Issuu on Google+

Proxecto

C.R.A. 2.0 Proxecto dinamizaci贸n e innovaci贸n educativa das TIC

C.R.A. Ponte da Pedra (Carballo) Curso 2009/10


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

Indice 1.- Título do proxecto 2.- Datos do centro 3.- Relación de docentes 4.- Descripción breve do proxecto e identificación do centro 5.- Análise da situación do centro a) Infraestructuras e soportes do centro e a súa utilización b) Formación TIC do profesorado participante c) Organización e dinamización do centro 6.- Obxectivos a desenvolver relacionados coas seguintes áreas a) Capacitación do profesorado b) Utilización dos recursos na aula e aspectos metodolóxicos c) Estratexias de liderazgo e organización dos centros no uso das TIC d) Estratexias e mecanismos de difusión das boas prácticas realizadas nos centros educativos 7.- Desenrolo dos obxectivos: 1.- Programa de contidos e actividades e a súa temporalización 2.- Competencias básicas a traballar 3.- Metodoloxía e procedementos de traballo previstos 4.- Organización de recursos humanos e materiais 8.- Criterios e procesos de avaliación 9.- Temporalización, calendario e horario previstos para a realización do proxecto 10.- Competencias, formación e funcións da persoa dinamizadora do proxecto 11.- Orzamento estimado segundo as necesidades detectadas no centro. ANEXOS

1


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

1.- Título do proxecto

Proxecto C.R.A. 2.0. 2.-Datos do Centro CENTRO

CRA Ponte da Pedra

CÓDIGO CENTRO

ENDEREZO (SEDE)

R/ Vázquez de Parga nº 119 - Bloque 2, 1º Dcha.

LOCALIDADE

Carballo

CÓDIGO POSTAL

15.100

CONCELLO

Carballo

TELÉFONO / FAX

981 703 403

CORREO ELECTRÓNICO

cra.ponte.pedra@edu.xunta.es

15032251

LOCALIZACIÓN DAS ESCOLAS DO CRA PONTE DA PEDRA – Ver no Google maps

2


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

UNIDADES E NÚMERO DE ALUMNOS: ALUMNADO ALUMNADO INFANTIL PRIMARIA

ESCOLAS

AULAS

ARTES

Aula única

11

2

Aula Infantil

18

-

TOTAL ALUMNADO 13 18

BERDILLO

32 Aula mixta (5 anos/1º EP)

8

6

14

Aula Infantil

15

-

15

CANCES

23 Aula Primaria

-

8

MIRÓN

Aula única

16

-

16

REGA

Aula única

11

2

13

Aula Infantil (3 e 4 anos)

14

-

14

Aula Infantil (5 anos)

12

-

12

Aula Primaria

-

6

6

XOANE

Aula única

7

3

10

TOTAIS

11 aulas

112

27

139 alumnos/as

SÍSAMO

3

8

32


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

3.- Relación de docentes participantes O Claustro do CRA Ponte da Pedra está formado por 19 docentes dos cales 17 participan neste proxecto de innovación. Os datos do profesorado participante son os seguintes: PROFESORADO IMPLICADO NO PROXECTO

NIVEL / ESPECIALIDADE

NIF

CORREO ELECTRÓNICO

Barge Carrete, Pablo

MÚSICA

76713105D

pablobarge@edu.xunta.es

Breijo Painceira, Sara

INFANTIL

32631849R

sbreijo@edu.xunta.es

Fernandez Blanco, Pilar

PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

32779971A

pilarfernandezblanco@edu.xunta.es

Gallego Otero, Bernardo

INGLÉS

44467493Y

bernardogallegootero@edu.xunta.es

INFANTIL

32827815F

m.josegarcia@edu.xunta.es

García Rodríguez, Emilia

INFANTIL E PRIMARIA

32789041B

emiliagarciarodriguez@edu.xunta.es

López Souto, P. Begoña

PSICOMOTRICIDADE

46912892E

begolopezsouto@edu.xunta.es

López Vilariño, Mónica

INFANTIL E PRIMARIA

34894140N

monicalopez@edu.xunta.es

Ogea Dobaño, Susana

INFANTIL

76720351X

susana.ogea.dobanho@edu.xunta.es

ORIENTACIÓN

32832273A

jesusprado@edu.xunta.es

INGLÉS

32427341D

luz.quiroga@edu.xunta.es

Rodríguez Laya, Javier

INFANTIL

47382943E

Javichu15@edu.xunta.es

Teixeira Lastres, Lourdes

INFANTIL

33262375M

lteixeira@edu.xunta.es

Vaamonde García, Mar

ED. FÍSICA

32840596T

marvaamonde@edu.xunta.es

INFANTIL E PRIMARIA

32820005V

mariadelmarvara@edu.xunta.es

Vázquez Vázquez, Isabel

PRIMARIA

33303134P

vazquezvazquez@edu.xunta.es

Yáñez Seoane, Mª Victoria

INFANTIL

32651304K

ma.victoria.yanez@edu.xunta.es

APELIDOS E NOME

García Pita, María José

Prado Lorenzo, Jesús R. Quiroga Fraga, Luz

Vara Ogando, Mª del Mar

4


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

Coordinación do proxecto APELIDOS E NOME Vaamonde García, Mar

ESPECIALIDADE

NIF

ED. FÍSICA

32840596-T

E-MAIL marvaamonde@edu.xunta.es

4.-Descripción breve do proxecto e identificación do centro Un CRA (Centro Rural Agrupado) é unha forma de organización das escolas unitarias que reúne unha serie de vantaxes fronte a ditas escolas por separado: os mestres non están sós e supón unha maior rentabilización de recursos materiais, económicos e persoais. Non obstante, hai que ser conscientes de que un CRA non é un centro ordinario, no que a sala de profesores é punto de reunión, de intercambio de información, de expresión e coordinación entre mestres. No CRA non temos esa posibilidade diaria de comunicación (salvando as reunións semanais, claustros ocasionais e breves intercambios dos especialistas cos titores das escolas). O único día no que estamos todos xuntos é o luns: dúas horas que as veces redúcense a unha (tamén hai que atender aos pais) e na que hai que tomar decisións, celebrar as reunións de coordinación de centro,... Como suplir esta carencia? Como aumentar as interacións entre o profesorado e dirixilas cara á coordinación do traballo docente? Esta problemática non só afecta ao profesorado, tamén ao alumnado das diferentes escolas. As interaccións entre elas adoitan reducirse ás celebracións comúns, saídas e excursións, as cales, aínda que son moi satisfactorias, resultan insuficientes dende o noso punto de vista, ademais de alonxadas no tempo. Nesta situación, a progresiva introdución das TIC na educación, e en concreto no noso centro, estase convertindo na nosa mellor aliada. Con este proxecto pretendemos paliar as desvantaxes existentes nun CRA en canto a participación e coordinación docente, utilizando das TIC como elementos facilitadores da nosa organización, participación e colaboración interprofesorado e, así

5


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

mesmo, utilizalas como canle de comunicación entre os alumnos/as das escolas do colexio. Por outra banda, perseguimos aumentar a preparación do profesorado no uso das TIC e das ferramentas 2.0, coa finalidade de que dita capacitación redunde na formación do noso alumnado en canto á competencia dixital. Esta competencia dixital irase construindo paso a paso a través da incorporación das TIC na metodoloxía dos docentes, realización de actividades por parte dos nenos/as, etc. Desta forma paliamos dalgún xeito unha certa situación de desvantaxe por parte daqueles alumnos/as que non dispoñeb na casa de conexión a internet. Finalmente, buscamos unha vinculación escola-familia máis estreita, efectiva e real, tratando de implicar aos pais/nais dentro da vida das aulas cunha orientación educativa. Todo isto a través das tecnoloxía. Todos os aspectos que acabamos de citar teñen, durante o presente curso 2009/10, unha especial relevancia que radica no feito de que o equipo de Educación Infantil este ano tomou a decisión de non seguir un método comercial de traballo (libros de texto de editoriais), senón que a iniciativa tomada é a de recompilar, organizar e crear material de diversa índole para traballar co alumnado. Neste sentido, pensamos que as TIC poden (e deben) ser o eixo vertebrador deste traballo por motivos inherentes aos aspectos antes mencionados, e que se resume no seguinte: utilizar as TIC como elemento metodolóxico, organizativo, comunicativo e formativo.

5.-Análise da situación do centro  Infraestruturas e soportes do centro e a súa utilización O CRA Ponte da Pedra está formado por sete escolas con once unidades. Dúas destas unidades son novas aulas habilitadas este ano, polo que aínda non dispoñen dunha dotación TIC procedente da Xunta. A continuación presentamos unha táboa onde recollemos os elementos TIC que posúe o centro e a súa localización. Posteriormente sinalaremos o tipo de uso que se lle da a cada un deles.

6


Proxecto C.R.A 2.0.

1. Ordenadores (por tipo )

CRA Ponte da Pedra

CANTIDADE

LOCALIZACIÓN

Ordenadores portátiles

18

Profesorado / Escolas

Ordenadores fixos

9

3 na sede e 6 nas escolas

CANTIDADE

LOCALIZACIÓN

Tarefas administrativas

2

Sede do CRA

Tarefas propias do profesorado

1

Sede e profesorado

Tarefas propias do profesorado e do alumnado

24

Profesorado / Escolas

2.- Ordenadores (por utilización)

OUTRO MATERIAL / SERVIZOS

LOCALIZACIÓN

Encerados Dixitais Interactivos

8

Escolas (fixos na parede)

Canóns proxectores

9

Escolas (en soporte fixo no teito)

Impresoras

12

Escolas e Sede

Webcams

8

Escolas e unha na sede

Internet (cable e wifi)

En todas as aulas excepto nas de nova habilitación (Cances e Sísamo)

Radiocassettes con lector CDs

8

Escolas

CANTIDADE

LOCALIZACIÓN

Escáner

4

1 nunha escola, 1 na sede. 2 aínda por ubicar.

Cámara fotográfica dixital

2

Sede

Pen DrIves

15

Debido a extravío, avaría ou ampliación de profesorado 5 mestres usan o seu pen persoal.

Disco Duro (320 Gb)

1

Sede do CRA

OUTRO EQUIPAMENTO INFORMÁTICO

PÁXINA WEB DO CENTRO O centro participa no proxecto de Webs Dinámicas da Xunta de Galicia (Drupal).

