Issuu on Google+


Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

Tema 1/páx. 2

1.

INTRODUCCIÓN Á PODA .................................................................................................... 3

2.

FERRAMENTAS DE PODA................................................................................................... 3 2.1.

ÚTILES MANUAIS.......................................................................................................... 3

2.1.1

TESOIRAS DE PODAR A 1 MAN (PODADEIRAS) ........................................... 4

2.1.2

TESOIRAS DE PODAR A 2 MANS....................................................................... 7

2.1.3

PERTEGAS ............................................................................................................... 8

2.1.4

SERRUCHOS DE PODA......................................................................................... 9

2.1.5

SERPETAS.............................................................................................................. 10

2.1.6

MOTOSERRAS ...................................................................................................... 10

2.2.

EQUIPOS DE PODA...................................................................................................... 10

2.3.

MATERIAL COMPLEMENTARIO............................................................................ 12

3.

USOS E MANTEMENTO ..................................................................................................... 12

4.

RECOMENDACIÓNS PARA COMPRAR UNHA TESOIRA ......................................... 14

5.

RECOMENDACIÓNS PARA UN BÓ AFIADO................................................................. 15

6.

5.1.

DEFINICIÓN DE AFIAR ............................................................................................. 15

5.2.

FERRAMENTAS DE AFIADO . .................................................................................. 15

5.3.

TÉCNICA DE REALIZACIÓN DO AFIADO . .......................................................... 16

BIBLIOGRAFÍA..................................................................................................................... 18

Marina Engroba Sal


Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

1.

Tema 1/páx. 3

INTRODUCCIÓN Á PODA Nos viveiros é fundamental o control da vexetación e a formación das plantas,

polo tanto a poda é unha práctica que se debe realizar sistematicamente. O dilema entre poda si, poda non, sole xurdir no mundo da xardinería e hai partidarios acérrimos da poda e detractores totais da mesma. Si unha árbore está ben formada en viveiro, as podas só serán de mantemento, incluso pode non podarse durante longos períodos de tempo sen que o seu aspecto e estado de saúde desmereza en absoluto. Nos viveiros ás operacións para formar unha árbore son imprescindibles e fundamentais, sendo preciso coñecer que criterios imos seguir, cal será a forma final, como intervir e cales son as técnicas máis axeitadas e recomendables para esa intervención. A estas cuestións trataremos de dar resposta neste curso.

2.

FERRAMENTAS DE PODA Os útiles de poda son variados e heteroxéneos, así por exemplo, dentro das

tesoiras de unha man hai moitos modelos que se adaptan a distintas circunstancias, con diferentes calidades, ergonomía de uso, etc.... En xeral (segundo Gil-Albert) podemos clasificar as ferramentas de poda en: 2.1 ÚTILES MANUAIS 2.2

EQUIPOS MECÁNICOS DE PODA

2.3

MATERIAL COMPLEMENTARIO, que sen ser exactamente material de corte pode ser tan imprescindible para o traballo como os propios útiles.

2.1. ÚTILES MANUAIS. Constitúen os útiles de poda por excelencia. Podemos citar: ”

Tesoiras de podar de 1 man

”

Tesoiras de podar de 2 mans

”

Pértegas

”

Serruchos de poda

”

Serpetas

”

Motoserras Marina Engroba Sal


Tema 1/páx. 4

Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

1-Tesoiras dunha man tipo by-pass 2-Tesoiras de perfilar ou cortasebes 3- Serrucho de poda 4-Tesoiras de dúas mans by-pass con desmultiplicador 5- Tesoiras de dúas mans de xunque con desmultiplicador

Imaxe obtida en : http://perso.wanadoo.es/belbon1/poda.htm

2.1.1 TESOIRAS DE PODAR A 1 MAN (PODADEIRAS) Son os útiles máis clásicos e utilizados da poda manual. Con elas podemos facer cortes duns 2 cm. de diámetro como máximo (aínda que esto depende da tesoira e da experiencia do podador). En xeral úsanse para podar ramas xoves. Hai gran

variedade

de

tipos,

marcas

e

modelos

de

tesoiras,

pero

basicamente constan dos compoñentes: ”

Corpo da tesoira constituído por dous brazos (1) unidos entre si por un parafuso de xiro (2). Normalmente o corpo e os brazos da tesoira son ocos para diminuír o peso e fabricados en aliaxes lixeiras e resistentes, con dimensións variables e formas diversas de deseño ergonómico para que se adapten á man do podador. Normalmente levan algún tipo de protección (plástica o goma).

