Page 1

BACHARELATO E ADULTOS MENDOZA, Eduardo: La ciudad de los prodigios. Ed. Seix Barral, 1ª edición 1986 Barcelona prepárase para a Exposición Universal de 1887. Onofre Bouvila, inmigrante e pobre, intenta abrirse camiño naquela axitada cidade, para conseguilo reparte propaganda anarquista ou vende crecepelo, todo vale nos inicios da súa vida en Barcelona que Mendoza continuará relatándonos ó longo dos anos posteriores. Cunha impresionante capacidade o autor consigue que entremos na cidade e na súa historia ata 1929 en que de novo unha exposición universal pechará esta novela a un tempo fantástica e real

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS

GORDON, Noah. El médico Os tempos medievais son tempos difíciles para un rapaz que nace no peor barrio de Londres pero todo é posible cando se loita por conseguir un soño: estudiar medeciña en Oriente onde exercen e ensinan os mellores especialistas do século XI. Autor de coñecidos bestsellers como León el Africano, Noah Gordon consigue nesta extensa novela que o lector non se aburra en ningún momento mentras sigue ó protagonista e que descubra ó tempo mundos lonxanos no tempo e no espacio pero que se fan vivos a través destas páxinas.

CHAVES NOGALES, Manuel: El maestro Juan Martínez que estaba allí. Libros del Asteroide, 2005 O periodista sevillano Manuel Chaves viaxou nos anos 30 do pasado século por toda Europa; nunha desas viaxes coñeceu ó protagonista deste reportaxe novelado. Juan Martínez, bailarín flamenco, viviu en directo a Revolución Soviética en Rusia e a narración que fai daqueles feitos abre unha nova perspectiva, apaixoante e ó tempo divertida, sobre a vida cotiá durante aquél proceso revolucionario.

NOVELAS CON HISTORIA


PRIMEIRO ESO MARÍAS, Fernando El cielo abajo Ed. Anaya.Col. Espacio abierto PLACE, François: Los últimos gigantes Barcelona Art Blume, 2000 . En 1849, nun porto inglés, Archibald Leopold Ruthmore adquire un dente de grandes proporcións cuberto de estranos gravados. Examinándoo con detalle descubrirá un minúsculo mapa que lle levará ao país dos últimos xigantes. Unha historia como as de antes para descubrir a vertixe da aventura aos mozos, e recordar aos adultos as súas lecturas apaixonadas da adolescencia.

Cambiar de identidade, cambiar de vida, vivir a aventura eran os obxectivos do protagonista desta novela. En Madrid en 1936, entre as bombas e os avións que as lanzan e que son a súa paixón, coñecerá a morte, a traizón e o amor. Un relato cheo de emocións no que coñecemos ademais a vida de Madrid nun dos momentos máis difíciles da súa historia.

JOFFO, Joseph: Unha bolsa de canicas. Un saco de canicas

LAWRENCE, Caroline: Misterios Romanos Ed. Salamandra Colección composta por dez títulos (Ladrones en el Foro / Los secretos del Vesubio / El fugitivo de Corinto, etc.) que relatan historias de detectives ambientadas na época do Imperio Romano. A autora, que é arqueóloga, sabe combinar relatos divertidos e de aventuras coa información sobre a vida na antiga Roma chea de aspectos interesantes

En 1941, París está ocupada polos nazis que obrigan a todos os xudeos a levar a estrela amarela, so entón Joseph comprende que ser xudeo o diferencia do resto dos seus compañeiros. Pouco tempo despois é necesario fuxir de París... Probablemente porque está escrita polo protagonista e baseada en feitos reais, sentimos ao ler esta novela que vivimos con eles esta perigosa fuxida. A viaxe de Joseph e seus irmáns cara ó Sur lévanos a descubrir os perigos, as aventuras e tamén a solidaridade ou o valor da amizade nos difíciles tempos da 2º Guerra Mundial.


FRANK, Ana O diario de Ana Frank Ed. Kalandraka. Ana Frank escribeu o diario entre xuño de 1942 e agosto de 1944, mentras estaba en Amsterdam agochada con outras persoas para escapar da persecución nazi ós xudeos. Escribía cousas como: “Teño moito medo de que os que me coñecen como son descubran que teño outro lado, mellor e máis bonito. Teño medo de que se burlen de min, de que me atopen ridícula, sentimental, de que non me tomen en serio...” Medos e soños dunha adolescente que vive entre bombardeos, ruídos descoñecidos que asustan a todos e informacións da radio sobre a guerra, pero que ademais ten 13 anos e quere vivir a vida a traves do diario que escribe.

