Issuu on Google+

O CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro está a participar no programa de educación medioambiental VOZ NATURA. Tódolos anos organizan unha festa para as familias nas instalacións que a Dirección Xeral para o Deporte ten na Acea de Ama, O Burgo, no concello coruñés de Culleredo, a data elexida é o sábado 2 de xuño. A “gran festa” comenza ás once da mañá e remata ás oito da tarde e nela desenrólanse xogos (colchonetas, rocódromo, futbolín xigante…) obradoiros, exposición dos traballos dos centros participantes e o SEPRONA pon a disposición dos visitantes os seus vehículos para que os nenos podan subir a eles. No Parque hai pulperías e postos de comida e bebida para os que non leven a comida da casa. Para máis información poden entrar na páxina web www.voznatura.es, ou preguntar no colexio. Proporciónannos autobús gratuito para o desprazamento, polo que necesitamos saber o número de alumnos/as e pais/nais que desexan asistir, por iso solicitamos nos devolvan cubertos os seguintes datos antes do mércores, 16 de maio: CORTAR

POLA LIÑA DE PUNTOS _________________________________________ Nº DE ASISTENTES DA FAMILIA………………………………………….. NOMES:……………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………

Animádevos a ir a esta festa increíble!!!


Festa Voz Natura