Libro festa folc digital

Page 1

Festa folc VilariĂąo 2017

1


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

2


Festa folc Vilariño 2017

LIMIAR A imaxe trae aquelas verbas de Wenceslao Requejo Buet “A enseada estremecida ao ventiño fresco do abrente, gozosamente desprendida dos veos sombríos da noite, vaidosa e coqueta – feminina ao fin- ofrenda xenerosa, facendo xurdir das súas profundidades o tesouro fabuloso das máis preciosas xemas, un prodixio de cor e de luz nunha confusa amálgama vívida, tremente, mentres a escuma – risa do mar- vai cantando un himno xubiloso de esperanza, a boa nova dun fermoso día que nace, e anúnciallo aos bosques, aos milleirais e ás aldeíñas que a rodean coas súas pequenas casas gabeando polo monte e os seus sonoros nomes cantareiros: Vilariño, Aldán, Bon, Pinténs, O Hío...”Un anaco do conto galego “Ría”, escrito na nosa parroquia do Hío “en Couso, nun luminoso abrente de agosto de 1960” Pois así amencía a praia, na mañá seguinte á pasada festa folc, aínda cos sabores doces dunha xornada festeira chea de baile, sons e anos que celebrar con Vilariño Tolo e Tebras, con Leo Arremecághona, Carapaus, Riobó, The Fatty Farmers, os Ruxe Ruxe e cunha vibrante mostra de artesáns acompañados por Os Monifates, o baile de Miguel Sotelo e os músicos espontáneos que se sumaron. Unha xornada espectacular. Desta volta queremos que ese fresquiño do amencer da nosa aldea se volva a repetir co sorriso dos bos momentos desta nova edición que está por vir, a XVIII da nosa festiña. Co paso do tempo podemos dicir que cumpre a maioría de idade en anos de traxectoria e en edicións, dando sempre relevancia a nosa tradición musical pero sen restar un ápice de diversión, implicándonos sempre na responsabilidade medioambiental, exaltando o coidado da nosa contorna. Un ano máis a festa folc volve apostar pola música tradicional no encontro pandeireteiro cos diversos colectivos da contorna, os ritmos de EIKASIA, WONDERCOVERS, con grupos liderados por mulleres como LAGHARTEIRAS, DONICELAS e SUSANA SEIVANE, pola reivindicación e mestizaxe dos internacionais CHE SUDAKA e polos ritmos trepidantes do grupo da contorna, The Skarnivals.

986 128 004

Padre Seixos 32, baixo. Vigo

info@sportcliniccangas.com 886 091 952 / 662 541 924

San José 18, baixo 986 302 480 36940 Cangas aesmorga.papeleria@gmail.com

3


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

DONICELAS

Donicela é o nome máis común na nosa lingua para o máis pequerrecho dos mustélidos, Mustela Nivalis, coñecido no Morrazo como denosiña. E foi o nome escollido por esta formación que naceu no xa afastado 1992 no CEP Altamira de Salcelda de Caselas, como continuación dunha actividade escolar posta en marcha no colexio por Antón López, integrante de Treixadura. Foi aló onde un fato de raparigas comezou a fedellar en ferreñas, melodías e ritmos tradicionais e aquilo foi o xermolo do que despois sería Donicelas. E foi coa formación redondelá, que xa tivemos ocasión de ver na nosa praia, coa que se estreou nas gravacións, pois colaboraron no seu Obrigado ( Discmedi, 1996). Tamén colaboraron posteriormente con outra formación da Louriña, Na Lúa, no seu Feitizo (Boa Music, 1999). Houbo que agardar até o 2005 para Donicelas publicaren o seu primeiro disco, Que nunca fora abalada (Edisco, 2005), no que reflectiron a que hoxe é –aínda- a súa liña mestra. Melodías tradicionais, moitísima importancia para a parte vocal, coas pandereteiras como eixo sobre o que pivota toda a música do grupo, na altura formado só por elas. Tras outros once anos de silencio discográfico, no 2016 o segundo disco de Donicelas, homónimo, afonda aínda máis no vieiro que veñen trazando nos seus xa 23 anos de vida. Para alén da muiñeira “Donicelas” –agasallo de Paulo Nogueira (Treixadura) en 2012 polo 20º aniversario da banda-, da “Rumba dos anaquiños” de Xesús Díaz e da “Muiñeira de Mos”, incluída no arranxo de “Costureiriña” e da autoría de Xulio Lorenzo, o resto das melodías –predominantes muiñeiras e xotas- que soan nas nove cancións do disco proceden da nosa tradición. Mais hai unha diferenza entre os traballos, froito da evolución da banda ao longo dos anos. Na súa estrea de 2005, Donicelas presentábase coma un grupo de pandereteiras e a presenza doutros instrumentos no traballo viña da man dos membros de Treixadura que colaboraron activamente en todo o proceso. Eran nomeadamente acordeón e gaita os que aparecían naquel traballo, aínda que non estivesen sempre nas actuacións ao vivo. Agora, Donicelas alén de por Andrea, Bea, Noelia e Rosa que poñen voces e percusións, está formada tamén por Víctor e Xesús, acordeón e gaita que xa non son colaboracións externas senón parte esencial do disco e do directo do grupo salcedense. O novo disco comeza coas voces das Donicelas soas, ás que se lles une apenas unhas cunchas –no retrouso- e despois un acordeón. Muiñeira cantada, acompañada despois por pandeiros, estrofas tradicionais para o tema que se chama coma o grupo e coma o disco. A gaita tarda en aparecer na maioría das pezas en que aparece, pois as cantadas ármanse de inicio sobre acordeón e percusión. De feito esta estrutura de voces, percusión menor e acordeón repítese en varios momentos ao longo do disco, rachada pola colaboración de Isaac Millán que fai soar o seu bouzuki na “Muiñeira de Oliveira” para lle dar feitura rítmica ao tema ou polo whistle –tocado por Xesús- que aparece en “Flor de Murta”, na que tamén colabora Uxía Senlle. Non son as únicas colaboracións, pois varios ex-membros ademais de Paulo Nogueira e Miriam Lorenzo tamén fan a súa achega a Donicelas.