7

LIGAZÓN http://centros.edu.xunta.es/crapontedapedra


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

UTILIZACIÓN DOS SOPORTES DO CENTRO: ORDENADOR DE SOBREMESA E/OU PORTÁTIL: Practicamente todos os titores e especialistas teñen asignado un portátil co que poden conectarse a internet nas aulas e na sede, traballar na casa, ou levar aos cursos de formación. Ademais dos portátiles, a metade das escolas posúen un ordenador de sobremesa. Os equipos informáticos teñen instalados programas como o Notebook de Smart para a creación de materiais de traballo no EDI, o Skype (para a comunicación entre as escolas e coa sede), Incredimail (xestor de correo electrónico), e outro tipo de software educativo. O seu uso difire someramente dunha escola a outra en función do titor/a pero practicamente en todas elas se utilizan os equipos para utilizar coa PDI, traballar cos “Contidos Educativos” do portal da Xunta, realizar consultas en internet, videoconferencias ocasionais, etc. INTERNET: Todas as aulas excepto as dúas de nova creación posúen internet, a maioría con conexión Wifi. O edificio da Sede tamén dispón de conexión inalámbrica. Esta conexión é utilizada tanto para realizar tarefas como as anteriormente descritas (portal de Recursos educativos, videoconferencias,...), dirixidas claramente ao alumnado, como para o traballo persoal e coordinación do profesorado (navegación por internet para a preparación das clases, consulta do correo electrónico e da carpeta compartida do CRA,...). Así mesmo, na sede, estableceuse unha rede na que se comparten carpetas e impresoras como forma de optimizar recursos. PROXECTORES: Dispoñemos de 9 canóns proxectores. Todas as escolas teñen instalado un proxector fixo no teito. As que non o teñen son as dúas de nova creación. Non obstante, ambas teñen a posibilidade de trasladar ao seu alumnado, cando o precisen, á aula na que teñen á súa disposición tanto proxector como EDI. O uso maioritario dos proxectores é xunto co EDI, sendo tamén utilizado para a proxección de películas, videos educativos, actividades co correo electrónico, e traballo diverso cos alumnos en internet. ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO: Temos oito EDIs colocados fixos na parede. As aulas que non dispoñen del son aquelas que comparten edificio con outras aulas con encerado dixital, polo que teñen a posibilidade de intercambiar as aulas en momentos puntuais. Somos conscientes de que a forma ideal de organización é posuír un EDI permanentemente no espazo onde se desenvolve a vida educativa, por iso temos solicitado á UAC un par delas máis, para as aulas de nova creación. A utilización destes

8


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

encerados difire tamén en función dos titores. Habitualmente adoitan ser utilizados con actividades creadas co Notebook, os Recursos do portal da Xunta, CDs de editoriais, e en ocasións, programas moi axeitados para traballar con el (tipo Tuxpaint). WEBCAMS: Foron adquiridas o curso pasado, co obxecto de realizar videoconferencias entre as escolas do CRA. Utilizáronse así mesmo na área de Educación Física para realizar varios xogos tipo “Eyetoy”, para xogos con webcam, así como para gravar vídeos de curta duración que con posterioridade se colgaron la galería da web do centro. ESCANER: Durante este curso está sendo moi utilizado coa finalidade de levar ao EDI actividades que tradicionalmente facíanse en papel. Isto en absoluto implica que os nenos/as deixen de traballar aspectos tan importantes como a grafomotricidade co lapis. Simplemente engádese outro modo de traballar o mesmo aspecto a través dun novo soporte. CÁMARA FOTOGRÁFICA DIXITAL: Emprégase sobre todo para a recollida de información visual das actividades complementarias (excursións educativas e celebracións) que posteriormente son visualizadas nas clases e empregadas para traballo de aula. Por outra banda, a cámara dixital ten tamén outros usos diferentes. Por exemplo, en Educación física con frecuencia se utiliza para fotografar posturas, traballar a expresión facial ou corporal, etc. Nalgunhas escolas úsase tamén para que o alumnado explore o seu entorno próximo, fotografando por exemplo insectos ou outros seres vivos do patio. Algunha escola posúe una cámara infantil moi axeitada para os nenos/as. Neste punto hai que sinalar que as cámaras que adoitan utilizarse para tales actividades son as persoais do profesorado, polo convencemento da maioría de docentes da importancia deste soporte como recurso educativo. PÁXINA WEB: Fai dous cursos iniciouse a construcción da web do centro. Actualmente utilízanse as tres ferramentas que engloba a páxina: - DRUPAL (web): A maior parte da información sobre o CRA atópase nela (localización e características de cada escola, compoñentes do Claustro e Consello Escolar, Equipos de Coordinación Docente, calendario lectivo, novas dirixidas a pais e mestres,...). Por outra parte, varias escolas a utilizan como blogue introducindo contidos nas seccións das súas respectivas escolas. Esto supón unha oportunidade para que tanto as familias como o alumnado doutras escolas coñezan dalgún modo algunhas das experiencias de aula que se realizan.

9


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

- COPPERMINE (galería): Ademais do equipo TIC ou o de Actividades Complementarias, son varios os mestres que suben fotos á galería. Ademais da visualización e traballo didáctico das saídas complementarias que facemos, tense utilizado a galería para traballar a expresión corporal, subida de vídeos de educación física, etc. - MOODLE (aula virtual): Iniciamos o tratamendo do Moodle como plataforma para recuperar documentos que poden ser necesarios nun momento dado (listados de alumnos e profesores, actas de claustros e consellos, lexislación,...). Tamén se utiliza para crear cursos sobre contidos TIC, tales como cursos de formación sobre Encerado Dixital. Durante este ano ademais crearemos cursos sobre as unidades didácticas a traballar co alumnado de Infantil e tamén co de Primaria.

 Formación TIC do profesorado participante Como na maioría dos centros, a formación TIC do profesorado varía moito dun docente a outro. Non obstante, debido á progresiva introdución de elementos TIC nas aulas (portátiles, EDI, proxectores, webcams,...) existe un interese común de mellora e avance neste eido. Grazas á dinámica organizativa que estamos tratando de implantar nos últimos anos no CRA, a maior parte do claustro utiliza, en maior ou menor medida, as TIC tanto como elemento organizativo ou de traballo colectivo (o correo electrónico é unha canle esencial comunicación entre nós; a aula virtual un potencial lugar para compartir,...) así como elemento metodolóxico na aula (uso do EDI, pesquisas en internet, recursos educativos,...). Nos últimos dous anos solicitamos e realizamos proxectos de formación en centros adicados ao Encerado Dixital Interactivo: no curso 2007/08 o fixemos debido á recente chegada dos EDI ao centro e no pasado curso 2008/09 volvemos a solicitalo por mor da grande renovación de profesorado que tivo o CRA. Este ano a formación sobre EDI aos mestres/as novos a realizaremos nós mesmos a través de seminarios internos. Así e todo, aínda que o profesorado posúe xa a formación precisa respecto o EDI e as súas posibilidades, este ano consideramos que é o momento apropiado para pasar de ser consumidores de materiais a deseñadores e creadores de contidos. Isto ven demandado pola necesidade suscitada pola eliminación dun método de editorial na Educación Infantil.

10


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

Por outra banda, dende a dirección e o equipo TIC adóitase dar publicidade dos cursos ou eventos formativos relacionados coas TIC no concello ou zonas próximas.

 Organización e dinamización do centro no mencionado eido: Aínda que xa existía unha filosofía de mellora en cuestión de formación en “novas tecnoloxías”, a aparición no curso 2007/08 dun Equipo TIC que canalizara as accións dirixidas á súa dinamización colaborou a que estas foran gañando un papel cada vez máis importante na organización do CRA. Dende o primeiro ano, tivemos claro que dada a especial casuística dos Colexios Rurais Agrupados, o uso do correo electrónico de forma habitual para as comunicacións internas, a creación dunha páxina web como forma de abrirnos ao entorno, a incorporación dos EDIs ás aulas,... eran elementos esenciais para optimizar aspectos organizativos. Os pasos dados en cada caso foron lentos pero seguros e sempre cara diante. En relación ao correo electrónico incorporouse ao RRI o deber por parte dos docentes de manterse informados das novas a través del, como forma de comunicación interna (lectura de claustros e consellos, información sobre actividades,...). Na web do centro vai medrando e pouco a pouco participan máis mestres; cada ano novas escolas se suman aos blogues de aula; existe un interese crecente cara a formación e á incorporación da tecnoloxía á vida escolar, e unha idea firme de que o noso alumnado non pode permanecer alleo a todo o que as TIC lles poden aportar. Dende a súa creación, o Equipo TIC tratou sempre de organizar os recusos humanos e materiais o máis optimamente posible, dividindo en ocasións as tarefas propias do equipo, como o mantemento da páxina web, a organización das diferentes propostas de dinamización das TIC, a xestión dos avisos á UAC para unha pronta solución, creación de titoriais,...

11


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

6.- OBXECTIVOS DO PROXECTO “C.R.A. 2.0.”

Sinálanse a continuación os obxectivos xerais do proxecto agrupados en relación ás áreas sinaladas na convocatoria:

A. Obxectivos relacionados coa capacitación do profesorado OBXECTIVO A.1. Incidir na autoformación no centro a través de pequenos seminarios que redunden na mellora da capacitación do profesorado respecto ao uso das tecnoloxías da información e da comunicación. OBXECTIVO A.2. Elaborar cursos ou titoriais en Moodle sobre diferentes aspectos do manexo das TIC.

B. Obxectivos relacionados coa utilización de recursos na aula e aspectos metodolóxicos OBXECTIVO B.1. Utilizar as TIC como parte integrante das rutinas diarias e da metodoloxía da aula. OBXECTIVO B.2. Creación de materiais TIC de diferente soporte (Notebook, powerpoint, galerías de imaxes, blogues,...) para traballar co alumnado diferentes temas ou centros de interese. OBXECTIVO B.3. Aumentar a interacción do alumnado das diferentes escolas a través das TIC e como forma de fortalecer o vínculo escola-familia (videoconferencias, envío de correos electrónicos, videomails, etc).

C. Obxectivos relacionados con estratexias de liderazgo e organización do centro no uso das TIC OBXECTIVO C.1. Coordinar e avaliar as actividades relacionadas co uso das TIC non so a nivel de Equipo TIC senón incorporando a programación e avaliación deste tipo de

12


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

accións na orde do día nas Comisións de Coordinación Pedagóxica e nos Equipos de Ciclo. OBXECTIVO C.2. Establecer accións a través das TIC que redunden na mellora da organización do centro e de coordinación entre o profesorado do CRA (ferramentas 2.0 como axuda á coordinación docente: blogues, aula virtual,...)

D. Obxectivos relacionados con estratexias e mecanismos de difusión das boas prácticas realizadas nos centros educativos OBXECTIVO D.1. Converter os espazos da páxina web do centro nun lugar que sirva de referencia, axuda ou guía para as prácticas tanto do profesorado actual do centro, comunidade educativa, futuros docentes do CRA e persoas alleas a este.

A continuación desglosamos cada un destes obxectivos nos seguintes apartados: contidos, actividades, competencias que desenvolven, procedementos de traballo, recursos humanos e materiais.

