Page 1

PASAPALABRA CIENTÍFICO

V

W

X

Z

A B

C D E

U T

F

S

G H

R Q

P

O

Ñ

N

Se compartes o aprendido aprendes dúas veces.

M

L

I

2º B


ROSCO 1 A Capa do interior da Terra formada por rochas parcialmente fundidas que se atopa debaixo da Litosfera. Astenosfera B Proba utilizada por Wegener para desenvolver a teoría da deriva continental, que consiste en que nos dous lados do Atlántico viven animais terrestres da mesma especie que non saben nadar. Biolóxicas C Transferencia de enrexía dun sistema ou corpo material que se acha a maior temperatura a outro de menor temperatura. Calor D Relación entre a masa e o volume dun corpo. Densidade E Capacidade que teñen os corpos ou sistemas materiais de experimentar cambios nas súas propiedades físicas ou químicas, ou de causalos noutros. Enerxía F Número de vibracións ou oscilacións completas que se efectúan nun segundo. Frecuencia G Forza de atracción da Terra sobre os corpos e os obxectos. Gravidade H Defecto da vista no que o globo ocular é máis pequeno do normal. Hipermetropía I Resistencia dos corpos para saír do estado de repouso, ou de movemento, sen a intervención dalgunha forza. Inercia L Radiación visible do espectro electromagnético que poden captar os nosos ollos. Luz M Substancia da que están compostos os corpos. Materia N Célula especializada nos impulsos nerviosos. Neurona CONTÉN o Ñ Bacterias e fungos que descompoñen os restos orgánicos doutros seres vivos e os transforman en materia útil para os productores. Descompoñedores O Transmisión dun movemento oscilatorio ou vibratorio que transporta enerxía, non materia. Onda P Forza que exerce un corpo sobre outro, debido ao efecto da gravidade. Peso Q Unidade de masa no Sistema Internacional. Quilogramo R Proceso de transferencia de calor polo que os corpos emiten enerxía que se pode propagar polo baleiro. Radiación S Estado da materia no que as súas partículas están moi xuntas. Sólido T Forma de enerxía debida ao movemento das partículas que compoñen un corpo. Térmica U Radiación que se atopa máis aló do violeta visible e cuxa existencia se revela por accións químicas Ultravioleta V Paso de estado líquido a gasoso Vaporización CONTÉN o W Apelido do naturista inglés que escrubiu “A orixe das especies” Darwin X Fonte de enerxía renovable que aproveita a calor interna da Terra e emprégase para xerar electricidade ou para calefacción. Xeotérmica CONTÉN o Z Organismo microscópico, formado por unha soa célula e típicamente acuático. Protozoo

Noelia Castellano Filgueira


ROSCO 2 A Un dos dous tipos de medios ambientais da Natureza. Acuático B Conxunto de ecosistemas que acadaron o equilibrio e que teñen en común un determinado tipo de vexetación e unha fauna típica por ter un clima e solo semellante. Bioma C Alteración negativa de calquera medio que pode afectar a auga, o aire ou o medio terrestre. Contaminación D Nome que reciben as bacterias e fungos por transformaren os restos orgánicos en sales minerais útiles para os productores. Decompoñedores E Capa de protección da que se recobren algunhas bacterias cando as condicións ambientais son desfavorables. Espora F Proceso no que o gameto masculino e feminino se unen para formar unha nova célula chamada ovo ou cigoto. Fecundación G Esfera xelatinosa do ollo protexida por unha capa resistente denominada esclerótica. Globo ocular H Mestura na que non se diferenzan a simple vista os seus compoñentes. Homoxénea I Sistema material que non intercambia nin materia nin enerxía con outro. Illado L Capa sólida máis externa da Terra formada pola codia e a parte máis externa do manto superior. Litosfera M Nome do proceso que experimentan no interior da Terra as rochas sometidas a altas presións e temperaturas. Metamorfismo N Parte da célula que contén o material xenético. Núcleo CONTÉN o Ñ Ademais do encéfalo, outro centro nervioso é a médula … Espiñal O Gameto feminino. Óvulo P Bloques de rocha que encaixan entre sí e que forman a Litosfera. Placas tectónicas Q Múltiplo do xulio Quiloxulio R Liña recta que representa a dirección e o sentido de propagación da luz. Raio S Calidade do son relacionada coa cantidade de enerxía que chega aos nosos oídos e que permite clasificalos e fortes e débiles. Sonoridade T Calquera cambio nas propiedades iniciais dun corpo ou sistema material. Transformación U Elemento químico metálico, radiactivo, dúctil e maleable. Utilízase na fabricación da bomba atómica. O seu símbolo é U. Uranio V Espazo que ocupa un corpo. Volume W Unidade de potencia. Watt X Nome que recibe a enerxía interna da terra. Xeotérmica CONTÉN o Z Talo horizontal subterráneo dos fentos do que saen raíces. Rizoma

