Issuu on Google+

SEGURIDADE COAS TICs

+MIRA POLO TEU ORDENADOR  Instala un antivirus, un antispyware e un cortalumes e non esquezas actualizalos periodicamente, xa que en caso contrario non recoñecera novos virus.  É importante usar tamén un cortalumes ante os hackers.  Os correos sospeitosos non se deben abrir ata ser analizados por un antivirus e terse comprobado a súa seguridade.  Hai que ter en conta que antes de instalar un novo dispositivo de seguridade débese desinstalar o anterior; xa que, se non, poden causar un conflito.  Débense facer copias de seguridade dos arquivos periódicamente para minimizar as perdas ante posíbeis ataques.


SEGURIDADE COAS TICs +VIXÍA OS ESPÍAS 

Nunca debes dar os seguintes datos: nome, enderezo físico, número de teléfono, número da Seguridade Social, contrasinais de ningún tipo; nin os teus nin os de ninguén.

Referíndonos ás contrasinais ten en conta que non sexan fáciles de achar, combina carácteres, pero non a esquezas.

Os nenos debido á súa inocencia poden facilitar datos a descoñecidos polo que é recomendábel restrinxir as súas visitas a páxinas seguras.

Procura non responder a solicitudes de información persoal por medio do correo electrónico.

Sal utilizando Logout, Saír, Pechar Sesión ou algunha indicación equivalente.

Nos accesos dende lugares públicos débese ter coidado con quen está mirando, mudar os contrasinais periodicamente, borrar o historial e pechar todas as ventás unha vez rematada a sesión.

Non uses a opción "gardar contrasinal" que dan algúns navegadores.

É produtivo usar programas alternativos aos de Microsoft xa que estes adoitan ser o branco principal para os piratas informáticos.

Utiliza un contrasinal para os temas de maior seguridade(contas bancarias...) e outra para os de menor (subscricións...).


SEGURIDADE COAS TICs +MANEXANDO CIBERCARTOS 

Opta polos sitios web máis recoñecidos que pertencen a empresas fiables, tanto da Internet coma do mundo físico.

Paga contra reembolso ou mediante micropagos coma o servizo de PayPal.

Comproba que a páxina onde deixas os datos da túa conta é: "https", e non a habitual "http".

Evita as transaccións monetarias mediante empresas de envío de cartos.

Leva a conta das transaccións on line, vixia no e-mail posíbeis mensaxes do vendedor e revisa os extractos bancarios das tarxetas de crédito a cotío.

Non entres en anuncios nos que se garanta unha ganancia de diñeiro coma lotarías, bingos, póker.


SEGURIDADE COAS TICs +ASEGURA A POSTURA E A CORDURA

Ten coidado cos danos físicos derivados do uso das novas tecnoloxías. Para iso: 

Senta correctamente diante do ordenador para evitar problemas na columna, formando un ángulo de 90º entre o tronco e as pernas.

Coidado co cableado eléctrico.

Aquelas persoas que sofren epilepsia deben asegurarse do contido de imaxes dos programas que usa, sobre todo dos xogos.

Toma un pequeno descanso cada 45 minutos.

O uso excesivo das TIC pode derivar en problemas de visión.

Coida os programas de uso dos nenos.

Cumpre o código PEGI dos videoxogos de calquera soporte.

Non empregues demasiadas horas ante o ordenador e se tes unha adición, acude a un psicólogo.


SEGURIDADE COAS TICs +PON UNHA CORAZA CONTRA A AMEAZA

No caso de sufrir "ciberbulling" non se debe contestar ás mensaxes e, no caso de ter recibido un e-mail, este non debe abrirse e débese bloquear o remitente.

O alcume que uses nun chat non debe dar ningún dato sobre a persoa que o usa como sexo, idade, nome ou cidade.

No caso de ir a coñecer en persoa a alguén dun chat é recomendable ir acompañado e tamén durante as primeiras citas para asegurarse de que non hai perigo.

Se coñeces a alguén que está sendo ameazado, acosado ou chantaxeado na rede: cóntallo aos Teus pais e se é preciso á policía.


Andadeira: seguridade en relación ás TIC (Grupo Miguel)