13


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

A. Obxectivos relacionados coa capacitación do profesorado OBXECTIVO A.1. Incidir na autoformación do centro a través de pequenos seminarios que redunden na mellora da capacitación do profesorado respecto ao uso das tecnoloxías da información e da comunicación. Dende o equipo de Coordinación TIC ofreceranse reunións de formación intracentro sobre aqueles aspectos nos que detectemos necesidades ou que demande o profesorado (utilización do EDI nas dinámicas de aula; o uso educativo da web do centro; deseño e creación de materiais didácticos utilizando o EDI e os recursos da web 2.0,...) co fin de aumentar e mellorar a capacitación do profesorado no uso e emprego das TIC en educación. 1.- Programa de contidos e actividades coa súa temporalización: ACTIVIDADES TEMPORACONCRETAS LIZACIÓN Presentación ao novos mestres das seccións Visión xeral do uso das TIC no CRA (para o novo da web do centro, SETEMBRO profesorado) ferramentas e software co que contan. Xestión de carpetas compartidas. Como crealas. SETEMBRO Como subscribirse a unha. Como acceder. Utilidade das carpetas compartidas. de Xestor de correo electrónico infantil: Incredimail. Realización Instalación, funcionamento e configuración do seminarios nos que se programa. Como enviar un correo atractivo para darán as explicacións os nenos/as. Incorporación de fontes escolares. relativas a cada un contidos da OUTUBRO Inserción de imaxes e fondos. Aplicacións dos didácticas na aula. Sensibilización da súa utilidade columna da esquerda. CONTIDOS

como método de comunicación coas demais escolas, familias ou outras entidades. Fórmulas para a implicación das familias.

14


Manexo co E.D.I. Primeiros pasos: instalación dos elementos. Solucións aos problemas principais. Mantemento básico do proxector e do EDI. Usos educativos dos EDIs. Xestión das Webs dinámicas: Drupal, Coppermine e Moodle.

Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

Idem

OUTUBRO

1º TRIMESTRE Drupal

- DRUPAL: Como realizar entradas en Drupal. Inserción de imaxes e ligazóns. Usos didácticos para o alumnado. Implicación das familias.

Realización de seminarios nos que se - COPPERMINE: Estrutura do Coppermine 2º darán as explicacións TRIMESTRE (categorías, subcategorías e álbumes). Subir relativas a cada un dos Aula Virtual fotografías. Engadir comentarios. Usos didácticos contidos da columna co alumnado. da esquerda. 3º - MOODLE: Estrutura da Aula Virtual (Categorías, TRIMESTRE subcategorías e Cursos). Como crear un curso. Coppermine Engadir recursos. Usos para a coordinación e colaboración docente. Videoconferencias e vodeocorreos. Uso do software e hardware necesario para a comunicación a distancia. Intercambiar arquivos. O seu funcionamento. Usos educativos. Webcams. O seu funcionamento. Toma de fotos con webcams. Gravación de vídeos. Realización de videoconferencias. Outras posibilidades (xogos con webcam,...). NOTEBOOK (software de Smart para EDI). Características máis utilizadas do programa. Usos educativos de internet. Buscadores, enciclopedias, dicionarios, Youtube, GoogleEarth/Google maps, webs educativas).

Idem

XANEIRO

Idem

XANEIRO

Idem

FEBREIRO

Idem

MARZO

Ferramentas 2.0. A súa integración en Drupal

Idem

ABRIL

Impresión en rede.

Idem

MAIO

15


Outros contidos demandados polos docentes segundo as necesidades que o curso escolar plantexe.

Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

Idem

Cando xurda a necesidade

Estes seminarios faranse de forma periódica con carácter mensual ou ben cando se presente a necesidade de realizalos. Non establecemos data concreta de realización debido a que o día e hora será determinado polo grupo de persoas que precise formación. Non obstante, sinalamos o mes aproximado ou o trimestre de celebración de cada seminario. 2.- Competencias básicas a traballar Neste caso, ao ser un obxectivo dirixido á aumentar a capacitación do profesorado no uso das TIC, a incidencia está fundamentalmente na competencia dixital do profesorado, que sen dúbida algunha redundará na do alumnado. Non obstante, esta competencia dixital non camiña soa, senán que vai da man da consecución de todas as demais de forma interrelacionada. As ferramentas antes citadas, aplicadas co noso alumnado en contextos e actividades educativas, colaborarán ao desenvolvemento de todas as demais, como explicaremos máis adiante no apartado referido aos obxectivos do bloque B (relaconados coa utilización de recursos na aula e aspectos metodolóxicos). Se continuamos aplicando as competencias básicas do currículo aos mestres, ademais da dixital debemos sinalar tanto a competencia de aprender a aprender, polo o que as propias TIC ofrecen en canto a posibilidades de autoguiar a nosa aprendizaxe (e a dos nenos/as), e a de Iniciativa e autonomía persoal, en canto á autoxestión no deseño e creación de materiais pedagóxicos que a capacitación dixital ofrece ao profesorado. 3.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos. Ao inicio de cada trimestre os participantes inscribirase naqueles seminarios programados nos que precisa formación. Contémplase a posibilidade de que dita “inscripción” se realice a través da propia Aula Virtual.

16


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

4.- Organización de recursos humanos e materiais. Recursos humanos: Os seminarios serán impartidos ben pola persoa coordinadora, ben por compañeiros/as que dominen os contidos a divulgar. Contemplamos a posibilidade de solicitar o asesoramento dalgún experto/a nalgún dos temas a tratar. Recursos materiais: Os seminarios descritos realizaranse en principio na sede ou nalgunha das escolas (o único criterio será a presenza da tecnoloxía necesaria), na que nos reuniremos todos os participantes que precisen formación nos aspectos a tratar. Con carácter xeral, precisaremos de equipos informáticos para os docentes, conexión a internet, EDI,...

17


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

OBXECTIVO A.2. Elaborar cursos ou titoriais en Moodle sobre diferentes aspectos do manexo das TIC.

A finalidade deste obxectivo é o de ir creando un repositorio de titoriais formativos sobre os diferentes aspectos tratados nos seminarios, de modo que o profesorado poida recurrir a eles en calquera momento. Toda a documentación de interese, irase subindo para ir creando cursos completos de temáticas tipo a utilización do EDI, as ferramentas 2.0, a xestión do correo electrónico, etc. 1.- Programa de contidos, actividades e temporalización: CONTIDOS Os contidos a cargar no moodle serán os mesmos que os sinalados para os seminarios explicados anteriormente (ver Obxectivo A.1.). Non obstante contemplamos a posibilidade de incorporación doutros tipos de contidos en función das necesidades que se presenten.

Familiarización do profesorado no uso do Moodle como lugar de autoformación ou para acadar a solución de problemas técnicos que poidan presentarse.

18

ACTIVIDADES TEMPORALIZACIÓN CONCRETAS Creación de videotitoriais sobre Trala celebración de aspectos relacionados cada seminario (ver coas TIC. temporalización do Ver exemplo: obxectivo A.1.), http://www.youtube.com/watc h?v=R5bQY9WDAVI deixaremos un máximo Creación de cursos en de 2 semanas para Moodle que recollan subir os contidos os contidos referentes pertinentes ao Moodle, aos seminarios do de forma que o Obxectivo A.1. (e profesorado terá a aqueles outros que información lista para poidan surxir). apoiarse nela en caso Ver exemplo: de necesidade. http://centros.edu.xunta.es/cra pontedapedra/moodle/course/ view.php?id=21


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

2.- Competencias básicas a traballar. Coma para o obxectivo A.1, a finalidade última deste outro é a formación do profesorado en referencia á utilización das TIC; neste caso, perséguese a creación dunha plataforma permanente onde recollamos a información ofrecida nos seminarios, pero de forma escrita para que esté accesible a todo o mundo en calquera momento. Esto redundará no aumento da competencia dixital do profesorado. Este sitio servirá tamén como lugar para que outras persoas da comunidade escolar interesadas en participar na páxina web teñan un lugar que lles titorice esta labor. 3.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos. Cando un curso esté xa en funcionamento, daráselle a publicidade pertinente aos participantes do proxecto para que estean informados e poidan consultalo. Os cursos estarán en todo momento abertos para novas incorporacións de materiais dos participantes. 4.- Organización de recursos humanos e materiais. Recursos humanos: Os cursos serán elaborados pola persoa coordinadora ou por compañeiros/as que dominen os contidos a divulgar. Recursos materiais: Plataforma Moodle. Disco duro, pendrives e soportes magnéticos para gardar as copias de seguridade dos cursos elaborados. Posibilidade de imprimir algún manual.

19


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

B. Obxectivos relacionados coa utilización de recursos na aula e aspectos metodolóxicos Consideramos este segundo apartado como o de máis peso por estar os seus obxectivos máis directamente enfocados ao traballo co alumnado. Neste apartado establecemos tres obxectivos.

OBXECTIVO B.1. – Utilizar as TIC como parte integrante das rutinas diarias e da metodoloxía da aula.

1.- Programa de contidos, actividades e temporalización: CONTIDOS

Integración da Pizarra Dixital Interactiva nas rutinas diarias do alumnado de Educación Infantil. Ver Anexo 1

20

ACTIVIDADES CONCRETAS

TEMPORALIZACIÓN

As rutinas en educación infantil supoñen unha importante e axeitada forma de organizar as clases e a estructuración temporal da xornada dos máis pequenos. No CRA Ponte da Pedra creouse hai dous anos un Cada mañá a recurso titulado “Rutinas de E.I” para traballar no primeira hora. EDI. É unha proposta de organización das No caso de ter especialidade primeiras actividades do día: comprobar que de inglés o compañeiros viñeron a clase, que día da semana é, recurso a en que estación estamos, que tempo fai hoxe,... utilizar será o Estas rutinas que ata agora eran traballadas con propio creado recortes de revistas ou debuxos en cartulinas nesta lingua deseñados polo profesorado, agora dan un salto á (ver apartado dixitalización dese material tratando de facelo non de inglés) só máis motivador, interactivo e vistoso, senón tamén máis achegado ás características da realidade que ás veces o papel non pode ofrecer. Máis información: Ver Anexo 1.


Proxecto C.R.A 2.0.

CONTIDOS

ACTIVIDADES CONCRETAS

Uso do EDI e as TIC O EDI como soporte para o traballo de diferentes en xeral na contidos propios de Educación Infantil e de 1º ciclo dinámica ordinaria de Ed. Primaria. de clase.

