Issuu on Google+

ENTREVISTAS

CANTEIROS DE VILABOA


OSCAR FERNÁNDEZ PAZOS, A CUARTA XERACIÓN DE CANTEIROS

“”A sensación, en xeral, é a satisfacción do traballo ben feito e rematado”” -Oscar, cantos anos leva traballando neste oficio? Levo 22 anos, empecei moi novo. -A que especialidade de cantería se adica? Adícome, polo xeral, a construcción de fachadas en vivendas e a rehabilitación de vivendas antigas ou en mal estado. -Que tipo de pedra usa? Adoitamos utilizar pedra natural, como o granito, e preferentemnte que proveña da zona. -Que tipo de maquinaria ten? Teño maquinaria de corte,na que destaca a máquina de grandes dimensións, as pulidoras, as aburjajadoras, as flameadoras, os canteadores…; aparte das máquinas neúmaticas e as ferramentas tradicionais como o martelo, cincel… -Exporta o seu traballo? Non, dedicámonos aos traballos desta zona, principalmenta na provincia. -Que tipo de traballos lle encargan? Como xa comentei, fago vivendas unifamiliares,as fachadas das mesmas, rehabilitamos vivendas… Aparte tamén fago escaleiras,

balaustradas, columnatas, chimeneas, barbacoas… -Que sente un canteiro cando ve a súa obra? A sensación, en xeral, é a satisfacción polo traballo ben feito e rematado. -Que uso lle da aos restos das pedras? Reciclámolos, as pedras úsanse para producir áridos e os lodos vendémolos para fabricar cementos. -Que é o mellor de traballar a pedra? Rematar un traballo moi laborioso, ou cando nos encargan un traballo diferente ou especial. -Cal foi o traballo que máis lle gustou? A nós, a primeira vivenda unifamiliar que fixemos. -Por que se meteu neste oficio? Porque era un traballo de herdanza familiar, e ademais a beleza que, aos meus ollos, tiña esculpir a pedra era inmensa. -Cantas horas adoita traballar? Normalmente traballo unhas 10 horas diarias. -Que medidas de protección hai que tomar neste traballo?


Temos que tomar medidas colectivas (as baseadas no entorno en xeral) e individuais (o equipo de protección individual ou EPI) -É vostede o dono da empresa? Son o dono titular. -Cantos obreiros traballan nela? Traballan dous obreiros. -É un traballo duro e arriscado? Duro si, arriscado como calquera outro.

-Gustaríalle que a seguinte xeración continuase o seu traballo? Non, porque é un traballo moi físico e non se aguanta toda a vida traballando nel. -Que consello lle daría aos xóvenes que quixesen iniciarse neste traballo? Que o pensen ben, polas razóns antes mencionadas. -Coñece vostede a xerga dos canteiros? Non, non a coñezo.

-Hai máis canteiros na súa familia? Si, eu son a cuarta xeración de canteiros.

2º A SAMUEL FERNÁNDEZ MENDUIÑA


ENTREVISTA A UN CANTEIRO Juan Carlos Portela Casal

CASA DA IRMÁ

ESCULTURA

1ª.- Como se chama vostede? Chámome Juan Carlos Portela Casal. 2ª.- Cantos anos leva traballando de canteiro? Levo traballando de canteiro 20 anos, desde que acabei os estudos ós 17 anos. 3ª.- Gústalle o seu traballo? Non moito, collino porque ó acabar a escola non seguín estudando e tiven que coller o traballo polo que se guiara meu pai. 4ª- Tipos de pedra que utiliza? Hai dous tipos: Pedra do País ou Granito Porriño ( rosa e gris ). 5ª.- Ten canteira propia ou compra as pedras? Compro as pedras. 6ª.- Cantas horas traballa? Traballo entre 8 e 10 horas. Mínimo 8 horas. 7ª.- Que sente ao traballar a pedra? Depende do momento, se é bo ou malo. 8ª.- Tarda moito tempo en facer os traballos? Depende do traballo tanto esculturas como casas , ( tamaño, dificultade, ...) 9ª.- Que maquinaria e ferramenta utiliza?


Maquinaria: Formigoneira, grúa pequena, máqina rebarbadora, .... Ferramentas: Punteiro, maceta, martelo, pico, pala, .... 10ª.- Que lle gusta máis facer esculturas ou preparar pedras para muros ou casas? Facer esculturas porque é máis fermoso. 11ª.- Medidas de protección? Botas de seguridade, cascos, gafas, tapóns nos oídos, arneses, guantes, etc. 12ª.- Consello aos xóvenes? Que o aprendan, e que usen tódalas medidas de seguridade senón pode pasar algo. Tamén os hai mellores. 13ª.- Obra de satisfacción. A casa que lle fixen có meu pai a miña irmá ó lado da nosa é a que máis satisfacción me da pois é dun familiar. Tamén unhas esculturas que fixen por gusto. 14ª.- Que é a xerga dos canteiros? A linguaxe particular que se utilizaba entre canteiros para que non os entendesen os donos da obra que os contrataran ou as persoas que pasaban pola rúa e falaban delas. 15.- Algunhas palabras desta linguaxe. Días da semana: luns – lus , martes – deartes , mércores – deintes , xoves – deves , venres –devaner , sábado - labado. Relacionadas có traballo do canteiro: Canteiro – bicho , canteria – arria xida , muro – xarou , escultor – labrante , cemento – patusco , punteiro – ferroucho , martelo – calmote , pico – escorio , casa – ciba . Outras palabras : Mestre –buxo , morrón – rapaz, fillo , morrona – filla , llejo , Galicia –Galleira , España – Diañas.

barba – mechoa, muller – lleja, mutila , home – xilo,

16ª.- Cantos obreiros hai na empresa? Hai dous: meu pai e eu. 17ª.- Ten taller propio? Non, traballo no lugar onde fago a obra. 18ª.- De que pedra está feita a súa casa? Esta feita de pedra granito Porriño – gris.

