Page 1

Presentación dalgúns xogos populares Nivel: Educación Primaria e Secundaria

Autor: Iván López Arias


Os xogos Populares posĂşen un compoĂąente lĂşdico e educativo e ademais do gran valor sociocultural que entre todas e todos debemos tratar de conservar.


Son os xogos dos nosos avós e os nosos pais, algúns deles son os seguintes: (para saber algo máis de cada un deles pica nas fotos ou no nome).

- A Porca Xogo con semellanzas co “golf” ou co “hokey”.


- A Billarda Esencialmente consiste en darlle cun pao (panca) a outro máis pequeño (billarda), para que salte e golpealo enviándoo o máis lonxe posible.


- O Trompo É unha peza de madeira dura de forma cónica rematada nunha punta de metal, sobre a que se lle fai xirar tirando dunha corda que se enreda arredor dela.


- As Chapas Xogo de habilidade no que se fai unha carreira nun circuĂ­to debuxado no chan e no que hai que respetar certas regras.


- O Turra-soga Xogo de equipo, no que o importante é a forza e no que o obxectivo é turrar da corda máis que o equipo contrario.


- Tres en raia É un xogo para dúas persoas, no que cada un xoga con tres fichas, tratando de colocalas en raia xogando por turnos.


- A Rรก ร‰ un xogo no que se trata de introducir as pezas metรกlicas nas diferentes ranuras que ten a caixa da rรก.


- O Brilé Xogo de dous equipos co mesmo número de xogadores. É necesario dividir o campo en dúas partes iguais e tamén unha pelota de goma de tamaño medio.


- O Pano Xogo de equipo con número igual de compoñentes. É necesario un xuíz que se encarga de aguantar o pano polo que teñen que competir os participantes.


- O Aro Xoguete no que normalmente se utilizaba un aro metĂĄlico dunha llanta de bicicleta e un ferro con forma de gancho para empurrar o aro.

Continuarå‌

Presentación Xogos Populares  

Xogos Populares

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you