”

O parafuso de xiro (2) une os brazos e vai suxeito cun casquillo de presión de plástico e unha parafusa que permite que a tesoira abra sen folguras, para que non produza desgarros na madeira.

”

Unha boca de corte (3). Esta é a parte máis importante, as máis comúns denominadas by-pass constan de: → Contracoitela ou unlla (4) normalmente unida ó brazo superior que é unha peza grosa, curva e roma, que serve de apoio á madeira que vai ser cortada. → Coitela (5), feita en aceiros especiais Marina Engroba Sal

e que é a que

Tesoiras by-pass


Tema 1/páx. 5

Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

verdadeiramente corta. É ancha e plana pola cara en contacto coa unlla e biselada dobremente pola outra cara, que forma o fío do corte e permite ó afiado periódico. É a peza que sofre máis desgaste (polo traballo e afiados continuos) e a que ten maiores riscos de rotura ou cegado. Normalmente son renovables. → As tesoiras de by-pass machacan algo a cortiza no lado da contracoitela, pero como é a coitela a que se coloca do lado da rama que permanece na planta o corte resultante é un corte limpo. Esta é a posición correcta de corte. O sistema de corte baséase no desprazamento da coitela sobre a contracoitela. Poden cortar madeira seca ou verde pero non de tamaño excesivo.

Posición incorrecta (esquerda), posición correcta (dereita) para facer un corte cunha tesoira a 1 man Imaxes: http://www.tiendafelco.com/

→ Algunhas tesoiras teñen un sistema de boca diferente no que a coitela é simétrica e biselada en ámbalas dúas caras, que se aplica sobre unha unlla plana e recta en forma de zafra. Estas tesoiras teñen a vantaxe de cortar con menos esforzo. Aconséllanse para podas de ramas mortas, pero non vivas xa

Tesoiras de xunque

que debido o seu deseño machucan a cortiza da rama, xa que fan un corte por esmagado. Debido a esto tamén prexudican a cicatrización. → Tamén hai tesoiras nas que as dúas partes son coitelas cortantes, úsanse para moi pequenos cortes como en roseiras, bonsais...etc

Marina Engroba Sal

Tesoiras de dobre corte


Tema 1/páx. 6

Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

”

Un resorte que absorbe o esforzo de corte (6). É tamén unha peza clave, que separa ambos brazos e abre a boca para poder dar o corte. Pode ser de flexe e helicoidal. O primeiro é máis usado nas tesoiras máis baratas e coa humidade pode oxidarse, o que dificulta o traballo e inutiliza a tesoira. O helicoidal é moito máis fácil de substituír en caso de perda de tensión o que fai que o seu uso sexa

máis

xeneralizado;

ademais

este

tipo

de

resorte

permite colocar tacos de plástico na base o que amortece o golpe de corte e descansa a man do podador. ”

Peche de seguridade da tesoira (4), que é un simple enganche ou tope que pode ir nos brazos, ou na boca. Este último é preferible porque permite quitar e poñer o seguro coa mesma man que se manexa a tesoira, deixando a outra libre.

”

En ocasións, algunhas tesoiras levan como accesorio un cordón suxeito ó extremo dun dos brazos, que permite a súa colocación na moneca do podador. Para levar comodamente a tesoira sólense usar fundas no cinto. Boca de corte: Coitela Contracoitea Perno de xiro e unión (2)

Muelle (3)

Peche de seguridade (4)

Corpo da tesoira: Brazos (1) Nesta páxina web podemos atopar repostos de tesoiras felco, pero que son interesantes para ver despeces de diferententes modelos de tesoiras. Marina Engroba Sal http://www.pfenagri.cl/productos.php?id=8


Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

Tema 1/páx. 7

Para zurdos Imaxes en: http://www.felco.com/felco/pages/category.page?name=110%20S ECATEURS%20A%201%20MAIN