PÉREZ Arturo: Rey

REVERTE, El oro del

Dentro da serie de aventuras do personaxe creado por Pérez Reverte, podemos destacar polá súa viveza e espíritu de aventura este título. Á volta de Flandes, o Capitán Alatriste e Íñigo de Balboa veranse envoltos nunha perigosa aventura na Sevilla de 1626. A través dos baixos fondos da cidade, o corral dos laranxeiros, a desembocadura do Guadalquivir e o barrio de Triana, entre vellos camaradas e enimigos, o Capitán Alatriste debe reclutar e comandar un grupo de valentes para evitar o roubo do ouro do rei que traen os galeóns da flota de Indias.

SEGUNDO ESO

MALLORQUÍ, Cesar: La catedral Ediones SM. Colección Gran Angular (Los libros de...) Telmo Yánez é un mozo artesán que parte cara a Gran Bretaña para participar na construción dunha catedral. Pero esta estraña e colosal catedral encerra terribles crimes e macabras ofrendas. Telmo non só realizará unha das mellores esculturas da súa carreira, senón que se enfrontará tamén ao maior dos inimigos

BOYNE, John: El niño con el pijama de rayas. Ed. Salamandra, Barcelona,2007 Mudarse de casa pode ser unha aventura, pero cando ó chegar á nova casa sintes como Bruno, o protagonista, que todo é peor que antes... O editor explica na contraportada que “é importante empezar a novela sen saber de que se trata” e aquí respetaremos súa opinión, pero pensade un pouco neste título e na roupa de que nos fala...

VERROEN, Dolf: Qué blanca más bonita soy. Lóguez Edic. Salamanca,2007 Este escritor holandés recibiu numerosos premios por este relato curto que se sitúa en Suriname, antiga colonia holandesa. A protagonista, María, cumpre doce anos e recibe un regalo moi especial. ¿Cómo mira o que lle rodea unha nena de doce anos nos tempos da escravitude? ¿É normal todo o que parece normal? O relato, real aínda que os personaxes sexan inventados, fainos reflexionar fronte a situacións que hoxe non vivimos. O pasado ten moito que ensinarnos.


TERCEIRO ESO

LORMAN, Joseph: La aventura de Said Ed. SM. Madrid. 2006. Seducido polo coche de Hussein e empuxado pola miseria e a falta de expectativas, Saíd, un mozo marroquí, decide deixar o seu pobo, a súa familia, os seus amigos e a Jamila, para lanzarse á aventura de abrirse camiño en Barcelona. Con todo, non pasa moito tempo antes de comprobar que o odio e a violencia son moeda corrente na vida. A aventura de Saíd é unha novela realista sobre a xenofobia que afronta con lucidez un tema candente na nosa sociedade.

MERINO, José Mª: El oro de los sueños. Ed. Alfaguara Un neno de 14 años, Miguel, parte nunha expedición ás Indias co seu padriño e outros aventureiros á busca do templo de Yupaha. Os ataques dos indios, a falta de comida, ou a loita polo poder dentro da expedición farán que o desenrolo da aventura sexa moi diferente ó que Miguel esperaba. A conquista de América estivo moitas veces relacionada con lendas sobre países cheos de ouro e grandes riquezas, de aí o título escollido por Merino para introducir ó lector nese mundo duro e de fortes contrastes onde sobrevivir non era fácil para ninguén.

CUARTO ESO GÓMEZ CERDÁ, Alfredo: Noche de alacranes 2005. Ediciones S.M. Colección Gran Angular. Catalina xa anciá, abrirá a caixa dos recordos: o amor imposible e irrefreable a Emilio; o seu pequeno pobo, xunto ás montañas, onde ela naceu á vida sen entender moi ben que pasara no seu país; a súa nai, que nunca volveu ser a mesma; guerrilleiros que resistían no monte aínda que soubesen que todo estaba perdido; o seu irmán; a súa fiel amiga Dores; Tadeo... A loita pola mera supervivencia converteuna nun referente da loita antifranquista tras a guerra civil.A historia está narrada cunha prosa moi sensitiva, de forma que cheiras o pobo, o monte, oes o río, e o que ten máis mérito aínda: sentes aos personaxes.

CHEVALIER, Tracy: La joven de la Perla. Col. Punto de Lectura. Ed.Santillana, 2005

No século XVII un pintor holandés, Johannes Vermeer, escolleu como protagonista dun cadro a unha moza fermosa e moi xove adornada cun turbante e un pendente cunha perla. Tracy Chevalier, despois de investigar sobre a época en que viviron os protagonistas, narra a historia desta rapaza que ós dezaseis anos entra a traballar na casa do artista. A cidade de Delft, os barrios, o mercado, toda a vida das rúas, asómanse neste relato cheo de paixón pola beleza e o arte.

guía de sociais  

guía de lectura do depatrtamento de ciencias sociais