Page 1

1. OBXECTIVOS A biblioteca do IES Pedro Floriani convoca un concurso de vídeo creación cos seguintes obxectivos: -

Conmemorar a festividade do Samaín.

-

Promover o uso da lingua galega entre os membros da comunidade educativa / alumnado.

-

Fomentar a creatividade de base en lingua galega como forma lúdica de galeguización e de creación do mercado cultural.

2. PARTICIPANTES Poderá participar, de xeito individual ou formando equipos, o alumnado do centro. Cada participante só poderá achegar ata un máximo de dous vídeos, ben presentándose de maneira individual ben, como integrante dun equipo. Farase unha selección en dúas categorías: - Alumnado de ESO. - Alumnado de Bacharelato. 3. CARACTERÍSTICAS DOS VÍDEOS -

Os vídeos terán unha duración máxima de 7 minutos.

-

Deberán estar en formato AVI.

-

Terán unha temática que se relacione coa festividade do Samaín.

4. FORMA DE PRESENTACIÓN Os vídeos serán entregados gravados nun CD ou DVD. Este CD ou DVD irá nun sobre pechado que conterá por fóra un pseudónimo da persoa ou do equipo participante. Cada persoa ou equipo entregará ademais outro sobre no que se indicará pola parte de fóra o pseudónimo da persoa ou do equipo participante e no seu interior o nome e apelidos e curso da persoa ou dos membros do equipo. Os traballos entregaranse na biblioteca do centro.


5. PRAZO DE PRESENTACIÓN O prazo de presentación comezará o día 10 de outubro e rematará o 10 de novembro de 2010. 6. PREMIOS Outorgarase un primeiro premio consistente nun lote de libros-música-DVDs en galego /vale de compra para gastar en calquera das librarías do concello de Redondela. Os vídeos serán expostos publicamente no vestíbulo do centro durante os recreos, entre os días 14-16 de novembro. 7. XURADO A selección dos vídeos farase mediante xurado popular. 8. SELECCIÓN, AVALIACIÓN E ENTREGA DE PREMIOS Para a selección dos traballos o xurado terá en conta: -

A adecuación ao tema solicitado.

-

A orixinalidade dos contidos.

-

A claridade expositiva e a calidade lingüística.

Ao xurado correspóndelle avaliar os traballos presentados. Poderá declarar deserto o premio ou conceder os premios extraordinarios que considere oportunos. A decisión do xurado farase pública o día 17 de novembro e serálle comunicada á dirección de cada un dos centros participantes. A entrega de premios farase na biblioteca o día 18 de novembro. En contra da decisión do xurado non caberá ningún tipo de recurso. 9. BASE FINAL Os traballos premiados serán propiedade dos seus autores aínda que o centro se reserve o dereito de reprodución e comunicación pública.


Logo da reunión do xurado, os traballos non premiados estarán durante un prazo de 15 días na biblioteca para que os autores e autoras que o desexen poidan recollelos. Logo deste prazo serán destruídos. A participación no concurso supón a total e plena aceptación destas bases, sobre as que, perante calquera dúbida, prevalecerá a opinión do xurado. Redondela, … de outubro de 2010

Bases Concurso Samain  

Bases para concursar e gañar.