Issuu on Google+

00


1.

DEFINICIÓN DE INTERNET ......................................................................2

2.

CARACTERÍSTICAS DE INTERNET .........................................................2

3.

¿COMO FUNCIONA?.................................................................................3

4.

QUE SE PRECISA PARA CONECTARSE A INTERNET?........................5

4.1

TERMINAL ................................................................................................................................ 6

4.2 CONEXIÓN: ............................................................................................................................... 6 LIÑA TELEFONICA........................................................................................................................... 6 CABLE:................................................................................................................................................. 7 SATÉLITE:........................................................................................................................................... 7 REDES SEN FÍOS (WIFI (Wireless Fidelity) ou WLAN:................................................................ 8 REDE ELÉCTRICA:.......................................................................................................................... 9

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

A TRAVÉS DE TELÉFONOS MÓBILES: ....................................................................................... 9 4.3

MÓDEM (Acrónimo de Modulador – Demodulador) ............................................................. 9

4.4

PROVEDOR.............................................................................................................................. 10

4.5

UN NAVEGADOR .................................................................................................................. 10

5.

REDES EN INTERNET.............................................................................10

6.

¿QUE SERVIZOS OFRECE INTERNET? ................................................11

7.

BIBLIOGRAFÍA ........................................................................................15

MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


1.

DEFINICIÓN DE INTERNET É unha rede de redes, formada por unha gran cantidade de ordenadores

que poden intercambiar información entre eles. É unha enorme rede de ordenadores. Para que a comunicación sexa posible, é preciso que existan PROTOCOLOS, que son un conxunto de acordos que determina como se realiza o intercambio de datos entre eles. O

protocolo utilizado por todos

ordenadores que forman parte de internet é o TCP/IP.

2.

CARACTERÍSTICAS DE INTERNET

”

Universal: está estendida por todo o mundo.

”

Fácil de usar: Non é preciso saber de informática para usala.

”

Variada: Pódese atopar case de todo. Tamén é verdade que non todo o

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

que hai é útil e ademais existe sobreinformación, por eso é moi importante distinguir entre a verdadeira información e o lixo. ”

Económica: desde o noso ordenador podemos acceder a gran cantidade de información, podemos comprar, xogar... . Se pensamos o custo que supoñería facer todo esto sen a rede, sería moi elevado. Non só aforramos cartos, senón tamén tempo.

”

Útil: dispón de moitos servizos ós que podemos acceder con facilidade.

”

Libre: os contidos na Rede publícanse sen censura previa, aínda que ás veces pasan por filtros ou administradores. Esto permite expresar libremente as opinións, pero por esta mesma razón pode ser perigosa debido a un mal uso da mesma (pornografía infantil, violencia, xogos pouco axeitados, difusión de páxinas xenófoba...).

”

Anónima: Na maioría dos casos en internet pódese ocultar a identidade e esto pode ter aspectos positivos pero tamén moitos negativos que facilitan cometer delictos.

”

Autorreguladora: non está controlada por ningunha persoa ou país en concreto, e a maior parte das regras que funcionan na rede xurdiron da propia internet. Tamén é verdade que cada vez hai máis países que tenden a regular algunhas cousas concretas sobre a rede e outros directamente só permiten unha navegación parcial.

MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


”

Caótica: non está ordenada nin ten unhas regras estrictas de funcionamento que permitan asegurar que todo funcione correctamente. A información non está ordenada e hai que saber buscala.

”

Insegura: a información viaxa de forma insegura, pero normalmente toda a información se encripta (técnica pola que terceiras persoas non poden acceder á información, só o poden facer emisor e receptor a través dunha clave) antes de

enviala e no destino se desencripta. Tamén supón un lugar ideal para esparexer virus ou contidos non axeitados, mentiras... Un sitio web que traballa cun servidor seguro na barra inferior do

recoñécese porque aparece un

navegador. Tamén aparece cando hai un acceso a un lugar seguro.

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

Internet cada vez é máis segura, si se toman precaucións, que por outra banda son de sentido común.

3.