CRA Ponte da Pedra

TEMPORALIZACIÓN

Diaria

Utilización de Cando os contiRealizar consultas en Google, Wikipedia, Internet como dos/dinámica Youtube,... sobre temas que se estén a tratar na da clase o fonte de aula ou de interese para o alumnado. demande coñecemento. Actividade para a conmemoración do día das Letras Galegas: -Uxio Novoneira realizaba moitos traballos de campo sobre á natureza do Courel para logo plasmalo na súa obra. Algunhas escolas decidiron Unha saída en facer tres rutas (en outono, en inverno e en cada trimestre Introducción das primaveira) polos lugares cercanos, observar a TIC para o traballo paisaxe e sacar fotografías e posteriormente de observar as fotos e establecer que diferenzas conmemoracións atopan (cambios na paisaxe, a nosa roupa,...). ou educación en valores. Educación en valores: Educación do consumidor. Actividade de análise de anuncios de xoguetes. O No primeiro obxectivo é observar como se ve o xoguete no trimestre, anuncio (características de tamaño, próximo ao Nadal movemento,...) para a súa posterior comparación co xoguete na realidade.

21


Proxecto C.R.A 2.0.

CONTIDOS

ACTIVIDADES CONCRETAS

-Xogos con webcam. -Alfombra de baile (“PC Fit“, Stepmanía) -Aplicación dalgunhas das actividades recollidas no blogue de Educación Física e TIC “Proxecto Maese” http://proxectomaese.blogspot.com) -Búsquedas en internet sobre contidos relacionados coa Educación Física (o esqueleto, o corazón, a respiración,...). -Visionado de infografías sobre contidos propios da área de educación física. -Expresión corporal: grabación con webcam. Subir a Coppermine para posteriormente adiviñar as representacións feitas polos nenos/as doutras escolas. Incorporación das -Uso da cámara dixital e da galería Coppermine TIC na área de para o traballo da expresión facial. Educación Física -Proxección de fotografías para o traballo de diferentes do currículo de Ed.Física (control postural, imitación, equilibrio-desequilibrio, expresión corporal,...) -Gravación de videos dalgunhas tarefas. O feito de que o alumnado se vexa a si mesmo na súa práctica motriz ten numerosas vantaxes empezando pola retroalimentación para as súas accións. Por outra parte pode supoñer unha axuda unha forma de traballar e avaliar a aceptación da súa imaxe corporal. -Búsqueda de diferentes xogos populares galegos na rede para o seu posterior práctica adaptada ou non.

22

CRA Ponte da Pedra

TEMPORALIZACIÓN

Ao longo de todo o curso


Proxecto C.R.A 2.0.

CONTIDOS

ACTIVIDADES CONCRETAS

CRA Ponte da Pedra

TEMPORALIZACIÓN

-Utilización do EDI para realizar actividades en Notebook e Lim. -Proxeccións co canón de recursos relacionados Incorporación das coa área de expresión musical. TIC na área de -Audicións de pezas musicais de diferente índole: Educación Musical. populares, tradicionais, folclóricas,... -Emprego do Audacity para realizar gravacións de produccións musicais do alumnado.

Ao longo de todo o curso

-As rutinas en inglés para traballar no EDI. (Ver Anexo 2). -Utilización do EDI para realizar actividades en Notebook, e como soporte para a presentación de contos e cancións. -Utilización de internet para a realizacion de webquest dirixidas. -Uso do internet como ferramenta motivadora para os alumnos: visualizacion de videos, Incorporación das videoclips, cancions, nursery rhymes, xogos TIC na área de interactivos,... Lingua estranxeira -Uso de prestentacións (Notebook, Powerpoint,...) (inglés). para introducir novo vocabulario dunha maneira Ver ANEXO 2 máis atractiva para os nenos e nenas. -Sesións de karaoke para practicar a pronunciación por medio de cancións infantís en lingua inglesa. -Uso da webcam/videoconferencias/emails para comunicarse con nenos/as de escolas situadas no estranxeiro. -“A moza de Fuco escribiunos un email”: O correo electrónico como forma de introducir actividades motivantes para os alumnos/as.

Ao longo de todo o curso

23


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

CONTIDOS

ACTIVIDADES CONCRETAS

TEMPORALIZACIÓN

Incorporación das TIC nas actividades de reforzo a alumnado con necesidades educativas.

-Traballo de series temporais, actividades de audición e linguaxe, etc para traballar no EDI. -Actividades de desenvolvemento dos procesos psicolóxicos básicos a través do EDI: Memory (co Toolkit), búsqueda de diferenzas, memorización de imaxes, xogo dos intrusos,... -Utilización de presentacións tipo Powerpoint para traballar contos adaptados ás necesidades dos alumnos/as. -Actividades de expresión emocional utilizando a cámara dixital. -Traballo da empatía con tarefas de identificación das caras de emocións dos demais. -Utilización de internet para despexar dúbidas e guiar o descubrimento do mundo por parte do alumno/a. -Búsqueda de imaxes en google-imaxes, vídeos sobre como sucede algunha situación, ...

Ao longo de todo o curso

2.- Competencias básicas a traballar. No apartado seguinte realizamos unha explicación ampla de como e en que medida desenvolveremos as capacidades básicas traballando a través das TIC. Nos seguintes obxectivos remitirámonos as anotacións que a continuación presentamos: Competencia en comunicación lingüística: Todos os contidos educativos traballados a través das TIC axudan a que o alumnado incorporen a linguaxe como método de representación, interpretación e comprensión da realidade. Na rede os nenos/as atopan explicacións orais a partir de vídeos, información escrita adaptada ás súas idades, deben facer pesquisas escribindo correctamente o obxecto a buscar, discernir entre información non importante e a desexada, etc. Por outra parte, ademais da información (oral ou escrita) que a rede lles ofrece, tamén eles son productores de mensaxes tanto orais, escritos e incluso motrices

24


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

(que non deixa de ser outra forma de comunicación ainda que non sexa lingüística). Deben asi mesmo realizan interpretacións de contidos visuais que dan pé á realización de descricións e expresión de ideas propias. O traballo de contos a través de presentacións atractivas está colaborando a fomentar o placer pola lectura, obxectivo fundamental que contemplamos no noso Plan Lector. As actividades de aprendizaxe do inglés a través das TIC facilita así mesmo que o alumnado acade unha competencia comunicativa nunha segunda lingua. Por outro lado, aquelas actividades nas que se utiliza como medio de traballo os comentarios escritos na galería de Coppermine, tamén supoñen unha clara labor dirixida á comunicación a través da lingua escrita. En resumo, a utilización das TIC contribue a mellora da competencia lingüística fomentando a participación, respectando a diversidade de respostas e ofrecendo un clima no que se anima ao intercambio comunicativo expresando e comprendendo mensaxes, describindo obxectos persoas e situacións, organizando de forma clara e coherente a mensaxe, interpretando a información visual, etc. Competencia matemática: Actividades na EDI como son as sumas mentais con números que aparecen ao interactuar cun dado, premer no número das cousas que vexo no panel, o xogo do tangram, actividades de tendas,...), recursos existentes na rede como matemáticasdivertidas.com e un longo etcétera. Todas estas actividades colaborarán ao desenvolvemento desta competencia, incentivando ademais o gusto e interese polas matemáticas a través de actividades atractivas e fuxindo daquelas outras repetitivas e pouco significativas para o alumnado. O goce polos números e o traballo das nocións matemáticas insertas en situacións en contextos motivadores, reais e acordes cos intereses dos nenos/as colaborarán a que ao desenrolo e aplicanción do pensamento matemático co fin de resolver diversos problemas en situación cotiás. Crearanse materiais que desenvolvan aspectos matemáticos como os sinalados a cotninuación: Percepción e identificación das cualidades de obxectos; situación dos obxectos no espazo (dentro/fora- enriba/debaixo, arredor, etc.); relacións de orde, seriacións, secuencias temporais e clasificacións; a serie numérica e a súa grafía; orientación temporal (antes/despois,…). Pero ademais das actividades que realizamos de cara ao desenvolvemento concreto desta competencia, o propio uso do EDI supón un traballo implícito das nocións asociadas a relacións espaciais e temporais: orientación espacial (en canto á

25


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

manipulación dos diferentes elementos que manexamos, situándoos arriba/abaixo, á dereita/á esquerda,...) e temporal (páxina anterior, páxina posterior,...). Así mesmo, os xogos con webcam o alumnado debe realizar movementos en función dalgún estímulo mentres que se está a ver nunha pantalla, sendo a retroalimentación é maior e diferente. O feito de verse reflexado unido ao tipo de movementos que nestes xogos acostuman a facerse (brazo arriba/abaixo esquerda/dereita) incide positivamente na afirmación da lateralidade e no traballo das nocións espaciais e temporais. Competencia do coñecemento e a interacción co mundo físico: Calquera aspecto relacionado co mundo físico, sexa fenómeno natural ou xerado polo home, somos capaces de levalos á aula grazas as TIC e internet. Non importa que o ditos fenómenos non estén ao noso alcance, podemos visionalos de forma inmediata e facilitar así aos rapaces/as ese entendemento do mundo e guialos para que prograsivamente vaian xerando habilidades que lles permitan desenvolverse adecuadamente no entorno. Vídeos de como nace unha pranta, de como nace un neno ou de como se fai o cemento,... Fotografías sobre animais, paisaxes, persoas de diferentes razas,... Todo o imaxinable o podemos levar a aula en cuestións de segundos. E non só iso. As propias aulas son productoras de información relevante sobre diferentes ámbitos da vida: contar a través do blogue como marcha a horta dunha das nosas escolas, ensinar como van medrando as leitugas de tal outra,... Moitas preguntas e dúbidas que a estas idades se plantexan sobre as cousas que suceden ao seu arredor, por iso é unha bo recurso internet, e a partir desa pregunta, seguir un protocolo de “investigación” e colgalo no blogue de cada escola. Por todo isto, as TIC contituen un recurso inagotable para isto, permitíndolles aos nenos/as interactuar coas persoas, obxectos, explorando o espazo e o tempo, ampliando deste xeito o seu coñecemento do mundo, identificando no visionado de fotos os elementos da natureza, a observación das características e dos cambios dos seres vivos, a identificación e definición dos membros dos seus grupos sociais, das manifestacións culturais, etc. Competencia dixital: Ademais da utilización das TIC como ferramentas ao servizo do mestre como medio de presentación dos contidos, é un obxectivo da actual lexislación o de dotar ao alumnado dunha competencia dixital.Este obxectivo colaborará a dotar ao alumnado dunha competencia dixital axeitada ás súas idades. Neste sentido a integración das TIC no traballo cotián da aula (explicacións, actividades, consultas na

