Page 1

XUNTA DE GALICIA Consellería de Educación e Ordenación Universitaria C.E.I.P. “ María Pita” Ronda Camilo José Cela nº 2 15008 - A Coruña Tf/ 981 292 235 Fax/ 981139599 ceip. maria.pita@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/ceipmariapita/

C. E. I. P. “MARÍAPITA” A CORUÑA


A escola é … nenos e nenas

profesoras e profesores

pais e nais

A escola somos todos e todas Que podo facer eu? Que podes facer ti?

- Se se chega tarde, débese esperar no vestíbulo a que o conserxe nos faga o parte xustificativo e ao subir entregarllo ao profesor/a co que teñamos clase. - Agradécese que calquera recado, que haxa que dar oa profesorado pola mañá, se faga mediante unha nota escrita que lla entregará o neno ou a nena cando xa estean na aula. - As faltas de asistencia xustificaranse igual, tendo sempre en conta o que indique o titor ou a titora. - As familias deberán ser moi coidadosas cos teléfonos de contacto para que haxa sempre alguén localizable. Comunicando os cambios. - Para tranquilidade de todos, os titores e as titoras deberán ser informados polos pais, nais ou persoas responsables de quen recolle aos nenos e as nenas ás 14:00 h, se teñen permiso para marchar sós tamén. - Responsabilizarse de colgar e recoller a roupa e mochila dos colgadores das aulas, vestíbulo leste ou ximnasio. (Hai moita roupa boa abandonada polos colgadores do centro) Ser limpos e ordenados co material persoal e o do centro - Débese ter unha actitude positiva ante correccións ou avisos de calquera profesor ou profesora; e no seu caso do resto de persoal do centro (monitores, coidadora, conserxe, administrativa, directivos da ANPA, outros pais e nais do centro) - Colaborar no coidado e adecentamento das distintas aulas do edificio, mostrando interese na conservación da decoración e dos distintos obxectos (mobiliario, plantas, libros, ordenadores, materiais audiovisuais, xogos, etc.) - Usar correctamente as pistas de xogo, e as papeleiras. É recomendable, por educación e non sufrir accidentes, tomar o almorzo do recreo antes de poñerse a xogar. - Aprender a pedir desculpas se ofendeu ou molestou a alguén. Evitar o uso de vocabulario groseiro ou ferinte. - Se a cotío as condutas son incorrectas e non se respectan as normas, debe saber que non participará nas actividades que se realicen fóra do centro.

Hase ter en conta que moitas das normas son responsabilidade dos pais, das nais ou titores legais. -9-


Normas de convivencia en E. Infantil e 1º Ciclo de Primaria: - É moi importante ser puntuais e habituarse a subir coas filas pola súa porta. - Se chega tarde, débese esperar no vestíbulo a que a conserxe acompañe ao neno ou nenos á súa aula, en canto lle sexa posible. - Agradécese que calquera recado, que haxa que dar ao profesorado pola mañá, se faga mediante unha nota escrita que entregará o neno ou a nena. - As faltas de asistencia xustificaranse igual, tendo en conta sempre as indicacións do titor ou da titora. - As familias deberán ser moi coidadosas cos teléfonos de contacto para que haxa sempre alguén localizable. Comunicando os cambios en secretaría. - A puntualidade na recollida do alumnado é imprescindible, porque non só perturbamos o horario do persoal do centro; senón que creamos angustia e sensación de abandono no neno ou nena. No caso de ser transportado o trastorno é aínda maior. - Débese ter unha actitude positiva ante correccións ou avisos … - Responsabilizarse da súa roupa e mochila. De momento séguese co mandilón - Realizar as tarefas… - É recomendable que traian de almorzo cantidades que saiban que van comer e variarlles os alimentos porque ás veces manifestan aburrimento . -En E.I. marcar a roupa que poden sacar, mochilas ou bolsas, co fin de evitar confusións ou perdas -Favorecer a autonomía persoal na casa, poñerse só algunhas prendas, controlar esfínteres es ser capaz de asearse só/soa no baño.

