Page 1

PLAN DE AUTOAVALIACIÓN E MELLORA DA CALIDADE DA EDUCACIÓN IES Concepción Arenal de Ferrol (A Coruña)

2009


PLAN DE AUTOAVALIACIÓN E MELLORA DA CALIDADE DA EDUCACIÓN IES Concepción Arenal de Ferrol (A Coruña)

SÍNTESE DE AVALIACIÓN INTERNA Despois da reflexión e análise por parte dos diferentes ámbitos de coordinación do centro, grupos de profesorado, departamentos didácticos, comisión de coordinación pedagóxica, dirección do centro e claustro do profesorado, decidiuse presentar este proxecto co fin de resolver moitas das dubidas que polo de agora atopamos no noso traballo diario co alumnado do centro. Xustificación do tema escollido para a súa avaliación interna Na LOE modificouse o currículo coa incorporación das competencias básicas, e no Decreto 133/2007, de 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, incorpóranse as competencias básicas como un elemento novo que se engade ós elementos prescritos xa presentes: obxectivos de etapa, obxectivos de área, bloques de contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación. Como consecuencia do anterior surde a necesidade de introducir as competencias básicas no desenvolvemento do currículo.

Páxina 1


Obxectivos que se pretenden Por todo isto os nosos obxectivos para o curso 2009-2010 neste proxecto de plan de autoavaliación e mellora da calidade da educación do IES Concepción Arenal son:  Compartir ideas, experiencias e recursos sobre a introducción das competencias básicas no currículo entre os membros da comunidade educativa..  Facilitar a elaboración dun enfoque no centro que axude a encontrar posibles pautas para mellorar.  Promover e apoiar o deseño e desenvolvemento dunha estratexia compartida de cambio que axude a mellorar o currículo.  Profundizar na utilización das competencias básicas como factor de integración do currículo real.  Impulsar a participación de toda a comunidade educativa no logro das competencias básicas a través dos compromisos educativos entre o centro, as familias e a comunidade. Metodoloxía para a análise de datos Para dar resposta as esixencias do Decreto 133/2007, de 5 de xullo, durante o presente curso:  Elaboráronse as programacións dos departamentos didácticos introducindo un novo apartado: “contribución de cada materia ao logro das competencias básicas”.

Páxina 2


 Elaboráronse os criterios de promoción e titulación na ESO, sendo necesario para poder titular: “ alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa”.  Elaboráronse fichas de recollida de datos do alumnado para constatar o grado de adquisición das competencias básicas por parte destes nas distintas sesións de avaliación. Como consecuencia das reflexións levadas a cabo nas Xuntas de avaliación, na Comisión de Coordinación Pedagóxica, principalmente, e no Claustro de Profesores, constatouse a necesidade de responder a unha serie de preguntas, para poder elaborar e desenvolver as programacións e para poder otorgar as titulacións na ESO, como consecuencia da introducción das competencias básicas. Estas preguntas son as seguintes:

A inquedanza que surde no centro é a de dar resposta a estas preguntas para poder incorporar as competencias básicas ós deseños curriculares de ESO para poder contribuir a mellora do currículo do centro.

Páxina 3


Resultados da avaliación interna Como consecuencia do proceso de avaliación interna púxose de manifesto que no funcionamento do centro de xeito formal, aínda que non tanto, nalgúns casos, de xeito real, cúmprense os seguintes requisitos:  Introducción nas programacións do apartado de “contribución da materia ao logro das competencias básicas”, aínda que, non sempre está claro a vinculación do logro das competencias co logro dos obxectivos, nin tampouco a avaliación co logro das competencias.  Que para poder titular en 4º de ESO é necesario alcanzar “as competencias básicas e os obxectivos de etapa”. Pois ben, está máis claro, para a maioría do profesorado, como avaliar a consecución dos obxectivos da etapa que o logro das competencias básicas. Tamén se puxo de manifesto a incertidume respecto aos resultados da avaliación diagnóstica de 2º de ESO, xa que logo, no desenvolvemento do currículo, nalgúns aspectos, non están integradas as competencias. Aspectos susceptibles de mellora Por todo o exposto nos epígrafes anteriores plantexase a necesidade das seguintes melloras:  A formación teórica dos membros do Claustro en relación coas competencias básicas e o seu emprego no desenvolvemento do currículo.

Páxina 4


 O deseño e desenvolvemento dunha estratexia compartida de cambio que axude a mellorar o currículo.  A integración das competencias básicas no desenvolvemento do currículo real.  A participación da comunidade educativa no logro das competencias básicas a través dos compromisos educativos entre o centro, as familias e a comunidade.