26


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

web,manexo das cámaras dixitais ou EDI,…) contribuirá a que os nenos/as se vaian familiarizando con ditas tecnoloxías e coas posibilidades que éstas ofrecen. Competencia cultural e artística: Non podemos deplazarnos a museos, a cidades con monumentos... pero podemos, sen sair da aula, asistir a unha visita virtual ao museo do Prado, ou visualizar co GoogleMaps a Torre Eiffel. Todos estes elementos culturais e artísticos os podemos traballar posteriormente a través de presentacións, de actividades na EDI. As produccións artísticas dos nenos en soporte dixital tamén contribuirá a o desenvolvemento da súa creatividade, gozando e enriquecendose persoalmente. O achegamento a diferentes pezas musicais clásicas, populares, folklóricas,... na área de Educación Musical ou o traballo dos xogos populares galegos en Educación Física son actividades que permitiran coñecer, comprender, apreciar e valorar diferentes manifestacións culturais e artísticas e consideralas como parte do patrimonio dos pobos. Competencia social e cidadá: A través do traballo no EDI das Rutinas e as normas da clase o alumnado aprende a vivir en sociedade, a participar plenamente na vida cotiá da aula. Sumado ao respeto do turno de palabra e demais normas habituais nas aulas con alumnado destas idades, no uso coas TIC existen tamén unhas regras claras a respetar (co EDI é necesario tamén respetar turnos ou do contrario non funciona; as cámaras...) Moitas das tarefas que se plantexarán supoñen unha toma de decisións, e unha valoración conxunta dos intereses individuais ou do grupo. Por exemplo, naquelas escolas nas que se traballa por proxectos, a decisión sobre o tema a investigar debe ser tomada polos propios alumnos/as buscando un consenso, investigación que logo se levará a cabo, entre outros medios, utilizando as TIC. O obxectivo aquí plantexado é eminentemente social e conleva relación, respecto, desenvolvemento de habilidades necesarias para o traballo en grupo, de hábitos de comportamento adaptados ao contexto, etc. Competencia para aprender a aprender: Refírese a competencia para iniciar a aprendizaxe e ser capaces de continualo, sendo conscientes da súa propia aprendizaxe. Trataremos de que as actividades creadas na EDI sexa o propio alumno o que descubra se o fixo ben ou mal, proporcionando un feedback instantáneo. Esto axuda ao alumnado a recoñecer as súas potencialidades e nos permite traballar a capacidade de superar os erros. Co progresivo manexo das ferramentas que están ao seu alcance en función da súa idade, lles iremos achegando á idea de que calquera tipo de coñecemento está ao

27


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

seu alcance, traballando as súas habilidades para que o fagan de forma eficaz e autónoma. Competencia para a autonomía e iniciativa persoal: Contribuimos a mellorar esta competencia porque a través das actividades programadas permitimos ao noso alumnado imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais e colectivos con creatividade, confianza e responsabiliadade. En relación ao traballo da súa autoestima, o feito de grabar un video dalgunha tarefa para logo mostrarllo aos nenos/as supón unha forma de avaliar a aceptación da súa imaxe corporal e traballar se o vemos preciso a súa confianza en si mesmo. Por outro lado, tratamos de ensinar aos nenos/as que coas ferramentas que teñen ao seu alcance poden eles mesmos buscar a resposta de dúbidas ou curiosidades que lles xurden, e que poden incluso converterse en pequenos exploradores sen necesidade se viaxar presencialmente á selva africana, ao Amazonas, ou á lúa.

3.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos. Unha das características maís importantes do noso centro é que estamos a traballar con grupos de alumnos/as de niveis mesturados (en moitos dos casos ata cinco niveis) o que fai que a atención á diversidade sexa un dos puntos fortes a hora de programar actividades e desenvolver a metodología nas nosas aulas. As TIC supoñen neste eido unha ferramenta imprescindible para nós. O deseño de actividades para a utilización do EDI (así como outras utilizando internet, correo electrónico,...) nos permite programar actividades nas que os alumnos/as poden traballar ou ben en grupos de diferentes niveis (un alumno/a maior traballando cun pequeño) ou ben nos dan a posibilidade de que os grupos de nivel poidan estar desenvolvendo unha actividade mentras os mestres atendemos a outros grupos noutras tarefas.

28


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

4.- Organización de recursos humanos e materiais. Recursos humanos: Todo o profesorado participante. Recursos materiais: Precisaranse, entre outros, os seguintes elementos: - Hardware: Equipos informáticos, proxector, EDI, Webcams, cámara dixital, alfombra de baile (USB), Impresoras,... - Software: Notebook, Incredimail, Stepmanía, Software de “PC Fit”, software educativo, Paquete de ofimática (OpenOffice/MsOffice)... - Recursos en internet: Google, Youtube; Wikipedia, páxinas de recursos educativos,...

29


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

OBXECTIVO B.2. - Creación de materiais TIC de diferente soporte (Notebook, powerpoint, galerías de imaxes, blogues,...) para traballar co alumnado diferentes temas ou centros de interese. O feito de presentar ao alumnado material creado no propio contexto educativo permitirá incidir máis nunha concreción dos contidos da aprendizaxe adaptados ás características propias do noso centro. 1.- Programa de contidos e actividades: CONTIDOS

ACTIVIDADES CONCRETAS

Creación de materiais realizados en Notebook para o desenvolvemento dos contidos propios de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria en Notebook.

-Crearanse actividades para traballar contidos sobre o corpo, a escola, as diferentes estacións, o magosto, etc -Documentos de traballo para o traballo da lectura e escritura. -Uso da cámara dixital para fotografiar ao alumnado en secuencias accións cotiás (lavar as mans, chegar a clase,...). Crear actividades para EDI de arrastre e colocación desas fotos cunha lóxica temporal secuencial. O uso de imaxes reais e persoais axudan a identificar as secuencias que xa vivenciaron para poder xeneralizar esa lóxica temporal. -Creación de xogos de Memory, búsqueda de diferenzas, memorización de imaxes (uso da cortinilla e debuxar o que falta), etc. -Creación de actividades para a práctica das praxias (exercicios buco-faciales) e dos lotos fonéticos para traballar a estimulación da linguaxe (esta forma de traballo convirte unhas tarefas arduas e repetitivas en actividades presentadas de xeito divertido, e son eles quenes marcan o ritmo da actividade).

30


Proxecto C.R.A 2.0. CONTIDOS

CRA Ponte da Pedra

ACTIVIDADES CONCRETAS

Creación de adaptación de contos en presentacións usando diferentes soportes (Notebook, Powerpoint,...) Presentacións en diversos para que a súa lectura sexa máis comprensiva. soportes Presentacións para traballar os diferentes contidos do currículo. Ferramentas de autor

Creación de recursos realizados con Hot Potatos ou Ardora.

2.- Competencias básicas a traballar. Desenvólvense as 8 competencias básicas do currículo (remitímonos ás argumentacións ofrecidas para o obxectivo B.1.). 3.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos. Toda a producción de materiais será canalizada a través das coordinadoras de etapa e ciclo. Elas, coa axuda e asesoramento dos membros do equipo TIC, subirán ditos materiais á aula virtual. A decisión de organizar o traballo deste xeito é porque consideramos oportuno que, en aqueles espazos comúns da aula virtual, sexan un número limitado de persoas os que suban os contidos co fin de garantir unha coherencia na estructura deses cursos. 4.- Organización de recursos humanos e materiais. Recursos humanos: Todos os participantes. A figura da coordinadora e demais membros do Equipo TIC será esencial no asesoramento e titorización no proceso de creación. A subida dos materiais, como dixemos, correrá a cargo das coordinadoras de ciclo/etapa, dos membros do equipo TIC, e daquelas outras persoas que desexen colaborar nesta tarefa. Recursos materiais: Equipos informáticos, o software necesario, conexión a internet.

31


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

OBXECTIVO B.3. - Aumentar a interacción do alumnado das diferentes escolas, así como para crear un vínculo escola-familia a través das TIC (videoconferencias, envío de correos electrónicos, videomails, etc). Un dos obxectivos prioritarios do noso Plan de Convivencia é o de de aumentar a relación entre as escolas, así como o de fomentar entre o alumnado do sentimento de pertenza a un centro. En base a isto, as TIC poden colaborar a alcanzar dito obxectivo. O profesorado ten á súa disposición varias ferramentas: as videoconferencias e un xestor de correos moi atractivo para o alumnado. 1.- Programa de contidos e actividades e temporalización: CONTIDOS

ACTIVIDADES CONCRETAS

TEMPORALIZACIÓN

Relación a través do correo electrónico con todos os membros da comunidade educativa.

-O intercambio de correos realizarase cos seguintes colectivos: Co alumnado das outras escolas: Tarefa conxunta de aula que ten como finalidade fomentar o coñecento das demais escolas e compañeiros/as do CRA. Coas familias. Implicación das familias nesta dinámica. Cos antigos alumnos/as. Posibilitará a conservación do contacto con antigos compañeiros ademais de que estes poden ser unha fonte de información para coñecer como é o novo cole ao que será ao que se incorporarán ao marchar do CRA. O alumnado entre eles. Aquel alumnado que non teña internet na casa terá a oportunidade de contestar aos correos na propia aula de forma individual, sempre titorizados por un mestre, compensando así as desigualdades en canto á

En periodo lectivo

32


Proxecto C.R.A 2.0.

CONTIDOS

ACTIVIDADES CONCRETAS

CRA Ponte da Pedra

TEMPORALIZACIÓN

presencia ou non de conexión no fogar. Co propio profesorado. Todos estes correos servirán para compartir experiencias de aula, adiviñas, regueifas, refráns, cancións, fotos e demais contidos de carácter educativo. Consulta das entradas do blogue das demais escolas. Interacción coa comunidade educativa e outras institucións a través de videoconferencias

Estas videoconferencias realizaranse Busqueda de información o ideas previas sobre o En periodo tema da videoconferencia a realizar lectivo, Selección das preguntas e dos comentarios a cunha presentar planificación Realización da videoconferencia e resolución dos previa. problemas que poideran xurdir

2.- Competencias básicas a traballar. Ademáis de todo o argumentado no apartado de “Competencias básicas ofrecidas para o obxectivo B.1., podemos engadir as seguintes apreciacións en tres delas: Competencia do coñecemento e a interacción co mundo físico: Neste caso, o obxectivo B.3. supón utilizar como canle real de interacción as videoconferencias ou o correo para a relación do alumnado co seu entorno próximo. Competencia en comunicación lingüística: Tanto as videoconferencias como a lectura e escritura de mensaxes de correos electrónicos son dúas actividades moi axeitadas para o traballo de expresión de pensamentos, emocións, vivencias e opinións así como de potenciación do diálogo. O traballo previo á escritura dun correo conleva tarefas de xeración, expresión e organización de ideas, proporción de coherencia ao discurso,... Á súa vez, a recepción dun correo implica a lectura dentro dunha situación comunicativa real, significativa e de

33


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

grande motivación para os nenos/as. Estas actividades incentivarán o goce pola lectura, a escoita e a expresión oral e escrita. Competencia social e cidadá: Entre as habilidades desta competencia destaca tamén o saber comunicarse en distintos contextos (a través dunha webcam, dun correo electrónico, un videomail,... a través do blogue ou de comentarios na galería), expresar as propias ideas e escoitar as alleas, ser capaz de comprender o punto de vista do outro.