Henar Lameiro Cortegoso


Rosco 3 A Defecto da visión producido polas deformacións na curvatura da córnea. Astigmatismo

B Masa total da materia orgánica dun nivel trófico, dun ecosistema e dunha poboación. Biomasa C Unidade tradicional de medida de calor. Caloría

D Aumento de volume nun corpo ao aumentar a temperatura. Dilatación E Ondas sonoras reflectidas que chegan ao noso oído cun intervalo mínimo de 0,1 s. Eco F Corte no terreo producido polo desprazamento dunha placa tectónica sobre outra. Falla G Erupcións intermitentes de auga quente moi mineralizada. Géiseres

H Substancias químicas que as glándulas liberan ao sangue en resposta a un estímulo. Hormonas I Relación entre a velocidade da luz no baleiro e nun medio no que se propaga. Índice de refracción L Orgánulos que posúen as células capaces de realizar a dixestión. Lisosomas

M Lugares de onde se extraen minerais. Minas N Parte interna da estructura da Terra. Núcleo CONTÉN o Ñ Partes duras dalgúns animais formadas por sales minerais en estado sólido. Pezuñas O Reacción química que ten lugar ao combinarse un metal co osíxeno por efecto do aire húmido. Oxidación

P Fenómeno que se produce nunha zona semiescura á que chegan algún raios de luz. Penumbra

CONTÉN o Q Animais invertebrados mariños que teñen o corpo redondo, cilíndrico ou en forma de estrela, cuberto dun esqueleto exterior calcáreo con espiñas. Equinodermos R Cambio que experimentan os raios luminosos ao bateren contra a superficie dos corpos. Reflexión S Asociación de individuos de especies distintas que se benefician mutuamente. Simbiose T Propiedade da enerxía que consiste en pasar duns corpos a outros. Transferencia

U Tipo de folla cun só nervio. Uninervia V Magnitude que relaciona a lonxitude co tempo. Velocidade W Científico que na súa obra “ A orixe das especies” afirmou que todas as especies de seres vivos evolucionaron ao longo do tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso de selección natural. Darwin

X Auga en estado sólido. Xeo Z Especialista en zooloxía. Zoólogo

Pilar Area Iglesias


Rosco 4 A Medidas de control de contaminación nas que se eliminan os focos contaminantes. Activas

B Células receptoras da visión. Bastóns C Enerxía en tránsito que pasa dos corpos de maior temperatura a outros de menor temperatura. Calor D Ecosistemas típicamente españois que se estenden polo centro e serven de pasto. Devesa E Ecosistema máis amplo, abrangue todo o planeta Terra e a súa biocenose. Ecosfera

F Tropismo determinado pola luz. Fototropismo G Fonte de enerxía non renovable formada por unha mestura de gases lixeiros que adoitan atoparse en xacementos de petróleo. Gas natural H Gas nobre que se utiliza para inchar globos aerostáticos debido a que non é combustible. Helio I Calidade do son relacionada coa cantidade de enerxía que chega aos nosos oídos. Intensidade L Estado da materia no que as partículas se desprazan unhas sobre outras. Líquido

M Parte da célula que permite o intercambio de substancias nutritivas e de refugallo. Membrana celular N Fonte de enerxía non renovable.

