Issuu on Google+

A IDADE MEDIEVAL Durante este período, a igrexa dominaba a sociedade galega. Foi unha época na que houbo frecuentes incursións da piratería procedentes do norte de Europa. Por iso a poboación desprazouse ó interior na pescuda de máis seguridade, refuxiándose no Monte do Castro. Durante a Idade Media, Vigo era coñecido polas súas plantacións de oliveiras e pola seu comercio pesqueiro. Existe constancia documental de igrexas románicas no actual término municipal que proban a existencia de importantes asentamientos de pobación na zona nos séculos XI, XII e XIII, nas localizacións que coinciden coas actuais parroquias viguesas. De este período destacan Santiago de Bembrive, San Salvador de Coruxo, Santa María de Castrelos e Santa Cristina de Lavadores.

SANTA CRISTINA DE LAVADORES Esta igrexa data de 1201. Lévase a cabo unha reconstrución no último terzo do s.XIX. A igrexa do estilo románico, aínda que desgraciadamente perdeu gran parte dos seus elementos románicos.

Santa Cristina de Lavadores (Vigo)


SANTA MARIA DE CASTRELOS: Igrexa románica construída a comezos do século XIV, composta dunha soa nave e ten un ábside semicircular. Ten tres portadas románicas e abundante decoración a base de rosetas e outros motivos xeométricos tipicamente románicos.

Santa María de Castrelos (Vigo) CANTIGAS DE MARTIN CODAX: Neste período tamén destacan las fermosas Cantigas de Amigo escritas por Martín Codax. Martín Códax, tal vez o trobador galego-portugués máis famoso, parece indiscutible que naceu no sur de Galicia, concretamente en Vigo, posto que fai referencia constante ao mar nas súas sete cancionciñas.

Lorena, Alejandro, Irene. 4º curso de Primaria


medieval4