3.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos. As escolas do cra posúen unha conta de correo en gmail, coa cal conéctanse tanto ao programa de videoconferencias (neste caso, o Skype) como ao xestor de correos. Aínda que para o caso do envío de correos non é necesario, para levar a cabo as videoconferencias será preciso establecer unhas liñas de actuación, unha programación previa e seguir as orientacións que incluimos no ANEXO 3. 4.- Organización de recursos humanos e materiais. Recursos humanos: Todos os participantes do proxecto recibirán o asesoramento oportuno por parte do equipo TIC. Recursos materiais: - Hardware: Equipos informáticos. Cámaras web. Micrófrono. - Software: En principio usaremos o Skype para as videoconferencias e o Incredimail como xestor de correo electrónico (moi axeitado para ás idades coas que traballamos, pola súa sinxeleza de uso e o grande atractivo visual). - Outros: Conexión a internet.

34


Proxecto C.R.A 2.0. C. Obxectivos relacionados con

CRA Ponte da Pedra

estratexias de liderazgo e

organización dos centros no uso das TIC

OBXECTIVO C.1. Coordinar e avaliar as actividades relacionadas co uso das TIC non so a nivel de Equipo TIC senón incorporando a programación e avaliación deste tipo de accións na orde do día nas Comisións de Coordinación Pedagóxica e nos Equipos de Ciclo. Ademais das habituais reunións mensuais entre os membros do equipo TIC, trátase de incluir a figura da Coordinadora TIC na Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP), coa finalidade de incorporar as dinámicas TIC como punto da orde do día tanto na CCP coma nas posteriores reunións de equipo de infantil e de primaria. 1.- PROGRAMA DE CONTIDOS E ACTIVIDADES: CONTIDOS

ACTIVIDADES CONCRETAS

Reunións mensuais tanto a nivel da CCP como a nivel de ciclo (no equipo de infantil e no de primaria) para Programación e avaliación abordar a programación e a avaliación das dinámicas de actividades relacionadas TIC. coas TIC. Coordinación entre titores e especialistas en relación as TIC. Asesoramento docente

Reunións para asesorar aos cordinadores sobre as pautas establecidas para as dinámicas a levar a cabo.

2.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos. O equipo TIC establecerá as liñas de actuación máis convintes para a realización das diferentes dinamizacións das TIC, a organización de recursos humanos e materiais, as pautas de asesoramento, etc. Todas as liñas de actuación tomadas neste equipo levaranse á reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxina, onde as respectivas coordinadoras de Ciclo (Infantil e 1º Ciclo de Primaria) actuarán de enlace para a

35


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

transmisión das actuacións ao resto do profesorado, para traballalo coa adecuación pertinente segundo ó ciclo. 3.- Organización de recursos humanos e materiais. Recursos humanos: Todo o profesorado. Recursos materiais: Ningún.

36


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

OBXECTIVO C.2. Establecer accións a través das TIC que redunden na mellora da organización do centro e de coordinación entre o profesorado do CRA. (ferramentas 2.0 como axuda á coordinación docente: blogues, aula virtual,...)

Pertencer a un CRA ten uns claros inconvintes á hora de organizar os equipos de coordinación, a transmisión de información, etc. As TIC poden constituir para nós a vía para paliar as carencias derivadas da distancia física entre os docentes, así como para optimizar a organización de doutro tipo de tarefas. 1.- Programa de contidos e actividades: CONTIDOS

Sistema de compartidas.

ACTIVIDADES CONCRETAS

Istaurar o sistema de carpetas compartidas para dar información ao resto do profesorado. Para unha mellor carpetas eficacia na transmisión de novas, convocatorias, informacións sindicais etc que chegan ao correo do CRA, comezarase este curso a traballar coas carpetas compartidas do correo da Xunta.

Introducir o inventario TIC na aplicación XADE. Para un rexistro máis eficaz do inventario TIC do centro, trataremos O Xade como xestor do de pasar o inventario ao Xade. Unha das vantaxes que terá inventario TIC do esto, será o poder consultar dende calquera lugar, os centro. números de serie de calquera aparello, puidendo incluso a UAC ter acceso a estes datos. A páxina web permite a consulta e intercambio de documentos, recursos, actividades,... Estes intercambios produciranse en varios niveis: A web do centro como -Participación nos blogues de escola da páxina web do centro. lugar de coordinación -Utilizar a Aula Virtual do centro como modo de formación docente. e como lugar de intercambio de materiais. Ver exemplo: http://centros.edu.xunta.es/crapontedapedra/moodle/course/view.php?id=28

-A galería de imaxes como medio para compartir imaxes e vídeos de interese para o resto de escolas.

37


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

2.- Competencias básicas a traballar. Na medida en que o profesorado comparta experiencias e sinta interese por aprender dos demais compañeiros/as, estaremos achegándonos á figura dun mestre capaz de transmitir todos estes valores propios da web 2.0 ao seu alumnado: cooperación, participación, creatividade, contribución, construcción da aprendizaxe,...

3.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos. En referencia á instauración do sistema de carpetas compartidas, comezouse en septembro. Ao finalizar o trimestre faremos unha valoración de se este xeito de compartir a información de novas que chegan ao correo do CRA é a máis axeitada e funciona. Con respecto á participación nos blogues, a aula virtual ou nas galerías, o profesorado participante recibirá en todo momento o asesoramento oportuno para poder levar a cabo as actividades antes sinaladas. 4.- Organización de recursos humanos e materiais. Recursos humanos: Todos os participantes, excepto á introducción do inventario TIC no xadeweb, que o realizará a secretaria e coordinadora deste proxecto, debido aos permisos que son necesarios para traballar nel. Recursos materiais: Hardware: Equipos informáticos,...Software en internet: Xadeweb, Drupal, Coppermine, Moodle,..

38


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

D. Obxectivos relacionados con estratexias e mecanismos de difusión das boas prácticas realizadas nos centros educativos OBXECTIVO D.1. Convertir a páxina web e a aula virtual do centro nun lugar que sirva de referencia, axuda ou guía para as prácticas tanto do profesorado actual do centro, comunidade educativa, futuros docentes do CRA e persoas alleas a este. Colgar na aula virtual da páxina do centro aqueles materiais, titoriais, ou documentos xerados para que sirvan de referencia tanto ao profesorado actual do centro, ao futuros docentes do CRA, ou persoas alleas a éste, que sirvan de referencia, axuda ou guía para as súas prácticas. 1.- Programa de contidos e actividades: CONTIDOS

ACTIVIDADES CONCRETAS

O Drupal como modo de dar a coñecer ao resto da -Publicar periódicamente entradas ao comunidade educativa as blogue de aula das escolas (no Drupal da actividades máis salientables web do colexio). que se realizan nas escolas. -Reunións cos pais para promocionar as visitas á páxina web do centro e a Vinculación TIC para participación dos pais nela. nais/pais -Escola de pais para os interesados en participar na web. -Realizar reunións cos membros da ANPA para fomentar o uso da páxina web por Colaboración coa ANPA para parte da asociación, incidindo na fomentar a súa participación importancia desta para dar a coñecer á na páxina web do centro. comunidade escolar a ANPA, as actividades ofertadas, procedemento para facerse socio,...

39

TEMPORALIZACIÓN

Publicacións periódicas

Reunións trimestrais.

Os luns de Consello Escolar


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

2.- Competencias básicas a traballar. Preténdese aumentar a competencia dixital de toda a comunidade educativa. Na medida en que as familias sintan a necesidade de manterse informada a través das ferramentas que poñemos á súa disposición, así como espertando un interese por participar a través da web dinámica, estaremos dalgún xeito creando un respaldo no seno da familia que colaborará ao desenvolvemento das competencias que queremos para o noso alumnado.

3.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos. A metodoloxía a seguir en canto a escola de pais será fundamentalmente participativa e dinámica, para que as familias se impliquen no proxecto dentro da súas posibilidades. Primarase a creación dun clima grupal, favorecendo o traballo cooperativo e a interacción entre familia-escola. Traballarase así mesmo en dirección a aumentar a participación dos pais/nais e da ANPA a través da páxina web do centro.

4.- Organización de recursos humanos e materiais. Recursos humanos: As reunións cos pais serán coordinadas pola dinamizadora do proxecto e participarán nela Recursos materiais: Hardware: Equipos informáticos, proxector, EDI,... Software en internet: Drupal, Coppermine, Moodle,..

40


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

8. Criterios e procesos para avaliación do proxecto e da repercusión na práctica educativa.

 GRADO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS PLANTEXADOS / REPERCUSIÓN NA PRÁCTICA EDUCATIVA En referencia aos obxectivos do proxecto: • Os obxectivos do proxecto tiveron algunha repercusión na práctica educativa dos mestres titores e especialistas. • As actividades e contidos foron coherentes coa programación dos obxectivos. • Os obxectivos programados foros os axeitados para alcanzar as finalidades do proxecto. • As actividades non foron elementos aislados senon que se interrelacionaron e integraron nun proxecto global e coherente. En referencia ao alumnado: • Os obxectivos, contidos e actividades favorecen a comunicación co resto das escolas e co contorno do CRA. • Facilítase a imaxinación e a creatividade coas actividades programadas. • Posibilítase a integración das novas ferramentas de comunicación para a aprendizaxe dos contidos escolares. • Poténciase o uso de novas aprendizaxes e de novos soportes, con gusto e interese por parte do alumnado. • Mellóranse as habilidades sociais, normas e rutinas da clase así como o pensamento crítico. • Estimúlase o interese e a motivación por aprender. En referencia ao profesorado: • Incorpóranse as ferramentas das Tecnoloxía da Información e a Comunicación como instrumentos no desenvolvemento da actividade docente. • Participan na valoración, deseño e adaptación das actividades TIC.

41


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

• Poñen en práctica as novas actividades programadas neste proxecto con entusiasmo e interese. • Interese pola formación (pequenos seminarios) para a capacitación nas TIC. • Participación e interese na incorporación de aportacións na web do centro, tanto nos blogues das escolas coma na aula virtual como lugar para compartir.

En referencia ás familias: • Participan nas dinámicas dirixidas á comunicación familia-escola. • Amosan interese e participación na escola de pais/nais. • Aumenta o interese e a participación na páxina web. • Incrementouse a participación da ANPA na web do centro.

 METODOLOXÍA EMPREGADA • A metodoloxía empregada foi a adecuada para o logro dos obxectivos. • O procedemento de traballo foron coherentes coas actividades planificadas.

 ORGANIZACIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS • Úsanse os recursos adecuados e de forma eficaz para cada actividade. • O espazo para poñer en práctica as actividades e reunións é o adecuado. • Existe disponibilidade de recursos persoais para os pequenos seminarios de capacitación dos mestres • Disponibilidade de recursos materiais para a realización das actividades • As actividades están ben coordinadas e organizadas.