Avda. José Graña 74, ALDÁN. 36945 Cangas (PO) telf: 986 391 003 / fax: 986 391 293 pescadosmarcelino@pescadosmarcelino.com www.pescadosmarcelino.com 4


Festa folc Vilariño 2017

SUSANA SEIVANE

A segunda en pasar polo escenario da praia será a gaiteira Susana Seivane, acompañada da súa banda. Non precisa moita presentación esta artista nada en Barcelona no seo dunha familia emigrante -e gaiteiril- que volveu aos 9 anos para Galiza e que bebeu dos grandes mestres da nosa música, comezando polo seu avó Xosé Manuel Seivane, fundador dun dos obradoiros con máis sona no mundo da gaita. Susana Seivane é, sen lugar as dúbidas, unha das mellores gaiteiras do país e un referente internacional da nosa música. Neta, filla, sobriña e curmá de artesáns, arrodeada desde cativiña por punteiros e foles, non é de estrañar que con apenas 3 anos se iniciase no mundo do noso instrumento nacional e que aos 10 anos xa dese concertos polo país adiante. Porén, Susana enceta verdadeiramente a súa andaina profesional coa publicación do disco Susana Seivane (BOA Music, 1999), producido por Rodrigo Romaní, un dos membros fundadores de Milladoiro. Este traballo, baseado en temas tradicionais e composicións de artistas galegos, lévaa polos mellores escenarios do folc nacional e internacional, acadando grandes éxitos e loables críticas. Esta súa estrea edítase xa en Europa, EE.UU. e Canadá. Aínda publicaría con BOA dous traballos máis, Alma de Buxo (BOA Music, 2001) e Mares de Tempo (BOA Music, 2004) nos que segue a percorrer vieiros que fusionan a enxebreza da música tradicional co mundo do século XXI e nos que aparece unha extensa e notable nómina de colaboradores como Guadi Galego, Ugia Pedreira, Xavier Paxariño, Uxía Senlle, Kepa Junkera, o “Pulpiño” Viascón ou o seu propio avó, Xosé Manuel Seivane. No 2009, cando se cumprían 10 anos da súa estrea, Seivane publica o que é o seu último álbum de estudio polo de agora, Os soños que volven (ENAVÍES, 2009). Argallado como unha escolma das músicas que vén interpretando desde que comezou coa gaita de pequena, o disco resumiu en 14 temas as máis de 200 composicións que xuntou cando decidiu facer esta selección. Polo traballo discorren a sapiencia de Moxenas, Ricardo Portela, Milladoiro, Os Campaneiros, Xosé Manuel Seivane, Cántigas da Terra ou incluso notas ultramarinas da man dos Irmáns Garceiras de Melide ou de Xulio Amado Silva. Unha homenaxe aos protagonistas da música tradicional galega no século XX na que volven aparecer colaboradores -Anxo Pintos, Harry Price ou Luís O Caruncho- que, como moitos dos citados anteriormente, xa mostraron a súa mestría no escenario da Festa Folc de Vilariño. Despois deste disco, no 2015, Seivane publicou un mini EP con 3 temas Esperando a Fiz e o DVD ao vivo Susana Seivane e amigos, que recolle a súa actuación nas festas da Coruña de 2012 e que mostra todo o poder da proposta desta gaiteira ao vivo, proposta da que poderemos gozar nesta nova edición da nosa festa.

5


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

CHE SUDAKA

O grupo CHE SUDAKA foi fundado en 2002 na cidade portuaria mediterránea de Barcelona e é considerado hoxe en día un dos referentes internacionais da mestizaxe. A banda dos irmáns arxentinos, Leo e Kachafaz, e mais os seus dous compañeiros colombianos, Cheko e Jota, fai que a súa fusión da cumbia, o ska e o punk se converta nunha garantía de festa. As súas significativas e reivindicativas letras derruban calquera fronteira, sexa cultural, ideolóxica ou física, e defenden a convivencia humana contra as divisións políticas e mediáticas. Un discurso coherente que distingue a banda das propostas de masas. CHE SUDAKA converteuse en emblema dunha forma de ser e dun movemento cultural, no vencello que une unha familia planetaria. Os catro músicos sudamericanos, que viviron na súa propia pel a dura vida do inmigrante sen papeis, foron convidados a festivais musicais en corenta países e deron case un milleiro e medio de concertos por todo o mundo. A súa música nútrese das culturas populares sudamericanas e de bandas xa lendarias como The Clash, Mano Negra ou Los Fabulosos Cadillacs. A arrebolada de enerxía positiva nos escenarios é a súa marca inconfundible, unha imparable apisoadora que leva o público tanto a bailar como a pensar: festexar xuntos, soñar xuntos e vivir de forma solidaria. Non obstante, o grupo non se deixa instrumentalizar por ideoloxías políticas senón que encontra o seu sitio ao carón dos movementos de raíz en todo o mundo cuxos activistas loitan por unha mellora das súas condicións vitais e unha maior influencia nas decisións gubernamentais: Power to the people! CHE SUDAKA é una banda con misión, unha banda que se entende a sí mesma como medio de consciencia colectiva. A súa música convértese na arma dunha loita pacífica por unha sociedade solidaria. A música é o medio para o fin, o idioma para que se comprendan as súas mensaxes en todo o planeta. Desde Colombia até Europa do Leste, desde México até o Xapón e este ano tamén na nosa Festa Folc: CHE SUDAKA invita a súa festa popular e os seus fieis seguidores quentan motores para todos volver mirar o mundo do revés!

