Page 1

Biblioteca do IES S谩nchez Cant贸n 2009-2010


O seguinte documento está inspirado na exposición “Off the beaten path” que exhibe obras de artistas de diferentes países e culturas nun intento de promover a comprensión e o diálogo para evitar a violencia contra as mulleres. Marina Abramovic, Yugoslavia Jane Alexander, Sudáfrica Laylah Ali, USA Ghada Amer, Exipto Lise Byjorne, Nouega Maria Campos-Pons, Cuba Luciana Fina, Portugal Mona Hatoum, Líbano Icelandic Love Corporation, Islandia Yoko Inoue, Japón Amai Kenawy, Exipto Hung Liu, China Gabriela Morawetz, Polonia Miri Nishri, Israel

Lucy Orta Yoko Ono, Japan Cecilia Paredes, Perú Susan Plum, Mexico Joyce J Scott, USA Eve Sussman, USA Masami Teraoka, Japón Miwa Yanagi, Jaóan Maimuna Feroze-Nana, Toko Inoue,J Jung Jungyeob Amal Kenawy Lisa Bjorne Linert Cima Rahmankhah Jaune Quick-to-See Smith


Polo menos unha de cada tres mulleres do mundo foi golpeada, sufriu abuso ou agresi贸ns durante a s煤a vida. .

UNHA DE CADA TRES!!!


Para comezar Hoxe esta admitido que a violencia contra as mulleres é un tema vital de saúde publica que afecta aos dereitos humanos fundamentais.

ENTRE TOD@S ROMPEMOS O SILENCIO QUE PESOU SOBRE SÉCULOS DE ABUSOS.


ENTÓN QUE É EXACTAMENTE A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES? O termo violencia de xénero úsase para referirse á violencia contra as mulleres. Este tipo de violencia é o resultado do status de inferioridade que aínda teñen as mulleres en determinados contextos e sociedades.

Constitúe violencia contra as mulleres calquera acto do que resulte ou poida resultar dano ou sufrimento físico, mental ou sexual infrinxido ás mulleres, o que inclúe tamén as ameazas de tales danos, a coerción ou a privación arbitraria de liberdade, tanto na esfera pública como na privada. (Declaración de la Eliminación dla Violencia contra as Mulleres. ONU 1993)


Tipos de violencia

A violencia cara ás mulleres inclúe, pero non está limitada, aos seguintes tipos:

Violencia Física Golpear, dar labazadas, dar patadas, producir cortes ou calquera outra lesión ou agresión ao corpo. Violencia Sexual Violación (fóra ou dentro do matrimonio), intento de violación, coerción, prostitución forzada, mutilaciòn xenital, incesto, acoso sexual, tocamentos inapropiados ou non pedidos.


e hai tantos Tipos de violencia…

Violencia Económica Exceso de traballo, privación do dereito á propiedade, a unha remuneración xusta, a recibir herdanzas, a recibir educación. Privación do dereito a non poder desenvolver determinados traballos, privación do dereito a recibir atencións básicas de alimento e vivenda.

Violencia Emocional Abusos verbais, ameazas, insultos, control e críticas constantes unidas a intimidacións, humillacións…


E todo isto por que?…

Malia que o alcol e a pobreza poden ser factores que contribúen á aparición da violencia.

Está claro que nunca son a causa principal!


Causas da violencia cara Ás mulleres… A causa principal da violencia contra as mulleres é o seu estatus inferior en fogares e comunidades. A miúdo ás mulleres considéraselles menos valiosas e subordinadas aos homes. Nalgúns contextos aos homes supónselles lexitimidade para exercer control sobre as mulleres.


“Cando nos enfrontamos á violencia contra as mulleres, normalmente subestimamos os feitos e tendemos a experimentar unha especie de cegueira. Eliximos non mirar de fronte a experiencia devastadora da violencia doméstica e cualificámola como “cousas de familia”. Asasinatos por honor en países afastados convértense en diferenzas culturais. Temos tendencia a desconfiar que o tráfico e a explotación sexual ocorren nas nosas cidades, á beira das nosas casas. As violacións e actos de tortura contra mulleres nos conflitos armados son consecuencia do caos orixinado en situacións de guerra. E deste xeito, as profundas fontes sistémicas e políticas desta violencia subestímanse e minusvalóranse”.


As mulleres poden padecer violencia en todas as etapas da súa vida.

Nacemento:

Hai países nos que as nenas son moi vulnerables ao nacer por que non

reciben tantos coidados en canto a comida e atención como os nenos da súa idade. Infancia: As nenas teñen que enfrontarse desde idades temperás a todo tipo de abusos sexuais, malnutrición e exceso de traballo.


