Issuu on Google+

Wangari Maathai (Premio Nobel 2004) Wangari Muta Maathai é unha activista medio-ambiental e política kenyana (1 de abril de 1940, Nyeri, Kenya - ). Recibiu o Premio Nobel da paz no ano 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo. A doutora Maathai foi membro electa no parlamento e ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturais dentro do goberno presidido por Mwai Kibaki até novembro de 2005. O seu último libro é The Challenge for Africa (Pantheon, Nova York, 2009).

Premio Nobel da Paz "Maathai permaneceu coraxosamente contra o antigo réxime opresivo en Quenia", o Comité do Nobel Noruegués anunciou nunha declaración que ela era a vencedora do Premio Nobel da Paz de 2004. "As súas formas de acción únicas contribuíron para chamar a atención á opresión política - nacional e internacionalmente-. Ela serviu como unha inspiración para moitos na loita polos dereitos democráticos e ten encoraxado especialmente as mulleres a mellorar a súa situación."


Rigoberta Menchú (Premio Nobel 1992) Rigoberta Menchú Tum, nada o 9 de xaneiro de 1959 en Uspantán, El Quiché, é unha líder indíxena guatemalteca e defensora dos dereitos humanos, membro do grupo Quiché-Maya. É embaixadora de Boa Vontade da Unesco e gañadora do Premio Nobel da Paz e do Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.


Dalai Lama (Premio Nobel 1989) Dalai Lama, do mongol dalaï, océano, e do tibetano lama (bla-ma), mestre espiritual ou gurú.Traducido xeralmente como "océano de sabedoría", este título foi forxado polo xefe mongol Genghis Khan, ao aceptar a Sönam Gyatso como mestre excepcional, alentando ao pobo mongol á conversión ao budismo vajrayana. Nótese que neste caso, dalai era a tradución de "Gyam-tsho" (Gyatso), o apelido dos Dalai Lama desde Gedun Drup. Os budistas tibetanos consideran que os Dalai Lama son emanacións do Buddha Avalokiteśvara, aínda que non é un mestre Buddha senón un Bodhisattva, é o patrón do Tíbet e crese que, tras a súa morte, a súa conciencia sutil tarda un intervalo de corenta e nove días, polo menos, para nacer de novo nun neno que xa desde o seu nacemento pode dar sinais do seu carácter especial. Avalokiteśvara é unha deidade importante para o budismo tibetano e é considerado nos ensinos vajrayāna como un buda. En cambio, para os ensinos mahāyāna é visto máis ben como un bodhisattva de elevado nivel. Tras a morte do Dalai Lama, o Panchen Lama encárgase de recoñecer a súa reencarnación, ou tulku (normalmente un neno) por estes sinais, quen pasará a ser o novo Dalai Lama. Á súa vez, o Dalai Lama debe recoñecer á reencarnación do Panchen Lama tras a morte deste.


Teresa de Calcuta (Premio Nobel 1979) Teresa de Calcuta, nada como Agnes Gonxha Bojaxhiu en Skopje (daquela no Imperio Otomán, actualmente República de Macedonia), o 26 de agosto de 1910 e falecida en Calcuta (India) o 5 de setembro de 1997, foi unha relixiosa católica albanesa coñecida pola súa labor humanitario na India. Foi beatificada polo Papa Xoán Paulo II en 2003. Cando tiña trinta anos, fíxose misioneira. En Irlanda recibiu o nome de Irmá María Teresa. No mes de decembro iniciou a súa viaxe cara a India, onde ensinou na Escola para mozas St. Mary. O 24 de maio de 1937, a Irmá Teresa fixo a súa profesión converténdose en "esposa de Xesús" para toda a eternidade. Desde ese momento chamóuselle Nai Teresa. Continuou ensinando en St. Mary converténdose en directora do centro en 1944. Ao ser unha persoa de profunda oración e de arraigado amor polas súas irmás relixiosas e polos seus estudantes, os vinte anos que Nai Teresa transcorreu en Loreto estiveron impregnados de ledicia. Caracterizada pola súa caridade, viviu a súa consagración a Xesús entre as súas compañeiras con fidelidade e alegría. En marzo de 1997, a Nai Teresa bendixo á súa recentemente elixida sucesora como Superiora Xeral. Logo de atoparse por última vez co Papa, volveu a Calcuta onde transcorreu as últimas semanas de vida.


Mohandas Karamchand Gandhi

, máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Guxarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución. Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias e en última análise para o desmantelamento do Imperio Británico e a súa substitución pola Comunidade Británica (Commonwealth). O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela. Frecuentemente Gandhi afirmaba a simplicidade dos seus valores, derivados da crenza tradicional hindú: verdade (satya) e non violencia (ahimsa).


Nominacións para o Premio Nobel da Paz Gandhi nunca recibiu o premio Nobel da Paz, a pesar de ter sido nomeado cinco veces entre 1937 e 1948. Décadas despois o erro foi recoñecido polo comité organizador do Nobel. Cando o Dalai Lama Tenzin Gyatso recibiu o premio en 1989, o presidente do comité dixo que o premio era "en parte un tributo á memoria de Mahatma Gandhi". Ao longo de súa vida, as actividades de Gandhi atraeron todo tipo de comentarios e opinións. Por exemplo, Winston Churchill chegou a chamalo "faquir marrón". Por outro lado, Albert Einstein dixo sobre Gandhi que as xeracións por vir terán dificuldade en crer que un home como este realmente existiu e camiñou sobre a Terra. Mahatma Ganhi foi asasinado o 30 de xaneiro de 1949 por un extremista hindú. A data do seu asasinato foi elixida pola ONU para conmemorar o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.


Premios Nobel da Paz