Rúa Benigno Soage 3, bajo. Cangas (PO) / 886 165 071 6

FISIOTERAPIA 637 757 020 San Pedro - Darbo


Festa folc Vilariño 2017

THE SKARNIVALS

A banda de Bueu, debedora do ska e punk do último terzo do século XX, naceu no 2009 co nome de Skakeo. Moi logo mudou o nome polo actual, aínda que tamén empregou a denominación orixinal para nomear o seu primeiro EP de 5 temas, que lles permitiu ir facendo un nome na escena ska-punk europea. En outubro de 2012 a banda lanza o seu primeiro LP, Torsión Mundial. Un disco composto por 10 temas, repleto de forza e que fusiona diversos estilos levándoos a dar o salto a diferentes puntos da península. Ademais, este primeiro LP convérteos nunha formación con moitísimo tirón na nosa bisbarra, con concertos ateigados de rapazada que baila e canta os temas e conseguindo varios sold outs, o último hai menos dun ano, na presentación do seu novo disco, Movimiento irracional. Letras en galego e castelán, músicas baseadas no ska que a pesar de gustar da aceleración que marcou este estilo nos 80 e 90 do pasado século saben se refrear e dar pinceladas da versión máis clásica e pausada deste ritmo nado 30 anos antes do encontro do rural xamaicano coa música afroamericana de moda na altura. Destaca tamén o engadido folk que gaitas e frautas lle dan ao son dos Skarnivals, achegándoos por veces ao rock galego de riff e punteiro que practican numerosas bandas no país. Porén, o deles é maioritariamente o ska-punk acelerado, idóneo para o baile, e moi do agrado como dicimos das seareiras máis novas. Boa ocasión para comprobar que The Skarnivals seguen en boa forma foron as datas xa celebradas do seu Irracional Tour, que os levou o 12 de maio a Compostela, para acompañar os lendarios The Toasters, o 20 de maio a Vigo e a primeira fin de semana de xuño até o Ourenrock que se celebrou na cidade das Burgas. Agora, é a quenda de gozarmos cos ritmos trepidantes destes rapaces de Bueu na nosa Festa Folc.

Bajada a la playa, 27 Nerga - Hío - Cangas 986 329 329

7


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

A TENDA DO GATO Xa podedes mercar as camisolas co logobecho da centola a 10€ para adultos en tallas S, M, L, XL, 2XL, 3XL, 4XL e a 8 € as tallas para cativ@s de 1 ano, 2 anos, 3/4 , 5/6, 7/8, 9/10, 11/12. E si queres levar un agasallo e lembrar todo o ano “Un día de folc en Vilariño” podes mercar por 7€ o CD do proxecto musical “En danza co gato” de PANDECROBA que inclúe a canción orixinal do gato e a muiñeira de Vilariño composta polo gaiteiro Anxo Gago. Os puntos de venda estarán no local social da aldea de Vilariño e tamén no Buxaina, O Carlete, Pizza Bona, Chiringo Bruno e na Cova da Laxe en Cangas.

C/Félix Ozámiz 8 CANGAS 886 125 165

8

C/Baiona 8, 4ºB 36940 Cangas (PO) 986 302 171 / 666 702 235 mdacomunidades@mda.coafga.org


Festa folc Vilariño 2017

LOGOBECHO. A centola Podémonos poñer estupendos facendo referencia ao nome científico do logobecho: maja squinado e tamén as súas características: crustáceo mariño da orde dos decápodos, dotado de pinzas no primeiro par de patas, co cacho ovado, robusto e con numerosas protuberancias, de cor vermella ou rosada. Pode acadar unha Lonxitude máxima 30 cm, habitualmente entre 17 e 20 cm, aliméntanse de algas e moluscos, podendo cambiar a súa dieta no verán por ourizos e cogombros mariños. Vive nos fondos mariños ao redor de 100 m de profundidade, entre roca e area, cuberto de algas que lle permitan camuflarse; ten unha fase migratoria cando son adultos, camiñando ata 100 km para establecer colonias durante a época de apareamento e cando se atopan en períodos de muda, mostran un comportamento máis gregario, posiblemente para protexerse. Captúrase con nasas, miños e trasmallos. Pero falar da centola, é facer referencia á gastronomía galega e hai que saber distinguila, así o facía Álvaro Cunqueiro: “Pra que se vexa ben o que é unha centola do noso mar, agora andan polos restaurantes e polas tabernas centolas de Francia, descoloridas, fraques, tristes, apoucadas si lles cae a carón unha das galegas, rotunda, plata e carmesí como a falda da Infanta dona Margarida de Austria, que pintou Velázquez. Unha centola das que entran nunha nasa dos grovios, —hai que decir así, coma si foran xente de polis grega, o palidos dos pescadores de O Grove, que andan coas súas nasas por todo o litoral das Rías Baixas—, eso é unha raíña do mar, que saíu de xardín, e caíu na trampa, (...) Unha centola é o máis exquisito dos froitos do mar, e dá varios sabores diferentes, que un é o das patas maiores, a carne en capiñas sober do cartílago interior, e outro o das patas curtas, e outro o do corpo, e outro o do cacho, si ten coráis millor, e si está espeso, color terra de Siena. O millore que se pode facer cunha centola é comela cocida. Pecado é facer un salpicón: agora coido que xa, dado o precio, ninguén o fai. En Galicia non entrou a moda vasca do txangurro, eso que nas tabernas do Berbés, poño por caso, ben llo ollaban facer, todos os anos, cando festexaban, sonoros, o De San Pedro, aos mariñeiros de acolá, que andaban na costeira do bonito nestes mares. Cunqueiro, Álvaro (1973). A cociña galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-181-5. Como nos coñece Davila que sempre fai logobechos ben xeitosos, este ano, coa tola centola!

