Page 1

1. Por que escribiu este libro? Quixo escribirllo para a súa filla Uxía (que na actualidade ten 15 anos).Figura na adicatoria. O tema ten que ver coa súa formación, é profesor de Bioloxía nun Instituto de Cambados, e interésanlle os temas do medio ambiente. Este libro; “Perigo vexetal” é o primeiro dunha serie de aventuras que teñen como protagonistas a Said e Sheila.


2. Por que escolleu estes nomes para os protagonistas? O nome do rapaz tomouno dun alumno que tivo (o seu pai era un mĂŠdico de orixe palestino) e o nome da nena porque lle gustaba ĂĄ sĂşa filla.


3. O país do futuro no que transcorre a novela é un país real? Pode ser calquera país de Oriente medio ou de África que está en guerra ou sufriu unha guerra recente. 4. Por que escolleu o nome de Luzbel para o malo? Porque é un dos nomes que ten o demo. 5. Que significa SC1? Super Cereal 1. Ese ademáis era o título orixinal do libro, pero logo cambieino porque non lles gustou na editorial.


6. Por que escribe? Porque gústame contar sobre o que ocorre e inventar historias. Pero o que máis me gusta é ler. Son escritor porque antes fun lector. Gústame moito ler novela policíaca e tamén fixen moitos relatos deste xénero. Eu empecei escribindo poesía, pero non tiven moito éxito como poeta. – Sen embargo déronche un premio polo teu primeiro libro de poemas- É verdade, o Premio Cidade de Ourense. Os meus autores de referencia son: Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra e Manuel María. O último que escribín de poesía non está publicado en papel, está en formato dixital. Nas viaxes que fago, os lugares que visito tamén son fonte de inspiración para os meus libros. Eu vexo que sodes un colexio

moi

viaxeiro

porque

tedes

un

montón

de

investigación sobre diferentes sitios do mundo. 7. Por que escribes en galego? -Porque é a miña lingua. É a lingua que falo e na que me comunico. Nunca me plantexei escribir noutra. Os meus libros están traducidos a outros idiomas: euskera, español, inglés, portugués. Son outras persoas as que os traducen.


Despois foi sinalando as portadas dos libros que tiñamos na reseña bibliográfica e foi contando un pouco de cada un. O mesmo fixo cos seus libros que tiñamos no expositor, por exemplo: “Historia dunha sobreira”, é unha obra de teatro que escribiu para os seus alumnos de primaria, para o día da árbore (porque el foi mestre de primaria uns anos). A clase representou a obra no cole e tamén sabe que foi representada en moitos outros colexios. O mesmo ocorreu con “A pomba dona Paz” que escribiu para o Día da Paz. Con “Micifú e os seus amigos” o obxectivo foi que os nenos coñeceran os nomes en galego de insectos que teñen nomes tan fermosos e tan diferentes do castelán: vacaloura ou escornabois, lucecú ou vagalume, cabaliño do demo, avelaíña, bolboreta, etc.

8. Fas algún deporte? -Profesionalmente non. Nado. Fago ximnasia e camino moito. Fago exercicio por saúde e para manterme ben, porque se estivera todo o día sentado escribindo…

Ramon caride