Page 1

AS PREPOSICIÓNS As preposicións constitúen unha categoría gramatical invariábel que ten como función ligar un complemento (que usualmente ten como núcleo un substantivo, un pronome ou un infinitivo) con outro elemento da oración. As preposicións de uso máis xeral en galego son: ▪ a: Miña nai marchou a Rianxo ▪ ante/perante: O acusado está ante/perante o xuíz; Non vou falar perante Xosé. ▪ até/deica: Vou esperar até maná; Fun deica Madrid ▪ baixo: ¡Métete baixo o paraugas que chove! ▪ cando: Tareixa non sabe cando vai voltar ▪ cas: Xosé aínda vive cas seus pais ▪ con: Estiven falando onte con ela ▪ conforme/consonte: Consonte o que din a lei, non cometemos ningunha infracción ▪ contra: Non tes que navegar contra o vento ▪ de: O coche vermello é de Carlos ▪ dende/desde: Vou ir á escola dende o mércores ▪ en: Tes que quedar en casa ▪ entre: Debe de haber algún problema entre eles ▪ excepto/agás/bardante: Todos pensan igual agás tí. Vin todo bardante o can. ▪ malia: Ímos ir á igrexa malia o mal tempo. Vou facelo malia o que penses. ▪ mediante: Foi máis doado convencelos mediante a palabra ▪ para: Este agasallo é para ti ▪ segundo: Vou facelo segundo mo dixo meu pai ▪ sen: Carlos marchou sen as súas gafas. ▪ senón: Abrígate, senón vas coller unha enfermidade ▪ sobre: Xa non temos nada que falar sobre o tema ▪ tras: A vila está tras eses montes ▪ xunta: O noso piso está xunta a libraría ▪ onda: O meniño está onda María

As Preposicións  

Preposicións máis utilizadas en galego.