Page 1

Concurso de relatos curtos: “A viaxe de Birlo” Acordádevos que vos dixen que estivera de viaxe polo mundo enteiro buscando novos libros para a nosa biblioteca? Pois ben, estando no Brasil, e escoitando ás súas xentes entroume morriña, debeu ser cousa da lingua, parécese tanto á galega…, así que decidín voltar á miña casiña no Sequelo. Pero non creades que a viaxe de volta foi doada, case me perdo e ata pasei medo, por pouco non chego…    

Que creedes que pasou? Que perigos imaxinades que atopei? Como fixen para traer todos os libros? Como pensades que vin desde Brasil ata aquí?

Animádevos a participar cos vosos relatos. O que máis se aproxime á realidade será o gañador.


A volta de Birlo  

A nosa mascota da biblioteca Birlo regresou despois dunha longa viaxe por todo o mundo recollendo novos libros, pero... como voltou? Concurs...

A volta de Birlo  

A nosa mascota da biblioteca Birlo regresou despois dunha longa viaxe por todo o mundo recollendo novos libros, pero... como voltou? Concurs...

Advertisement