Page 1

CONTO DE XOÁN PEDRO Teño un amigo en Malpica que se chama Xoán Pedro. É algo máis novo ca min e é carpinteiro. Tamén é, nos seus ratos libres: cazador, pescador, mariscador,…. e taxidermista ( disecador de animais). Xoán Pedro é un home moi forte e moi valente. Na mocidade, levado polos desexos de aventuras, quixo imitar a “Rambo” e foi facer a mili na “Legión”, en África. Un día contoume que fora recoller percebes pola costa de Malpica, á zona do Riás e, no fondo da marea, nunha greta, veu unha impresionante piña de percebes. Nunca tal vira!. O soño dos percebeiros/as! Eran coma puños! Meteuse a collela e, o lugar era tan angosto e estreito que quedou atrapado entre as paredes. A marea subía e el non podía ceibarse. Pouco a pouco a auga foille chegando ata o pescozo. Resignado a morrer, pensou que si libraba daquela, xamais volvería aos percebes.


Pensou con tristura na súa muller e na súa filla. Despediuse delas …. e … De súpeto, notou un inmenso alivio. Nin presión das paredes, nin afogo, nin …. Notou un profundo benestar. Sentiuse ceibo. Pensou que xa …., que morrera. Mais non, non estaba morto. Estaba cheo de vida. Coma se volvera a nacer. Con gañas de ver á súa muller e á súa filla, botou a correr costa arriba, sen importarlle os percebes que recollera, nin o trueiro, nin a rapeta, que deixou por alí tirados. Chegando a casa e pensando na experiencia que acababa de vivir, chegou á conclusión de que quedara ceibo pola contracción do seu corpo ao irse arrefriando. Miragreiramente,, debíalle a vida á Física!


Conto de Xoán Pedro  

conto de mar

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you