2.1.2 TESOIRAS DE PODAR A 2 MANS Úsanse para cortes de maior diámetro, de ata 4-5 cm., e como seu nome indica úsanse as dúas mans para facer o corte. Na práctica son análogas ás anteriores, pero coa boca de corte máis grande e moito máis robustas. Os brazos son rectos e longos en madeira ou perfil oco de aliaxe lixeira con varios tamaños comerciais. Non levan resorte de apertura, pero si solen levar tacos de plástico encontrados en ambos brazos para absorber o impacto de corte. Tampouco levan peche de seguridade, pero si solen levar un parafuso especial, dos que suxeitan a coitela ó brazo, que se rompe cando se ve sometido a un esforzo superior ó normal, antes de que se dane a coitela. Neste tipo de tesoiras tamén hai modelos de boca tipo by-pass e de zafra. Tamén se comercializan as denominadas de dobre presión, que son articuladas que permiten traballar ó podador con menor esforzo. Existen tesoiras con brazos regulables en lonxitude. Imaxe obtida en : http://perso.wanadoo.es/belbon1/poda.htm

Tesoiras de corte by-pass (dereita) e zafra (esquerda) 1- Coitela de aceiro con antiadherente 2- Contracoitela 2'- Zafra 3- Dobre articulación ou multiplicador 4- Topes amortecedores 5- Mangos de aluminio

Marina Engroba Sal


Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

Tema 1/páx. 8

Forma correcta (esquerda) e incorrecta (dereita) de colocar unha tesoira de dúas mans para facer un corte preciso Imaxes: http://www.tiendafelco.com/

2.1.3 PERTEGAS Úsanse cando hai quedar cortes en puntos inaccesibles para o podador. Son cabezais de poda montados en pértegas, máis ou menos longas accionadas por un cordel ou algún tipo de sistema para facer o corte. Con este útil é difícil facer a forza suficiente para poder dar cortes grosos, pero o seu uso permite acadar lugares inaccesibles polos métodos anteriores.

Marina Engroba Sal


Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

Tema 1/páx. 9

2.1.4 SERRUCHOS DE PODA Son os útiles típicos a empregar nos cortes de ramas medias con diámetros entre 4 e 10 cm. que non se poden levar a cabo con tesoiras. ”

Hai dous tipos: o Os rectos de entre 25-35 cm. de corte recto ou lixeiramente curvo. o Os que se pregan, normalmente máis curtos que son articulados e que permiten ser dobrados de forma similar a unha navalla. Son máis cómodos de levar ó campo pero son menos robustos e duradeiros, xa que pronto collen deformacións e folguras na articulación.

”

Respecto ós dentes de corte hai tamén de dous tipos: o De dentado universal que leva os dentes nun só plano, afiados nun só sentido, de xeito que só cortan no movemento de retroceso. Son cómodos e non se soen atascar. o De dentado xaponés onde os dentes van en dous planos converxentes (dentes cruzados) cortan tanto en movemento de avance como de retroceso. Conseguen un corte máis ancho e o traballo é máis fácil, non se deforma tanto a folla e hai menos roturas, pero teñen certa tendencia a atascarse.

”

Os serruchos poden levar dentes pequenos ou grandes, segundo o tipo de madeira da árbore a podar, os primeiros son os máis axeitados para madeiras duras e compactas, mentres que os segundos úsanse para madeiras fibrosas e brandas, que dan moitas serraduras ó cortar, o que atascaría os dentes pequenos.

”

Algúns serruchos levan mango oco no que se pode fixar unha pértega para permitir cortes máis altos

Imaxes: http://www.felco.com/ Marina Engroba Sal


Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

Tema 1/páx. 10

Serrucho para poda en altura

Imaxe: http://www.interfasetres.com.ar/productos/herramientasde-poda/serruchos-de-poda

2.1.5 SERPETAS Úsanse para igualar e alisar os cortes feitos con serruchos e para eliminar as barbas que con eles se orixinan. Son curvos, articulados en forma de navalla. As follas son moi afiadas e de varias dimensións.

2.1.6 MOTOSERRAS Son coas que se realizan os cortes grandes de forma rápida e con pouco esforzo. Existen múltiples marcas e modelos con deseños, tamaños e pesos variables. Poden ser utilizadas con unha man e telescópicas. Non se solen utilizar para podas en viveiros, pero si en xardinería e en forestais.