¿COMO FUNCIONA? Nesta imaxe baixada de AULACLIC podemos ver un esquema bastante

claro do seu funcionamento. Un usuario conéctase a rede (a través dun módem ou router, xa sexa vía

telefónica,

por

cable,

vía

satélite...). Entra en xogo o protocolo TCP/IP, que nos comunica co noso provedor de servizos de internet (ISP) dándolle a coñecer a súa dirección física. Se asigna unha dirección IP e podemos conectarnos á rede. IMAXE Nº 1 (Baixada de AULA CLIC) http://www.aulaclic.es/internet/t_1_1.htm

Cando queremos acceder a unha páxina proporcionamos un dominio que é traducido polos servidores DNS e localizado, entón prodúcese a descarga e a visualización no navegador do ordenador.

MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


TCP/IP: (Transmissión Control Protocol / Internet Protocol). Non é un único protocolo senón un conxunto deles. É o protocolo común utilizado por todos os ordenadores conectados a Internet para que se poidan comunicarse entre si. Encárgase de que a comunicación entre os distintos ordenadores, con hardware (compoñentes físicos que forman parte dun ordenador) e software (conxunto intanxible de datos e programas do ordenador) moi diferentes, sexa posible.

O protocolo IP identifica a cada ordenador que está conectado á rede e é exclusivo. As DIRECCIÓNS IP están formadas por catro números separados por puntos, onde cada un pode tomar valores entre 0 e 255. EX.- 124. 15.220.20.

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

TCP encárgase de que a transmisión da información que viaxa a través da rede se faga sen erros. Os datos van en paquetes que viaxan de forma independente, pero que levan a dirección de destino e polo tanto chegan. Entre orixe e destino pode haber varios camiños diferentes, cada paquete viaxa pola mellor ruta en cada momento, estes xúntanse no destino e se falla algún pídese que sexa enviado de novo.

DNS (Domain Name System) ou sistema de nome de dominio. Nos comezos todas as máquinas tiñan unha direccion IP asociada e esta era a que se escribía no navegador para conectarse cunha determinada páxina. Na actualidade esto é imposible e apareceron os nomes de dominio para formar parte das URL. A función do servidor DNS é a de traducir as direccións URL a números IP para poder saber a onde enviar a información. No navegador escribirmos a dirección que o servidor DNS converterá nun número para acceder a ese lugar.

Calquera ordenador conectado a internet e que teña un número IP denomínase anfitrión ou HOST. As siglas URL significan: Universal Resource Locator, que en español ven a significar "Localizador Universal de Recursos". A URL é o modo que ten internet de identificar calquera tipo de arquivos ou recursos en calquera parte do mundo, é dicir son as direccións que introducimos no navegador para chegar a calquera páxina. Un formato básico dunha URL é:

MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


http://centros.edu.xunta.es/iesdearzua/?q=category/8/110

protocolo

host

dominios

directorio

ficheiro

http://

centros

edu.xunta.es

Ies de arzua

q=category/8/110

PROTOCOLO: Indica como a información será transmitida e recibida. O máis común é o http://. Si aparece https:// estanos a indicar que estamos nunha páxina segura. HOST: Fai referencia a calquera clase de máquina conectada á rede, e por extensión ó seu nome. É o lugar onde reside o sitio. No noso caso ó ordenador chámase centros. DOMINIOS: Xurdiron para facilitar o nomeamento das páxinas. Indícanos a rede onde o ordenador ou servidor reside. Normalmente os nomes de dominio acaban cos denominados DOMINIOS DE PRIMEIRO NIVEL. Aquí englóbanse os que “en principio” se refiren á ocupación do sitio e os que se refiren ós diferentes países. Falamos de “en principio” porque os nomes outórganse por petición e calquera persoa pode comprar un dominio e logo darlle outro tipo de uso. Neste enlace poderás

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

ver os diferentes tipos de dominios: http://www.psicobyte.com/html/dominios.html Ex.- .com (comercios e empréseas) / .edu (institucións educativas) / .org (organizacións non gobernamentais sen fins de lucro / .gov (entidades gobernamentais ou da administración) /. mil (organizacións militares) /. net (operacións en rede)

Ex.- .es (España) / .ar (Arxentina) / .fr (Francia) / .uk (Reino Unido). Os sitios referidos ós EE.UU. non solen levar indicativo de país.

