Issuu on Google+

PRESENTACIÓN

ISLAM E MULLERES


• Este documento contén información sobre algúns dos principais aspectos e consideracións relacionados coa situación das mulleres no ámbito do Islam • Trátase de unha presentación en Powerpoint que funciona deste xeito : • Pódense ver as diapositivas en orde simplemente facendo clic co rato. Tamén se pode acceder á información dende os enlaces da páxina seguinte. • Usaremos este símbolo para indicar que a información que estás a ler continúa . • Usaremos este símbolo para darche a posibilidade de volver ao inicio. • Usaremos este símbolo para os enlaces


Introducciรณn Mulleres Fรกtima Mernissi

Fundaciรณn da Cultura Islรกmica As miniaturas

Nawal- al Saadawi Marjianne Satrapi Shirin Neshat Rania al-Baz

O hammam

Massumeh Ebtekar Moualhi Djaouida Awaftet Ketiti

Conclusiรณn


•¿Coñeces a algunha rapaza musulmana?. Probablemente xa teñas algunha como compañeira no teu centro ou como veciña na túa rúa , na túa cidade… •¿Que sabes do Islam? •¿E da situación das mulleres nos países musulmáns? ¿É tan mala como a miúdo aparece nos medios de comunicación? •¿A situación das mulleres é idéntica en todos os países? • ¿Que cres ti que pensan as rapazas e as mulleres musulmanas da cultura occidental? ¿Cres que teñen envexa? ¿Cres que se senten inferiores ou superiores? • ¿Levan veo todas as musulmanas? ¿Por que? Esperamos que cando remates estas actividades teñas algo máis de información.


• O primeiro é contarvos como está organizada esta sección da páxina (fai clic) que está dedicada a nós. Somos conscientes de que habería moitísimas máis cousas das que falar pero confiamos en que, alomenos serva para espertar a vosa curiosidade. • Para empezar, conviría que lésedes (fai clic). É o Texto Introdutorio moi breve, pero esperamos que vos transmita a idea de complexidade e enorme diversidade que podemos atopar hoxe nas nosas sociedades. • Logo podedes entrar nas seccións de extractos e entrevistas (fai clic) a algunhas mulleres musulmanas de certa relevancia: escritoras, periodistas políticas etc…. Veredes que as opinións son dispares, que pensamos de forma moi diferente en moitos temas.


• Logo hai unha sección de Vocabulario (fai clic) dedicada a termos que poden causar certa confusión: Árabe, musulmán, talibán, integrismo etc. Non deixedes de visitar a páxina que ten a R.A.W.A. a asociación de mulleres afganas. Tendes o vínculo nesta sección. • Despois temos unha sección chamada Retrincos (fai clic) coa que pretendemos dar unhas pinceladas sobre cuestións de actualidade no inmenso universo islámico. É simplemente unha chamada de atención para espertar a vosa curiosidade sobre algúns aspectos. • Por último temos unha Galería de Imaxes (fai clic) para ilustrar os contidos da páxina. Hai algunhas curiosidades como un desfile de modas en Irán Tamén, ao longo destas actividades encontraredes máis vínculos a páxinas que consideramos de interese.. • E por suposto, se vos interesa o tema podedes ler os libros que vos recomendamos na sección de Bibliografía (fai clic)


Segue o vínculo da foto. Bota unha ollada ás demáis fotos da miña páxina. Fai clic na foto

Fátima Mernissi

• É crítica con algunhas actitudes dos estados musulmáns cara as mulleres. Boa coñecedora da cultura occidental tamén sabe das tiranías da moda e o culto ó corpo. Residente en Marrocos é unha ardente defensora dos mellores valores do Islam que merecen ser preservados. • Le o extracto da entrevista da páxina.¿Que é o que ela chama Ciberislam? Fai clic • ¿A relación entre as novas tecnoloxías e as mulleres nos países islámicos é, segundo esta autora, positiva ou negativa? ¿Por qué?.


Nawal- al Saadawi Nawal-al Sadawi é unha escritora exipcia, coñecida pola súa loita polos dereitos das mulleres e a súa denuncia de todo tipo de opresión e inxustiza. Ten unha extensa obra traducida a varios idiomas e foi destituída de importantes cargos no seu país polas súas convicións. Tremendamente crítica co fundamentalismo islámico e coa imposición do uso do veo, non é máis xenerosa nas súas opinións acerca do neoliberalismo liberal representado pola administración Bush. • Le o extracto da páxina e di cal é,segundo Nawal-al Sadawi, a conexión entre o integrismo islámico e a política de EE.UU (fai clic) • Estás de acordo con ela cando afirma que as relixións son unha forma de opresión contra as mulleres porque “despois de todo deus é sempre varón e varóns son todos os seus profetas “?