Normas de convivencia no 2º e 3º Ciclo de E. Primaria: - É moi importante ser puntuais e habituarse a subir coas filas, se a túa fila subeu xa, debes esperar para subir ao final. Se chove súbese sen facer fila, en grupo controlado sen empurrar.

-8-

Estamos situados no barrio de Monelos, a carón do IES Otero Pedraio, da Biblioteca “Gonzalez Garcés” e do Centro Comercial “Elviña”; con acceso de vehículos e peonil pola Avenida de Monelos, e tres accesos peonís máis, dous cara Salvador de Madariaga e outro pola Rolda Camilo José Cela que é o único que, de momento, non conta con rampla. O noso colexio ten unha zona de influenza moi ampla, pois contamos con tres circuítos de transporte escolar que percorren: - Pombo: A Pasaxe, O Materno, Os Castros, Gral. Sanjurjo, e colexio. - Rico: Palavea, Alcampo, Sta. Gema, Afonso Molina e colexio. - Facal: Fca. Armas, Os Arces, Eirís e colexio. Contamos cun edificio renovado e vistoso con amplos espazos dentro e fóra, arborado e xardíns ademais dos patios; con servizos de Biblioteca, organizado polo centro, Madrugadores, Comedor e Actividades Extraescolares das tardes organizadas pola ANPA ata ás 18:00 h . Están en funcionamento 22 aulas, 8 de E. Infantil e 14 de E Primaria. Somos 35 profesores/as e 4 persoas de Administración e Servizos no horario lectivo. Sinais de identidade e intencións educativas: En cumprimento das leis educativas vixentes: A nosa primeira aspiración é fomentar a educación integral dos nenos e das nenas polo que consideramos prioritarios uns principios básicos que rexen a vida educativa do centro: - Concepción de escola pública, entendida como servizo para promover o progreso social e a igualdade de oportunidades educativas. - Pluralismo e valores democráticos: fomentando hábitos de respecto, cooperación e defensa da liberdade. - Respecto ás diferenzas e aposta pola integración e a estimulación das capacidades individuais, tentando conseguir unha educación individualizada. - Sen confesionalidade como centro público, con respecto absoluto a todas as crenzas e ideoloxías, defendendo un concepto humanista da educación. - Formación en valores, reflexión e espírito crítico, aprendéndolles estratexias de pensamento e aprendizaxe para defenderse autonomamente ante os retos da sociedade actual. - Coeducación e concepción non sexista, aprendendo a valorar o que nos fai distintos, evitando estereotipos de xénero que preveñan a violencia. - Educación para a paz e a non violencia, rexeitando actitudes agresivas e valorando a diversidade de pensamento, intereses, culturas e linguas. - Respecto ao Medio Ambiente como eixe principal da integración do individuo na sua contorna e para a supervivencia da humanidade. - Aposta pola promoción e recuperación da cultura e a lingua propia de Galicia como elemento que nos sitúa dentro da cultura universal.

-1-


DEREITOS DOS ALUMNOS E DAS ALUMNAS

ORGANIZACIÓN DO CENTRO Equipo Directivo Directora: Isabel Piñeiro Cabalo Xefe de Estudos: Antonio Fco. Pereiro Noguerol Secretaria: Mª Rosa Mesejo Santiago Claustro Formado por todo o profesorado do centro Consello Escolar Directora, Xefe Estudos e Secretario Representante do Concello Cinco representantes do profesorado Cinco representantes de pais/nais (Un/unha da directiva ANPA) Unha representante do persoal de Admón. e Servizos Observatorio de Convivencia Escolar Directora, Xefe Estudos, Orientador, catro profesores/as do Consello Dous pais/nais do Consello Equipos de Ciclo Coordinadores/as Titores/as e Especialistas Departamento de Orientación Orientador, especialistas PT /AL Coordinadores de Ciclo Comisión de Coordinación Pedagóxica Directora e Xefe Estudos Orientador e especialistas PT e AL Coordinadores/as de Ciclo Comisión Económica (dentro do Consello Escolar) Directora e Secretaria Un pai ou nai e un profesor ou profesora Equipo de Dinamización da Lingua Galega Coordinador/a e profesorado representante dos Ciclos. Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares Coordinador/a e profesorado representante dos Ciclos. ANPA “Xanela” (Asociación de pais e nais do alumnado do centro) Directiva: Presidente/a, secretario/a, tesoureiro/a e vogais.

