A presente aproximación enmárcase na liña doutros traballos de similar temática –estudo rexional do hábitat e poboamento castrexo – elaborados recentemente no Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo (LAUV), na procura dunha renovadora interpretación do concepto de “ uniformidade cultural ” que tradicionalmente se ven aceptando para describir o NO Penínsular con anterioridade ó proceso de Romanización. Preténdese así unha futura analítica das particularidades locacionais e da estructuración do paisaxe do interior do NO en época protohistórica.