Páxina 5


PROPOSTA DE PLAN DE AUTOAVALIACIÓN E MELLORA DA CALIDADE DA EDUCACIÓN NO IES CONCEPCIÓN ARENAL (FERROL) Xustificación Como consecuencia da entrada en vigor da LOE e do Decreto 133/2007, de 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas de

educación

obrigatoria

na

secundaria Comunidade

Autónoma de Galicia, surde a necesidade de introducir as competencias

básicas

Titulo: EMPREGO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS NO DESENVOLVEMENTO DO CURRÍCULO

no

desenvolvemento do currículo. Durante o curso 2007/08 introducíronse as competencias básicas nas programación dos distintos departamentos e durante o curso 2008/09 –no desenvolvemento do PEC- elaboráronse os criterios de promoción e titulación na ESO e as fichas –utilizadas nas sesións de avaliación- para o seguimento do logro das competencias básicas por parte do alumnado. Despois das reflexións levadas a cabo durante o presente curso 2008/09 na Comisión de Coordinación Pedagóxica, principalmente, e no Claustro de Profesores, púxose de manifesto a necesidade de responder a unha

Páxina 6


serie de preguntas relacionadas coa introducción das competencias básicas no currículo. Estas preguntas son as seguintes:

A inquedanza que surde no centro é a de dar resposta a estas preguntas para poder mellorar e profundizar na incorporaración das competencias básicas ós deseños curriculares de ESO e desta maneira contribuir a mellora do currículo do centro. Para dar resposta as preguntas suscitadas cabe plantexarse un esquema de actuación que tería os seguintes pasos: 1. Elaboración das programacións dos departamentos segundo acordo da Comisión de Coordinación Pedagóxica en reunión de setembro de 2008. Un dos aspectos importantes do noso plan de mellora no centro coa introducción das competencias básicas no currículo é establecer unha dinámica de presentación das programacións e as memorias dos diferentes departamentos do centro.

Páxina 7


Pois todos os inicios de curso as Xefaturas de departamento así como os diferentes departamentos específicos (normalización, orientación, actividades extraescolares …) temos que presentar a programación para o curso e temos que facela seguindo a norma estipulada polo organismo competente e cos apartados mínimos esixibles cubertos e adaptados ao alumnado para ese curso. Este trámite sempre pasa todos os anos por ser uno dos traballos máis engorrosos e traumáticos para os departamentos antes da data de entrega da documentación na inspección educativa. Este proceso que debe ser imprescindible para un axeitado proceso educativo, debe ser impecable nos contidos da programación didáctica para o curso e debe marcar un referente tanto para os docentes como o alumnado e as súas familias. Os contidos dunha programación didáctica ten que conter unha serie de epígrafes ou apartados que neste momento non se están a cumprir de forma exacta, e con este proxecto de mellora coa inroducción das competencias básicas trataremos de mellorar na súa forma de presentación e no seu contido. E por isto polo que se establece unha sistemática informática, baseada nas TIC´s para a realización, presentación, revisión e control das programacións e memorias dos diferentes departamentos didácticos do centro. 2. Información e formación teórica do profesorado sobre competencias.

Páxina 8


É de capital importancia o coñecemento, por parte do profesorado, dos conceptos de competencia, competencia básica e das competencias básicas recollidas no ANEXO I do Decreto 133/2007, de 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. 3. Analise dos deseños curriculares para concretar que elemento das áreas (obxectivos, contidos e criterios de avaliación) contribúen á consecución de cada unha das competencias básicas. 4. Formular e seleccionar aquelas tarefas que permitan a adquisición das competencias en cada unha das áreas do currículo. 5. Elaborar os criterios de avaliación adecuados para cada nivel educativo no que se encontre o alumnado para a través das tarefas realizadas, utilizando diferentes fontes de información ( traballos do alumnado, exames, observacións na aula, entrevistas, etc.) poder avaliar o grado de consecución das competencias. 6. Valorar as consecuencias que pode ter a incorporación das competencias no proxecto educativo do centro. Estas consecuencias poderían ser de dous tipos:  Consecuencias no currículo: modificación sustancial das tarefas actuais e unha maior integración entre o currículo formal, informal e non formal.

Páxina 9


 Consecuencias organizativas: unha maior flexibilidade nos agrupamentos, facilitando o desenvolvemento de proxectos e itinerarios personalizados, unha maior apertura do centro ao entorno e, especialmente, a colaboración coas familias e as organizacións locais e a apertura as posibilidades que ofrecen os entornos virtuais de aprendizaxe. 7. Analise das consecuencias que pode ter na práctica docente a incorporación das competencias. Estas consecuencias poden ir encamiñadas, ao noso entender, en tres direccións: manter as prácticas actuais que sexan válidas, modificar algunhas prácticas ou incorporar algunhas prácticas novas, según os casos. Obxectivos Por todo isto os nosos obxectivos para este curso 2009-2010, neste proxecto de plan de autoavaliación e mellora do IES Concepción Arenal, son os seguintes:  Elaborar as programacións dos departamentos segundo as pautas acordadas en reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxica de setembro de 2008.  Comprobar o funcionamento do sistema de presentación de programacións e memorias para que estas sexan entregadas tanto en tempo como en forma de maneira sistemática polos departamentos.