DIRECTORIO: indica a ruta completa, dentro da máquina, do recurso ao que queremos acceder. FICHEIRO: é o arquivo concreto que queremos consultar. No noso exemplo o arquivo refírese ós recursos en internet que seleccionou a biblioteca. NOTA: A parte da URL que fai referencia á máquina (dende o host ó dominio de primeiro nivel) é indiferente si se escribe en maiúsculas ou minúsculas . Pero a ruta de directorios e os arquivos, dependen do sistema operativo do ordenador e a maioría si fan esa distinción.

4.

QUE SE PRECISA PARA CONECTARSE A INTERNET? A conexión a Internet é o mecanismo de enlace co que un ordenador ou

rede de ordenadores conta para a súa conexión Internet, o que permite visualizar as páxina web dende un navegador e acceder a outros sevizos da rede. As empresas que outorgan este servizo reciben o nome de provedores (ISP). Para conectarnos precisamos: ” Un terminal ” Unha conexión ” Un módem ou router MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


” Un provedor ” Un navegador

4.1

TERMINAL Serve para recibir ou enviar información. O normal é que sexa un

ordenador (fixo ou portátil, un netbook...), pero poden ser de outro tipo (móbiles...). Para conectarse a internet non son moi determinantes as características do terminal, senón o tipo de conexión.

NETBOOK: Ordenador portátil de baixo custe e reducidas dimensións, o que proporciona maior mobilidade e autonomía. Úsanse sobre todo para navegar por internet e realizar funcións básicas.

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

4.2

CONEXIÓN: É a que se establece entre o noso ordenador e internet. Pódese facer

de diferentes formas: ƒ

Liña telefónica.

ƒ

Cable

ƒ

RTB

ƒ

Satélite

ƒ

RDSI

ƒ

Ondas radioeléctricas

ƒ

ADSL

ƒ

A través de teléfonos móbiles

LIÑA TELEFONICA ƒ

Rede de telefonía básica (RTB). É o sistema que utiliza a liña telefónica habitual para facer as conexións a internet de forma analóxica. O sinal do ordenador (que é dixital), convértese en analóxica a través do módem e transmítese pola liña telefónica. É a rede de menor calidade e velocidade. Non permite utilizar o teléfono ó mesmo tempo que a conexión a internet. A conexión establécese mediante unha chamada telefónica ao número asignado polo provedor de internet.

ƒ

RDSI (Rede dixital de servizos integrados) que envía información codificada dixitalmente, por eso precisa un adaptador de rede, un dispositivo RDSI (chamado módem RDSI) ou tarxeta RDSI. Integra moitos servizos, tanto de transmisión de voz como de datos nun único acceso de usuario que permite a comunicación dixital entre os terminais conectados a ela. Está sendo case totalmente substituída polo ADSL.

MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


ƒ

ADSL (Asymmetric Digital Subscriber Line ou "Liña de Aboado Dixital Asimétrica"). É unha tecnoloxía baseada na liña telefónica normal que se converte nunha liña de alta velocidade. Permite transmitir á vez voz e datos. Os canais de datos son asimétricos, non teñen a mesma velocidade de transmisión, o de recepción ten maior velocidade que o de envío de datos. Esto permite acadar maiores velocidades no sentido rede – usuario. O envío e recepción de datos establecese a través dun dispositivo ADSL (chamado módem ADSL). A conexión é permanente e no é preciso marcar o número de teléfono cada vez que nos conectamos, tamén permite falar por teléfono ó mesmo tempo. A velocidade de transmisión tamén depende da distancia do módem á centraliña, de xeito que si é maior de 3 Km., pérdese parte da calidade e a velocidade de transferencia baixa.