2.2. EQUIPOS DE PODA En moitos casos, as podas hoxe en día fanse con ferramentas pneumáticas e eléctricas, debido a falla de tempo e ós maiores rendementos que se acadan. ”

Equipos pneumáticos. Son bocas de corte convencionais, análogas as tesoiras manuais, pero nas que o corpo da tesoira substitúese por un cilindro pneumático portátil unido a un grupo compresor montado nas costas do podador, nunha carreta

ou incorporado ó tractor. Teñen cabezais de diferentes tamaños para

cortar ramas con diferentes grosores. ”

As tesoiras pneumáticas poden acoplarse en forma múltiple ó compresor o que permite organizar equipos con varias bocas de corte,

servidas

por

varios operarios, dende un

único tractor ou cun só grupo motor. Tamén é factible a montaxe en pértegas para alcanzar zonas altas. ”

Equipos eléctricos: Son bocas de corte convencionais, nas que o corpo da tesoira substitúese por un pequeno motor eléctrico accionado por baterías recargables. Marina Engroba Sal


Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

Imaxes : http://www.felco.com/felco/home.page?

”

As

tesoiras

electricamente

Tema 1/páx. 11

Podadoras eléctricas: para diestros (esquerda) para zurdos (dereita)

accionadas con

baterías

recargables individuais estanse a estender con rapidez, pola súa comodidade, aínda que resultan caras. ”

Implementos de corte utilizados sobre

todo

para

sebes

montados en bastidores sobre o tractor.

Hainos

dentados

múltiples

de

discos

xiratorios

ou de barra cortante en vaivén, pudendo variares dende o plano vertical ó horizontal. Son de gran rendemento e abaratan considerablemente a operación. A calidade do traballo é moi discutible, por eso moitas veces utilízanse como equipos de pre- poda, complementando despois o traballo de forma manual. Marina Engroba Sal


Tema 1/páx. 12

Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

2.3. MATERIAL COMPLEMENTARIO. ”

Os cortes de poda de gran diámetro precisan coidados especiais para a súa cicatrización,

pero en moitos casos tamén os de menor diámetro deben ser

protexidos para facilitar a cicatrización e evitar necroses e podremias na madeira. ”

A protección dos cortes pode facerse de moitas formas, tradicionalmente víñanse facendo con mastics (quentes ou fríos), pero hoxe en día substituídos

por

pinturas.

Solen

usarse

pinturas

están

a

ser

plásticas especiais con

disolventes pouco cáusticos e moi densos. As condicións que deber reunir son: •

Ser o menos cáustico ou fitotóxico posible.

Ser estable ante os cambios de temperatura. Non fluír coa calor, nin agretarse por contracción co frío.

”

De fácil aplicación, con pincel, espátula ou coa man en frío.

Recubrir ben os cortes e secar rapidamente.

Color agradable que non destaque.

Para acadar partes altas pódense empregar escaleiras de moitos tipos e alturas e tamén equipos autopropulsados ou arrastrados con cestos e plataformas hidráulicas. Estes últimos son equipos custosos que requiren espacio para manobrar. En caso de árbores moi grandes, para traballar no interior da copa pódese recorrer a operarios especializados

equipados con arneses de trepa,

cordas e equipos de seguridade. No caso dos viveiros estes equipos utilízanse moi pouco, si en xardinería. ”

Emprego de ataduras, operación moi frecuente na formación de árbores. Normalmente son plásticas e poden ser moi variadas.

”

Titores (canas, fibra de vidro,...). Esta é unha operación básica na formación da árbore que é complementaria da poda.

3.

USOS E MANTEMENTO É fundamental que as ferramentas estean en bo estado, xa que eso supón:

”

Beneficios para as plantas que corren menos perigo de contraer enfermidades.

”

Beneficios para o podador que se vai cansar menos e fará un traballo de mellor calidade. Marina Engroba Sal


Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

Tema 1/páx. 13

Algunhas recomendacións: ”

Cando se remate de podar débese limpar ben as ferramentas utilizadas e desinfectalas. É recomendable desmontalas, preparalas e volvelas a montar.

”

Para limpalas, normalmente úsase alcohol que axuda a eliminar os zumes residuais na tesoira. Si se usa auga e xabón, débese secar moi ben para evitar oxidacións.

”

Comprobar as articulacións e lubricar si fose preciso.

”

Comprobar que estea en perfecto estado para o corte e afiar si fose preciso.

”

Desinfectar ben (en teoría sempre que cambiemos de árbore), na práctica sempre que teñamos a menor dúbida de que unha árbore pode ter calquera problema. Esta operación débese facer sempre que cortemos algunha parte enferma. Tamén se debe facer sempre que cambiemos de especie.

”

Para desinfectar pódese usar alcohol, lixivia ou calquera producto dos que hai no mercado para tal fin. Tamén se utiliza a auga fervendo.