Tenta ler algúns dos cómics. Marjane Sátrapi é un fenómeno editorial en Francia, onde reside. Marchou de Irán trala Revolución Islámica, cando era unha rapaza. Logo tentou voltar pero non puido soportar as severas restricións. Compara a actitude desta muller coa de Masumeth. Ambas son iranianas.

Marjane Sátrapi


• Shirin Neshat, naceu en Irán. Fotógrafa de fama internacional, galardoada e moitas ocasións, fai da muller islámica unha das súas fontes de inspiración. Normalmente representa a estas mulleres cubertas con chadores negros e coa pel dos seus rostros, mans ou pes cubertos de caligrafía . • As súas mulleres producen no espectador sentimentos encontrados de atracción e rexeitamento. A autora utiliza a fotografía como unha forma de expresar a súa propia actitude dual fronte á realidade do seu país. Confesa que non podería vivir nel, pero fóra del síntese baleira e incompleta. • Os seus retratos rompen totalmente coa imaxe estereotipada que temos da muller islámica como unha muller submisa e débil. • Visita a galería de fotos da páxina e comenta a obra de Shirin Neshat. Fai clic

Fai clic

Fai clic

Shirin Neshat


É un rostro moi familiar en Arabia Saudí. Ela tráballa e vive nese país. Traballa nun programa de televisión como presentadora. Non leva veo nas súas aparicións na pequena pantalla. Recentemente vense comentando o feito de que varias presentadoras de televisión non leven veo nun país onde as mulleres viven baixo un réxime de liberdades severísimo. Esta circunstancia considérase como un pequeno signo de apertura

Rania al-Baz


Entre ambas fotos hai só uns días de diferenza. Foi brutalmente agredida polo seu marido quen no puido soportar o feito da súa aparición pública sen levar o veo. O sorprendente do caso é que ela se atrevese a contar a súa historia e a facer públicas as fotos nun país en que as agresións ás mulleres se silencian sistematicamente. Esta moi contenta, dentro da gravidade do seu estado porque centos de homes fan pública a súa solidariedade con ela. Di que é a súa maneira de loitar por unha sociedade islámica máis xusta. Non quere saír do seu país.

Vai á sección Retrincos (fai clic.). Na primeira entrada fala da situación das mulleres en Arabia Saudita Que farías ti? Quedarías ou preferirás marchar?


¿Cres que me gusta ir vestida así?

¿Teño estudos? Que tipo de estudos, supoñendo que os teña?

¿Traballo fóra da

miña casa? ¿Adico todo o meu tempo ao meu home e aos meus fillos?

¿Viaxo ao extranxeiro?

¿Estou vencellada a algún movemento feminista no meu país?

Massumeh Ebtekar. Imaxina que tes que tentar describir a vida desta muller sen coñecela.

¿Pensas

que sei como viven as mulleres da cultura occidental?


Esta é a auténtica Massumeh Ebtekar

Podedes ler un extracto das súas opinións na páxina (fai click)

Massumeh Ebtekar, naceu en Teherán en 1960. É doutora en inmunoloxía, e tamén profesora universitaria. Traballou na editorial dun importante periódico iraniano. Representou a Irán no cumio mundial das mulleres de Nairobi e Pequín. Fala francés e inglés con total fluidez. Formouse en Estados Unidos durante 5 anos. Esta muller é, no momento de redactar esta actividade, Ministra de Medio Ambiente en Irán. Irán é, na actualidade, unha república islámica, é dicir, réxese por estritos principios coránicos. Como podedes ver na súa impresionante biografía, é unha muller moi activa. Defende ardentemente a participación das mulleres na vida pública. É, neste senso, feminista e ó mesmo tempo defensora do veo islámico. Por suposto outras mulleres no seu país e noutros países musulmáns non están de acordo co uso do veo, pero xa vedes que a realidade non é tan simple como as veces nos queren facer ver...


Moualhi Djaouida Non sabemos o seu nome. É unha muller máis que vive no seu país, Marrocos. Confiemos que nunca se vexa na terrible situación de ter que emigrar.

