QUE CHOVA”

Este ano académico o meu alumnado de 4º de Educación Musical realizou un instrumento musical con material reciclado, o PAU DE CHOIVA, así que pensei que o mellor título para a exposición era:

“SE CHOVE, QUE CHOVA”

“SE CHOVE, QUE CHOVA” – EDUCACIÓN MUSICAL 4ºA

20


“SE CHOVE, QUE CHOVA” – EDUCACIÓN MUSICAL 4ºB

“SE CHOVE, QUE CHOVA” – EDUCACIÓN MUSICAL 4ºC

21


O día 19 de marzo ás 11 da mañá celebramos un Acto de Inauguración ao que asistiron varias personalidades, entre outros: 

D. Manuel Corredoira. Director Xeral de Educación

D. Argimiro Marnotes. Alcalde de O Carballiño.

Dna. Mercedes Gallego. Xefa Territorial de Ourense.

D. Ángel Pérez. Director de Zona de Correos.

D. Juan Carlos Blanco. Representante da F.E.S.O.F.I

Tamén nos acompañaron directores doutros Centros Educativos da Comarca, representantes de Asociacións Culturais, Membros do Consello Escolar do Centro, da Asociación Filatélica Miño e de Correos. Un monitor nacional de filatelia da Comisión de Xuventude da Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI) visitou o CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo no seu edificio de A UCEIRA para unha actividade pedagóxica patrocinada por Correos: a exposición Escolar titulada “EL MUNDO DE LOS SELLOS" tivo lugar entre os días 17 ao 21 de MARZO de 2014 no Salón de Actos do Centro. Esta actividade tivo como obxectivo mostrar a historia do correo dende o seu nacemento ata a nosa época, coa axuda dun audiovisual e uns expositores, para recuperar a correspondencia epistolar e ensinarlles a preparar correctamente os sobres para o seu envío por vía postal. A programación foi a seguinte: Luns, a primera hora, chegada e montaxe dos expositores. A Exposición componse dun máximo de 10 paneiss a 2 caras e acompáñanse por dous pupitres de metacrilato á altura dos máis pequenos e cartelóns informativos. O Centro programou para o día 19 de marzo ás 11:00 da mañá un acto de Presentación e Inauguración A tarde do mércores 19 foi “Día de Portas Abertas” para que todos os sectores da Comunidade Educativa e da localidade puidesen coñecer o programa e a Exposición patrocinada por Correos. Finalmente, e dadas as características propias do Centro, realizaronse actividades simultáneas nos edificios do “Campo da Feira” e “Calvo Sotelo”, ademáis das programadas na Uceira, que acolleu a exposición. Como agradecemento ao acollemento á “Sociedade Filatélica de España”, puxo en circulación selos coa imaxe do colexio. 22


23


Este curso os nenos e nenas do colexio Calvo Sotelo participamos nas seguintes actividades deportivas organizadas pola AGRUPACIÓN DEPORTIVA ARENTEIRO enmarcadas dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia. CAMPO A TRAVÉS. O mércores 18 de febrero celebrouse a final comarcal da proba de campo a través no “Puzo do Lago” de Maside. Na proba participaron case a totalidade dos centros educativos da comarca do Carballiño.

24


BÁDMINTON. O martes 11 de marzo levouse a cabo a final comarcal de bádminton nas instalación do IES nº 1 do Carballiño. O noso centro levou una numerosa representación acadando uns resultados excelentes. Noraboa.

25


FÚTBOL SALA O mércores 26 de marzo celebramos a concentración de fútbol sala no pavillón de Amoeiro, foi una xornada moi intensa na que nenos e nenas, ademáis de disfrutar, fixeron una importante actividade física. O noso colexio acudiu con varios equipos logrando vencer na maioría de categorías.

MINIBALONMÁN. O mércores 30 de abril acudimos a participar no campeonato de minibalonmán realizado no pavillón ” Paco Chao” de O Carballiño.

26


XOGANDO Ó ATLETISMO. O mércores 21 de maio participamos no pavillón “Paco Chao” nesta bonita actividade deportiva cun equipo mixto de 5º e 6º.

TAEKWONDO Do 25 ó 31 de marzo tiveron lugar no centro unas xornadas de taekwondo con monitores da Federación Galega deste deporte para alumnos de 3º a 6º de Primaria. A actividade consistiu na presentación dun video e a continuación una clase clase práctica.