CABLE:

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

Utiliza un cable de fibra óptica que ten que ter a súa propia liña (non serve a liña tradicional). A compañía subministradora instala o cable coaxial, similar ao da antena de televisión ata o domicilio e aquí conéctase ao cable-módem, que se á súa vez conéctase a unha tarxeta de rede que hai que instalar no ordenador. Ó acender o ordenador xa estamos conectados. Utiliza conexións multipunto, nas que moitos usuarios comparten o mesmo cable (conforme aumenta o número de usuarios, baixa a velocidade de transferencia). Para conseguir unha calidade óptima a distancia máxima entre o nodo e o usuario non debe superar os 500 m.

SATÉLITE: É un sistema de conexión híbrido entre satélite e teléfono. Hai que ter unha antena parabólica dixital, un acceso telefónico a internet (mediante u dispositivo RTB, RDSI, ADSL ou por cable), unha tarxeta receptora para PC, un software específico e unha subscrición a un provedor de satélite. O usuario envía as súas mensaxes e petición de páxinas mediante un módem tradicional, pero a recepción prodúcese por unha parabólica. A velocidade de descarga é moi alta. Outra posibilidade de conexión a internet utilizando o satélite é a través do teléfono móbil conectado a un ordenador portátil. Os datos son enviados ó satélite polo teléfono

MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


IMAXE Nº 2 (Baixada do Instituto de tecnoloxías educativas ) http://www.isftic.mepsyd.es/w3/programa/usuarios/ayudas/tipo_conexion.htm

Tamén nos podemos conectar a través do satélite mediante os servizos das plataformas de televisión dixital, recibindo os datos pola mesma

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

antena que se utiliza para a televisión. As páxinas vense na pantalla de TV e para enviar os datos dende o usuario a internet usamos a liña telefónica, mediante un teclado sen fíos para que escribamos a información que queremos enviar.

REDES SEN FÍOS (WIFI (Wireless Fidelity) ou WLAN: Permite montar redes sen empregar ningún tipo de fíos, utilizando infravermellos ou ondas de radio a frecuencias de libre utilización. A velocidade diminúe coa distancia, abarca uns 100-300 m., pero depende si hai ou non obstáculos. Para recibir o sinal necesitamos un dispositivo WIFI instalado no noso ordenador, entón si atopamos un dispositivo que emita e reciba sinales de internet, e si non está protexida, poderemos conectarnos. Si está protexida deberemos utilizar as contrasinais correspondentes. Úsase bastante nas redes dos fogares, pero cada vez máis hai lugares que permiten conectarse a internet de forma libre (cafés, centros públicos, universidades, bibliotecas, aeroportos...). Os sistemas sen fíos utilizan ondas radioeléctricas

a altas

frecuencias. Ofrece as mesmas posibilidades en canto a servizos, velocidade e calidade que o cable de fibra óptica, coaxial ou o satélite, pero utilízase en lugares onde o cable non chegaría por non ser rendible. O sistema opera no espazo local mediante as estacións de base e as antenas receptoras usuarias, de forma bidireccional. Precísase visibilidade directa entre a estación base e o abonado. MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


Tamén está a desenrolarse un sistema sen fíos (WIMAX) que promete alcances de hasta 50 Km., e unhas velocidades importantes. Permite a recepción de datos por microondas e a retransmisión por ondas de radio. Pretender dar servizos de banda ancha en zonas onde o cable ou a fibra presenta custes moi elevados. Esto facilitaría moito a conexión en zonas rurais.

REDE ELÉCTRICA: Consiste en aproveitar as liñas eléctricas para transmitir datos a alta velocidade, coa tecnoloxía PLC (Power Line

Communications).

Aínda

está

desenrolándose. Os datos chegarán ós fogares pola liña eléctrica e a través dun

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

dispositivo

específico

colocado

no

enchufe, pasándoo ao ordenador. A comunicación

entre

os

diferentes

aparatos da casa tamén se faría vía eléctrica.

IMAXE Nº 3 (Baixada de PC Wor digital) http://www.idg.es/pcworld/Devolo-presenta-su-PLC-a-400-Mbps/doc65452.htm

A TRAVÉS DE TELÉFONOS MÓBILES: Os teléfonos móbiles de gama alta, cada vez se parecen máis a un ordenador e dispoñen dun navegador para conectarnos a Internet. Hai distintos sistemas que tratan de adaptar a tecnoloxía de internet ás pequenas pantallas dos móbiles.

