Issuu on Google+

Que será iso da autoestima?

É a imaxe que cada un temos de nós mesmos a nosa aparencia, os nosos coñecementos… Querernos a nós mesmos aceptando os nosos logros e as nosas limitacións. A nosa autovaloración depende das nosas vivencias, da nosa historia persoal, pero sobre todo da valoración que de nós fagan as persoas que son importantes na nosa vida. O modo en que nos nos valoremos determina algo tan importante como a capacidade de rendemento ou a competencia social. Unha baixa autoestima pode traducirse nun baixo rendemento escolar ou en escasas habilidades sociais.


Como Comoinflúe inflúeaaautoestima autoestimano nonoso noso rendemento escolar? rendemento escolar?

O grao de autoestima convértese moitas veces nun factor determinante para o éxito ou o fracaso nas tarefas escolares. Se nós cremos que algo nos vai saír mal, ou as persoas que nos rodean tamén o cren é moi posible que nos saia mal. Ter irmáns/irmás con mellor rendemento escolar cos que nos comparan a miúdo ou recibir bromas pesadas dos iguais, son moitas veces factores que contribúen a menoscabar a autoestima.


Os mestres/mestras na escola axudan a mellorar a nosa autoestima cando…

Ves, como progresaches en lingua, ánimo!

Se o problema da nosa autoimaxe é o noso baixo rendemento escolar, eles deben resaltar calquera pequeno logro acadado inda que estea por debaixo da media da clase. Deben realizar as correccións baseándose neses pequenos logros : “Este exercicio non está ben, debes intentar facelo igual ca onte, que o fixeches moi ben .” Deben suprimir a crítica polo fracaso, ir aos feitos pero nunca con descalificacións persoais.


Que Quepoden podenfacer faceros osnosos nosospais paispara para mellorar a nosa autoestima? mellorar a nosa autoestima?

Os nosos pais deben:

Destacar o que facemos ben valorar as nosas calidades e o noso esforzo. Ensinarnos a dicirnos a nós mesmos comentarios positivos do tipo: “moi ben, acadeino, cada vez sae mellor”

Axudarnos a encaixar os fracasos, animándonos e entrenándonos en reflexións tipo:” hoxe saiume mal pero mañá volvereino intentar” Son un desastre, non sirvo para nada!

Axudarnos a cambiar o discurso: “Son malo, feo, incapaz, non sirvo…” Teñen que crer nas nosas posibilidades.

Animarnos a que nos miremos todos os días no espello e que digamos cousas positivas sobre nós


Recordade Recordadesempre sempreque… que…

Para aumentar a nosa autoestima debemos realizar de modo sistemático todo o proposto. Debemos facer a diario as actividades.

SI, si que sirvo! Beeeen, fíxeno moi ben! Un neno nen

Un neno/nena con autoestima positiva:  Cre no que fai e actúa con seguridade. Asume os seus propios erros e recoñece os seus logros. Ten confianza na súa capacidade para resolver os seus problemas non se acobarda polos fracasos e dificultades que experimenta.

.

AUMENTANDO A NOSA AUTOESTIMA CONSEGUIREMOS SER CADA VEZ MÁIS FELICES, SEGUROS E COMPETENTES



habilidades sociales