Páxina 10


 Mellorar o grado de coñecemento teórico sobre competencias que permita realizar a integración e desenvolvemento do currículo coa inclusión no mesmo das competencias básicas.  Ordenar os distintos elementos (obxectivos, contidos,..etc.) que conforman cada

unha

das

competencias

nos

deseños

curriculares.  Definir e seleccionar as tarefas adecuadas para que o alumnado aprenda os elementos que conforman a competencia.  Elaborar os criterios de avaliación para avaliar o logro das competencias,

prestando

especial

atención

as

tarefas

seleccionadas.  Analizar

as

competencias

consecuencias nos

proxectos

que

a

incorporación

educativos

ten

das

para

o

desenvolvemento do currículo e para a organización do centro.  Analizar

as

consecuencias

que

a

incorporación

das

competencias ten para a práctica docente. Accións que se van desenvolver - calendario As accións e a súa temporalidade será a seguinte:  As accións formativas levaranse a cabo nos dous primeiros trimestres do curso, nos que o profesorado será informado, e formado, de forma presencial, mediante a participación de expertos no tema.  Tamén se efectuarán, nas sesións programadas a tal fin, intercambio de ideas, experiencias e recursos sobre o emprego

Páxina 11


das competencias básicas no desenvolvemento do currículo entre os membros da comunidade educativa.  Durante os primeiros meses de curso setembro e outubro realizarase unha verificación do sistema de mellora da sistemática de presentación das programacións, segundo o esquema remitido polo servizo de Inspección.  Nas sesións das avaliacións efectuaranse, en cadernillos, elaborados para tal fin o grado de adquisición das competencias básicas por parte do alumnado. Unha vez finalizada a sesión estableceranse unha serie de gráficas de control para comprobar a eficacia da sistemática empregada.  O longo do curso os distintos departamento efectuarán as acción oportunas para poder levar a cabo a dinámica de implantación e verificación do seguimento do plan para o emprego das competencias básicas no desenvolvemento do currículo.  Nos meses de abril e maio realizaranse xuntanzas de análise de resultados do elementos controlados para establecer a eficacia e control de todos os sistemas redactados. Criterios de avaliación O sistema de avaliación do plan de autoavaliación e mellora, unha vez realizados o primeiros pasos de redacción, comunicación e formación do profesorado para a aplicación da nova sistemática do plan para o emprego das competencias básicas no desenvolvemento do currículo, será mediante enquisas de verificación do grao de logro e satisfacción do alumnado, do profesorado e das familias do alumnado.

Páxina 12


Apoios necesarios Para

a realización deste proceso de mellora da avaliación

necesitaremos:  Apoio e coñecemento do proxecto da comunidade educativa.  Tamén será necesario o apoio do CFR de Ferrol para poder acadar certificacións de formación para entregar o profesorado que realice o proceso de formación interno do proxecto de mellora.  Implicación da inspección educativa para o control e supervisión do sistema realizado.  Poder dispor de tempo durante o calendario escolar para a realización das tarefas de formación do persoal do centro. Necesidades formativas. Unha vez elaborado os documentos polo grupo de redacción dos mesmos estes serán comunicados en sesións formativas o resto do claustro para a súa aprobación e posterior utilización. Será necesario e están programadas a realización de charlas formativas e informativas, levadas a cabo por persoal cualificado, sobre a problemática do emprego das competencias básicas do desenvolvemento do currículo, da sistemática da presentación de programacións e memorias e a súa viabilidade e aplicación en centros educativos…

Páxina 13


Ademais sería interesante poder ter sesións informativas de recordatorio sobre o traballo realizado neste curso 2009-2010 para o persoal de nova incorporación no centro de forma definitiva. Necesidades orzamentarias As necesidades do proceso de mellora serán máis bens funxibles de papelería e material informático, para poder realizar e levar acabo a tarefa de redacción deseño, maquetación, impresión e os custos das horas de docencia impartidas por persoal cualificado para a formación do profesorado do centro cos documentos que deriven da realización do proxecto de mellora da calidade da educación. Polo tanto solicitamos o máximo dispoñible para a realización deste proxecto de plan de autoavaliación e de mellora no centro. Relación nominal de participantes Na aplicación deste proxecto de plan de mellora participará o seguinte profesorado (anexo I).

Páxina 14

Plan de autoavaliación de mellora da calidade de educación 2010  

desenvolvemento do proxecto

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you