Page 1

! S O M ASร SO

ABECEGRAMAS 1ยบ C


ASÍ SON: Paula ATENTA en clase. BRUTA co meu irmán. CALADA case sempre. DESANIMADA cando estou triste ou enferma. ESIXENTE cando fago traballos, deberes... FERVELLASVERZAS coa miña familia. GOBERNEIRA cas miñas curmás pequenas. HORROROSA cando me enfado. INDIFERENTE ás veces. LENTA cando escribo. MORRIÑENTA cando penso en alguén que hai moito que non vexo. NEGATIVA algunhas veces. Ñ OFENSIVA cos que non me levo ben. PERFECCIONISTA co material das clases. QUIETA nas clases. RUIDOSA na miña casa. SORRINTE cos meus amigos e familiares. TÍMIDA moitas veces. URBANA sempre. VINGATIVA cando me enfado moito. XORDA cando non quero escoitar a alguén. ZARAPALLEIRA cando fago algo sen ganas


ASÍ SON: Iago Fernández-Tafall AMBICIOSO cando vou perdendo ao xogar. BUFÓN cando me poñen amarela ou vermella no fútbol. CONTENTO río moito cos amigos. DESVERGONZADO cando estou no estadio vendo ao Depor. ENÉRXICO só polas tardes. FANÁTICO do Deportivo. GALEGO, sempre. HIPERACTIVO moitas veces. IMPACIENTE cando espero algo e non chega. LENTO ao facer os deberes. MÚSICO cando escoito música. NANO ao correr. ÑÁÑARAS, ás veces. ORGULLOSO do Deportivo. PARVO ás veces. QUIETO sempre. RUIDOSO nunca. SENSIBLE coa miña familia. TEATREIRO co meu irmán. ÚTIL para sacar cousas dos sitios pequenos coas mans. VINGATIVO. cando me fan unha falta, devólvoa. XENEROSO, aos meus amigos déixolles as cousas cando as necesitan. ZURDO ás veces.


ASÍ SON: Celia APÁTICA cando estou medio durmida. BILINGÜE nas clases de inglés. CONFORMISTA cando non me entero de nada. DESTEMIDA sempre; DIVERTIDA, coas amigas. ESTÚPIDA cando son eu mesma; ESBARDALLEIRA, cando estou con Andrea. FERVELLASVERZAS sempre. FANTASIOSA cos xogos de mesa de pensar. GALEGA de toda a vida. HIPERACTIVA cando me dan “ataques”. INQUIETA menos cando estou cansada. LENTA case sempre; LATRIQUEIRA, sempre. MÚSICA sempre; MEQUEIRA, ás veces. NATURAL sobre todo cando estou na aldea. ÑÁÑARAS cando estou no colexio. ORIXINAL ás veces; OPTIMISTA, poucas veces. PESADA cando me aburro; PRESUMIDA, case sempre. QUIETA nunca (menos cando durmo). RUMBOSA na cafetería do colexio. SIMPÁTICA ha, ha, ha!; SORRINTE, sempre. TOLEIRANA cando estou cos amigos; TÚZARA cando sei que teño a razón. ULTRA ás veces. VACILANTE cando me enfado moito. XENEROSA na cafetería. ZURDA para xogar á baralla.


ASÍ SON: Alex Leonel ANIMADO porque non deixo que nada me deprima. BUFÓN cos meus amigos maiores e cos meus pais. CONTENTO non deixo que nada me deprima, vexo todo de cor rosa. DUBITATIVO nunca, sempre decido rápido. ENTUSIASTA sempre. FANTASIOSO sempre estou nas nubes. FELIZ nunca vexo nada gris. GALEGO, nunca. HIPERACTIVO teño moita enerxía. IMPRUDENTE, non me importa a seguridade. LIMPO sempre. MANIÁTICO todo ten que estar ordenado. MOLESTO acabo coa paciencia de calquera. NATURAL móstrome tal como son. ÑÁÑARAS, fago os traballos tarde, lento, mal... OPTIMISTA vexo sempre o positivo. PACIENTE xamais. QUIETO nunca estou. RANCOROSO, lémbrome sempre das cousa malas que me fan. SEDENTARIO se me tombo no sofá, non hai quen me mova. TRABALLADOR, nunca na vida. URBANO nunca. VINGATIVO se alguén me fai algo “que se prepare”. XUSTO cos meus amigos XENÓFOBO xamais, nunca.


