Issuu on Google+


Un punto de partida para este disco foi que o músico coruñés quedase finalista cun tema infantil no concurso A Coruña Son. Alí atopouse con Santiago Auserón, que o animou a continuar nesa liña de traballo. "El escoitou as tres pezas que presentei. Díxome que o mellor era facer un álbum ilustrado"


Pois, ímos contar un conto. Un conto moi especial. Non sabemos de que trata. Mais pronto se sabera. Ao mellor é de lobos Ou tamén doutro animal. Pode ser de sereas Ou tamén dun paspallás Teremos ollos abertos. O cu pegado no chan Coas orellas escoitando, axiña imos comezar.

0 CONTO Estaremos moi atentos para poder imaxinar.

O son que fan os paxaros, tamén as ondas do mar E se gusta moito o conto, poderiamos contar, Un segundo e un terceiro, o cuarto para rematar. Pois, ímos contar un conto. Un conto moi especial. Non sabemos de que trata. Mais pronto se sabera.


O LIBRO Eu teño oito anos E chámome Antón E gústame ler Libros a montóns.

Hai que ter un libro A carón da cama Para poder ler Toda a semana.

Ter un libro novo É unha aventura E así coñecemos Outras culturas.

E nas bibliotecas Pódennos prestar Os fermosos libros Que nos fan soñar.

Un libro está sempre comigo E así pode ser O meu amigo

Un libro está sempre comigo E así pode ser O meu amigo

Eu leo e leo, Así estou ledo. Eu leo de todo E mesmo de medo. Libros de aventuras E outros de acción, Até de misterio Teño no caixón. Un libro está sempre comigo E así pode ser O meu amigo


Olá cabritiños, somos.. MAMÁ CABRA Somos un grupo de música infantil no que traballamos diferentes músicos : Pablo Dalama Piñeiro (frautas, gaita, saxofón), Paco Cerdeira Castiñeiras (guitarra eléctrica), Diego Maceiras Pedreira (acordeón, acordina), Rodrigo López Muñoz (batería e percusión), Tomi López Serrano (baixo eléctrico e guitarras), Paula Romero Canedo (coro), Sandra Romero Canedo (coro), Montse Rivera Crespo (coro), Merchy Rozas (coro), Miguel Flores (coro), e Gloria Mosquera Roel (voz) .


A idea orixinal partíu de facer cancións para as miñas clases de Educación musical. A primeira canción naceu na biblioteca do colexio no que estaba, despois de ler o poema do “Timoteo” de Gloria Sánchez..


OLA, OLA, LA!


Neste xogo xogan todos. Vai de bailar e cantar. Terás que imitalo todo. O que eu fago ti farás. Esta man vai para un lado. Este brazo para atrás.

E se cantas o que eu canto. Que bonito soará!

Os meus dedos xa se moven e van a todo correr. Fan debuxos polo aire, ata as dedas dos meus pés

Fago palmas mentres canto. Coa cabeza levo o ritmo. Se moves os pés a tempo. Heite de levar a uncirco.


Bicos De MĂşsica


CANTOS RODADOS


Polas rúas de tulús vai un vello en autobús. Polas rúas de pequín vai un vello nun patín. Polas rúas de Sevilla vai un vello nunha silla. Polas rúas de Damasco vai un vello nun carrasco.

Polas rúas de Almería vai un vello nun tranvía. Polas rúas de Padón vai un vello en avión.


TAN SÓ CON LERES UN LIBRO


Encontrei unha princesa nun gran pazo de cristal e un castelo con cen torres e tellados de metal. Unha bruxa con veruga que nos quere enfeitizar e dous irmáns e outros nenos perdidos nun carballal. Unha osa prateada que sabía cociñar, un león cunha coroa que aprendeu a gobernar.

Encontrei o que vos digo e máis podía encontrar; porque, con leres un libro, mil mundos podes achar.


TODOS OS ANIMAIS Ó CAIXÓN


ESTES SON BICHIÑOS CON ALGO ESPECIAL; TODOS PEQUENIÑOS, NON QUEREN FALAR. A abella traballadora vai voando horas e horas. Leva pole nas súas patiñas, entre lilas e campaíñas. As formigas van desfilando e a terra vaise mollando. Pero non lles importa a auga porque elas teñen paraugas Ai veciña, ti que me contas? Da terra saen miñocas! Elas bailan un rico son e ata forman un corazón. É moi sería e moi formal, esta moza tan ideal; Adornada,sempre á súa hora, a libélula soñadora Non fai falla ser detective, a súa pista moi ben se segue; Co filliño paseando ó sol, o meu amigo o caracol. Vexo algo no horizonte, tres saltóns van polo monte; Eles miran unha xoaniña que saúda moi xeitosiña.