Nuclear

CONTÉN o Ñ Lugar onde os paxaros incuban os seus ovos. Niño O Levan a cabo as respostas que elaborou o sistema nervioso. Órganos efectores P Un individuo que vive a conta doutro. Parásito CONTÉN o Q Animal que presenta unha temperatura corporal que depende do medio, xa que carece de mecanismos reguladores da mesma. Poiquilotermo R Acumúlanse nos vertedoiros, producen impacto ambiental, deterioro do solo e riscos sanitarios. Residuos sólidos S Fonte de enerxía renovable que basea o seu aproveitamento na enerxía radiante que nos chega do Sol. Solar T Centrais nas que se queiman combustibles fósiles. Térmicas

U Inflorescencia composta por varias flores con pedúnculos que nacen no mesmo punto e alcanzan igual altura. Umbela V Grupo de animais cuxo embrión se desenvolve dentro do útero da nai. Vivíparos

W Apelido do científico alemán que propuxo a teoría da deriva continental. Wegener X Movementos de crecemento da raíz das plantas en resposta ao estímulo da gravidade. Xeotropismo

CONTÉN o Z Organismo microscópico, formado por unha soa célula e típicamente acuático. Protozoo

Lorenzo Carballo Calvar


Rosco 5 A Tipo de reprodución dos seres vivos na que participa un só individuo. Asexual B Tipo de probas que achegou Wegener para explicar a teoría da Deriva Continental. Biolóxicas C Lugares onde se produce electricidade. Centrais eléctricas D Unidade de medida da intensidade do son. Decibelio E Organismo en vías de desenvolvemento. Embrión F Etapa da nutrición autótrofa baseada na produción de materia orgánica. Fotosíntese G Tipo de poboación formada por individuos de distintas familias. Gregarias H Tipo de enerxía que aproveita a forza da auga. Hidráulica I Asociación dun individuo con outro de distinta especie que lle serve de aloxamento. Inquilinismo L Modo de propagación da luz. Liña recta M Substancia utilizada nos termómetros que solidifica a -39º C e é líquida a temperatura ambiente. Mercurio N Nome do elemento químico que se atopa en máis porcentaxe na atmosfera. Nitróxeno CONTÉN o Ñ Cría da ovella. Año O Órgano do sentido polo que oímos. Oído P Nome que recibiu o chamado supercontinente. Panxea Q Substancia coa que está feito o exoesqueleto dalgúns seres vivos. Quitina R Función vital que permite aos seres vivos orixinar individuos semellantes a eles. Reprodución S Nome que recibe o feito de que unha placa tectónica se meta debaixo doutra. Subdución T Medida da enerxía térmica dunha substancia. Temperatura U Organismos que están constituídos por unha soa célula. Unicelulares V Aberturas da codia terrestre pola que flúen materiais do interior do planeta. Volcáns W Apelido do 1º científico que falou do movemento dos continentes. Wegener X Articulación que permite dobrar a perna. Xeonllo Z Elemento químico de símbolo Zn. Zinc

Irene Conde Crespo


Rosco 6 A Nervio do oído situado ao lado do caraol. Auditivo B Territorio ocupado por unha biocenose, con características físicas e climáticas propias. Biótopo C Os seres vivos ofrecen a resposta máis axeitada aos estímulos mediante a… Coordinación D Técnica que consiste en separar os diferentes compoñentes líquidos dunha mestura aproveitando os diferentes puntos de ebulición. Destilación E Reflexión da luz que explica a formación de imaxes nos espellos. Especular F División do proxenitor en fragmentos que orixinan novos individuos. Fragmentación G Textura dunha rocha na que todos os minerais cristalizan e teñen o mesmo tamaño. Granulada H Unidade coa que se expresa a frecuencia. Herz I Conxunto de flores agrupadas. Inflorescencia L Estímulo producido pola luz ao incidir no ollo. Luminoso M Animais invertebrados de corpo brando, xeralmente protexido por unha cuncha. Moluscos N Parte do ollo que manda a información ao cerebro. Nervio óptico Ñ Ave parecida a avestruz pero máis pequeña. Ñandú O Acción que percibimos cos ollos cando miramos atentamente. Observamos P Rochas magmáticas orixinadas pola solidificación lenta de magma en zonas do interior da terra. Plutónicas Q Especie de pinzas que teñen as arañas e os escorpións. Quelícero R Células especializadas en captar os estímulos. Receptores S Vibracións que, desde o hipocentro dun terremoto, transmiten o movemento en todas as direccións do espazo e producen catástrofes. (Ondas) sísmicas T Teoría que afirma que a materia está composta por partículas e estas están en continuo movemento. Teoría cinético- molecular U Mamíferos que apoian as extremidades sobre as unllas convertidas en pezuñas. Ungulados V Tubos que transportan o zume bruto e o zume elaborado. Vasos conductores X Ciencia que estuda o seguimento da ascendencia e descendencia dunha persoa ou familia. Xenealoxía Z Materia orgánica resultante da fotosíntese. Zume elaborado