-2-

a) Todos os alumnos e alumnas teñen dereito a recibir unha formación que asegure o desenvolvemento da súa personalidade intelectual, afectiva, social, moral e física. b) Dereito á igualdade de oportunidades co establecemento de medidas compensatorias de integración contra a discriminación de calquera tipo. c) A recibir un ensino de calidade que fomente as súas capacidades e a actitude crítica. d) A adquirir unha formación sólida para o exercicio dos valores democráticos. e) Á protección contra toda agresión física ou moral, para previr todo tipo de violencia., en especial a violencia de xénero. f) A participar nas actividades complementarias e extraescolares programadas polo centro. g) Dereito a ser avaliado ou avaliada, recoñecendo a súa dedicación e esforzo, con criterios obxectivos establecidos por nivel ou Ciclo. h) A recibir reforzo educativo ou apoios para compensar carencias persoais, familiares, sociais ou culturais; recibindo orientación educativa, especialmente no caso de presentar necesidades educativas especiais. i) A coñecer o horario semanal de materias. l) A que os seus pais, nais ou titores/as legais fagan as reclamacións das cualificacións tanto parciais como finais nun prazo de cinco días desde que son comunicadas as notas. m) A que as instalacións do centro estean en boas condicións físicas e hixiénicas, respectando as medidas de seguridade que lle son propias. n) A ser tratados con educación e cortesía por toda a Comunidade Educativa.

É responsabilidade dos pais, nais ou titores legais que os nenos e nenas destas idades poidan exercer os seus dereitos.

-7-


OBSERVATORIO DE CONVIVENCIA ESCOLAR DEBERES DOS ALUMNOS E DAS ALUMNAS Plan de Convivencia para a Comunidade Educativa a) Estudar e esforzarse para conseguir o máximo progreso segundo as súas capacidades. b) Asistir puntualmente á clase e participar nas actividades programadas, así se respectan os dereitos dos demais. c) Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar, respectando o dereito ao estudio dos compañeiros e das compañeiras. d) Seguir as orientacións dos profesores ou das profesoras respecto da súa aprendizaxe e formación. e) Respectar os dereitos dos demais membros do Centro, na súa dignidade, intimidade e integridade física; non discriminándoos por razón de orixe, etnia, sexo ou calquera outra circunstancia persoal ou social. f) Cumprir as normas de convivencia do centro e manter as mesmas condutas no comedor e transporte escolar, así como cando se realizan visitas, excursións ou calquera outra actividade organizada polo Colexio fóra do Centro. g) Respectar as instalacións e o mobiliario tanto no horario ordinario e recreos coma nas actividades complementarias das tardes. h) Manter a corrección debida nos cambios de clase, seguindo as instrucións dadas polo profesorado l) Respectar as cousas dos compañeiros e das compañeiras. Pedir permiso ao profesor/a para o uso do material común. m) Devolver os libros e material prestado polo centro en bo estado, ou ben terá que ser restituído polos pais/nais ou persoas responsables. n) Se non se chega ás filas ás 9 da mañá, deberase pasar por Conserxaría para subir á aula co xustificante do atraso. o) Se hai que marchar ou chegar a deshora por motivos xustificados, farase o mesmo trámite.

É responsabilidade dos pais, nais ou titores legais que os nenos e nenas destas idades poidan cumprir algúns dos deberes.