Aquí chega o escaravello; sempre anda cos seus trebellos. Forma bólas moi redondiñas, sexan grandes ou pequeniñas A eiruga enchendo o ventre, come ata que lle rebente; E non para de rirse cando conta de cero a vinte.


CANTANDO COMIGO


Era noite de trebón nun vello e mouro castelo, a auga caía a chuzos os lóstregos a metros. Óese dentro un barullo de alaridos e lamentos . Era noite de trebón nun vello e mouro castelo.

BULE, BULE,BULE,BULE BAILAN, BAILAN OS ESPECTROS BAILAN, BAILAN ESQUELETES, SAPOS, MONSTROS E MORCEGOS. BAILAN, BAILAN AS PANTASMAS, MONSTROS,BRUXAS E CURUXAS. BULE, BULE, QUE AÍNDA É CEDO.

HOXE TOCA PASAR MEDO!


CARTAS QUE VEÑEN E VAN


Eu son a ratiña curiosa E hoxe quero saber. Onde vive o señor Oso Onde vive ... dígamez?

EU VIVO NO MAR! Eu son a ratiña curiosa E hoxe quero saber. Onde é que vive a Serpe Onde vive ... dígamez? Onde é que vive a Tartaruga. Onde vive ... dígamez?

EU VIVO NUNHA COVA! Eu son a ratiña curiosa E hoxe quero saber. Onde vive o señor Peixe. Onde vive ... dígamez?

EU VIVO ENTRE A HERBA!

EU LEVO A CASA Ó LOMBO


PAI Edicións edita O AÑO PITAÑO, PITAÑO un libro disco que une os textos de poetas galegos contemporáneos coas composicións e a interpretación de Anxo Rei.


Segundo nos conta o propio autor:

"A idea de facer este disco xurdiu aproximadamente hai tres anos, cando chegou ás miñas mans O AÑO PITAÑO, texto de Álvarez Blázquez.

Ese poema inspiroume unha canción, que á súa vez fixo medrar en min a idea de dedicarlle aos máis cativos un traballo no que estiveran presentes os nosos poetas, para achegar aos pequenos a nosa literatura, a nosa lingua.


Imos inventar un conto, un conto de fantasía; Con tres guindas coloradas E unha princesa María. Na primeira folla irá unha xoaniña vermella con sete bólas de gua.

Na terceira, a parraguesa, que lle vai contando a todos que se virou en princesa.

E a segunda que terá? Un piollo, unha pulga, un sapiño e unha ra.

E na cuarta irá don lobo, que, como ten tanta fame, merenda este conto todo. Imos inventar un conto, un conto de fantasía; Se non fora polos contos, que triste todo sería!


O mĂşsico e bailarĂ­n Luis Prego, investigador ademais sobre o folclore tradicional galego.


Vai de roda en roda vai de flor en flor, vai de brazo dado, Pasiño pra diante, vai co seu amor. pasiño pra atrás, xira todo o corpo e queda como estás.

Darei medía volta, darei si señor, darei outra media cambiarei de amor.


Estas cancións: aloumiñan os oídos, pero tamén contan historias.

Falan dun país onde as portas sempre están abertas e ninguén se sente estranxeiro. Alí viven unha nena azul e mais un grilo que, para escapar do aburrimento, inventan mil pasatempos


A nena e o grilo é o novo libro-CD que agora ve a luz dentro da colección máis musical de OQO editora, Q son.

Un mosaico de textos, cancións e debuxos conforman este volume no que o coñecido

compositor Magín Blanco se encarga de encaixar todas as pezas.

Mais o músico ourensán non está só, nesta aventura acompáñano as carismáticas e persoalísimas voces de Uxía, Fred Martins , Guadi Galego, Ugia Pedreira … e ata un coro de nenos.


Magín Blanco presenta o libro-disco “A nena e o grilo nun barquiño”


MARÍA E A POESÍA 1º

A nosa amiga María saíu buscar unha flor atopou unha leituga e por baixo un caracol

O caracol “ a miraba” pensando que ela, era o sol . Alongábanselle os ollos e cantaba o reiseñor: Caracol caracoliño... non é o sol o que refulxe é a nosa amiga María, garda os teus ollos e fuxe 3º

O caracol saíu correndo, mais case non se movía e María preguntoulle se vira algunha poesía. poesía O caracol dixo que non, que diso non vira nada que só saíra mirar se o sol xa se levantara E cantaba o reiseñor: pio, pio, pio, pio. pio Caracol entra na casa que fóra vai moito frio

María seguiu buscando... e atopou rosas, caraveis,pensamentos. Descubriu que cada flor agochaba un sentimento E cantaba o reiseñor: caracol caracoliño ten coidado con esa flor, que atoparás no camiño

Sería o seu gran segredo, a ninguén llo amosaría as flores gardaban dentro, o misterio da poesía.


Presentacion contos