Borja Rosales Portela 2ºB


Estas vacacións de Nadal fixémoslle unha entrevista a un canteiro de 29 anos que é noso veciño. Chámase Juan Araujo. Contounos que lle gusta moito o seu traballo. O que máis lle gusta é facer esculturas pero que facer casas tamén lle gusta. Cando está traballando adoita sentirse ben a miúdo, pero como todos, ten días malos nos que deixaría o traballo e se iría. Traballa 9 horas diarias, aínda que algúns días traballa máis e outros menos. No seu traballo emprega diferentes tipos de pedra: pedra do país, de Porriño e, de vez en cando, emprega algunha pedra de importación. Non ten canteira propia. Emprega todo tipo de ferramentas: eléctricas, manuais e de aire. Como este traballo produce moito po,é perigoso, polo que hai que usar mascarillas, guantes, gafas, cascos… Algunhas palabras que usaban e aínda usan os canteiros son : morrona= moza guapa, siro= rápido, zúrrios= cú.


Eladio, un canteiro de Bértola con taller propio que amablemente contestou as nosas preguntas. -Cantos anos leva traballando de canteiro?

Hai que usar casco, lentes, lubas… e sobre todo ter sentido común.

Toda a vida, desde que saín da escola.

-Coñece vostede a lingua dos canteiros?

-Que tipo de pedra usa?

Non, eso xa é de fai moito tempo.

A que queira o cliente. -Ten canteira propia ou compra as pedras? Cómproas -Que sente vostede cando traballa a pedra? Cansanzo e satisfacción persoal. -Que prefire facer, esculturas ou preparar pedras para muros e casas? Preparar pedras para muros e casas. -Que maquinaria emprega? Moitas ferramentas: punteiro, maceta, cincel,… -Que medidas de protección hai que tomar neste oficio?

Martín Couso Pazos e Eloy García Villaverde 2º B


-Como se chama vostede? Alberto Costoya Fernández

-Que maquinaria usa? Radiales, elevadoras, pulidoras…

-Cantos anos leva traballando de canteiro? Levo traballando de canteiro 15 anos.

-Que medidas de protección debe tomar neste traballo? Usar cascos, gafas, mascarillas, botas de protección, guantes,etc.

-Gústalle o seu traballo? Si -Que tipo de pedra emprega? Do país e de Porriño -Ten canteira propia ou compra as pedras? Compro as pedras. -Cantas horas traballa ao día? Traballo 9 horas. -Que sente vostede cando traballa a pedra? Sento emoción. -Que traballo lle gusta máis facer coa pedra? Gústame facer esculturas.

-Cantos obreiros traballan na empresa? Traballan dez obreiros. -Coñece a linguaxe dos canteiros? Non, non a coñezo.


MANUEL PIÑEIRO ROSENDO, un canteiro que lembra moitas palabras da fala dos canteiros (Latín dos canteiros, verbo dos arxinas ou verba dos buxas ) porque as aprendeu de seu pai que tamén tiña esta profesión. Contounos que esta era unha fala peculiar na que só os canteiros se entendían e así gardaban os segredos da vida e do traballo. Esta lingua non podían ensinarlla a ninguén alleo a súa profesión, agás a súa muller. O vocabulario desta fala está formado por palabras referidas ao traballo, as relación afectivas e a vida cotiá. Tamén nos dixo que esta fala xa se perdeu, agora ninguén fala así. Fala do canteiro Amariñar Areona Areón Bugio Carillo A carilla de suene Chacurro Carracho Embarculida Guixo Lorda Lleja Llejo Manes Maropio Moca Moi Morrona

Significado Facer Vaca Boi Ollo Irmán A túa irmá Can Canteiro Embarazada Listo Merda Muller Home Dono Viño Cura Eu Rapaza

Fala do canteiro Morrón Mouga Nefres Oreta Ouretar Patamela Paraxido Paratrefes Roqueiro Xarvote Xebo Xeba Xenarras O xebo da lleja A xeba da lleja Xelo Xosca

Significado Rapaz Broa Beizos Auga Mexar Empanada Estar ben Estar mal Cú Parvo Pai Nai Cuñado Sogro Sogra Pelo Prostituta

Tamén nos contou que os canteiros tiñan outros códigos segredos de comunicación como dar golpes co pico na pedra ou pronunciar a palabra “auga” dunha maneira especial o que significaba perigo ou alerta. Tamén deixaban marcas nas pedras para que soubesen quen fixo esa obra ou para deixar unha mensaxe a súa namorada.

Manuel Piñeiro 2º B


Entrevistas