Page 1

! S O M ASร SO

ABECEGRAMAS 1ยบ D


ASÍ SON: Teresa ALEGRE neste mesmo momento, ATOLADA como toda a xente que coñezo. BIBLIÓFILA cando hai libros ao meu alcance. COITADA cando empezo a coñecer a xente. DESORDENADA … mellor non ir ao meu cuarto. ENXEÑOSA se se me pon un problema diante. FELIZ en todo momento, FEMINISTA cando fai falta FANTASIOSA, demasiada imaxinación. GRACIOSA poucas veces, eu creo. HIPERACTIVA en casa non paro quieta. IGNORANTE nas cousas que non me interesan. LIBRE xa me gustaría LECTORA, apaixóname ler. MANIÁTICA con algunhas cousas. NAMORADEIRA platonicamente. ÑÁÑARAS non o son. OPTIMISTA vexo todo polo lado bo. PERFECCIONISTA nunhas cantas cousas PÍCARA neste momento. QUEIXOSA á hora de comer. RISOÑA cando merece a pena selo. SENTIMENTAL só con esa persoa. TÍMIDA moitas veces. ULTRA dalgunha que outra serie. VOLUNTARIOSA só coas cousas que me interesan. XENÓFOBA nunca. ZURDA non, son destra


ASÍ SON: Diego Mella ATORDADO síntome atordado, e que?. BO algunhas veces. CHIFLADO sobre todo na casa. DIVERTIDO sempre. EDUCADO aínda que non o parezo, o son. FIEL sempre. GALEGO, vivamos como galegos! HONRADO moito. INFELIZ, que?. LIGÓN sempre, sempre. MALVADO ás veces co meu irmán. NENO son coma un neno pequeno. Ñ, nada con eñe. OMNÍVORO. quen non?. PÍCARO esa é a miña especialidade. QUEDO, quedo?, nunca RABIOSO sempre. SOLIDARIO é un dos meus trazos. TEIMUDO por non poñer outra cousa, Diego é coma un sinónimo desa palabra. ÚTIL nalgúns casos. VULNERABLE sempre, ademais ás veces enfádome. XENIAL preséntome como tal ZOUPÓN


ASÍ SON: Isaac ANTIPÁTICO case sempre, AMBICIOSO sempre. BARULLEIRO algunhas veces. CELOSO ás veces CHIFLADO cando coido a miña irmá. DESVERGONZADO, DIVERTIDO só me importa o que eu penso. EGOÍSTA sempre, non dou un duro a ninguén FERO sempre, FESTEIRO polo verán cando hai festas. GUAPO sempre, porque me coido. HIPNOTIZABLE ás veces hipnotízame alguén. INFIEL ás veces IRASCIBLE cando alguén me fai algo. LIGÓN estiven cunha máis de catro meses. MENTIREIRO cando algo vai mal, minto; e cando dou a miña opinión. NAMORADEIRO, cando corto vou por outra. Ñ ? ORGULLOSO sempre de ser galego. PÍCARO case nunca. QUÍXOTE é unha fazaña comer a comida do meu pai. ROSMÓN sempre, non paro nas vinte e catro horas do día. SEDUTOR, SORRINTE sempre TROULEIRO encántanme as festas, o la la!. URBANO, prefiro a gran cidade. VIOLENTO cando me cabrean. XOCOSO sempre, XENEROSO, esa palabra non está no meu dicionario. ZURDO, escribo coa esquerda.


ASÍ SON: Laura Dosil AGRADABLE sempre o intento ser. BATALLADORA cando quero algo, consígoo sempre. CALMADA case sempre. DESORDENADA só hai que ver o meu armario EMOTIVA sempre choro nas películas. FAMILIAR, gústame estar ca miña familia. GRACIOSA, conto moitos chistes. HIPERACTIVA se tomo café. IMPACIENTE, teño pouca paciencia. LOITADORA loito polo meu MALA nunca o fun, e espero non selo. NENEIRA encántame coidar das miñas curmás. ÑÁÑARAS, non entendo esa palabra. OPTIMISTA, non demasiado. PUNTUAL de cando en vez. QUIETA, só ás veces. RAZOABLE sempre. SOÑADORA teño moitos paxaros na cabeza. TRANQUILA unhas veces si, outras non. ULTRA FAN do “Internado”. VEHEMENTE ás miñas ideas son miñas e non mas poden cambiar. XUSTA non me gustan as inxustizas. ZARAPALLEIRA, son desordenada.