Alicia Rioseco Lois


Rosco 7 A Nutrición que presentan as plantas, algas e algunhas bacterias. Autótrofa B Moléculas que compoñen a materia de todos os seres vivos. Biomoléculas C Célula a partir da que se orixinan os organismos pluricelulares. Cigoto D Elevacións submarinas de orixe volcánico. Dorsais oceánicas E Enerxía que aproveita a forza do vento. Eólica F Zonas afundidas nas que se atopan as maiores profundidades mariñas. Fosas oceánicas G Atracción que actúa entre obxectos. Gravitación H Cantidade de vapor de auga no medio. Humidade I Fecundación que ten lugar dentro do corpo da nai. Interna L Zona na que se produce o contacto entre terra e mar. Litoral M Centro nervioso onde se elaboran as respostas chamadas actos reflexos. Médula espiñal N Proceso mediante o cal os seres vivos obteñen as substancias coas que renovan e manteñen as estructuras e a enerxía necesaria para levar a cabo as función vitais. Nutrición CONTÉN o Ñ Conxunto de microorganismos que transforman a materia orgánica en sales minerais. Descompoñedores O Instrumento óptico grazas ao que podemos percibir todos os fenómenos da luz. Ollo P Organismo constituído por moitas células. Pluricelulares Q Aumento progresivo da temperatura do planeta. Quecemento global R Fenómeno físico que consiste na emisión de partículas ou de radiación procedente da desintegración dos núcleos que forman unha substancia. Radioactividade S O conxunto de comunidades biolóxicas que ocupan sucesivamente un mesmo biótopo terrestre. Sucesión ecolóxica T Movementos de crecemento permanente das plantas dirixido en resposta a un estímulo. Tropismo U Lugar onde se desenvolve o embrión dos mamíferos. Útero V Aparato que mide a velocidade. Velocímetro W Aparato que mide a potencia en Watts. Wattímetro X Vasos leñosos que levan o zume bruto. Xilema Z Ciencia que estuda os animais. Zooloxía

Nerea García Vidal


Rosco 8 A Elemento máis pequeno da materia con partículas subatómicas: neutróns, protóns e electróns. Átomo B Lentes máis grosas polos extremos que polo centro. Bicóncavas C Proceso polo que se transmite enerxía térmica dun punto a outro sen transporte de materia. Condución D Proceso de transformación dos alimentos inxeridos polos seres vivos noutros máis sinxelos. Dixestión E Célula que consta de núcleo definido e ten un gran número de orgánulos. Eucariota F Punto no que converxen os raios luminosos. Foco G Glándulas productoras de gametos . Gónodas H Mestura na que se distinguen a simple vista os seus compoñentes. Heteroxénea I Conxunto de illas situadas comunmente nos océanos de todo o mundo en zonas onde converxen as placas tectónicas. Illas volcánicas L Unha das sete unidades fundamentais. Lonxitude M Conxunto de cambios biolóxicos que experimentan certos animais durante o seu desenvolvemento. Metamorfose N Célula que ten a capacidade de autorrenovarse ou de diferenciarse e producir células doutros tecidos. Nai CONTÉN o Ñ Animal que consome cadáveres doutros animais. Carroñeiro O É unha perturbación que se propaga polo espazo. Onda P Resulta imprescindible nas zonas de risco volcánico. Predición Q Estímulos producidos por certas substancias e recollidos polo gusto e o olfacto. Químicos R Enerxía que se propaga a través do baleiro. Radiante S Necesita un medio material, sólido, líquido ou gasoso para se propagar. Son T Teoría que afirma que a litosfera non é continua, senón que está dividida en fragmentos chamados placas litosféricas. Tectónica de placas U Anfibios con cola. Urodelos V Entidade infecciosa microscópica que realiza a función de reprodución e só pode sobrevivir introducíndose nas células de seres vivos. Virus W Mineral negruzco de brillo metálico. Wolfram X Unidade de enerxía no sistema internacional. Xulio Z Fracción de plancton constituída por seres que se alimentan de materia orgánica xa elaborada por inxestión. Zooplancton