”

Se as ferramentas non se van usar nunha tempada, ádemas da limpeza, precisan un engraxe non só polas partes articuladas, senón por todas as partes metálicas para evitar a oxidación. Tamén se deben gardar nun lugar sen humidade.

”

As ferramentas sempre deberán estar colocadas no seu lugar e en perfecto estado, para evitar perdas de tempo buscándoas ou téndoas que preparar para iniciar unha xornada de poda.

”

Non cortar ramas demasiado grosas coas tesoiras, ademais de facer un mal corte, podemos danar a ferramenta, incluso rompela.

”

Non utilizar as tesoiras de podar para cortar outra cousa que non sexan ramas como tubos, arames... xa que se poden estropear.

”

Non utilizar as tesoiras de cortar ramas en contacto coa terra, si se cortan raíces ou ramas baixas límpaas ben antes.

”

Procurar transportalas dentro da súa funda. Non deixalas no chan ou en calquera outro lugar, ademais de perdelas, pódense danar. Un bo sistema é utilizar un cinto de traballo.

”

Levar varios exemplares cando se vaia a facer unha poda no campo, para poder continuar traballando se xorde algún imprevisto.

”

Levar ó campo unha pedra de afiar que nos permita un afiado rápido para Marina Engroba Sal


Tema 1/páx. 14

Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

continuar traballando. ”

Para cortar e evitar que nos cansemos, primeiro debemos ter unha tesoira adaptada á nosa man e ás ramas que imos cortar.

”

Para facer un bo corte axudarnos da outra man para evitar en certa medida a tensión creada pola rama.

4.

RECOMENDACIÓNS PARA COMPRAR UNHA TESOIRA No mercado hai moita variedade de marcas, modelos e prezos de ferramentas

para podar. Por eso debemos reflexionar sobre varios aspectos antes de facer a compra. ”

Recordar que o barato caro sae. Normalmente calidade e prezo van unidos, de aí que debamos buscar unha boa calidade-prezo.

”

Si a ferramenta é de baixa calidade, durará pouco, cortará mal, será incómoda e pesada (pouco ergonómica), non terá recambios e rapidamente perderá as súas calidades. Ademais non fará cortes axeitados e acabaremos coas mans desfeitas.

”

O peso é fundamental, sobre todo cando hai moito que podar. Na actualidade fabrícanse de aluminio, fibra de carbono... de forma que resultan moi resistentes e lixeiras. Está claro que son máis caras.

”

Tamén é importante o tamaño. Debe ser axeitado por unha banda ás ramas que temos que cortar e por outra á nosa man. De feito hai “tallas “ en función das persoas. De aí que debamos comprar unha que se axuste a nosa man. Si compramos unha ferramenta pequena non poderemos cortar certas cousas ou tardaremos máis, pero si a compramos moi grande non a aproveitaremos e cansarémonos máis. Para determinar a nosa talla: debemos poñer a tesoira aberta sobre a palma da man e debemos pechala sen que a postura sexa forzada, así evitaremos dores ó facer un uso intenso.

”

Existen no mercado tesoiras para zurdos.

”

Comprar

tesoiras

fabricadas

en

materiais

duradeiros

e

preferentemente

inoxidables. ”

Mellor comprar tesoiras tipo by-pass que de zafra.

”

Si podemos debemos ter varias tesoiras que se adapten ós diferentes traballos.

”

Das tesoiras de dúas mans existen modelos de dobre articulación ou multiplicadoras que fan que con menos esforzo, poidamos cortar ramas máis Marina Engroba Sal


Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

Tema 1/páx. 15

grosas. ”

Tamén nos facilitarán o traballo (será máis cómodo), detalles como: botón de bloqueo (en tesoiras de unha man), coitelas intercambiables e antiadherentes, ranura para evacuar a sabia, ergonómicas (comodidade, movemento rotatorio da empuñadura, adaptación á man...), mangos forrados, topes amortecedores de goma (en tesoiras de dúas mans), correa de moneca (en tesoiras de unha man)

5.

RECOMENDACIÓNS PARA UN BÓ AFIADO

5.1. DEFINICIÓN DE AFIAR . AFIAR: Consiste en dar de novo á coitela dunha ferramenta cortante, a súa forma orixinal para que poida facer o seu traballo dunha forma eficaz. Segundo o tipo de ferramenta, e segundo o tipo e estado da coitela pódense utilizar distintos útiles: moas, limas ou pedras. Sempre é preferible reafiar unha ferramenta antes de que o fío estea fora de uso, un afiado de mantemento é máis fácil e moito máis rápido que a recomposición do fío. O afiado efectuarase sempre polo lado do bisel realizando os pasos: ”

Recomposición ou desbaste do bisel (normalmente con moa de grao groso)

”

Afiado do bisel con moa de grao fino ou pedra de auga.