ASÍ SON: Débora ALPORIZADA sempre me cabreo pero se me pasa rápido. BATALLADORA sempre consigo o que quero. CALADA eu? Imposible. DESCONFIADA de vez en cando, depende do día. ENTUSIASTA entusiásmome con calquera cousiña. FERVELLASVERZAS só estou quieta cando durmo. GUIADA de vez en cando. HOSPITALARIA depende con quen. IMPACIENTE non podo selo, non me aguanto. LOITADORA sempre, pero que sempre. MOLESTA cando quero. NERVIOSA, seguido ÑÄÑARAS, imposible. OPORTUNA dimo a miña nai. PÍCARA descríbeme totalmente. QUEDA de vez en cando. RANCOROSA pago coa mesma moeda. SERIA cando me vén en gaña. TESTANA son a máis. UNIVERSALISTA VEHEMENTE ante todo. XENIÚDA, descríbeme totalmente. ZARAPALLEIRA, eu? Nin de coña.


ASÍ SON: Nikole ATREVIDA dino as miñas amigas. BONDADOSA moitas veces. CHULA de vez en cando. DECIDIDA case nunca. ESIXENTE cando axudo á miña irmá cos deberes. FEMINISTA, xa lles vale aos machistas de tanto chulear. GUAPA, sempre. HIPERACTIVA se tomo coca-cola. INEXPRESIVA, sempre o contrario. LAMBONA co chocolate e as gominolas. MODERNA case sempre vou á moda (claro, máis ca miña nai). NENEIRA os bebés son como peluches brandos. ÑÁÑARAS, todo o contrario. ORGULLOSA, de min mesma. PRESUMIDA pásome horas diante do espello. QUEDA, case nunca. RANCOROSA nunca, sempre perdoo á xente. SAUDOSA do meu pai, cando non está na casa. TOLEIRANA cando estou coas miñas amigas. URBANA considérome bastante educada. VULNERABLE ás veces síntome moi mal. XUSTA aínda que ás veces póñome de parte de quen non ten a razón. ZARAPALLEIRA, case nunca, case sempre ordena a miña habitación.


ASÍ SON: Sara Rodríguez ARROUTADA: iso sabédelo todos BOBA culpable! CARIÑOSA pero só con quen me dá a gana. DIVERTIDA non o dubidedes! DESVERGONZADA, as 24 horas do día. ESTÚPIDA cando quero! FESTEIRA e a música? FANTASIOSA onde está o príncipe azul?

GRACIOSA estaba traballando...e quedeime sen circo. HIPNOTIZABLE non vou dicir quen é EL. ILUSIONADA chega o Nadal. LIGONA un 0% MÚSICA piano, guitarra, baile e canto. MASTORDOMO, pero só segundo Xacobo. NENEIRA é que son tan cuquis... ORIXINAL con X de mixta. POETA en branco estou neste momento. QUEDA aínda menos ca ligona. RATIÑA dinmo meus tíos. SIMPÁTICA que queres que lle faga.... SORRINTE Por algo chámanme “Cariña Happy” TRABALLADORA só con dicir que levo un 9... URBANA vivan os centros comerciais! VEHEMENTE ou como eu digo, ou como digo eu! XENIAL modestia MOI aparte. ZARAPALLEIRA, para nada, eu son limpiña.


ASÍ SON: Xacobo APÁTICO segundo todas as persoas. AMABLE din que son demasiado bo. BO din que o son demasiado BRUTO só as veces. CARIÑOSO sempre o fun. DESCONFIADO nunca confiei moito en min mesmo. ESTÚPIDO non adoitan chamarme listo. FORTE, estou moi cachas. GALEGO, sé a miña orixe. HUMILDE non son un chulo. INQUEDO non paro nunca. LENTO non son rápido. MALOSO son moi malote. NATURAL non levo silicona en ningún lado. OMNÍVORO, como de todo. PUNTUAL non acostumo a chegar tarde. QUIETO, xamais REFLEXIVO sempre penso despois de facer. SOBERBIO xa non digo nada. TÚZARO meu pai sempre me di “mira que es túzaro, carallo!. URBANO eu son da citi, neno!. VACILANTE son coñecidísimo! XUVENIL aínda no rompo ZURDO, só de pé.