Rocío López Cabaleiro


Rosco 9 A Cando o pole dunha flor cae sobre o estigma da mesma planta. Autopolinización B Rocha de gran tamaño expulsada polos volcáns. Bomba C Parte dianteira e transparente do ollo. Cristalino D Voltarse unha paisaxe deserta. Desertizar E Zonas de relevo moi chás debida á acción erosiva dos axentes xeolóxicos externos sobre as cordilleiras. Escudos F Escisión do núcleo dun átomo, que vai acompañada de liberación de enerxía. Fisión nuclear G Rocha metamórfica. Gneis H Masa de auga que forma parte da superficie terrestre. Hidrosfera I Pertencente a unha rexión do espectro elctromagnético que comprende o intervalo que vai desde a luz visible ata as microondas. Infravermello L Expulsión volcánica sólida, composta de fragmentos de 2 a 64 mm de diámetro. Lapilli M Asociación temporal de individuos de distinta especie onde sacan proveito os dous pero mantendo a súa autonomía. Mutualismo N Movementos das plantas provocados por estímulos externos. Nastias Ñ Referido ao mar. Mariño O Rocha volcánica, pouco pesada, de cor negra brillante ou verde escura. Obsidiana P Zona comprendida entre a plataforma continental ata os grandes fondos oceánicos. Peláxica Q Obxecto con apariencia estelar, situado a enorme distancia da Terra, que constitúe unha fonte moi potente de ondas electromagnéticas. Quásar R Ondas electromagnéticas con maior lonxitude de onda que a luz visible utilizadas en comunicación. Radio S Aparato utilizado para observar o fondo mariño. Sonar T Magnitude cuxa unidade no S I é o segundo. Tempo U Radiación electromagnética situada entre a luz visible e os raios x. Ultravioleta V Sentido que permite aos humanos e animais coñecer o medio que os rodea a través de imaxes. Vista CONTÉN o W Apelido do científico que observou o núcleo celular. Brown ( Robert) X Selva tropical moi mesta. Xungla Z Polinización por insectos. Zoógama

Miriam Blanco Vaqueiro


Rosco 10 A Anfibios sen cola, como rás, sapos. Anuros B Talo subterráneo das plantas. Bulbo C Tipo de poboación constituída por organismos unidos e comunicados entre si, orixanados a partir dun mesmo proxenitor. Colonias D Substancias que se poden descompoñer noutras máis pequenas. Degradables E Desaparición dunha especie animal ou vexetal. Extinción F Asociación dun macho e unha femia da mesma especie co fin de procrear e coidar os fillos. Familia G Inventor da imprenta. Gutemhberg H Condicións medioambientais que permiten o desenvolvemento dunha especie determinada. Hábitat I Efecto responsable do quecemento da Terra. Invernadoiro L É imprescindible para a fotosíntese. Luz M Reprodución axesual que orixina novas plantas e pode ser natural ou debida á acción do home. Multiplicación vexetativa N Niveis a que ten lugar a función de relación. Nivel celular e nivel orgánico Ñ Mamífero rumiante que vive nas sabanas africanas. Ñu O Dise deles que a reprodución consiste na división da súa única célula. Organismos unicelulares P Ondulación do terreo que se produce cando actúan forzas de compresión sobre materiais plásticos. Pregue Q Unidade de masa no S I . Quilogramo R Talo subterráneo das plantas. Rizoma S Estrela mediana máis próxima a nós. Sol T Substancias que se xeran no proceso de respiración celular e teñen que ser expulsadas. Tóxicas U Conduto membranoso que leva os ouriños desde a vexiga ao exterior para expulsalos. Uretra V Cada unha das cámaras inferiores do corazón. Ventrículo X Fenómeno atmosférico que ten lugar en noites moi frías e despexadas . O vapor de auga solidifica por sublimación regresiva. Xeada Z Molusco bivalvo. Zamburiña