Praia de Areacova - ALDÁN / 986 329 897

C/Fomento 5, local 5 36940 Cangas (PO) www.aliautoescola.com

986 161 565 603 427 160 info@aliautoescola.com 9


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

V MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

Xa vai un lustro dende que comezou esta pequena mostra, dando forma a un espazo vibrante ao longo dunha xornada ambientada nos sons dos instrumentos de música tradicional. Rodeados de artesáns e grandes músicos, cun ambiente cheo de música e baile apostando por achegar aos nosos veciños a música folc e de mestizaxe, que se disfrute de seu son pero tamén se coñeza de onde proceden, quen son seus creadores. Nesta xornada volveremos a poder mercar e apreciar de preto instrumentos como gaitas, frautas, pandeiros, pandeiretas, culleres, tarrañolas, bombos, zanfonas, arpas celtas, pitos, etc; coa novidade dun posto textil onde se poderá mercar e apreciar as vestimentas tradicionais. Un ano máis a treboada do ghato abrirá a mostra, a improvisación dos músicos marcará a xornada que contará coa participación de Lagharteiras. Repetimos o obradoiro de construción dun PANDEIRO impartido por Foliqueiras o xoves 16 de agosto, bulide a apuntarvos!

ARTESÁNS PARTICIPANTES:

-Queima. Vento e percusión. Redondela -Foliqueiras. Percusión tradicional. Vigo -Cristobal Prieto. Gaitas e frautas. O Hio -Ocarinas Paparolo. Ocarinas-asubíos. Santiago Compostela. -Seivane. Gaitas. Cecebre- Cambre. -César Loureiro. Arpa celta, zanfona e nickelharpa. Marín -Afonso. Gaitas e frautas. O Rosal. -Obradoiro Balea. Gaitas. Darbo -Diego Langarika. Corda e percusión. Pontecaldelas -David Miguelez. Arpa celta. Morgadáns. -Na Ristra. Traxe Tradcional. Laracha. -Alberto Pires. Gaitas galegas. Pontesampaio.

Alimentación Celia C/Manuel Graña 13, bajo Telf.: 616 499 418 10

Montemogos 161 Beluso Bueu(PO) 986 323 994


Festa folc Vilariño 2017

LAGHARTEIRAS

“Lagharteiras” nace no ano 2007, e dende a súa orixe está composto por mulleres cunha ampla traxectoria no eido da música tradicional, que aúnan os seus coñecementos para afrontar un novo proxecto encamiñado a dignificar e dar o valor que lle é de seu ao noso patrimonio cultural. O grupo, dirixido por Carlos Álvarez, ten como obxectivo principal afondar nas raíces da nosa música, vestimenta e da nosa cultura en xeral, para manter o legado que durante séculos e xeracións foise transmitindo ata chegar aos nosos días, e cuxo obxectivo final vai encamiñado a divulgación dese traballo mantendo a autenticidade e orixinalidade das recollidas de campo que realizaron durante anos de investigación, converténdose así nun eslabón máis desa importantísima cadea. Na actualidade, sitúanse entre os grupos de pandereteiras de maior recoñecemento da nosa comunidade. Son arredor dunha trintena de premios os que avalan a súa traxectoria. No ano 2015 publicaron o seu primeiro CD, o cal recolle unha parte importante de todo o traballo realizado dende a súa formación. Veñen de participar ademáis en gran cantidade de festas e festivais de moito prestixio no eido da música tradicional, recorrendo gran parte da xeografía galega, así coma León, Oviedo, Ávila, Xixón, Madrid...entre outros

11


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DUN PANDEIRO

No pasado ano tivemos a primeira edición do Obradoiro de construción de pandeiro. Foi todo un acerto poder contar con Foliqueiras para facelo, xa que proporcionaron todo o material e facilitaron o traballo de construción aos 15 aplicados alumnos, 12 mulleres e tres homes que moi ben compaxinados seguiron as indicacións polo miúdo, tratando a pel, dando forma á estrutura e cosendo para converter o que sería seu pandeiro con sinal de identidade propio. Neste ano volvemos a repetir o Obradoiro, agardámoste!

facebook: lolalolitaloly anillos, pendientes, colgantes, broches, etc.. Todo hecho a mano. Se pueden personalizar. lolalolitalola313@gmail.com

12


Festa folc Vilariño 2017

A GAITA

A Gaita foi construida por Cristóbal Prieto en madeira de buxo (Buxus sempervirens), unha madeira que está secada ao natural dende 1987, cortada en Boimorto – A Coruña. Para a construcción selecciónase a madeira por secado, beta, densidade etc… empréganse técnicas de cilindrado, perforado, torneado, pulido e xa para rematar o barnizado ou a goma laca natural. O anelado da mesma está feito en metacrilato negro pulido. Montamos un fol sintético, deixando xa fai tempo os antigos foles de pel coma o cabrito, becerro etc… e descartando totalmente os de goma. En referencia ao vestido, está feito en terciopelo de algodón, realizado por unha costureira, ao que acompañan os farrapos e a pasamanería.