ASÍ SON: Laura Uxía ALEGRE: sempre o son. BUFONA culpable! CONTENTA cando me elixen en algo. DIVERTIDA a cada sitio que vou, alguén se ri. ENFADADA cando non quero ir a algún sitio. FELIZ en todo momento FRANCA cando algo non me gusta, o digo.

GUAPA sempre HIPERACTIVA cando tomo café. IMPACIENTE non podo aguantar esperando a alguén. LENTA para facer os deberes. MENTIREIRA cando teño que dicirlle á miña nai que me gusta a súa roupa. NEGATIVA ca roupa que non me quero poñer. ÑÁÑARAS cando non quero facer os deberes.

OMNÍVORA, os que me ven comer alucinan. PUNTUAL nunca chego tarde a clase. QUIETA nunca podo estar. RISOÑA sempre. SUFRIDA ás veces... TROULEIRA gústanme as festas e se non vou, enfurrúñome. ULTRA de Phineas e Pherf. VALENTE cando algunha amiga non se atreve a algo, fágoo eu. XACTANCIOSA cando fago o que os demais non poden. ZOUPONA


ASÍ SON: Aroa ALPORIZADA cando me enfado. BATALLADORA loito polo que quero CARIÑOSO coa xente que quero. DECIDIDA non dou voltas as cousas EMOTIVA con calquera cousa. FESTEIRA, encántame a festa. GRACIOSA cos meus amigos. HIPNOTIZABLE cando alguén masculino me fascina. IRASCIBLE cando me enfado non hai quen me calme. LERCHA son demasiado lercha. MELANCÓLICA lembro o pasado e faime chorar. NAMORADA moi namorada de alguén. OPTIMISTA PERFECCIONISTA gústame a perfección. QUEIXOSA, sempre e de todo. RABUDA son moi testana. SUFRIDA intento aguantar todo. TÚZARA son moi cabezona. ULTRA de “El internado” VINGATIVA non desaproveito unha boa oportunidade para devolver unha mala xogada. XENIÚDA cando se me cruza algo... ZARAPALLEIRA, son desordenada desde sempre.


ASÍ SON: Miguel AMABLE, ANIMADO: dinmo moito os meus amigos BATALLADOR non me gusta renderme por nada. CONTENTO case sempre estou feliz DECIDIDO nunca penso as cousas dúas veces. EMPRENDEDOR encántame a aventura FRANCO nunca minto aos meus verdadeiros amigos.

GOBERNEIRO só dentro do normal. HUMILDE de vez en cando. IRASCIBLE cando tratan mal a alguén coñecido. LEAL nunca fallo se prometo algo. MISTERIOSO os que me coñecen cara a cara, non saben como son en realidade. NAMORADEIRO nunca ORGULLOSO gústame como son. PESIMISTA póñome moi triste se me pasa algo malo. RESERVADO case nunca falo. SOÑADOR case sempre soñando desperto. TACITURNO é a pura verdade. URBANO non, prefiro o campo. VALOROSO non tiro cara atrás con facilidade. XUSTO dáme igual que sexan meus amigos, sempre apoio a quen ten razón ZURDO non, son destro.


ASÍ SON: Ángel Canle ANIMADO a maioría das veces. BIBLIÓFILO nunca CONTENTO sempre estou. DESORDENADO na miña habitación polo menos. ENÉRXICO ás veces. FERVELLASVERZAS nalgunhas clases. GALEGO sempre. HUMORISTA ás veces si, as veces non. INXUSTO non son. LACAZÁN as 24 horas do día. MALHUMORADO nunca nesta vida. NUGALLÁN moitas veces ÑÁÑARAS, non sei OMNÍVORO, da maioría das comidas PUNTUAL non demasiado. QUIETO case nunca. RAZOABLE ás veces si SEDENTARIO dous días á semana. TROULEIRO nas festas. UNIVERSALISTA bastante VITAL nas fins de semana. X ZURDO nunca o fun.


