Page 1

A escrita dos poemas en papel de arroz MIRO VILLAR

C

orenta anos de oficio grafías”, así denomina o índipoético entre As bolboce, os topónimos continuaríretas do Mekong. an a falar de “poesía de Caderno de Indochina e Silenviaxes” en sete etapas, desde a cios e conversas de inverno orixe en Oleiros á derradeira (1978), en que Cesáreo Sánna inmensidade dos templos chez Iglesias asinou dezaoito de Angkor, catro a percorrer libros de poemas, entre eles as Vietnam e dúas Camboxa. escolmas A escrita do silencio. Repárese no misticismo cabaAntoloxía persoal (1997) e lístico do sete como no título Escrita luz (2006), a última e na estrutura de A árvore das bilingüe galego-castelán con sete palabras (1989), co que versións de Xoán Abeleira. É coincide na unidade, nos verobvio que nesa longa traxecsos longos, na armazón natutoria o seu estro transitou ralista, nas apelacións á temáticas moi diversas, mais infancia ou na nostalxia. tamén moitos deses fíos ganE tamén sería simplificar duxan dunha obra noutra. falarmos de “poesía política” Sería reducionismo situar por moito que a épica dos este libro nunha cómoda etipobos vietnamita e camboquetaxe de “poesía de viaxes”, xano, na súa heroica e ardua un subxénero de moita provitoria contra o exército AS BOLBORETAS DO MEKONG americano, teña unha recodutividade, dos clásicos CESÁREO SÁNCHEZ IGLESIAS rrente presenza desde a cita greco-latinos a Baudelaire, co Xerais | 2018 | 216 páxinas espléndido “Le voyage” en inicial “as bolboretas eran as Les Fleurs du Mal (ben amoalmas dos guerreiros morsado por Gonzalo Navaza), ou a innúmeros tos”. Un fío con moita produtividade na poepoetas de hoxe. Tamén o sería circunscribir ese sía de posguerra peninsular, velaí a antoloxía cuño á obra de Cesáreo poñéndoa en relación plurilingüe Con Vietnam (1968) (Julio Neira con Caderno do Nilo (2014) ou coa memoria (ed.). Prólogo e recompilación de Angelina descritiva de Mar do fin da terra (1987), O Gatell, 2016). A escolma fora prohibida pola rumor do distante. A escrita da Terra (2000) e A censura en 1969, baixo a autoritas de Fraga Iriescrita do Camiño Primitivo (2007), os dous barne, ministro de Información e Turismo, e últimos sobre os diferentes camiños de peregrinela moitas voces galegas, na nosa lingua Lois nación a Santiago de Compostela. Nas “CartoDiéguez, Celso Emilio Ferreiro, X. L. Franco

97


98

Grande, Manuel María, Uxío Novoneyra e Ramón Regueira, e en castelán Javier Alfaya, María Elvira Lacaci, Lauro Olmo, José Ángel Valente e Pura Vázquez. Entre os moitos versos que os censores esixían suprimir estaban os de Celso Emilio, Franco Grande, Manuel María e Novoneyra. Vietnam ten unha importante presenza na nosa lírica, desde o “Vietnam canto” de Uxío Novoneyra, primeira versión de 1967, publicado en 1969 e incorporado a Os Eidos 2; “Digo Viet Nam e basta” de Celso Emilio na súa Viaxe ao país dos ananos (1968); “Roxo Vietnan roxo” de Alexandre Cribeiro en Indo pra máis perto (1979) ou as referencias ao “noso tío” Ho Chi Minh en “Reclamo a libertade pró meu pobo” de Méndez Ferrín, por citar só os máis representativos, e que chegaría aos poetas dos oitenta, como Manuel Rivas e Lois Pereiro, e dos noventa como Rafa Vilar. A presenza fantasmal do pasado leva a Cesáreo á procura da simbiose entre o sufrimento atroz dos pobos vietnamita e camboxano, feridos polo napalm e outros relatos históricos dramáticos: Auschwitz, Treblinka, Stalingrado, Hiroshima, Tlatelolco en 1968, Sabra e Shatila, Palmira e Alepo, mesmo recentes (“No noticiario a imaxe dun meniño sirio a adormecer / a súa inocencia, na praia de Lesbos”), en diálogo cos espazos da nosa memoria: illas de San Simón e de Santo Antón, campo da Rata, o Portiño ou a fosa de Aranga, cemiterios de Santo Amaro, de Pontesampaio, de Vilarraso ou de Camposancos, “os mortos nas gabias de Lugo non morrían contra ninguén”. Ou “Na tumba de Ho Chi Minh doiome” a dor leva a voz poética até o piñeiro da Caeira onde asasinaron a Bóveda. Con certeza, as páxinas máis duras e sombrizas veñen coa serie de poemas que describen Chocung Ek, os Campos do Silencio, e que dan fe do xenocidio e da barbaridade dos khemer rouge, cos que a memoria retorna á lectura de Primo Levi e a crónica do holocausto. A poesía de Cesáreo convida a relembrar de maneira crítica a crueza de moitos episodios da nosa historia contemporánea. Tanta é a atrocidade que a viaxe procura a éxtase e o misticismo na beleza inconmensurable dos templos de Angkor despois da navegación polo río Tonle Sap, afluente do Mekong, na contemplación do esplendor dos diferentes templos, as torres, as imaxes, as estatuas e os baixorrelevos, os estanques. A compoñente metaliteraria é moi forte xa de inicio (“Escribo porque me queima o recordo / e