> PARTES DA GAITA O Punteiro:

Tubo cónico que funciona cunha palleta (lengüeta doble). Nel atópanse uns buratos para a colocación dos dedos onde se produce a melodía.

Soprete: Tubo por onde se introduce o aire no fol. Fol: Saco ou bolsa onde se almacena o aire que sae polas buxas, o punteiro e os bordóns (roncos).

Buxas: Pezas que conectan os tubos co fol. Ronco: O ronco é un conxunto de tres pezas (prima, media e copa) que

producen unha nota constante, según abramos ou pechemos, a nota será máis aguda ou máis grave. A gaita galega está na familia dos instrumentos de vento madeira, de carácter popular. Hai dúas variantes ben definidas, cilíndrica e cónica, atopandose a Galega neste segundo grupo, levando asociado unha lingüeta doble no punteiro e unha simple no bordón (Ronco) isto diferenciana de outras gaitas coma as europeas, norafricanas e asiáticas. Cabe salientar que actualmente en gaita galega usase a dixitación aberta maioritariamente, ainda que no seu orixen a dixitación era pechada como na maioria das gaitas. Cristóbal Prieto. Artesán de gaitas e flautas. O Hío. Esta historia do sorteo do instrumento da pasada festa ven marcada por unha gaita, unha amizade e unha rifa. Non podería ser doutro xeito ao sortear unha peza do artesán Cristóbal Prieto, todo indicaba que ía ser unha laboura mirada con lupa por tódolos que cobizaban ter semellante instrumento, unha peza única, polo seu coidado traballo, son e vestido. As 1000 rifas voaron pola aldea, mostras e arredores. Os estudios de probabilidade de ser o gañador levaban a análeses pormenorizados segundo o talonario mercado, o lugar de venda, terminación do número, estado da lúa e da marea. Pero a sorte dos cegos tiña que caer nun só número, e sóase que foron varias as papeletas que sufriron as consecuencias da desilusión sendo rachadas coa virulencia da incomprensión das estadísticas, varios cans fuxiron polos lamentos alporizados en varias aldeas…e apareceu o gañador, Anxo, que recollía das mans do artesán o prezado premio coma gaiteiro primeirizo que miraba por onde botarlle a man sen mancala. Pero as veces as estadísticas faian e resultou que seu destino xa estaba marcado pola xenerosidade e amizade deste rapaz, pois non había outro posible propietario para esta gaita que non fose Marco, parabéns aos dous…. Que fermosas historias gaiteiras!

13


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

XVIII FESTA FOLC VILARIÑO 2017

14


Festa folc VilariĂąo 2017

15


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

OS INVASORES RIQUIÑOS En Galicia hai unha perigosa empatía estética cara algunhas especies invasoras Do mesmo xeito que hai dúas Españas, nós temos dúas Galicias. Aquí, a barreira entre un e outro bando non é unha Guerra Civil, unha ditadura ou unha Transición. A nosa liorta a garrotazos é por mor do eucalipto. Para uns, un incomparable medio de vida e riqueza que cómpre seguir sementando. Para outros, un dos maiores inimigos naturais ao que se enfronta o país e unha das peores lacras invasoras; un cancro a extirpar. No medio, unha masa que, indolente ou prudente, coma en todo, segue a lea desde a distancia, oscilando segundo sopre o vento. Con todo, a defensa do eucalipto en Galicia é pragmática, non estética. Ninguén defende ao eucalipto pola súa beleza: non ten unhas formas fermosas nin elegantes e o seu verdor é apagado e triste, coma se as súas clorofilas decidiran ofrecer o verde xusto e necesario para realizar a fotosíntese. É unha relación de mero interese: eu deféndote porque ti medras pronto e dasme boa madeira para vender, eu medro rápido e douche unha madeira que che convén porque lle interesa aos que cha compran. Non hai moito amor aí. O certo é que o Eucalyptus globulus, o máis abundante en Galicia, é unha especie exótica invasora1. Así o di a Xunta de Galicia no Plan Estratéxico Galego de Xestión das Especies Exóticas Invasoras, redactado en 2012. Xunto ao eucalipto azul aparecen outras 70 especies (23 delas non incluídas no Catálogo Español, como é o caso do propio globulus). Comparte lista ‘negra’, por exemplo, coa mimosa, a unlla de gato, a herba da pampa, a ameixa asiática, o visón, a rata común, a perca e o cangrexo de río americanos. Mais non viñemos aquí a falar só do eucalipto. Temos en Galicia, e en moitos outros sitios, unha perigosa empatía estética cara as especies invasoras. É unha humanización algo paradoxal. O mesmo paradoxo que nos levou, por exemplo, a que en España xerase máis indignación o sacrificio dun can que a morte de milleiros de persoas por causa do ébola. Así, escoitamos que non hai que combater con tanta forza a mimosa ou a unlla de gato porque as súas flores son fermosas. Algúns colectivos liberadores do visón americano puxeron en perigo ecosistemas enteiros coas súas accións. Se a Xunta decide erradicar aos mapaches porque están desfacendo a ribeira do Miño, a medida é excesiva e as cousas non se fan así, porque son animais que se moven, teñen ollos, patas, orellas e nariz. É dicir, porque se parecen máis a nós, ou á nosa idea de beleza. Mais quen defende ao eucalipto só se limita ás súas bondades económicas. Ao mesmo tempo, dous dos nosos emblemas causan estragos polo mundo adiante. En Sudamérica, o toxo de toda a vida ameaza a supervivencia dos frailejones, unhas plantas case míticas para os nativos dos Andes. En Sudáfrica e Norteamérica, o mexillón que tanta riqueza xera nas nosas rías pon en perigo a biodiversidade de extensas zonas costeiras. Tanto o Ulex europaeus como o Mytilus galloprovincialis forman parte das 100 especies exóticas invasoras máis danosas do mundo, segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Mais desde aquí, ao sérmonos especies familiares, intentamos, ás veces de xeito inconsciente, minguar a gravidade do problema. Detrás destes danos está, case sempre, a man do home. Unhas veces de forma voluntaria; outras, por accidente. Coas súas vantaxes – que as ten – a omnipotencia humana sobre a natureza pode levarnos a estas situacións paradoxais. Invadir, facer e desfacer sen observar, sen mirar a longo prazo, sen pensar nos nosos netos, adoita ser un grave erro. Cómpre, por tanto, deshumanizar ás especies invasoras e, por extensión e con sentidiño, á natureza. Sería un bo xeito de respectala un pouco máis. “Texto de Manuel Rey, publicado en GCIENCIA, O PORTAL DA CIENCIA GALEGA, 12/06/2017.” --------------