Desgraciadamente, moitas o teñen que facer. Cando as vexamos nas nosas vilas e cidades non debemos emitir xuízos demasiado rápidos ou simplificadores. A realidade é sempre moito máis complexa. Le o extracto de Moualhi Djaouida que aparece na páxina sobre as impresións dunha muller inmigrante e coméntao. Fai clic


...e a prensa, a televisión ¿axúdannos a coñecernos mellor?

¿Que pensas ti?


Awaftet Ketiti

Pensas que os medios de comunicación nos manipulan? ¿Pensas que son o mellor medio para estarmos realmente informados? •¿

• Le

o extracto dun artigo de Awaftet Ketiti, periodista tunecina, e comenta se estás ou non de acordo coas ideas que ela expresa. Fai clic


Gustaríame contarvos moitísimas cousas máis acerca da miña cultura, pero como non pretendo converter estas páxinas nunha clase de Historia, vou limitarme a algunhas curiosidades que penso poden espertar o voso interese.


Iste é o vínculo que te leva á páxina de entrada da Fundación

da

Cultura Islámica. Se visitas a sección MULTIMEDIA, poderás xogar unha partida de xadrez

Fai clic na icona


O Islam Aromas Fai clic nas iconas

Cociña Xardíns Mulleres

Non deixes de seguir os seguintes enlaces. Pertencen á Fundación da Cultura Islámica. Son moi interesantes,e teñen un deseño moi atractivo. Falan de Al-Andalus e da época na que os musulmáns vivíamos na península Ibérica dende o s. VIII ata o s. XV. Al-Andalus foi unha enriquecedora civilización de Oriente que se espallou ata Occidente e que despois do seu esplendor foi esquecida por Europa e polo propio universo musulmán como se fose unha lenda fermosa pero irreal.


• O Islam prohibe expresamente a representación de animais e da figura humana no interior das mezquitas. En cambio a execución das miniaturas dos manuscritos foi unha arte que tivo un gran arraigo e gozou dunha afamada reputación. • Hoxe podemos contemplar con detalle as magníficas miniaturas dunha das pezas máis valiosas. Trátase do manuscrito persa Haft Awrang. O texto foi composto polo famoso poeta Abdul Rahman no ano 1492. O seu prestixio era tal que os mellores pintores, ilustradores e calígrafos da época foron convocados para ornamentar a súa obra. • Seguide o vínculo e pasaredes un rato moi agradable admirando estas marabillosas miniaturas. Trátase dunha colección de contos que tamén podedes ler porque os textos están traducidos ó inglés. Fai clic


• Un interesante espazo que gozou e goza de gran popularidade no universo islámico é o hammam ou baño público. Esta tradición, herdada das termas de Roma e Bizancio foi enriquecida pola ritualización da auga propia do Islam: “A limpeza forma parte da fe”, di un famoso proverbio sufi. • O hammam considerábase un espazo para a hixiene e o pracer do coidado do corpo, razón pola que nel se ofertaba un auténtico arsenal de produtos cosméticos e distintos remedios. Ó mesmo tempo, eran lugares de reunión e intercambio de ideas e tratos, discusión social, política e cultural.


• Adoitaban ter horarios distintos para homes e mulleres e neles, podían celebrarse as reunións previas ó matrimonio onde as mulleres se maquillaban e adornaban con henna. • Pasta depilatoria, aceite de violetas, perfume de almiscre e xasmín, xabón arxiloso para o cabelo, antimonio para realzar a mirada (kohol), cortiza de noz para pintar os beizos e enxivas... constituían un auténtico arsenal cosmético para o coidado e a beleza . Podedes facer unha visita virtual ó magnífico Cemberlitas Hammam de Estambul Fai clic


Seguro que agora nos coñecemos un pouco mellor. Esperamos que sigas achegándote a nós e á nosa cultura. É certo que temos problemas e aspectos que debater e modificar. Pero: ¿Quen non os ten…?


Presentación

África

“Ningunha civilización debe atribuirse os mellores Arte valores do ser humano en exclusiva. O mellor de todas elas fundaméntase no respecto polos demáis. Suxerir o contrario é racismo” (Edward Said) O presente traballo foi realizado polo profesorado que compón o Seminario Permanente “Mulleres, Libros, Internet” do IES Sánchez Cantón


islam e mulleres