4.3

MÓDEM (Acrónimo de Modulador – Demodulador) É o elemento que establece a conexión entre o ordenador e a liña

telefónica ou de transmisión. O ordenador traballa con información dixital e as liñas telefónicas de forma analóxica. O dispositivo que permite pasar de dixital a analóxico e ó revés é o módem. Segundo o tipo de conexión a internet teremos que usar un tipo de módem distinto ( en realidade módem só é aplicable a liña de telefonía básica, pero a súa denominación ampliouse ó resto de conexións).

MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


Moitos modems tamén son ROUTER (para compartir conexións con varios equipos, formando unha rede local). Tamén no mesmo aparato sole vir un punto de acceso WIFI.

4.4

PROVEDOR É o que nos permite o acceso a Internet, denomínase ISP. Deberá

proporcionarnos todos os datos para crear unha configuración correcta e pode acceder ós servizos que ofrece internet. Ofrecen diferentes tipos de conexión e diferentes tarifas en función dos servizos contratados.

4.5

UN NAVEGADOR É

permite

un

ver

a

programa

que

información

que

contén unha páxina web. Interpreta

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

o código (normalmente HTML) no que está escrito a páxina web e o presenta

na

pantalla

permitindo

moverse pola rede. Son gratuítos e se poden descargar de Internet, polo que ademais é fácil e conveniente telos actualizados. Imaxe nº 4: http://www.chrome-es.com/google-chrome-y-el-negocio-de-los-navegadores/

5.

REDES EN INTERNET Unha rede é un sistema no que se conectan entre si varios equipos

independentes compartir

para

datos

comunicarse e

e

periféricos

(equipamento informático: discos duros, impresoras, escáner...). Estas conexións requiren

aparatos

denominados

ROUTERs, que distribuirá e xestionará a información que se envía a todos os equipos conectados.

Imaxe Nº 5(Baixada de Informáticos) http://informaniaticos.blogspot.com/2007/09/como-crearuna-red-lan-domestica.html MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

IMAXE Nº 6 do curso: Intenet como ferramenta de busca de documentación científica do CEIDA científica http://www.ceida.org/ceida.html

Tamén podemos crear unha rede mediante WIFI, neste caso deberá existir un receptor para cada equipo que desexemos conectar. Moitos dispositivos actuais xa saen ó mercado con receptores WIFI integrados, o mesmo que moitos

móbiles,

videoconsolas...

Os

WIFI

emiten

a

súa

sinal

sen

discriminación, de aí que calquera persoa que estea no radio de alcance do aparato poderá captar a sinal e conectarse a Internet usando esa conexión. Para evitar esto pódense establecer contrasinais.

6.

¿QUE SERVIZOS OFRECE INTERNET? A través de internet podemos realizar moitas cousas:

” Buscar información (obxecto do seguinte tema). Hai millóns de páxinas con todo tipo de información e en todos os idiomas. A esta información accédese

a

través

de

varias

ferramentas

metabuscadores... MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)

como

buscadores,


” Consulta de servizos públicos e xestións a través da rede. Case todos os estamentos públicos facilitan información e servizos a través de internet (facer a declaración da renda, pagar multas, facer instancias, petición de documentos... ) ” Acceso a bases de datos sobre diferentes temas. EX.- consultar catálogos de bibliotecas a través da rede. ” Consultar a prensa, oír a radio, ver televisión.... en liña. ” La World Wide Web (WWW) que é un servizo que permite explorar páxinas de todo tipo. É un dos servizos máis utilizados. ” Correo electrónico (e-mail). Serve para enviar e recibir mensaxes, arquivos,fotos... É un sistema moi rápido e cómodo. As direccións de correo teñen a seguinte forma: nome@provedor.estensión . Unha dirección de correo é única, non pode haber dúas direccións de correo iguais.