27


“O venres veu a nosa clase Isaac Alonso Estraviz ,contounos sobre a súa vida o que lle había pasado e tamén falounos do seu dicionario que ten 148.000 entradas mais ou menos .Estraviz é un home que aos 89 anos recen cumpridos segue tendo moita enerxía e segue disfruatando da súa vida como calquera de nos “. Lola Rodríguez Campos. Este venres apareceu na nosa clase un señor maior,pero capaz de facer calquera cousa.Chamábase ESTRAVIZ.Contounos moitisimas cousas sobre él.Ao chegar a clase empezou a brincar e todos empezamos a rir...jijijiji.Nós dixo,tamén, porque falaba tanto de Portugal...Pareceume unha persoa totalmente impresionante,e que ten moito que contar da súa increible vida.Por iso xa ten un libro titulado:”CONVERSAS CON ESTRAVIZ”no que conta a súa vida. Rebeca Romero López.

Isaac Alonso Estraviz. Estraviz é unha persoa increible ten setenta e nove anos ten unha enerxía que nunca se acaba. O vernes pasado veu a nosa clase e é increible, ao marchar da nosa clase xa foi directo a Portugal. En internet hai unha mentira que é que a letra C do seu dicionario ocupa tres tomos e iso é un erro. Ten 150.000 entradas. Ten un dicionario famoso de galego_portugués que o noso profesor Jose Luis descubriu duas palabras que non aparecían que se chamaban mirrocho e colportor. A Estraviz non o coñece moita xente e é unha pena porque no ano que naceu el non se podía falar galego e el mesmo pasou o libro de Os Salmos a galego traducido do Latín. Paseino moi ben e quero mandarlle bicos e parabéns. Parabéns Estraviz.. Manuel González Mosquera.

28


Onte dia 26 de maio veu "Chisco"(Francisco Jose Fernandez Naval) ao noso colexio,Chisco é moi divertido.Contóunos que cando naceu pesaba 5 kilos e pico e por iso chamábanlle "Cachalote".E na secundaria chamaronlle “Chisco” porque así chamábase un profesor de el, e desde entonces os amigos chámanlle “Chisco”.Cando el era pequeno pensou que todos os escritores estaban mortos,pero non era así. Empezou a escribir dende pequeno, pero diuse conta de que escribir era importante e que lle gustaba, enton xa tiña 16 anos.Agora na actualidade xa ten 42 anos escribindo libros,poemas... Cantounos unhas cancións xunto co noso profesor “Carnicero”,catounos:”O Abrazo” e tamén cantou “A Bolboreta”. Agora el ten 58 anos, eu pensei que tiña menos anos, porque vese moi xoven. É moi simpatico e fíxonos rir moito. María Victoria Estévez Echevers. Chisco é unha persoa simpática é divertida. Naceu con cinco kilos é naceu por cesaria. No colexio chamábano Paquito. Onte enseñóunos algúns libros que escribiu é tamén cantou co profe Carnicero. Díxonos que empezou a escribir con dezaseis anos. Cando ía o instituto puxéronlle o nome de chisco porque había un profesor que se chamaba así, desde que ese profesor se foi os alumnos puxéronlle a Francisco o apodo de Chisco. Shakira Heras Bertoa. O 26 de maio veu Chisco ao nosos colexio de visita e explicounos algo sobre a súa vida . Tamén falamos sobre os seus libros , algún era moi interesante por exemplo un que falaba sobre un espía que se chamaba Suso Espada . Aparte de eso todo finalmente Chisco e o noso profesor cantaron unhas cantigas chamadas Bolboreta e o Abrazo e recitounos algunhas poesías sobre el . Grazas a Carnicero que nos trae a xente alucinante. Giovanna Dapena Diz.

29


30


31


32


33


34


Desde o equipo de profesores que levamos a cabo este proxecto, agardamos que fora do voso agrado e que pasásedes un bó intre gozando do traballo feito polos nenos e nenas do noso colexio, dos que estamos moi orgullosos. Agardamos por vós o vindeiro curso para gozar dunha nova edición de “O Alustre”. Pola nosa parte, tentaremos superarnos ano tras ano, tentando reflectir todos os proxectos e actividades feitas durante o curso, froito dun bo traballo cooperativo e do esforzo. Desexamos que pasedes unhas boas vacacións. Un saúdo. O Equipo de Profesores do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

35

Revista 2014