 REFLEXIÓNS, LOGROS E INCIDENCIA DO PROXECTO DO CENTRO / PROPOSTAS DE MELLORA Celebración dunha reunión presencial de todos os participantes para establecer reflexións sobre os logros e a incidencia do proxecto do centro. Nesta reunión final, así coma nas trimestrais, analizanse todos os puntos do proxecto, para establecer os

42


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

aspectos que precisan ser reorientados e establecer propostas de mejora de cara ao próximo curso escolar.

MÉTODOS DE AVALIACIÓN: Cuestionarios de avaliación aos mestres e familias. Posibilidade de facelo a través da aula virtual. Reunións trimestrais para extraer conclusións sobre a marcha do proxecto e establecer as correccións oportunas para reorientalo se fora necesario.

43


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

9. Temporalización, calendario e horario previstos para a realización do proxecto

1º TRIMESTRE SETEMBRO SEMINARIO 1: Presentación xeral das TIC no CRA. SEMINARIO 2: Sistema de carpetas compartidas.

OUTUBRO SEMINARIO 3: Xestor de correo electrónico. SEMINARIO 4: Primeiros pasos co EDI.

NOVEMBRO

SEMINARIO 5: Subir contidos en Drupal (I)

DECEMBRO SEMINARIO 6: Subir contidos en Drupal (II). ESCOLA DE PAIS: 1ª reunión.

Intercambiar as novas que chegan ao CRA a través do sistema de carpetas compartidas. Comezar a intercambiar correos electrónicos entre as escolas do CRA. Traballar contidos de Infantil/Primaria a través do EDI. Comezar a traballar cos blogues de aula (Drupal). Reunión de información ás familias sobre a páxina web, ferramentas coas que estamos traballando (correo electrónico das escolas, videoconferencias,...), fomentando a súa participación.

2º TRIMESTRE XANEIRO SEMINARIO 7: Videoconferencias e videocorreos. SEMINARIO 8: Webcams ESCOLA DE PAIS: 2ª reunión.

FEBREIRO

SEMINARIO 9: Notebook. SEMINARIO 10: Coppermine

MARZO

SEMINARIO 11: Usos educativos de ferramentas en internet.

Realización de videoconferencias entre escolas. Realización de videoconferencia externa (Exemplo, bombeiros). Creación de materiais para traballar no EDI. Comezar a traballar coas galerías da páxina web (Coppermine). Continuar co intercambio de correos electrónicos coas escolas e comezar a intercambialos coas familias. Continuar a participación no blogue da escola.

44


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

3º TRIMESTRE ABRIL

MAIO

XUÑO

SEMINARIO 12: Moodle (1) SEMINARIO 13: Ferramentas SEMINARIO 14: Moodle (II) 2.0. SEMINARIO 15: Impresión en REUNIÓN DE AVALIACIÓN ESCOLA DE PAIS: Terceira rede. reunión.

Aumentar a implicación do profesorado na aula virtual como lugar para compartir os contidos creados. Inclusión progresiva das ferramentas 2.0 como materiais de traballo na aula. Continuar co intercambio de correos electrónicos coas escolas/familias e introducir algún outro estamento-institución externo. Continuar a participación no blogue da escola.

45


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

10. Competencias, formación e funcións da persoa dinamizadora do proxecto A coordinadora deste proxecto é a coordinadora TIC do CRA Ponte da Pedra dende o curso 2007/08. Realizou diferentes cursos impartidos no CEFORE sobre Webs dinámicas, curso de Dinamizadores TIC,... e outros que se sinalan máis adiante. Tamén ten participado como ponente en varios PFACs e como relatora no curso “O emprego didáctico do Encerado Dixital nas Aulas”. Por outra banda, é tamén a Secretaria do centro, co que esto implica en canto á integración das labores administrativas coa dinamización TIC. A formación formal recibida en canto ás TIC é a seguinte:  CURSOS DO CMG (Centro Multimedia de Galicia): O Guión Multimedia. A Linguaxe Audiovisual. Dreamweaver. Fireworks. Flash. Freehand.  CURSOS DO CEFORE: “Elaboración de ilustracións e tratamento de imaxes”. “Xornadas sobre o Plan TIC nos centros educativos”. “Formación de coordinadores de Tecnoloxías da Información e da Comunicación en centros educativos”. “Uso didáctico dos novos medios”. “IX Inforensino” “Webs dinámicas para centros educativos. Drupal Moodle e Coppermine”. “A xestión administrativa e académica dos centros de Infantil e Primaria con Xade”. “Aventuras na Web. Un modelo de traballo colaborativo en internet”.  COORDINACIÓNS DO PFAC: “Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Infantil e Primaria”

46


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

 COORDINACIÓN DO SEMINARIO: “Posibilidades de introducción das TIC na área de Educación Física”.  PONENTE DO CURSO: “O emprego didáctico do Encerado Dixital nas Aulas”.  OUTROS: “Congreso Nacional Internet en el Aula” (Santander) “Obradoiros de accesibilidade básica de contidos web. Edición de artigos accesibles en cadernos de bitácora” (Asociación Tadega).

FUNCIÓNS DA COORDINADORA NO PROXECTO As funcións da coordinadora dentro deste proxecto serán as seguintes: • Establecer as liñas máis axeitadas de asesoramento ao profesorado do CRA na creación de materiais, xestión dos recursos TIC,... • Impartir os seminarios sinalados no obxectivo A.1. e elaborar posteriormente, coa axuda do resto de membros do equipo TIC, materiais formativos, titoriais e videotitoriais para a súa posterior publicación na Aula Virtual do centro. • Dinamizar a acción do profesorado das distintas áreas en relación ao traballo coas TIC, fomentando a creación de contidos e a súa publicación na web do centro para compartir co resto da comunidade educativa e outros centros. • Impulsar a comunicación entre as escolas do CRA, outras escolas do contorno, e institucións que poidan aportar contidos de interese para os nosos proxectos educativos. • Favorecer a formación das familias en referencia as ferramentas TIC que facilitan a súa interacción coa vida da aula. • Administrar e actualizar a páxina web do centro, aula virtual e galería de imaxes. • E, en xeral, garantir na medida do posible a consecución de cada un dos obxectivos do presente proxecto así como facilitar a súa difusión a toda a comunidade educativa.

47


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

PROXECTOS DE INNOVACIÓN DO CENTRO O CRA Ponte da Pedra ten participado durante varios cursos no Proxecto de Anticipación da Lingua Estranxeira. Por outra banda, nos ultimos anos o profesorado do centro participou nos Premios EDIGA organizados polo portal galego adicado ao Encerado Dixital (www.ediga.net).

48


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

11. Orzamento estimado segundo as necesidades detectadas no centro derivadas do análise da situación do centro. As nosas necesidades actuais céntranse básicamente nas dúas aulas de nova creación que polo momento non foron dotadas pola Xunta con ningún tipo de material informático. A pesares de termos pedido en repetidas ocasións equipos ainda que foran de segunda man, aínda non obtivemos resposta e non sabemos cando chegará dita dotación, nin se a mandarán ou non. Por outro lado, recentemente un dos portátiles que xa tiñamos no CRA, concretamente o que usaba o departamento de Inglés, avariouse e a o servizo técnico da UAC considerou que non paga a pena o arranxo, polo que contamos cun equipo menos. En base a estas necesidades e a outras que se poden extraer do resto do presente proxecto, presentamos a continuación o seguinte orzamento, co que chegaríamos a unha situación ideal en canto aos soportes TIC: CONCEPTO

XUSTIFICACIÓN

Nº uds.

Parcial

Total

Equipos portátiles

Un por cada unidade de nova creación. Outro para suplir o avariado.

3

550

1.650

Impresoras

Para as aulas de nova creación.

2

50

100

Proxector

Para as aulas de nova creación.

2

500

1000

EDI

Para as aulas de nova creación. Máis unha que non a ten Para utilizar os equipos de sobremesa coa PDI Non todos os mestres dispoñen dun pen USB Temos dúas para todo o CRA, polo que o profesorado está a utilizar cámaras persoais.

3

900

2700

4

6

24

5

10

50

5

100

500

20

Cables “Y” de VGA Pendrives Cámaras dixitais Formación

Formación

10 €/hora

(mínimo)

Toner para a fotocopiadora

Impresión de material de interese para o profesorado ou alumnado

3

125

49

200 375


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

CONCEPTO

XUSTIFICACIÓN

Nº uds.

Parcial

Total

Cartuchos de tinta negra

Idem

11

25

275

Cartuchos tinta de cor

Idem

11

30

330

Soportes magnéticos: CDs

Creación de cds cos traballos, fotos, contidos educativos,... para mandar ás familias.

10 Tarrinas de 25

11

110

Soportes magnéticos: dvds

Gravación de copias de seguridade dos cursos de Moodle. Creación de cds cos titoriais para os mestres.

10 Tarrinas de 25

21

210

3

90

7

21

5

25

10

50

20

3

60

variado

100

100

Folios Din A4

Folios Din A3

Cartulinas Din A4 de cores

Plásticos para plastificar Carpetas Material para encuadernar

30 Impresión de documentos para paquetes o alumnado/profesorado. de 500 3 paquetes Idem de 500 5 paquetes Idem de 100 5 Plastificado de material para o paquetes alumnado de 100 Archivado de material para os mestres Creación de material encuadernado para o alumnado e para o profesorado.

ORZAMENTO TOTAL

(*) Este orzamento é totalmente aproximado e baseada nunha situación de dotación ideal.

50

7880 €


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

ANEXOS DO PROXECTO “C.R.A. 2.0.”

51


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

ANEXO 1: RECURSO AS RUTINAS DE INFANTIL PARA EDI

DESCRICIÓN DO MATERIAL O recurso está realizado co Notebook e incorpora elementos Flash. Podemos dividir o material nas seguintes páxinas do Notebook que a continuación se detallan:

PÁXINA 1: SAÚDO, ESTACIÓN E METEOROLOXÍA Obxectivo: Traballar os aspectos meteorolóxicos (que tempo fai), pasar lista dos alumnos/as e situarse na estación do ano actual. Tipo de aplicación: Flash Descrición: Ofrecemos unha descrición detallada e unha guía de uso na taboa seguinte:

CAPTURA DE ESCENAS

DESCRICIÓN

ACTUAL ESTACIÓN DO ANO O alumno/a debe premer sobre a estación actual, acción cal dará acceso á escena seguinte, contendo a paisaxe característica da estación elexida.

PASAR LISTA As ventás da escola son para cada unha das fotos dos nenos da clase. Se algún compañeiro/a non está, retírase a foto e péchase a súa fiestra premendo nela. Outra posibilidade (máis cómoda) é a incorporación no flash das fotos dos alumnos/as.