ASÍ SON: Daniel Yáñez ALEGRE cando estou cos meus amigos. BERRÓN cando me enfado. COITADO cando estou nervioso. DESANIMADO cando estou triste. EDUCADO sempre ou case sempre. FIEL con algo que me importa. GRACIOSO cando estou contento. HUMORISTA moitas veces. IMPACIENTE sempre. LECTOR cunha lectura que me guste. MODERNO cando vou de compras. NEGATIVO coas notas dos exames. ÑÁÑARAS case nunca. ORIXINAL cos debuxos. PENSATIVO cando me aburro. QUIETO cando durmo. RESPECTUOSO coa xente que o merece. SORRINTE cando me fan rir. TEATREIRO cando quero conseguir algo. ÚTIL cando me necesitan. VERGONZOSO cos que non coñezo. XENEROSO coa xente que me levo ben. ZURDO unha vez que torcín a man dereita.


ASÍ SON: Lucas ASISADO cando quero. BATALLADOR, se o quero, consígoo. COITADO nunca!!! DESORDENADO, saberalo se vés a miña habitación. ENÉRXICO menos cando me levanto. FESTEIRO SEMPRE!!! FERVELLASVERZAS só na clase. GALEGO, malo será. HIPERACTIVO nin podo nin quero parar. INFELIZ, NUNCA!!! LOITADOR, intento todo ata o final. MELANCÓLICO o menos posible. NENEIRO o máis posible. ÑÁÑARAS, nin sei o que é. OMNÍVORO non te poñas diante que te como. PACIENTE, inténtoo. QUIXOTE intento cousas que non podo facer. RANCOROSO non podo evitalo. SORRINTE XD TRABALLADOR, o xusto e necesario XD ULTRA ……….. á morte. VEHEMENTE sempre. XENÓFOBO nunca o serei!!! ZOQUETE, así me chaman os meus pais.


ASÍ SON: Saray ARROGANTE, son os xenes! BIQUEIRA, o cariño é bo. CELOSA, tiven moitos problemas por iso. DESTEMIDA, non hai que ter medo a nada. ESBARDALLEIRA, as miñas conversas son raras. FESTEIRA, preparada sempre para as festas. GUERREANTE cando estou contenta. HORROROSA, cando veño dunha festa. INSOLENTE cando me tocan a moral. LIGONA, sen comentarios. MALHUMORADA cando teño sono. NAMORADEIRA, hai tantos homes guapos! Ñ... OPORTUNA demasiado. PRESUMIDA, na miña habitación ten que haber espellos. QUIETA, creo que non. REBELDE, sen comentarios. SEDUTORA ha, ha, ha! Que cómico! TEATREIRA, é que non me entendedes.. ULTRA ultragirl!!! VINGATIVA, vixíote XORDA como? ZURDA non, destra.


ASÍ SON: Alex Ramos ALEGRE moito e tamén AFECTUOSO. BATALLADOR cando quero algo. CONTENTO adoito estar moi contento sempre. DUBITATIVO pero sobre todo DIVERTIDO. ENÉRXICO cando xogo. FELIZ son; FIEL coa familia. GRACIOSO, GUERREANTE, así son. HUMORISTA gustaríame ser máis. IMPACIENTE moito. LIGÓN gústame selo. MÚSICO, MANIÁTICO moito. NAMORADO, NUGALLÁN estou namorado e son nugallán. ÑÁÑARAS, son moito. OPTIMISTA sempre. POETA, gústame a poesía e son un pouco poeta. QUIETO, poucas veces. REFLEXIVO son moito. SOLIDARIO gústame ser SEDENTARIO, tamén TEATREIRO. teño un amigo teatreiro URBANO, urbano forever. VALENTE, sempre; VERGOÑOSO nunca. XENÓFOBO nunca!!! ZURDO, eu non son zurdo.


ASÍ SON: Iria AMABLE, cando non estou co meu irmán. BILINGÜE ás veces. CONTENTA case sempre. DESANIMADA nunca. ENÉRXICA, cando meu irmán se enfada comigo. FRANCA, cando me convén. GUIADA cando teño razóns para selo.. HARMONIOSA ás veces. IMPACIENTE cando vai pasar algo que me convén e me gusta. LACAZANA, xamais. MOLESTA cando algo que quero non sae ben. NENEIRA un ratiño, logo cánsome. Ñ… non sei. OPTIMISTA cando hai posibilidades de que saia ben. PUNTUAL, case sempre. QUEDA … ás veces. ROSMONA, cando me levanto polas mañás. SORRINTE ás veces, demasiado. TOLEIRANA, cando estou medio durmida. URBANA todo o contrario (*urbana de que me gusta a cidade) VINGATIVA, nunca. XORDA cando din algo que non me gusta. ZARAPALLEIRA cando teño moita présa.