Obxectivos a) Fomentar un ambiente agradable, educando en valores: esforzo no traballo diario, autoestima, solidariedade, cooperación, igualdade de xénero… b) Mellorar os comportamentos persoais, escolares e sociais que conleva o compartir espazos e obxectos de uso común. c) Desenvolver hábitos de respecto cun repertorio de cortesía e bos modais, propios dunha institución educativa. Actuacións (Pautas que nos poden axudar ás familias, aos nenos e ás nenas, ao profesorado, ás monitoras ou aos monitores; en xeral a todo o persoal do Centro) a) Aprendemos a valorar o esforzo das persoas que nos rodean e nos atenden, respectando as individualidades sen prexuízos, coa sinceridade posible, conseguindo pouco a pouco os obxectivos con condutas loables. b) Entrenar no auto-dominio e auto-control para evitar agresións físicas e verbais. Ter en conta que o colexio é unha institución democrática pero xerárquica, con responsabilidades diferentes que non se poden obviar. c) Convencernos de que os conflitos, inherentes, por certo, a toda práctica educativa, hai que resolvelos a través do diálogo, a proximidade (sen personalismos), con comprensión, aceptándonos e perdoándonos mutuamente. d) Inculcamos dende pequeniños que a cada “dereito” lle acompaña un “deber”. (Nas distintas dependencias do cole, na casa, no transporte, nas saídas, na rúa…) Dialogamos sendo autocríticos e construtivos, aportando ideas. e) Fomentamos a participación e a integración a través do traballo en equipo, do xogo, do deporte e outras actividades lúdicas, dentro da educación para o ocio e a cultura. O respecto e consideración polas persoas maiores debemos aprendelo dende a máis tenra infancia.

-3-6-


SUXERENCIAS ÁS FAMILIAS. 1.- Prestar atención á súa saúde e hixiene: * Non se pode aprender moito cando un non se atopa ben. Ver, oír e sentirse ben son tres cousas indispensables para aprender. *Deitarse todos os días á mesma hora, e durmir o suficiente favorece a aprendizaxe (entre 8 e 10 horas é o recomendable) *Vixiar a súa hixiene (ducha, lavar os dentes, cepillar as unllas…) * Controlar o tempo que poden ver a tele, os programas, a consola… 2.- Coidar a súa alimentación: * Mandarlles para almorzar, no colexio, cantidades razoables de alimentos para que non os tiren. Reducir o consumo de doces. Aumentar froitas e pan. * Habitualos a unha dieta variada, a base de vexetais, peixe, carne, leite, ovos e froita; rica en fósforo, calcio e vitaminas. * É moi importante almorzar forte, xantar ben, merendar algo e cear pouco. * Unha alimentación desequilibrada pode orixinar trastornos funcionais e ata orgánicos no cerebro e no sistema nervioso.

* Darlles cariño e confianza cando se esforzan, alentalos interesándonos pola súa actividade e o seu rendemento tomando contacto regularmente co seu profesorado. 6.- É moi importante a unidade de criterios entre pai, nai e persoas de apego á hora de esixir dos fillos e das fillas disciplina e responsabilidade. * Ser firmes pero comprensivos e tolerantes: o respecto, a obediencia, os hábitos de cortesía e cooperación deben aprenderse canto antes. * Potenciar a súa autonomía persoal e social, evitar a sobreprotección. * Colaborar nas tarefas da casa e no coidado de plantas, animais ou moblaxe faraos progresar en habilidades e sentirse a gusto consigo mesmos.

3.- Propoñerlles coidar o seu cuarto e as súas pertenzas dende E. I.: * Revisión todos os días da mochila e deixala preparada pola noite. * Ensinarlles a recoller os xoguetes, a súa roupa, etc. * Participación de todos os membros da familia nas tarefas da casa. * Ler ou facer tarefas con luz adecuada e posturas corporais correctas. 4.- Dialogar e escoitalos pacientemente: * Interesarse polas súas pequenas e grandes cousas con naturalidade, falarlles para desenvolver a súa capacidade de pensar, razoar e xulgar. * Ante calquera problema que comuniquen, contrastar as informacións falando coas persoas adultas responsables (titor/a, profesor/a, monitor/a, etc.) acordando as pautas a seguir. 5.- Evitar as comparacións: * Non comparar ao fillo/a con outro/a, nin entre si. Cada quen ten o seu ritmo de aprendizaxe. * Igualdade de dereitos e deberes para nenos e nenas. Reparto equitativo de tarefas domésticas.

-4-5-

Folleto de convivencia  

Convivencia

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you