/programaci%C3%B3n_2011-12

Page 55

Utiliza axeitadamente razoamentos matemáticos para resolver problemas, obter conclusións e valorar con sentido crítico o grao de coherencia dos resultados obtidos.

COMPETENCIA DIXITAL As actividades a cualificar deben incluír…  Elaboración de documentos con inserción de imaxes, táboas ou obxectos, utilizando un procesador de textos. 

Exercicios que impliquen a utilización dunha folla de cálculo.

Utilización de páxinas web para a obtención de información relativa a distintos conceptos tecnolóxicos.

Uso do correo electrónico como ferramenta para recibir e enviar mensaxes

Uso de programas de deseño gráfico para a presentación dun proxecto tecnolóxico.

Utiliza distintos medios tecnolóxicos (correo electrónico, foros…) para comunicarse.

Busca e selecciona axeitadamente información na rede.

Elabora producións dixitais utilizando as TIC (textos, imaxes, vídeos, sons…)

o

Proxectos: Mediante a observación directa do traballo do alumno para valorar as seguintes competencias:

COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER •

Coñece e aplica estratexias de aprendizaxe (compresión lectora, concentración, memoria…)

Organiza con eficacia o seu tempo e os recursos materiais para desenvolver actividades tanto individuais como colectivas.

Coñece as súas fortalezas e trata de superar as súas carencias avaliando os erros cometidos no proceso de aprendizaxe.

COMPETENCIA DO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO •

Interpreta e analiza os fenómenos naturais, científicos e tecnolóxicos.

Utiliza axeitadamente o proceso de resolución técnica de problemas.

Manexa correctamente as ferramentas e cumpre coas normas de seguridade.

AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL

55


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.