Page 1

ÁREA RECREATIVA DO ENCORO DE PORTODEMOUROS A área recreativa do encoro de Portodemouros está situada no lugar de Dombodán, no concello de Arzúa. Conta cunha superficie total de 5.11 hectáreas, as cales están xestionadas polo Concello de Arzúa. O fin principal deste lugar é a producción enerxética coas augas do río Ulla, aínda que se trata tamén dun entorno privilexiado para a práctica de deportes náuticos como a vela, remo, piragüismo…e tamén outros como o sendeirismo, bicicleta, etc. O estado actual da zona é de un abandono bastante marcado debido a que no inverno as actividades realizadas neste lugar diminúen, xa que cando máis visitantes se concentran no lugar é no verán. Situación: Dombodán (San Cristovo), no concello de Arzúa, pola estrada CP-0601, que nos leva directamente ás comportas do encoro.


A un par de quilómetros da parede, a empresa Unión Fenosa oferta a todo aquel viaxeiro que o desexe a posibilidade de cruzar o encoro co seu vehículo a bordo dun ferri, no lugar de Beigondo, o cal se atopa operativo as 24 horas do día e de forma totalmente gratuíta, e que o levará ata a outra ribeira, no lugar vilacrucense de Loño.


Presa da central hidroeléctrica e comportas.

Vista panorámica do pantano. Ó fondo atópanse as instalacións e

dunha pequena piscifactoría.


ZONIFICACIÓN

A área recreativa consta das seguintes partes: -Zona verde con céspede e diversas especies arbóreas. -Pantano. -Clube náutico. -Albergue con cafetería. -Torre de control e “foto finish” para a realización de competicións náuticas. -Aparcadoiro amplo. -Embarcadoiros e pantaláns. -Aseos.

ESTADO ACTUAL: Na actualidade, a zona presenta un importante deterioramento tanto das súas instalacións como do mobiliario ou no referente ás especies vexetais que ali conviven, que son moitas e moi variadas.


Na imaxe pódese apreciar o estado do aparcadoiro, con grandes pozas que dificultan o estacionamento dos vehículos. Sería preciso o asfaltado ou pavimentado do mesmo con algún tipo de material que evitase o empozamento de auga.


O estado de conservación do céspede é bastante malo. Medra en exceso e invade os camiños de grava dos accesos.


Os elementos e carteis informativos atĂłpanse nun estado ruinoso. NalgĂşns casos non pode nin apreciarse correctamente o que hai escrito neles.As madeiras estĂĄn deterioradas e rotas.


Introducci贸n de especies vexetais invasoras, como 茅 a Acacia (Acacia melanoxylon), en detrimento das especies aut贸ctonas.


Seguindo a nosa ruta podĂŠmonos facer unha idea do estado de conservaciĂłn do mobiliario. Os bancos estĂĄn vellos e rotos.


Imaxe da zona verde co clube nรกutico รณ fondo.

Fachada do clube nรกutico. Nas inmediaciรณns do mesmo, debido รก


drenaxe, fórmanse grandes acumulacións de auga, que deterioran as paredes de madeira do mesmo, enchéndoas de humidade. As planchas de fibrocemento que cobren o teito dan unha imaxe pouco estética, co cal debería de ser cuberto con algún tipo de tella ou similar, que lle aportaran unha maior consonancia co medio, para non crear un impacto visual tan grande.


Vista do lateral do angar e da acumulaci贸n de auga no mesmo.


A mala drenaxe fai que o terreo presente un aspecto brañento. Hai colocados varios tubos de drenaxe pero non resultan efectivos debido a que se atopan totalmente obstruídos.

Numerosas árbores e restos vexetais permanecen aínda tirados no chan debido ás fortes tormentas.


Cruceiro de pedra.

Papeleiras mal conservadas, sen bolsa e cheas de lixo.


Os carteis informativos at贸panse nun estado lamentable.


Detalles da torre de control. Cristais rotos e pintadas. Dado que a torre xa non se utiliza para o fin co que foi creada, o noso grupo prop贸n a s煤a transformaci贸n nun observatorio de aves acu谩ticas, xa que son moitas as especies de aves que habitan no encoro.


Vista exterior dos aseos. O teito mostra un importante estado de deterioro, con tellas rotas e numerosas goteiras. O interior dos mesmos presenta, igualmente, numerosas deficiencias como sanitarios rotos, pintadas nas paredes, azulexos e plaquetas despegados, etc..

Mario Melliz Romay Jos茅 Ram贸n Abeij贸n Villaverde. M贸dulo: Proxecto Integrado.


PORTODEMOUROS  

JFGUOFUOFUOFFV UY BUYF F UFFUF

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you