Page 1

María Gil Diz

2014

A PATACA XANA 1


2


A pataca Xana era moi anana e quedou abandonada na parcela logo da colleita.

Non valĂ­a para comer non valĂ­a para vender a pataca Xana non a querĂ­an.

3


4


Veu a choiva e veu o frío e a pataca Xana empezou a podrecer naquela parcela que a viu nacer.

-¡Onde estarán todas! Laiábase a Xana. No prato dalgunha persoa ou na barriga dun lambón ou xa saíndo polo buraco ou esquecida baixo un terrón.

5


6


¡Que mala sorte! E por riba chea de grumos. Se fora lisa e redondiña, ¡queríana ata na corte!

Moito fertilizante non lle botaron e o esterco foi o axeitado, o terreo non era pedregoso e semente certificada e todo.

7


8


O problema debeu ser na rega ¡moito tubo vía por riba dela! Poucos días antes de coller as súas amigas parou a auga, veu a seca;¡qué sede tiña!

A colleita foi con máquinas, se houbera sido a man era máis sinxelo ver á Xana, ¡pero tamén a podían pisar!

9


10


E así non puido ser almacenada, e conservada en caixóns nin manipulada por mans humanas nin envasada en sacas de algodón.

Asadas, cocidas ou fritas, tamén serven para puré, ¡e a Xana alí desperdiciada! Pero a verdade pouco tiña que comer.

11


12


Como se aburría e tiña tempo libre, pensou que tipo de pataca podía ser, e usando un charco como espello moi bonita se empezou a ver.

Unha cor amarelada puntiños marróns e pintas pardas ocos grandes nun extremo e branco crema por dentro.

13


14


E púxose a estudar a historia da súa familia que o revés de moitos galegos non foron, que viñeron da América e empezaron unha nova vida.

Ben acollidas nestas terras, onde antes comíase outra cousa, ¡agora entende a envexa das castañas! debeu ser duro ser suplantadas.

15


16


Ata lle deu un repaso o plano da parcela. Estaba no número cen, ¡e eran trescentas coma ela!

¡Canto papeliño escrito lle facían ter á xente! ¡Cántos euriños gastados para poder comer patacas quentes!

17


18


Un día púxose de loito, ¡que tristura colleu o conto! Pois dando un paseo naquela terra ¡viu unha pataca que morrera!

E de cando en cando pensaba no seu amor e suspiraba co Mr. Potato no intre mesmo do solpor.

19


20


A pataca Xana pasará á historia coma a pataca máis pequena que deu a Limia. Querían estudala os do centro da agraria mais non deron con ela por moito que buscaran.

Os nenos dos colexios inventáronlle unha canción que dicía que á Xaniña queríana un montón.

21


22


Cando chegou o Nadal venderon rifas para un tendal. Un euro por papel pedían, ¡por dar coa Xana sufrían!

Os beléns con mulas e burros xa quedaron no pasado, agora a moda é unha Xana ¡ocupando toda a porta de entrada!

23


24


A xente maior non entendía o seu nome e cando lles dicían que se chamaba Xana, respondían: ¡pois claro que a pataca é sana!

Cada día que pasaba máis famosa era a Xana, e ela sen sabelo fantasiando na lama.

25


26


AlguĂŠn a atopou como quen non quere a cousa rebulindo na terra o caerse unha xoia.

ÂĄSon rico dixo o seu descubridor! E cos cartos que lle deron pola Xana mercou un novo tractor.

27


28


¡Que cousas ten a vida! Co microscopio chegaron a descubrir que a forma dunha persoa asemellaba a Xana posuír.

E así converteuse nunha lenda que pasou de boca en boca, moitas rapazas levan seu nome ¡eu púxenllo a miña porca!

¡Ai a imaxinación da xente! ¡O que chegou a crear! Se era tan pequena e non se vía ¡era porque a Xana non existía!

29


30


31


A pataca Xana era moi anana e quedou abandonada na parcela logo da colleita...

32


A pataca xana  

Un sencillo y divertido cuento escrito en gallego(una de las lenguas de España); donde la protagonista es una patata; producto estrella de m...

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you