ASÍ SON: Danna ANSIOSA: por ver a Bob Esponxa BATALLADORA cando quero algo o consigo BIQUEIRA con alguén máis que amigo. CONFIADA cando me confío, me confío. DESTEMIDA nada nin ninguén me dá medo. Case. ENFADADA se me buscan, aínda que o paso mal. FRANCA digo as cousas á cara, boas ou malas. GALANTE galante? Eu sempre diante. HIPNOTIZABLE se alguén masculino me fascina, non hai quen me pare. INFELIZ cando me comen a cabeza. LERCHANA moito. M…? NUGALLANA non me movo nin para ir ao baño ORGULLOSA de min mesma (ás veces) PRESUMIDA pérdeme a roupa. Se non son presumida agora, cando vou ser? QUIETA todo o contrario. RANCOROSA se me fan algo, pago coa mesma moeda REBELDE, moito SOLITARIA moito. Ha, ha, Ha! TEATREIRA monto teatro por calquera cousa. ULTRA maniática dos debuxos de Bob Esponxa VINGATIVA moito, en calquera momento, zas! XENIÚDA crúzaseme a vea e meto catro berros. ZARAPALLEIRA todo desordenado, non recollo nin que me paguen


ASÍ SON: Carla ANIMADA case sempre BATALLADORA polo que quero CULTA adoitan chamarmo DESORDENADA non me gusta ordenar as cousas. ENÉRXICA moito. FERVELLASVERZAS nalgunhas clases. GRACIOSA cos meus amigos HIPERACTIVA sempre. INQUIETA sempre estou en movemento. LOITADORA se quero algo, non paro ata que o consigo. MODESTA, MISTERIOSA NATURAL E NUGALLANA Ñ... ORIXINAL gústame ser orixinal PÍCARA E PRESUMIDA sempre QUEIXOSA coa miña nai RABUDA e RISOÑA tamén SAUDOSA e SORRINTE case sempre. TESTANA e TEATREIRA cando me reñen. ULTRA de Miley Gras VACILANTE cos meus amigos XENIÚDA co meu irmán. ZOUPONA as veces


ASÍ SON: Diego Rodríguez ASISADO: quédanme moi ben as gafas de empollón. BIBLIÓFILO déixame ler! CAL vivan os pseudónimos! DIEGO nada me define mellor. DIVERTIDO afronto os problemas con risas. ESTUDOSO notas 9-9,5-8,5-9,9 FRANCO case nunca. GRACIOSO risas 100% (ou 40%) aseguradas. HIPERACTIVO vamos, pasa dunha vez a diapositiva! IRASCIBLE non me provoques! LIGÓN dentro de dous anos. MISTERIOSO non direi descrición. NERVIOSO antes dos exames. ÑÁÑARAS sen grandes desexos. ORGULLOSO deixa o meu orgullo. PENSATIVO nin un pelo, máis ben impulsivo. QUEDO mentres durmo. RISEIRO á primeira. SEDENTARIO ah! Luz do sol! TESTÁN non me farás cambiar de opinión! URBANO só no verán. VACILANTE escollín ben? XENIAL adxectivo sen descrición ZARAPALLEIRO a casa do terror, a miña habitación.


ASÍ SON: Sara Álvarez ALEGRE sempre estou de bo humor AVERGOÑADA, nunca tiven ese problema. BATALLADORA polo que quero ata que o consigo CHORONA cando teño problemas choro moito CELOSA moito para algunhas cousas DIVERTIDA pásano ben comigo .DUBITATIVA cando alguén se une ao grupo. ESTÚPIDA dimo a miña irmá ENCANTADORA só cando durmo. FERVELLASVERZAS nas clases sempre estou en movemento GARATUXEIRA cos que coñezo, cos demais son moi distante. HIPNOTIZABLE se algo me chama a atención vou detrás. IMPRUDENTE sempre escollo o peor momento IRASCIBLE, non me gusta que se metan comigo. LIGONA,non me considero, LUNÁTICA aféctame moito a lúa. MENTIREIRA, para o que me interesa, NAMORADA moito dunha persoa ÑÁÑARAS que palabra máis fea, non me gusta. OPTIMISTA sempre estou a risas. PRESUMIDA non me considero, aínda que hai xente que si. QUEDA non, gústanme as cousas movidiñas. RANCOROSA cando me fan algo, non o esquezo. SENSIBLE aínda que parece que as cousas non me importan, impórtanme moito. TEIMUDA son a máis testana do mundo. ULTRA de Física o química VALENTE arríscome as cousas, boas ou malas.VINGATIVA pago coa mesma moeda XUSTA non lle dou a razón nin a un nin a outro ZOQUETE moitas veces cando me falan penso notras cousas e non me entero de nada


Así somos 1º D  

abecegramas

Así somos 1º D  

abecegramas