1 Enténdese por especie exótica invasora aquela que se atopa fóra da súa área natural de distribución por causas humanas, ben de xeito intencionado ou accidental, e que supón un perigo para a diversidade biolóxica orixinal. É dicir, cando constitúe un factor que ameaza aos ecosistemas orixinais e á supervivencia das especies autóctonas. Fonte: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio – Xunta de Galicia.

Pol. San Cosme 108 986 305 673 626 144 596 16

36940 Cangas (PO) reproautoros@hotmail.com


Festa folc VilariĂąo 2017

17


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

COPLA DE ENTROIDO

Que sería do Entroido sen o carnaval do Hío, que sería do carnaval sen as comparsas e as súas coplas. Este ano non podía pasar, sen incluír a adicada a Vilariño de “Máis ou menos”. Praia e lagoa endorreica, Un conxunto que namora; Expresións da natureza, Dúas auténticas xoias.

Vilariño, Vilariño Pobo ateigado de encantos; Quen me dese, Vilariño, Agasallarche cantando. Dende as túas atalaias Ver estampas sobranceiras: San Xián, Terra da Laxe, A Pinela, Castiñeiras... As Illas de Ons, esveltas, Facendo de sentinelas Da ría máis garimosa Entre Couso e A Lontreira.

Deportistas estelares Que deron nome á bisbarra remando con valentía E acadando medallas. A Festa Folc, Gran atracción: Ondas mareiras, Area e son. Pasalo ben e desfrutar dunha velada sensacional; noites de troula a rentes domar.... Ei Vilariño, marco imperial....!!!

A Festa Folc, Gran atracción: Ondas mareiras, Area e son. Pasalo ben E desfrutar Nun verdadeiro Marco imperial. Os poetas desta terra Deixaron fonda pegada, Artellando melodías Popularmente cantadas.

Entroido 2017.

HIO-ALDÁN Ángel Santomé Martínez Delegado de Seguros Exclusivo Ctra. Bueu 50. Vilariño 36945 CANGAS Telf: 986 391 037 - Fax: 986 391 044 asantom@mapfre.com

18


Festa folc Vilariño 2017

SUPERMERCADO CARLOS BELUSO 986 390 033

VILARIÑO 986 092 030

CARNICERÍA - ALIMENTACIÓN - SERVICIO A DOMICILO (pedidos por teléfono) David Miguélez 600 246 237 davidartesan@gmail.com 19


AsociaciĂłn cultural O GATO, VilariĂąo - Cangas

joseestevezpousasl@gmail.com

20


Festa folc Vilariño 2017 Deica logo aos “mundialitos” na contorna, cousa maior polos riscos e seguros, pola perda dese ambiente deportivo .... este ano ata chegou a perigar a histórica liga do kenyata en Cangas, con máis de 40 anos, ao final resistirá coa implicación da xente. Pero atrás quedaron os “mundialitos” do Hío e de Vilariño, que xornadas de máxima deportividade e po, que se metía ata o máis profundo do ser. Aquí vai un recordo deses míticos equipazos dos mundialitos: en pé, de esquerda a dereita, está Julio, Mundo, Sesi, Parada, Salmar e Jose María. Abaixo está Jose, Budiño, Manolo, Chambri e Terry. E un equipo feminino coa equipaxe de talleres Bascoechea que había no Río Esteiro, na foto están en pé Toya (neta de señora Celsa), Marisa, Leo, Mela e Pili; sentados Budiño, Merchi, Macarena, Eva e Nunchi.