Carla Segovia Villaseco


Rosco 11 A Proceso no que se alternan xeracións de reprodución sexual e asexual. Alternante B Factores compostos polos seres vivos dun ecosistema, as relacións que se establecen entre eles e as influencias que estes exercen sobre o medio. Bióticos C Nome que recibe un terreo sen elevacións. Chaira D Asociación interespecífica que consiste en que un individuo dunha especie persigue e captura a outro de distinta especie para alimentarse. Depredación E Conxunto fomado polos seres vivos e o medio físico que ocupan; así como polas relacións establecidas entre eles. Ecosistema F Fractura das rochas nas que se produce un desprazamento entre bloques. Fallas G Célula ou conxunto de células que teñen a propiedade de producir líquido de tipo hormonal que liberan como resposta a un estímulo. Glándulas H Especie responsable da contaminación, cambio climático, etc. Humana I Son os corpos que non teñen vida, como os minerais. Inorgánicos L Lente converxente coa que se ve aumentado o tamaño dos obxectos. Lupa M Parte interna da Terra formada por rochas semifundidas onde se producen as correntes de convección. Manto N Función que unha especie leva a cabo nun ecosistema. Nicho ecolóxico CONTÉN oÑ Estructura leñosa en forma de escamas que protexe as sementes nas coníferas. Piña O Lugar onde se atopan os óvulos. Ovario P Seres vivos autótrofos capaces de producir materia orgánica a partir de materia mineral. Productores Q Peixe carnívoro que pode chegar a medir 4 metros. Quenlla R Fontes de enerxía inesgotables e en continua rexeneración. Renovables S Tremor de terra. Sismo T Disposición das partes que compoñen unha cousa. Textura U Lugar onde están as galaxias, planetas, sistemas… Universo V Feito que consiste en que individuos da mesma especie sexan moi diferentes. Variabilidade CONTÉN o W Apelido do científico que comprobou que todos os animais están constituídos por células. Schwann ( Theodor ) X Aparato encargado de converter a enerxía mecánica en enerxía eléctrica. Xerador Z Lugar destinado a conservar vivos e aclimatados a novas condicións ambientais os animais bravos, a fin de que poidan ser vistos pola xente. Zoolóxico

Alejandra Lois Amoedo


Rosco 12 A Adecuación dos seres vivos entre si e co medio onde viven. Adaptación B Rocha volcánica moi compacta porque o magma expulsou todos os gases antes de solidificarse. Basalto C Ciclos de movemento dos materiais do manto. Correntes de Convección D Plantas cuxos órganos reproductores se localizan en distintos pés. Dioicas E Ten lugar cando a Terra se interpón entre o Sol e a Lúa. Eclipse de Lúa F Mecanismo polo que algunhas bacterias obteñen a súa enerxía degradando a glicosa. Fermentación G Unidade de medida de temperatura na escala Celsius. Grao centígrado H Defecto dos ollos que fai que a imaxe se forme detrás da retina. Hipermetropía I É a causa de todos os cambios na materia. Interacción L Proporcionan substancias de reserva. Lípidos M Defecto dos ollos no que a imaxe dos obxectos lonxanos se forma antes da retina. Miopía N Moléculas sinxelas necesarias para o metabolismo. Nutrientes CONTÉN o Ñ Animal arácnido. Araña O Corpo que absorbe todas as cores e non deixa pasar a luz. Opaco P Conxunto de cores: vermello, verde e azul. Primarios Q Grupo de réptiles aos que pertence a tartaruga. Quelonios S Rochas formadas por fragmentos doutras rochas sometidas á erosión. Sedimentarias T Pode clasificarse en grave ou agudo. Ton U Todas estas o son: metro, litro, Newton, segundo,etc. Unidades V Rochas que se orixinan debido ao arrefriamento rápido do magma. Volcánicas X Tipo de probas que aportou Wegener para a súa teoría da deriva continental que din que as liñas de costa dalgúns continentes encaixan perfectamente con outros. Xeográficas Z Formado por auga e sales minerais. Zume bruto