as augas do río pasan”), onde a voz poética visita os ausentes no camposanto de Liáns antes da viaxe, na compaña de lecturas como O amante, de Marguerite Duras, enmarcada na Indochina da época colonial dos anos vinte da que na actualidade pouco fica, ou a antibelicista Tres guineas, de Virginia Woolf, ao tempo que os noticiarios mostran os masacres de Gaza. Lecturas que ilustran o itinerario, como Graham Greene no hotel Continental de Saigón e O home tranquilo, ambientada na Indochina colonial dos cincuenta. E coma un círculo tamén as últimas páxinas tornan metaliteratura (“Escribo este caderno, escribo o Réquiem pola Indochina / a inmolación da luz á señora das sombras”). A viaxe, o delta do río Vermello (“Chego e non son un estraño”). As catro primeiras partes da travesía por Vietnam van desde Hanoi ao delta do Mekong (o río dos Nove Dragóns), pasando polas terras altas, Hue e Hoi Han no centro do país, até Saigón e Cu ci no sur. E as dúas últimas, sen abandonar o río Mekong, por Camboxa ou Kampuchea (a terra do Dragón) percorren o seu territorio até Angkor, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde 1992. A ollada observa e os versos describen a paisaxe de cidades caóticas e superpoboadas, con bandadas de bicicletas, motocicletas ou tuk-tuk, mais tamén a fermosa arquitectura, como os reloxos do pazo de Correos de Saigón, e as aldeas rurais, moitas flotantes nos diferentes ríos. Procura o encontro coas persoas, a maioría a traballaren no sector primario, na pesca e nos labradíos, nos arrozais, nos cultivos en socalcos, con especial detemento na rapazada por se tratar de países con pirámides poboacionais non avellentadas. Unha nenez que leva á lembranza dos lugares propios, o Puzo do Lago de Maside ou “Eu de neno, en Cimadevila gardo o gando / escribo nas ás da rula, debuxo a miña infancia…” As sinestesias, as cores e os olores dos mercados, das especias e das herbas aromáticas, dos froitos tropicais, como o durian, dos postos da beirarrúa onde xantar “bolos de arroz envoltos en bananeiras” e beber licores de serpe e escorpión. A beleza indescritible que os versos trazan como a baía Ha Long e os seus numerosos ríos (con nomes fermosos, como o río do Perfume, a evocaren as exánimes pedras de Castrelo de Miño), onde navegan as tradicionais embarcacións sampan, ou Mai Chao nas Montañas do Noroeste e “Pecho os ollos: apacentan o gando nos prados da Fonsagrada”, ou a desaparecida xungla de Cu


Ci “no cemiterio das árbores que garda o río Saigón”. E sempre a calor pegañenta e sufocante, unha das expresións máis reiteradas é “Vai bochorno”, un calmuzo que deixa paso ás chuvias fortes e torrenciais, porque a presenza do vento monzón tamén se referencia. O silencio e o recollemento dos lugares de culto, as deidades Buda, Shiva e Visnu, as pagodes, como a de Thien Hau, onde se venera a Señora do Mar, que ben puidese ser a nosa Virxe da Barca porque nela hai barcos de madeira como exvotos, os templos que levan nomes exóticos para nós como o Templo da Tartaruga e o son das súas campás que máis unha vez levan a voz poética ao pasado “Escoito a ladíña, cando neno os rexos ennobelan, os sinos / na vella igrexa de Maside. Descalzo sento, escoito”. Unha curiosidade que o fai testemuña da ofrenda de flores e dun porquiño no templo da Sra SU ou duns ovos e unha cachola de porco nunha pagode de Phnom Penh (a cidade dos Tres Ríos), semellante á nosa propia tradición documentada no Santo Antonio, ou observador da cerimonia do Caodaísmo, onde “Tocan os gons e reverberan. Os violíns con son repetitivo”. A banda sonora é importante, como sucedía en Tempo transfigurado (2017) de maneira fulcral, mais xa naquel O cántico da fonte (1982), agora con músicas pop como Dylan, The

Doors, Seeger, Joan Baez, Zappa, Janis Joplin, Bing Crosby, Armstrong e Led Zeppelin, e unha e outra vez Good morning, Vietnam, co que a radio americana saudaba outro día de ocupación. E músicas de raíz, as frautas que acompañan a danza da primavera das bailarinas thai, o son do sinxelo instrumento monocorde dan bau, que nas urbes deixan paso aos ruídos das rúas e dos mercados e nos lugares recónditos aos sons da natureza, chicharras, grilos, aves (“todo é un fervellar de paxaros”). “Poesía de viaxes” si, mais non só espello de xeografías distantes, senón tamén da experiencia da observación e da indagación, da memoria íntima autorreferencial e da histórica, da reflexión persoal e colectiva, da meditación, da metaliteratura, é dicir, “poesía da vida”, como dixo José Hierro n

99

Profile for Arximiro Bautista Villar

Recensión: As bolboretas do Mekong. Caderno de Indochina, de Cesáreo Sánchez Iglesias  

Recensión: As bolboretas do Mekong. Caderno de Indochina, de Cesáreo Sánchez Iglesias (Vigo: Xerais, Poesía, 2018, 214 páxinas) Grial. Revis...

Recensión: As bolboretas do Mekong. Caderno de Indochina, de Cesáreo Sánchez Iglesias  

Recensión: As bolboretas do Mekong. Caderno de Indochina, de Cesáreo Sánchez Iglesias (Vigo: Xerais, Poesía, 2018, 214 páxinas) Grial. Revis...

Advertisement