intima 3 Intima 3 Betty cancelas montero ríos 3 986 305 900 corsetería y baño copas de la b a la j

21


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

SAN XOÁN A noite máxica de San Xoán do 2017, noite de meigas e troulas, viviuse novamente chea de diversión e baile cos sons da nosa música tradicional. Á medianoite prendeuse a fogueira, co rebumbio da xente ao redor, ven sendo xa unha tradición que o local social da aldea sexa lugar de reunión e festa por esta data, con boa colleita de veciños e foráneos, nun ambiente de ledicia e celebración. Parveamos coa danza das lapas mesturadas coa noite mentres a nosa praia permanece impasible ao paso dos anos e das fogueiras. De seguro que este ano volveuse a preparar o cacho en cada casa, a auga purificadora deixada ao orballo chea das distintas herbas recollidas con mimo: tromentelo, choupo, ruda, herba luísa, manzanilla, ortelán, fiunchos, herba de san Xoán, espadaina, romeu, loureiro, rosas, folla de figueira, folla de laranxeira, malva-rosa e outras; igual se saltou tamén a fogueira, queimouse as cousas vellas ou as que se querían quedar atrás..... cantouse, bailouse e gozouse dunha noite moi agardada, como cada ano. Agora xa non se levantan as cancelas, nin se rouban os cachos, xa tampouco hai quen tira ovos podres aos que non axudaron a facer a fogueira.... e segue sendo unha noite de diversión. E aí estaba a nosa praia para acoller tremenda celebración... pero outras tradicións desta noite foron quedando polo camiño, seguramente todos quedamos enfeitizados coa chamarada pero poucos déronse conta que non había pau maior arredor do cal organizar os ramallos e a broza, a escusa para permanecer na fogueira mentres non caera o pau. A preparación da fogueira era un ritual, onde acudir ao monte era unha aventura organizado polos moz@s con varios días de antelación, limpando tamén así os carreiros e tomadas e carrexando cara a praia os feixes apañados. Tamén remataban no lote algún moble vello de madeira e roupas coas que facer os bonecos que pendurados do pau maior ían espantar os malos espíritos. Nas últimas horas non se levantou a fogueira para darlle forma porque xa non hai quen se atreve a meter man cando se perden as formas, quen se responsabiliza a manter as tradicións cando se converte a fogueira nun vertedoiro. É responsabilidade de todos transmitir as tradicións e coidar a nosa contorna. Desfrutamos da nosa aldea tal como é pero reclamamos un desenvolvemento sostible e respectuoso da mesma, desbotando a idea de que se converta nunha “sorte” de Torremolinos masificada de coches, paseos sen rematar, rúas a cachos, río e lagoa abandonados e contaminados; a nosa aldea merécese unha ordenación do espazo, coidando a súa estética e especialmente a súa paisaxe, uns servizos mínimos para a nosa praia con instalacións que respecten o areal, un paseo que enlace camiños, camiños que se poidan transitar e implicación de tod@s por facer respectar o noso, dándolle voz, sempre, á veciñanza. Na pasada revistiña contabamos como os veciños de Vilariño impediron a destrución da praia do “Caghallón” no 1972, a Plataforma pola defensa da ría de Aldán/Hío no pasado ano mobilizouse para salientar a riqueza pesqueira e marisqueira da nosa ría e motivou o informe desfavorable do Servizo de Portos e Costas para a planificación dun porto deportivo; recentemente a Plataforma en defensa dos Montes do Morrazo ven de conseguir que as obras do corredor do Morrazo non afecten, aínda máis, e se conserve o Castro de Montealegre; fronte a estes logros do pobo cómpre tamén denunciar a barbarie da queima do estaleiro de Moaña.... Só si coñecemos as riquezas da nosa cultura, da nosa terra e apreciamos a súa singularidade, poderemos respectala e apoiar o seu desenvolvemento sostible, na man de todos nós está coidala e facer que a coiden con sentidiño.