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

Ex.- biblioarzua@gmail.com Un problema do correo o SPAM (correo non solicitado ou publicitario) que consiste en obter listas de direccións de correo a través de empresas que as recompilan e venden. Convén ser coidadoso coas direccións de correos (sobre todo si son de traballo ou almacenan datos ou documentos importantes )e ter varias que nos permitan rexistrarnos en diferentes páxinas e nas que non nos importe recibir spam.

PRECAUCIÓNS CO CORREO ELECTRÓNICO: ƒ

Non abrir mensaxes de correo de orixe descoñecido. En caso de dúbidas eliminalo directamente.

ƒ

Non responder a mensaxes en cadea e solicitar ós contactos que non inclúan a nosa dirección neste tipo de envíos.

ƒ

Non facilitar a dirección de correo con lixeireza.

ƒ

Nunca executar unha aplicación recibida por e-mail. Estas mensaxes son a principal vía de contaxio de troianos (que toman o control do ordenador para roubar datos enviar correos lixo dende o noso equipo....)

ƒ

Ignorar as supostas mensaxes do banco solicitando actualizas datos. Ningún banco pide os datos persoais directamente, en todo caso pedirían que contactásemos con

”

eles. ƒ

Non enviar datos confidenciais a través dos e-mails.

MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


PRECAUCIÓNS CO CORREO ELECTRÓNICO: ƒ

Non introducir a dirección e-mail en páxinas desprotexidas. Si se necesita proporcionar o e-mail, deberemos estar seguros da páxina ou utilizar algún tipo de conta especialmente para estes casos.

ƒ

Manter o equipo actualizado, con todos os medios de seguridade ó noso alcance.

ƒ

Non usar para mandar correos masivos o campo “Con copia” ou “Para”, xa que entón cada un terá acceso ó listado completo de destinatarios da mensaxe o que supón unha violación (denunciable) da privacidade. Si é axeitado utilizar este campo para grupos reducidos de persoas dunha empresa, un círculo de amigos, un grupo de traballo... para que quede constancia de todos os destinatarios.

ƒ

Para enviar correos a múltiples persoas utilizar o campo CCO (“Con copia oculta”),

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

deste xeito non terán acceso ó resto dos destinatarios.

Por aquí non se enviarán correos masivos

Enviar correos masivos

MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


” Comunicación

instantánea

(Chats,

videoconferencias,

mensaxería

instantánea, chamadas telefónicas a través de internet). ƒ

Os CHATS son protocolos mundiais para conversas simultáneas por escrito en tempo real. Pódese falar en modalidade pública (onde todos leen as mensaxes dos demais) ou en privado (onde só dúas persoas poden ver a súa conversa. Para entrar nun Chat hai que dar un nome ou “nick” que será como nos coñezan os demais. Convén non dar o noso nome real e ser prudentes cos datos persoais que damos na conversa.

ƒ

As VIDEOCONFERENCIAS : Permite establecer unha comunicación a través de internet utilizando imaxes de vídeo e son en tempo real. Precísase un ordenador con cámara de vídeo, un micrófono para enviar as imaxes e uns altavoces e un monitor para recibir o sinal. Necesita transmitir gran cantidade de datos, de aí a importancia dunha boa

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

conexión, en caso contrario verase e oirase a saltos. Tamén se precisa u programa de videoconferencia. ƒ

A MENSAXERÍA INSTANTÁNEA, permite conectarse con outras persoas en tempo real e enviar mensaxes, correos electrónicos, compartir aplicacións... Ten a característica de que cando nos conectamos a internet, un servidor toma nota e nos avisa si algún usuario da nosa lista persoal, quere comunicarse con nós ou si está conectado nese momento (Ex.- Messenger).

ƒ

CHAMADA TELEFÓNICAS: Permite falar por teléfono utilizando internet como medio de transmisión da voz, supón menor calidade de recepción pero é moito máis barato. Debemos coñecer o número de teléfono da persoa á que chamamos e esta debe estar no ordenador ou teléfono de destino para recoller esa chamada.