ASÍ SON: Marta ATENTA cando hai que estalo. BIBLIÓFILA no tempo libre. CONTENTA case sempre. DESORDENADA en todos os sitios. EMOTIVA coas películas e libros. FIEL a todos. GALEGA de toda a vida. HIPERACTIVA na escola, na casa... IMPACIENTE sen dúbida ningunha. LAMBONA dos doces. MORRIÑENTA cando me vou. NEGATIVA ás veces. ÑÁÑARAS, poucas veces. OMNÍVORA menos das verduras. PENSATIVA cando me convén. QUIXOTE, ou máis ben imaxinativa. RISEIRA cos amigos. SATISFEITA coas miñas cousas. TÚZARA moitas veces. UNIVERSALISTA do universo VACILANTE e dubitativa XUSTA sempre. ZURDA non, coa dereita.


ASÍ SON: Andrea APÁTICA, cando durmo profundamente. BOA cando me porto ben. CARIÑOSA só coa xente á que quero.. DOÍDA cando me doe algo. ESTÚPIDA, cando me dá a risa. FERVELLASVERZAS, son feliz. GUIADA non, non moito. HIPÓCRITA non, a quen non lle guste, que non mire. INFELIZ nunca! LACAZANA, só cando quero estar durmindo. MALA con xente mala. NAMORADA cando me gusta alguén NATURAL sempre. Ñ… non hai ningún adxectivo con esa letra que se relacione comigo ORGULLOSA, non me mata o orgullo. PARVA, cando fago o parvo. QUIETA… nunca RUMBOSA quen quere unha….? SORRINTE son feliz; SERENA, nunca. TACITURNA nunca, xamais; TÚZARA ULTRA supermaaan!!! VAIDOSA, sempre XENÓFOBA NUNCA!!!. ZURDA non, son destra.


ASÍ SON: Dani Vila ARROGANTE coa xente que me cae mal. BIQUEIRO cos nenos pequenos. COMPASIVO impórtame o que lle pas á xente. DECEPCIONADO algunhas veces; DESTEMIDO sempre, non teño medo. EMOTIVO sempre co actor que ten problemas. FESTEIRO, eu nas festas. GALEGO non de falar, de corazón, sempre. HUMORISTA na clase e na casa. ILUSIONADO sempre coa miña vida. LIBRE ninguén me manda nin me obriga. LOCUAZ sempre. MORRIÑENTO do meu instituto. NAMORADO ás veces. Ñ... ORGULLOSO sempre. PACIENTE nas motos. QUIETO sempre. REBELDE nalgunha clase. SIMPÁTICO cos meus amigos. TRANQUILO na miña casa. ULTRA apaixonado do fútbol. VALENTE sempre. XENEROSO, déixolle diñeiro á xente. ZURDO, tiro coa esquerda o balón.


ASÍ SON: Nerea ATORDADA, cando me levanto. BATALLADORA cando quero algo non me rindo. CELOSA do meu irmán. DECIDIDA se teño algo seguro. ENÉRXICA, todo o que podo facer, fágoo. FAMILIAR, encántame estar coa familia. GRACIOSA fago rir á xente. HOSPITALARIA recibo moi ben ás persoas. ILUSIONADA con un portátil. LOITADORA, consigo o que quero. MELANCÓLICA, recordo moito o pasado. NENEIRA, encántanme os bebés. Ñ… OPTIMISTA, cousas positivas. PARVA, ás veces. QUIETA, non me movo en todo o día. RANCOROSA non esquezo as cousas malas que me fan. SOLITARIA, gústame estar soa. TRISTEIRA, póñome triste moitas veces. ÚTIL, axúdolle á miña nai. VEHEMENTE, defendo aos meus amigos. XENIÚDA teño moitísimo xenio, máis ca miña nai. ZARAPALLEIRA non o son.


ASÍ SON: Iván ALEGRE cando non estou enfadado. BUFÓN fago rir á xente. CALADO dáme vergoña falar nalgunhas clases. DESTEMIDO non teño medo a nada. EMOTIVO sempre. FELIZ, sempre. GALEGO vivamos como galegos!!! HUMORISTA sempre. IRASCIBLE con algún profesor. LERCHÁN, son moi vago. MORRIÑENTO con todos. NUGALLÁN no colexio. ÑÁÑARAS...ao facer os deberes. ORGULLOSO sempre. PACIENTE sempre. QUIETO nunca. RABIOSO cando mañá me dean as notas. SORRINTE cos meus amigos. TÍMIDO cos profesores. ÚTIL, axudo na casa. VINGATIVO, xa verás. XENEROSO toma. Ha, ha, ha!!!. ZURDO só para comer.


Así somos 1º C  

descricions mediante abecegramas

Así somos 1º C  

descricions mediante abecegramas