CHIRINGO MÁIS PALÁ PRAIA DE VILARIÑO - Río Esteiro 22


Festa folc VilariĂąo 2017

23


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

CONSTRUCCIONES GERMASA, S.L. 986 324 243 687 784 161

Carretera Bueu 60, 1ºD. Vilariño - Hío 36945 Cangas (PO). 986 328 143

24

IGRESARIO - HÍO


Festa folc Vilariño 2017

O LOGOBECHO POLO MUNDO

25


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

FOTOS FESTA 2016

BARKALLOS COA FESTA FOLC VISITANOS NA RECONQUISTA OU NA BRINCADEIRA 26


Festa folc Vilariño 2017

Rúa David Cal 16, Vilariño, Cangas. / 627 676 262 27


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

UNHA CARTA DENDE POUSO DA SERRA “Ola a todos son Bolita e encantada estou de que me pediran a min que vos contase en que consiste a iniciativa que están poñendo en práctica uns mozos da vosa parroquia, agora xa tamén a miña. Como xa todo o mundo sabe, son unha cabuxa, non creo que quede ninguén no Hío sen coñecerme. Nacín na Casa Vega en Liñares, Pobra de Brollón, o mesmo que as miñas 99 compañeiras. O día que chegamos aquí, xa antes de baixar do camión, notamos un cheiro estraño que non coñeciamos, o cheiro da salitre. Co tempo fómonos enterando de que o noso traballo a partir de agora sería cambiar a realidade deste monte tan bonito e tan desmellorado, controlando ademais o risco de lumes e axudando a Cabra Galega, unha raza en perigo de extinción, a aumentar o número de exemplares e saír así da ameaza da desaparición. Tamén de que formabamos parte da cooperativa “Pouso da Serra” e de que esta ten un acordo cos comuneiros da parroquia para o aproveitamento do pasto. Seica dentro deste acordo tamén hai unha parcela que vai ser o noso novo fogar pero eu non o creo. Os rapaces din que levan un ano e medio loitando polos permisos pero sigo sen crerlles. É imposible que para facer unha corte de madeira e un valado leven tanto tempo. Pero non só somos cabuxas na cooperativa, temos colmeas de abellas que producen un mel exquisito, aproveitando o néctar de tódalas flores dos arredores, favorecendo así a polinización e facemos tamén traballos forestais (desbroces). Con todo isto, ademais do xa dito beneficio ambiental, tan necesario no noso territorio, buscan crear emprego na zona e favorecer a aparición de novas iniciativas que dinamicen e aproveiten o gran potencial que ten o monte, para a xente da nosa parroquia.” Bolita. P.D. Viva o Hío! Viva o noso monte!

Kiosco Pedra Alta

http://amaresartesans.blogspot.com amares.artesans@gmail.com 986 304 682

28

CANGAS DO MORRAZO


Festa folc Vilariño 2017

Pilar Santos Estévez Lda. Farmacia

FARMACIA Vilariño 6, 36945 / Hío-Cangas (PO) 986 328 325 29


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

AGRADECEMENTOS

Comezamos os agradecementos por ti, que nos estás lendo e que agardabas unha edición máis da festa folc coa mesma ilusión que nós, grazas; ou ti que non a coñecías pero acordaches quedar en Vilariño e desfrutar con nós, grazas; sobre todo a ti que sendo da zona ou de fóra xa tes estas datas apuntadas na axenda e cada ano participas da festa:desfrutando e contribuíndo en axudar a mantela por máis tempo. Grazas á vosa implicación en cada actividade, en consumir no noso local, en mercar a camisola, en poñer de boa gana a publi do voso negocio aquí, e como non, en facer que esta pequena festa sexa grande. É de agradecer aos locais que colaboran coa venda da camisola: Buxaina, O Carlete, Chiringo de Bruno, A Cova da Laxe e Pizza Bona. Hai que ser ben agradecidos coa xente que nos fai tanto ben. Por iso, un ano máis, damos as grazas a todas as persoas, empresas e colectivos que axudan desinteresadamente, e sen estar dentro da asociación, traballan coma un máis. Sen a vosa labor de tantos anos tampouco se podería chegar ata aquí; sempre lembramos que esta é a VOSA FESTA. Tamén, como non, á AAVV Pedra Amarrada. Sempre agradecidos a Juan pola cesión do local social en Vilariño, a Jesús Manuel Vizoso polo espazo de almacenaxe, a Pepe o Choula por tantas cousas!, á Comunidade de Montes do Hío, a Estévez pola maquinaria prestada, a Carlos polo apoio co palco de actividades, a Julio polo viño e o polbo; mil grazas sempre á Treboada do Ghato, a Dani Lavesedo polas xestións, a GZMúsica e aqueles que compartides a nosa labor a través da internet, a Borneira Audiovisual, a Prosoda e a Litoria, aos reporteiros gráficos; e tamén aos que nos tiran das orellas, sempre agardamos poder mellorar. Sen dubidalo grazas a TODAS e a TODOS os que botades unha man o día da festa coa montaxe, posta en marcha, desmontaxe dos chiringos... ao profesorado e alumnado que participades na Semana Cultural, ás panaderías Cal Barral e Iglesias; ao Pilar pola “gran paella” na pasada festa, aos monitores e axudantes dos obradoiros d@s nen@s; grazas aos que preparades cada ano suculentos manxares para os grupos, técnicos e demais persoal; á gran sección encargada da cociña (preparando o día antes e no día da festa, servindo e atendendo aos músicos e asistentes) Susana e familia, Rosi, Soraya, Maite ... Grazas aos artesáns por apoiar a Mostra de Instrumentos tradicionais,a CristóbalPrieto, a Foliqueiras polo obradoiro e o bombo, Miguel Sotelo polo obradoiro de baile, grazas a Chinto e Alberto pola man especializada, aos músicos espontáneos... Grazas aos grupos e músicos que participan nas actividades, semana cultural, foliadas e o propio concerto e conseguen facer a festa rachada!, aos de sempre, aos novos que veñen. Esta festa leva o nome de cada un de vós...só queda volver a dicir GRAZAS por facer isto posible. Os anos pasan, algunhas persoas xa non están, pero seu legado queda na canción do ghato, na aldea e na festa, cantas historias garda esta festiña, tantas como as escritas nas mesas de reunión do Busaco, agora no local social ou os km percorridos pola furghoneta vermella do Salfor...Furtivos da festa, levantamos as nasas desta tola centola para enchouparnos da diversión na praia de Vilariño, sempre con sentidiño, AVANTE!!!

CONSTRUCCIONES

HERMELO S.L. 670 660 590 / 670 660 580 Bajada Playa Menduiña 20 36945 ALDÁN (CANGAS) conshermelo@hotmail.com

Travesía a Nado Pinela-Vilariño 2017 30


Festa folc VilariĂąo 2017

31


Asociación cultural O GATO, Vilariño - Cangas

32


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.