Adolescencia:

Coerción, prostitución forzada, violacións, imposición de matrimonios en edades demasiano temperás e todo tipo de abusos e agresións sexuais.

Idade adulta

Acoso, tráfico sexual, violencia dentro da parella .

Vellez:

Perda de propiedades e herdanza, abusos de todo tipo, falta de protección ao ser viuvas.


Consecuencias físicas

Lesións físicas: fracturas, corte, ósos rotos, feridas de bala, saúde débil, dores crónicas, problemas gastrointestinais, discapacidades permanentes, morte por homicidio ou suicidio.

Consecuencias sexuais

Embarazos non desexados Enfermidades de trasmisión sexual, incluído a Sida Abortos, nenos de baixo peso ao nacer.


Consecuencias emocionais Depresiรณn.

Estres.

Accesos de pรกnico .

Baixa autoestima. Abuso de alcohol e drogas .

Consecuencias econรณmicas Perda de actividade econรณmica. Perda de horas laborais debido a lesiรณns ou enfermidade . Perda de recursos familiares e sociais debido a custos de tratamento.


Consecuencias do maltrato para os homes Relación insatisfactoria coa parella . Distanciamento emocional dos fillos . Problemas de saúde como enfermidades de transmisión sexual, como a SIDA. insatisfacción.

Problemas emocionais como depresión, desvalemento,

Cargas sobre o orzamento da familia debido aos gastos en tratamentos , perda de horas laborables . Encarceramento.


Consecuencias dO maltrato NOS FILOS E FILLAS Os fillos viven aterrorizados. Baixa autoestima. Baixo rendemento nos estudos. Conduta violenta .

Hipersensibilidade. ApatĂ­a para emprender cualquera actividade. Trastornos do soĂąo.


Consecuencias dO maltrato Nas comunidades Perda de horas de traballo debido a mala saúde, discapacidade ou defunción. Aumento da criminalidade . Deterioro das relacións na comunidade . Exclusión das mulleres de postos de responsabilidade, liderazgo e procesos políticos . Abuso de drogas e alcohol . Sobrecarga dos servizos sociais e de saúde pública.


O dereito á vida . O dereito á igualdade.

O dereito á liberdade e á seguridade persoal. O dereito a ter protección legal.

O dereito a non padecer ningunha forma de discriminación . O dereito a non estar suxeito a tortura ou a outros castigos ou tratos crueis, degradantes ou inhumanos.


Razóns de saúde Para educir graves consecuencias na saúde física e mental de nenas mulleres. Para reducir a trasmisión de enfermidades sexuais, principalmente a Sida .


por quE temos que previr o maltrato? Razóns económicas Reducir custos nos sistemas de saúde pública.

Reducir a presión sobre os recursos familiares e estatais. Favorecer o crecemento económico ao dispor dun número maior de horas de produción. As vítimas de malos tratos sofren frecuentes baixas laborais.


Fala coa túa familia das vantaxes de manter relacións saudables. Axuda a mulleres que están pasado por situacións de violencia.

Fomenta o respecto polas mozas e as mulleres entre adolescentes. Trata do mesmo xeito a mozos de ambos os sexos.

Se directo e honesto cando os rapaces e rapazas fagan preguntas sobre relacións e sexualidade. Busca axuda ti mesma se estás experimentando violencia .


Comprométeche coa non violencia nas túas propias relacións . Comenta con outros os beneficios dunha relación saudable.

Planea cousas divertidas coa túa familia, participa e intenta pasalo ben . Comparte as responsabilidades e tarefas familiares. Respecta á túa parella como che gustaría ser respectado . Fomenta cos teus amigos relacións de respecto cara ás vosas amigas e cara a outras mulleres.


Se sabes dalgunha amiga que mantén unha relación violenta, non che afastes, intenta buscar axuda.

Respecta que un “non” quere dicir “non” . Aprende a solucionar os problemas dialogando, non gritando nin pelexando.

Intenta buscar actividades gratificantes e buscar grupos de persoas coas que compartas interese comúns.


En principio confiemos en que as mulleres que din estar experimentando violencia din a verdade. Se sabemos de actos de violencia non o dubidemos, hai que denunciar. Construamos relacións saudables no noso contorna, nas nosas familias. Compartamos as obrigacións familiares. Tolerancia cero para a violencia sexual nos nosos colexios, institutos e centros educativos. Esixamos á policía, os políticos, persoal sanitario e traballadores sociais que respecten ás mulleres.


..e PARA TI tamÉn Cóntao ! Pide axuda ! Denúnciao !


Non o dubides

O teléfono de información da Xunta de Galicia é 900 400 273


25 de Novembro 2009 Mesturas Biblioteca do IES S谩nchez Cant贸n

25 Novembro  

Día Internacional contra a violencia de xénero

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you