” FOROS DE DEBATE: Son espazos de discusión sobre todo tipo de temas e organizados en grupos de discusión. Baséanse información gratuíto e libre.

no intercambio de

Calquera (dentro do foro) pode empezar un

tema, e calquera pode responder, completar ou discutir. Ademais poden enviar mensaxes ó grupo pedindo información sobre un tema e recibir as respostas na dirección e-mail.Poden constituír importantes fontes de información sobre temas específicos.

http://www.rediris.es/list MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


http://es.groups.yahoo.com

http://groups.google.com

” Intercambio de arquivos. Un bo medio para pasar arquivos a través de internet, é o protocolo FTP (File Transmisión Protocol), permite o acceso entre as diferentes máquinas para intercambiar arquivos de calquera tipo. Precísase ter instalado un programa cliente de FTP no noso ordenador e coñecer a dirección do servidor FTP co que queremos conectar. ” DESCARGAR ARQUIVOS (Download). Alguén coloca un arquivo no servidor e o usuario pode descargalo na carpeta que decida. ” PUBLICAR CONTIDOS: Podemos elaborar os nosos contidos e subilos a internet, mediante páxinas web, blogs, webquest, programas de fotos...

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

” XOGOS EN REDE ” COMPRAS DE PRODUCTOS E SERVIZOS ” SINDICACIÓN DE CONTIDOS (RSS ou Atom): É un servizo de distribución de contidos que ofrecen algunhas páxinas ós seus usuarios habituais. Deste xeito os usuarios reciben só os titulares e si están interesados poden acceder ás páxinas buscando máis información. ” WIKIS: É un software para a creación de contidos de forma colaborativa. As páxinas poden ser editadas por múltiples usuarios e poden crear,modificar ou borrar un mesmo texto que comparten. Ex.- Wikipedia. ” REDES SOCIAIS: Son formas de interacción social entre persoas, grupos e/ou institucións. O sistema é aberto e vaise construíndo pouco a pouco. Ex.- Facebook ” INTERCAMBIO DE ARQUIVOS P2P: Ex.- emule. Son programas que facilitan a busca e descarga de arquivos, baséase en compartir arquivos de todo tipo: música, películas, libros e PDF, rutas para GPS,... Cando os utilicemos temos que ser conscientes do respecto ós dereitos de autor.

7. ƒ

BIBLIOGRAFÍA Curso

de

Internet

AULA

CLIC

(on

line)

en

:

http://www.aulaclic.es/internet/t_1_1.htm. Data de consulta Outubro de 2010 ƒ

Taller de web (on line) en: http://www.psicobyte.com/html/taller/url.html Data de consulta Outubro de 2010. MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


ƒ

Ordenadores y portátiles. Com. (on line) en: http://www.ordenadores-yportatiles.com/url.html Data de consulta Outubro de 2010.

ƒ

Educar (on line) en: http://www.educ.ar/educar/recursos-educativos/deque-hablamos-cuando-hablamos-de-internet.html.

Data

de

consulta

Outubro de 2010 ƒ

Eroski consumer (on line) en : http://www.consumer.es/navegadores. Data de consulta Outubro de 2010

ƒ

Neira Pereira, Henrique. Internet: Navegar desde Galicia. Ed..- Xunta de Galicia. Santiago de Compostela 2005

ƒ

De la Cuadra, Elena. Internet: conceptos básicos (on line) en: http://www.ucm.es/info/multidoc/multidoc/revista/cuadern5/elena.htm. Data de consulta Outubro de 2010.

ƒ

¿Qué

es

internet?

(on

line)

en:

¿QUE É INTERNET E COMO FUNCIONA?

http://www.solociencia.com/informatica/influencia-internet-sociedadactual-que-es-internet.htm. Data de consulta Outubro de 2010. ƒ

Introducción

a

los

servicios

de

internet

(on

line)

en:

http://es.tldp.org/Tutoriales/doc-curso-guadalinexiesaverroes/tema5a.pdf. Data de consulta Outubro 2010 ƒ

Servicios

y

herramientas

en

internet

(on

line)

en

:

http://www.educoas.org/portal/bdigital/contenido/valzacchi/ValzacchiCap itulo-1New.pdf. Data de consulta Outubro 2010

MARINA ENGROBA SAL (Outubro 2010)


Internet: que é e como funciona