Imane Fahmi


Rosco 13 A Factor ecolóxico fundamental caracterizado por ser un gran disolvente, por manter a temperatura, por actúar de esqueleto, etc. Auga B Elementos que forman parte da materia viva. Bioelementos C Enerxía que se transmite entre dous corpos ou sistemas materiais a diferentes temperaturas. Calor D Relación entre a masa e o volume. Densidade E Capacidade que teñen os corpos ou sistemas materiais de experimentar cambios nas súas propiedades físicas ou químicas. Enerxía F Técnica empregada para separar un sólido mesturado cun líquido no que non é soluble. Filtración G Biomoléculas que proporcionan enerxía. Glícidos H Cordilleira máis alta do mundo que se formou a partir dunha placa mixta cando a litosfera oceánica se meteu baixo a continental e se xuntaron os dous continentes. Himalaia I Nome que reciben os corpos que transmiten lentamente a enerxía térmica. Illantes térmicos L Formada por materiais fundidos a máis de 1000 oC. Lava M Sistema material do que se poden separar distintas substancias utilizando algún procedemento físico. Mesturas N Notación en potencias de dez para expresar cifras moi grandes ou moi pequeñas. Notación científica CONT´N o Ñ Día despois de hoxe. Mañá O Gameto feminino. Óvulo P Célula moi sinxela sen núcleo definido. Procariota Q É a enerxía que se desprende ou se absorbe nas reaccións químicas. Química R Prodúcese cando o son se reflicte nunha superficie que se encontra a menos de 17 m de distancia, e non se perciben sons distintos se non un son prolongado. Reverberación S Materia sen morfoloxía propia e cuxos límites son imprecisos. Sistema material T Enerxía debida á axitación das partículas que forman a materia. Térmica U Que é o xulio? Unidade de enerxía ou de calor V Movemento rápido das moléculas dun corpo sonoro. Vibración X Reprodución asexual por medio dun conxunto de células que xeran unha protuberancia ou xema. Xemación Z Pedra preciosa de cor amarelo. Zafiro

Asmaa Ezzaari


Rosco 14 A Sons que se producen cando un corpo vibra cunha frecuencia comprendida entre 20 Hz e 20 000 Hz. Audibles B Conxunto de poboacións que comparten un territorio e establecen relación entre si. Biocenose C Capa delgada de rochas que recobre a superficie da Terra por enriba do manto. Codia D Mineral máis duro da natureza. Diamante E Calquera cambio que se produce no medio ou no interior dun organismo. Estímulo F Emanación de gases a elevadas temperaturas que foxen polo cráter e polas gretas do volcán. Fumarolas G Bulto esférico que aparece ao longo dos vasos linfáticos, nas raíces posteriores da médula espiñal ou no sistema nervioso. Ganglios H Animal vexetariano. Hebívoro I Como son dous líquidos que non se mesturan entre si? Inmiscibles L Anélido que se alimenta de restos de materia orgánica que hai na terra. Lombriga de terra M Está relacionada coa cantidade de materia que ten un corpo e mide a súa inercia. Masa N Grandes pendentes que descenden ata os fondos oceánicos. Noiros continentais CONTÉN oÑ Peixe pequeno propio dalgúns ríos de América do Sur que se caracteriza pola súa voracidade. Piraña O Parte dun animal ou planta que exerce unha función específica. Órgano P Cada unha das follas da corola dunha flor. Pétalo Q Unidade de enerxía calorífica equivalente a mil calorías. Quilocaloría R Cambio de dirección que experimentan os raios luminosos ao pasar dun medio a outro no que se propaga a distinta velocidade. Refracción S Aparello que serve para detectar as ondas sísmicas. Sismógrafo T Tremores ou sacudidas que teñen lugar nalgunhas zonas da superficie terrestre. Terremotos U Partes duras de persoas e animais. Unllas V Nome que reciben as bacterias con forma de coma. Vibrios X Pedra preciosa. Xema Z Ave limícola,de patas altas e finas e peteiro cilíndrico, longo e algo curvado. Zarapico.

