Issuu on Google+

CONCURSO DE RELATO CURTO NADAL 2010

CEIP Virxe da Luz – Portomarín


1º Premio

“UN PASEO POLO BOSQUE” Érase unha vez unha nena chamada Soraya. Un día Soraya saiu dar un paseo cos seus amigos ao bosque. Nevara e querían xogar coa neve. Os nenos estaban xogando con bolas de neve e non se diron conta de que Soraya se quedaba entretida mirando para un paxariño que estaba nunha árbore e marcháronse para casa. Cando Soraya se deu conta de que os seus amigos non estaban, intentou voltar a casa; mais como todo era tan branco, non atopou o camiño e púxose a chorar. Pronto o paxariño púxose a revolotear arredor da nena. Soraya seguiuno un pouco asustada. Non sabía onde ían. Foi seguindo ao paxariño e de súpeto viu unhas luces alumeando ao fondo. Cando se achegou a elas, viu aos seus pais e aos seus amigos que a andaban buscando. Voltaron xuntos á casa e deste xeito pouideron celebrar tranquilos o Nadal. Agora todos os días o paxariño vai despertar a Soraya polas mañás. Agora todos están felices e contentos. Sofía Vázquez Rodríguez 3º de Primaria


2º Premio

“CANTO FALTA PARA QUE CHEGUE PAPÁ NOEL?” Había unha vez unha nena chamada Alicia que quería coñecer a Papá Noel. E un día díxolle a súa nai. -Mamá, agora que é Navidade, quero coñecer a Papá Noel. E a súa nai suxeriulle: -Se queres que veña teraslle que deixar na porta unha bandexa de pasteis. E a nena contestoulle: - Pois vale, deixareille na porta unha bandexa de pasteis. O día de Papá Noel gritou a nena: - POR FIN!!!! Vou coñecer a Papá Noel. Pero a cousa non foi así, a nena quedouse dormida. E cando entrou Papá Noel non o puido ver. Ainda así a nena non perdeu a esperanza deo poder coñecer Inés Díaz Losada 6º de Primaria


3º Premio

“A NENA E OS REGALOS” Era unha vez unha nena que estaba escribindo a carta a Papá Nöel e poñíalle: --Querido

Papá

Nöel.

Se

podes tráeme unha bicicleta... A nena deulle a carta aos seus pais para que lla meteran nun sobre e a botarán no buzón. Era o día de Noiteboa e a nena díxolle aos seus papás: Mamá!!! Papá!!! Vou buscar o calcetín e déitome para que veña Papá Noël. Ao día seguinte, a nena ergueuse e baixou correndo e dicindo: “Papá !!! mamá !!!” Imos abrir os regalos. -- Non te apures, primeiro imos almorzar. -Dixéronlle. A nena acobou o almorzo e foi polos regalos e comentou: -- Mamá toma... E así repartindo, repartindo chegou o seu turno. -- Toma nena. Esto é unha cousa moi, moi especial para ti. A nena abriu o paquete e soltou todo o que levaba dentro: PAZ, AMOR, SOLIDARIEDADE... Mamá... é o mellor regalo do mundo. -Comentou a nena. Aldara Somoza Taboada 3º de Primaria


Concurso de relato curto