Issuu on Google+

YOLANDA CASTAÑO

ESCOLMA DE POESIA GALEGO – CASTELÁN


Si hablase de ti no pronunciarĂ­a las sĂ­labas supremas pero besas bien y me gusta estar contigo. Mi verde con tu azul. Delirio de ramas. Mi verde con tu azul. Me abstengo de pronunciar esas sĂ­labas sublimes pero me gusta cĂłmo abrazas y tu pelo hace juego con mi vestido. Tus dedos patinan en mis medias. Mi verde con tu azul.


Para que venga una lluvia pura sobre la miseria de no saberse nada, pulsaremos los silencios hasta arrancar una uva demasiado violenta.


Estoy resbalando por una flor caliente. He estado siempre cansada. Este egoísmo voraz que insiste en la miseria. Pulsa mi vigilia la única fortuna de los locos. La que no comprendió nada pero lo sintió todo. Y en las madrugadas hago panegíricos a esta yolanda mezquina, que sabe venderse y conoce el final.


Eu nada máis quería debuxar un amuleto pero cando falei só contemplaron os meus labios. Preguntarlle ós lirios, ás pantallas, ós papeis térmicos, preguntarlle ós demáis quen demos é que era eu. Corrín o risco de perderme, -a min, que fun todo canto tivenapoucada nena pálida do uniforme azul. ¿Faría da nosa casa o éxito un fracaso? Privilexio da miseria é ter o seu lugar Como non teña traballo, marcho para Las Vegas. O volume de todas as miñas cifras incide nas esporas ás que me inclino. Xúroche que non tería sometido tanto por medo a non estar a aquela altura. ¿Se non quero é que non quero? Ó peixe débil a corrente levaráo a algún lugar seguro. O peixe forte estará só nun esforzo que se multiplica. Misericordioso é o premio quero estar enferma ¿Ónde estabas cando te necesitei?.


Cubriron con exactitude o impreso en vixencia inescusable, Encheron puntuais os ocos baleiros con nomes completos, enderezos e datas precisas de nacemento. Cumprimentaron os estrictos documentos mediante pólizas determinadas, certificados de pedra e facturas de floristerías. Riscaron as cuadrículas burócratas da forma máis sensual que puideron atopar naquel bolígrafo. Non lembro xa cánto papel de estado empregaron na escritura de ingreso nin cántas sinaturas ensaiadas. Logo fixeron con tino a inscrición legal gozosa no rexistro e antes de que vencera o prazo foron acordar a cota mensual de beixos. Non se esqueza que se amaron dende as nove corenta e cinco do vintenove de maio até as sete e tres minutos dun catorce de setembro.


Sei perfectamente que todo está aquí.Como unha sorte de pálpitos que se entrega á miña man antes das horas.Unha condea que mece os meus insomnios. Nada ocurriu antes das horas. Eu non levaba barcos. Escribiamos cara adiante cando se nos caeron as túnicas, e ficamos así, maquillados de rosa, coa boca mollada e os pés abertos, co magnífico libro das venturas agochado na vulva. Moito deixarse a pel pero eu non quixen aprender a chegar. Xardín exíguo, vento pechado de mans, infinita cuadrícula. Renuncio ó lugar do alento. Quero aprender a saír.


CLUB DE LECTURA TOMÁS DE LEMOS


ESCOLMA YOLANDA CASTAÑO