Soledad Gómez Gómez


Rosco 15 A Ser vivo heterótrofo, pliricelular que pode ter reprodución asexual, sexual ou alternante. Animal B Parte da superficie da Terra onde se desenvolven os seres vivos. Biosfera C Cadea de montañas aliñadas. Cordilleira D Lesión provocada por unha tensión violenta nos tecidos. Distensión E Gran centro nervioso que comprende o cerebro,cerebelo e bulbo rqquídeo. Encéfalo F Cambios que non alteran a natureza das substancias. Físicos G Rocha compacta e dura formada por cuarzo, feldespato e mica. Granito H Organismos que se alimentan doutros seres vivos. Heterótrofos I Un individuo asóciase a outro de distinta especie que lle sirve de aloxamento. Inquilinismo L Cantidade total de enerxía emitida por un astro nunha unidade determinada de tempo. Luminosidade M Enerxía que aproveita as mareas e as olas. Maremotriz N É o conxunto de seres vivos dun ecosistema que obteñen a materia e a enerxía de forma semellante. Nivel trófico CONTÉN o Ñ Abertura do iris do ollo. Meniña O Movemento efectuado por un corpo desde un dos extremos máis afastados da súa posición de equilibrio ata o outro e de volta ao primeiro. Oscilación P Asociación de varios individuos da mesma especie que ocupan un territorio determinado. Poboación CONTÉN o Q Cada unha das dúas datas do ano onde o día ten unha duración igual á noite. O 21 de marzo e o 23 de setembro R Conxunto de elementos proporcionados pola Natureza sen a intervención do home. Recursos naturais S Materia depositada por un líquido no fondo do recipiente onde se atopa. Sedimento T Recipiente que se emprega para manter constante a temperatura do seu contido. Termo U Organismo dunha soa célula. Unicelular V Distancia que percorre un coche nun tempo determinado. Velocidade X Desenvolverse unha semente para dar lugar a unha nova planta. Xerminar Z Ave acuática de patas altas e finas e peteiro cilíndrico, longo e algo curvado. Zarapico

Cecilia Acuña Crespo


Rosco 16 A Tipo de animais que pasan a primeira etapa de vida baixo a auga e que experimentan unha metamorfose na que as branquias son substituídas por pulmóns. Anfibios B Elementos químicos que forman parte da materia viva. Bioelementos C Seres que dependen directa ou inderectamente da materia orgánica. Consumidores D Relación entre a masa e o volume. Densidade E Acádase entre dous ou máis corpos cando teñen a mesma temperatura. Equilibrio térmico F Unión de gametos masculinos e femininos. Fecundación G Estado de agregación da materia coas partículas moi separadas. Gas H Resposta das plantas ao estímulo humidade. Hidrotropismo I Capa muscular coloreada que se atopa no ollo. Iris L Biomoléculas que proporcionan substancias de reserva e forman estructuras. Lípidos M Todo aquilo que ten dimensións, presenta inercia e orixina gravitación. Materia N Unidade de forza no S I. Newton Ñ Seres vivos que axudan a reciclaxe natural da Terra. Descompoñedores O Cada unha das células femininas. Óvulo P Órgano reproductor feminino das plantas. Pistilo Q Proteína rica en azufre que se atopa no pelo, unllas, cornos, tea de araña, etc. Queratina R Enerxía que se pode volver a utilizar. Renovable S Rexión de escuridade onde a luz é obstaculizada. Sombra T Calidade que permite distinguir dous sons da mesma intensidade e frecuencia. Timbre U Lugar onde se desenvolve o embrión dos mamíferos. Útero V Entidade infecciosa microscópica que só pode multiplicarse dentro das células doutro organismo. Virus X Articulación que permite dobrar a perna. Xeonllo Z Elemento químico de fórmula Zn. Zinc

Amal Nichami

pasapalabra  

rosco creativo

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you