”

Eliminación de rebabas e afiado final con pedra de grao fino ou moi fino, polo lado contrario do bisel.

”

Cando a coitela dunha ferramenta está moi deteriorada, é preciso primeiro recompoñer a coitela coa lima ou moa e logo afiala coa pedra.

5.2. FERRAMENTAS DE AFIADO . ESMERILADORA. Son moas manuais ou eléctricas con graos abrasivos, de diferentes grosores e materias. As moas tamén poden ser de pedra natural, de aceite ou de auga.

Imaxe en: http://www.casaactual.com/articulo.asp?Id=98

Marina Engroba Sal


Tema 1/páx. 16

Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

LIMAS de afiar. Son ferramentas con estrías nun só sentido e de moi diversas formas que se adaptan as distintas ferramentas a afiar. EX.- Para afiar a cadea de motoserra son redondas. Limas triangulares para serruchos. Para as tesoiras empréganse unhas pequenas limas pequenas planas.

PEDRAS: Son os útiles de afiar que máis se empregan no afiado de tesoiras e outras ferramentas de poda. Para elexir unha pedra hai que ter en conta a calidade do grano , a súa forma e o materiao da ferramenta a afiar. Normalmente úsase unha pedra de grao medio para o desbaste e unha de grao fino para o acabado. TIPO DE ACEIRO

TIPO DE PEDRA EMPREGADA

Aceiros normais

Pedra de corindón ou pedra natural

Aceiros especiais ou ó carburo de tungsteno

Pedra ó carburo de silicio

Distinguiremos dúas formas de pedra: Pedras planas onde a ferramenta se frota sobre a pedra, son rectangulares e poden ter caras con diferente granulado. Pedras con formas alongadas que se utilizan coa man frotándoas sobre o obxecto a afiar, as súas formas varian segundo o tipo de ferramenta. Para as tesoiras de podar úsanse as alongadas, rectas, triangulares ou ovaladas. O seu tamaño tamén é variable, normalmente pequenas de bolsillo.

5.3. TÉCNICA DE REALIZACIÓN DO AFIADO . Pásase varias veces a pedra sobre o fío, respectando o ángulo de corte. Se o fío está danado hai que recompoñelo antes cunha lima. Marina Engroba Sal


Tema 1/páx. 17

Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

Pedra de afiar de aceiro temperado con recubrimento diamantado.

Pedra de afiar

de corindón de gran

pureza, de grao medio e fino. Indeformable. Imaxes en felco: http://www.felco.com/felco/home.page?culture=hq-es

Pedra de afiado sintética con dous tipos de grao. Recoméndase o seu uso humedecida e aceite.

Imaxes en Bahco: http://extranet.bahco.com/CONndc.asp?Save_UID=1&wp= &GotoCat=true&cmbLanguage=10

Afiador con placa de metal duro para toda clase de follas. Mango bicompoñente que axuda a

unha cómoda

subxección. É de dobre fío de carburo de tungsteno para unha longa duración. Pedra

Marina Engroba Sal

de

afiar

triangular.


Tema 1/páx. 18

Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais

6. ƒ

BIBLIOGRAFÍA Gil- Albert, Fernando. Las podas de las especies arbóreas ornamentais. Ed..Mundi prensa. Madrid 2001.

ƒ

La poda ornamental (on line) en: http://perso.wanadoo.es/belbon1/poda.htm. Data consulta novembro 2010

ƒ

Elegir

unas

tijeras

de

podar

(on

line)

en:

http://jardinplantas.com/category/herramientas/. Data consulta novembro 2010 ƒ

Como

afilar

herramienta

(on

line)

en:

http://www.casaactual.com/articulo.asp?Id=98. Data consulta novembro 2010 ƒ

Ferramentas

felco

(catálogo

on

line)

en

:

http://www.felco.com/felco/home.page?culture=hq-es Data consulta novembro 2010. ƒ

Drenou, ChristopheLa poda de los árboles ornamentais. Ed..- Mundiprensa

Marina Engroba Sal


Ferramentas de poda