52


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

METEOROLOXÍA DO DÍA: Os nenos deben premer na simboloxía da barra inferior segundo corresponda co tempo que fai. Ademais dos botóns interactivos inferiores (sol, sol con nube, nubes, chuvia e neve), os muíños de vento tamén son interactivos, podendo facelos mover cando fai vento.

53


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

PÁXINA 2: A DATA DE HOXE Obxectivos: Aprender a situarse no tempo a través da data (os días da semana, meses do ano). Tipo de aplicación: Flash Descrición: Ofrecemos unha descrición detallada e unha guía de uso na taboa seguinte:

CAPTURA DE PANTALLA

DESCRICIÓN

HOXE É... Páxina adicada á data do día. A aplicación flash facilita esta labor a os máis pequenos. Existe a posibilidade de que o encargado de poñer a data a copie na pauta de abaixo cos rotuladores da PDI.

PÁXINA 3: HOXE CUMPREN ANOS... Tipo de aplicación: Flash, imaxes e asociación de sons ás imaxes. Obxectivos: Adicar uns minutos de protagonismo ao compañeiro/a que cumpre anos ese día. Descrición: Ofrecemos unha descrición detallada e unha guía de uso na taboa seguinte:

CAPTURA DE PANTALLA

DESCRICIÓN HOXE CUMPRE ANOS... Páxina adicada aos aniversarios do alumnado. Nela poñerase a fotografía e o nome do neno/a festexado o cal poderá premer un dos bonecos para que lle cante a canción na lingua correspondente. Inclúese a versión en castelán, inglés, italiano, árabe e unha versión con ritmos brasileiros. A aplicación flash que sirve de fondo posue dúas zonas interactivas: -

Unha tarta, premendo na cal podemos poñer o número de velas correspondente.

-

Un pequeno globo na parte inferior esquerda, premendo no cal aparecen globos de cumpreanos.

54


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

PÁXINA 4: O NOSO HORARIO Tipo de aplicación: Imaxes para arrastrar e colocar. Obxectivos: Organizar o horario da xornada. Descrición: Ofrecemos unha descrición detallada e unha guía de uso na taboa seguinte:

CAPTURA DE PANTALLA

DESCRICIÓN ORGANIZACIÓN DO DÍA Entre todos, ao comenzar o día, organizaremos as tarefas que se realizarán durante a xornada, así como a súa secuencia. Existe a posibilidade de indicar ca flecha a actividade que se está realizar nese momento.

PÁXINA 5: COMO TRABALLEI HOXE? Tipo de aplicación: Imaxes ca opción “clonador infinito” para arrastrar e situar. Obxectivos: Ofrecer ao alumnado unha forma de autoregular e avaliar o seu traballo. Descrición: Ofrecemos unha descrición detallada e unha guía de uso na taboa seguinte:

CAPTURA DE PANTALLA

DESCRICIÓN AVALIACIÓN DO DÍA Taboa de dobre entrada na que poñeremos as fotos e/ou nome dos nosos alumnos e as tarefas que nos interesan que os nenos avalien. Esta páxina pode ser usada de dúas formas: 1ª) Cada vez que un neno/ realiza algunha das tarefas enrriba expresadas, marca co símbolo correspondente a realización dese traballo (realización/non realización).

2ª) Cada alumno/a, tras realizar unha tarefa determinada, marcará co símbolo correspondente o grado de consecución dos obxectivos desa tarefa.

55


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

ANEXO 2: INCORPORACIÓN DAS TIC NA ÁREA DE INGLÉS 1. Rutinas – Calendario in english Con el traballaremos rutinas como o Calendario o que nos vai a facilitar moitos comezos de clase e moitas actividades de warm-up e motivación.Todas as ligazóns que aparecen nesta actividade complementan o traballo de aula cando sexa necesario. Aparece pois aquí claramente integrada a competencia nas TIC. A actividade está composta de 5 páxinas relacionadas co calendario e co clima. Presentamos enlaces con sons e cancións relacionadas co tema. Disporemos de ligazóns tanto con cancións como con contos e xogos a través da internet que poderemos utilizar a nosa maneira nos momentos en que a programación o permita. Estas actividades ademais facilitarán o traballo dos grupos mesturados, resolvendo o problema que se presenta moitas veces nas nosas aulas cando temos que atender algún grupo de alumnos individualmente e necesitamos que outro grupo esté a traballar de maneira independente. Por iso tal vez a actividade esté demasiado cargada de propostas pero non é necesario utilizalas todas. A idea é ter sempre recursos accesibles e fáciles de usar que nos faciliten o traballo e nos completen algún momento complicado que se poida presentar.

Ligazóns que utilizamos nesta actividade: http://www.angles365.com/classroom/shortpoems/fitxers/shortpoems35.swf http://www.angles365.com/classroom/shortpoems/fitxers/shortpoems04.swf http://www.angles365.com/classroom/shortpoems/fitxers/shortpoems09.swf http://www.lil-fingers.com/circus/01.php http://www.literacycenter.net/numbers_en/num_match_en.asp http://www.angles365.com/classroom/fitxers/infantil/memorynumbers.swf http://www.britishcouncil.org/kids-songs-rainbow.htm http://www.angles365.com/classroom/songsci04/fitxers/song61.swf http://www.angles365.com/classroom/songsci02/fitxers/07.swf http://www.angles365.com/classroom/shortpoems/fitxers/shortpoems69.swf http://www.bbc.co.uk/cbeebies/presenters/music/summer.shtml

56


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

http://www.bbc.co.uk/cbeebies/presenters/music/autumn.shtml http://www.bbc.co.uk/cbeebies/balamory/games/embedded_games/snowstorm.shtml http://www.bbc.co.uk/cbeebies/presenters/music/spring.shtml http://www.angles365.com/classroom/songsci04/fitxers/song23.swf http://www.bbc.co.uk/cbeebies/somethingspecial/songs/weather.shtml http://www.bbc.co.uk/wales/bobinogs/games/game.shtml?1 http://www.angles365.com/classroom/stories/weather/weather.swf http://www.bbc.co.uk/cbeebies/tweenies/songtime/songs/i/ihearthunder.shtml http://www.angles365.com/classroom/songsci04/fitxers/song44.swf http://www.bbc.co.uk/cbeebies/razzledazzle/rhymetime/thewind/index.shtml

2. O encerado dixital como soporte para a presentación de contos e cancións O encerado nos vai a facilitar tamén todo o soporte visual necesario para a presentación dos contos e das canción. Moitas das actividades substituirán as tradicionais fichas en papel e permitirán a posibilidade de facer traballo independente por grupos pequenos ou individualmente. Introducimos aquí diferentes maneiras de interactuar entre eles. Estas actividades ademais contarán con ligazóns coa internet que teñan relación co tema. Un exemplo de estas actividades sería a que propoñemos con un conto titulado “It’s cold” Os alumnos traballan a narración do conto o mesmo tempo que interactuan e responden comprensivamente.

57


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

Nunha última páxina os nenos e nenas fan unha actividade de “reading comprensión” que presenta como estímulo que remata nun enlace moi divertido que presenta un conto e unha canción e que está directamente relacionado co tema.

Ligazón utilizada na actividade: http://www.angles365.com/classroom/stories/hero/hero.swf Cada conto que traballemos conta con actividades deste tipo.

3. O encerado como soporte para actividades de lecto-escritura Utilizaremos tamén o encerado dixital para facer pequenas propostas de lecto-escritura para o grupo de 2º. Estas propostas poden aparecer de moitas maneiras : • Preparar os diálogos para un proxecto de teatro. • Ler as instrucción das actividades cando traballen por parellas cos mais pequenos. • Traballar as letras das cancións cando xa as teñamos interiorizadas oralmente. Todo isto aparece ademais como clara contribución da area de inglés o plan lector, xa que a expresión literaria aparece aquí en forma de contos poemas e cancións. Un exemplo deste tipo de actividades é a que titulamos “Faces”

58


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

Nesta parte da actividade partindo da presentación dos personaxes no encerado dixital, traballarán por parellas mesturadas. O grupo de 2º que xa está preparado para enfrontarse coa lingua escrita vai ler un texto sinxelo (reading), o neno/a (1º ou 5 anos) que fai parella intentará identificar o personaxe (comprehension) se o maior sabe que acertou diralle: Click the green button (speaking) e o pequeno realizará unha resposta comprensiva, e si non acertou diralle: Click the red button, o pequeno responderá cunha acción e saberá que ten que corrixir sen que iso sexa un problema. Todos participan na mesma actividade desenvolvendo diferentes aprendizaxes. Unha segunda proposta permitirá que os maiores compoñan as súas propias descripcións (elaboración de textos sinxelos) dunha maneira independente.

59


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

ANEXO 3: CONSELLOS DE USO DO SKYPE O chat: 1.- Escribir correctamente sempre: non utilizar abreviaturas; escribir frases completas; empregar un rexistro máis ou menos formal;... Hai que ter en conta que en calquera momento o alumnado pode estar lendo o que estamos a escribir, polo que é fundamental respetar as normas básicas de gramática, ortografía,... 2.- Debemos estar pendentes de se recibimos en algún momento algunha mensaxe, posto que pode ser do noso interese.

As videoconferencias: 1.- Preguntar antes de chamar: Antes de iniciar unha videoconferencia é obrigatorio preguntar ao interlocutor se quere e pode realizarla. 2.- Non realizar videoconferencias na aula nos seguintes supostos: - Ante a presencia na aula dalgún neno/a ou adulto/a alleo ao CRA, posto que precisamos do seu permiso para emitir a súa imaxe. - Ante a solicitude de videoconferencia ou chat dalgunha persoa descoñecida. - Ante a solicitude de videoconferencia ou chat de carácter persoal.

PLANIFICACIÓN DUNHA VIDEOCONFERENCIA Antes de realizar unha videoconferencia é de utilidade definir os seguintes parámetros: OBXECTIVO: Que perseguimos con esa videoconferencia. DURACIÓN: Convén que a videoconferencia non sexa demasiado longa, pois perde o interese do alumnado e tende á dispersión. MODERADOR/PRESENTADOR: É importante definir quén vai levar a dirixir as intervencións. PARTICIPANTES: A maior número de participantes, máis probabilidade de non respetar os turnos de palabra.

60


Proxecto C.R.A 2.0.

CRA Ponte da Pedra

ESTRUCTURA: Tamén sería convinte determinar a orde das intervencións. ALTERNATIVAS: Prever alternativas por se xurden imprevistos como fallos técnicos, problemas de conexión, etc. COLOCACIÓN: Antes de comezar a videoconferencia temos que ter decidido cal vai ser a colocación dos participantes e da cámara web. É moi común que o alumnado se aglomere diante da cámara web, causando moito caos e ruido comunicativo de cara aos nosos interlocutores.

61


Proxecto C.R.A. 2.0