Issuu on Google+


IX Edición Premios EGANET • Presentación de EGANET • Premios EGANET • A IX Edición - Premios EGANET’12 o Categorías o Xurado o Gala dos Premios EGANET 2012


Presentación de EGANET EGANET é a asociación de empresas galegas que desenvolven software e ou servizos TIC. Creouse no ano 2000, co obxectivo de aglutinar ás empresas que representan o corazón das TIC e que abarcan as cinco principais áreas de negocio: 1.2.3.4.5.-

Internet e Medios On Line Comunicación Interactiva en Novos Medios Consultaría e asesoramento TIC Conectividade e Integración de Sistemas Desenvolvemento de Software

EGANET, como patronal das TIC galegas, é o referente no sector e representa e defende os intereses das empresas e profesionais que desenvolven a súa actividade empresarial neste ámbito. A asociación conta cunha estrutura propia que lle outorga a independencia necesaria para desenvolver os proxectos e as reivindicacións que se precisan no sector para que este sexa un dos piares fundamentais na economía galega. EGANET defende o libre mercado, dá servizos ás empresas asociadas e traballa para conseguir a adaptación da cidadanía ao uso das novas tecnoloxías, como ferramenta de mellora ante a competitividade tanto nos sectores empresariais como no desenvolvemento individual. Traballa pola integración tecnolóxica dos colectivos menos favorecidos e defende e potencia a presenza da muller nas TIC. A asociación potencia sinerxías entre empresas tanto do propio sector como nos sectores non TIC, converténdose no referente tecnolóxico do tecido produtivo e con especial incidencia nos ámbitos como o cultural, o ensino, a administración local, o audiovisual, turismo, etc. A transversalidade do sector e a visión de conxunto que outorga a traxectoria asociativa, permítelle anticiparse ás necesidades que se van creando, podendo ofrecer o coñecemento e as ferramentas necesarias para cubrilas. Mudar hábitos e conseguir o escenario preciso para que se recoñezan as particularidades das empresas motoras das TIC é traballo diario e constante na asociación.


Premios EGANET Os Premios EGANET naceron no ano 2003 e son un galardón á calidade de traballos realizados por empresas que realizan a súa actividade en Galicia. Trátase da iniciativa de maior proxección social das levadas a cabo pola Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET). Con nove edicións de historia, os Premios EGANET son o acto de maior repercusión das TIC galegas, onde se recoñece o labor de profesionais e empresas galegas que traballan con tesón no desenvolvemento do sector da Sociedade e do Coñecemento en Galicia. Con esta iniciativa EGANET promociona e serve de plataforma de lanzamento para os proxectos realizados de xeito íntegro por empresas galegas, dando a coñecer a tódolos sectores da sociedade galega os resultado, calidade e profesionalidade das empresas neste ámbito. A exposición dos traballos que chegan a finalistas constitúe un medio de achegamento ao tecido empresarial e á cidadanía galega dos beneficios e enormes posibilidades que ofrece na actualidade o uso de internet e das novas tecnoloxías. Amósase de xeito explícito e con exemplos completos, os resultados da firme aposta pola Rede das empresas e profesionais galegos e das súas aplicacións e melloras que nos proporcionan. A calidade e alto número de proxectos presentados en cada edición son o aval do interese e recoñecemento que o sector TIC lle outorga aos Premios EGANET. Evolución de Candidaturas 300 Nº de Proxectos presentados

262 250 221 200 150

192

185 158

163

2006

2007

181

122

100 50 0 2005

2008

2009

2010

2011

2012

Ano de celebración dos Premios

Elaboración propia. Cómpre sinalar que nos Premios ’11 e ‘12 as categorías foron 5, mentres que no 2010 eran 8 e no 2009 eran 9. Polo tanto, o aparente descenso no nº de candidaturas non é real.


A IX Edición – Premios EGANET´12 Poden presentar as súas candidaturas a estes premios empresas, profesionais, asociacións,

organizacións

empresariais,

ONGs,

entes

públicos

e

calquera

outro

organismo con sede social en Galicia que realicen proxectos no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións. De non ter razón social en Galicia poden participar sempre que teñan relación clara coa cultura, lingua ou sociedade galega.

CATEGORÍAS E PREMIOS ESPECIAIS As categorías que se recolleron foron cinco, ás que se lle engadiu o Premio Especial EGANET que a Asociación outorga ao proxecto, entidade ou personalidade galega que dende a última edición, máis se esforce en dar a coñecer e impulsar a realidade galega no contorno Internet e, deste xeito, contribúa a promocionar as novas tecnoloxías en Galicia. Para este premio non se reciben candidaturas xa que son as propias empresas socias de EGANET as que propoñen e elixen ao premiado. As CATEGORÍAS na IX Edición dos Premios EGANET foron as seguintes:

Premio Proxecto Colaborativo Empresarial TIC Á que podían optar os proxectos colaborativos de 2 ou máis empresas galegas. Se participaron empresas foráneas a porcentaxe mínima de participación das galegas debe ser, como mínimo, dun 75%. Valorouse especialmente o seu grao de innovación, a súa repercusión social e económica, a xeración de emprego e a aplicación de políticas de responsabilidade social empresarial, así como a utilización óptima das NTIC.

Premio Emprendedor TIC Podían optar as empresas con menos de 3 anos de antigüidade que desenvolveran un proxecto empresarial relacionado directamente con Internet ou outras NTICs. Valorouse especialmente o seu grao de innovación, a súa repercusión social e económica, a xeración de emprego e a aplicación de políticas de responsabilidade social empresarial así como a utilización óptima das NTIC na súa estratexia empresarial.


Premio Aplicación Software Nesta categoría cabían os produtos orientados, ben a mellorar e sistematizar procesos no seo das empresas ou outras entidades, ben a ofrecer ferramentas dixitais que amplíen as posibilidades dos traballos tradicionais. Valorouse a interactividade, o carácter innovador, a adaptabilidade aos distintos soportes dixitais, o deseño visual dos proxectos e a valoración da/s entidade/s que teña/n a aplicación implantada.

Premio Comunicación Dixital As mellores iniciativas relacionadas coa Publicidade Online, Social Media, etc. Podían ser tanto campañas como resultados de desenvolvementos de software, como calquera proxecto que tivera un impacto no eido da comunicación online. Especialmente valorados aqueles proxectos que integraban adecuadamente diferentes soportes e tecnoloxías. Valorándose a orixinalidade, a planificación, a creatividade e os resultados obtidos co proxecto.

Premio Negocio Online Esta categoría recoñeceu a creatividade e a innovación para a comercialización na rede, sendo de especial interese os proxectos de empresas que tiveran aproveitado a Rede para redefinir os seus procesos empresariais ou os seus obxectivos, integrando totalmente a súa presenza online nun plano estratéxico empresarial. Valorouse a novidade, o nivel de participación do sector, a mellora da competitividade, a constancia temporal, a integración de internet na súa estrutura de negocio e non como un sistema máis de comunicación, aportando un uso óptimo das posibilidades do comercio electrónico entendido no seu sentido máis amplo, non limitado á venda online.

CRITERIOS TRANSVERSAIS DE VALORIZACIÓN De acordo cas liñas estratéxicas e de traballo de EGANET foron criterios de valor, ademais dos indicados en cada categoría, os seguintes:


¾

Grao de detalle da información a valorar

¾

Deseño, creatividade, innovación

¾

Inclusión dixital

¾

Igualdade, plans de conciliación, RR.HH. e RSC

¾

Colaboración e cooperación

¾

Internacionalización

¾

Relación do proxecto co incremento de facturación

¾

Target de clientes

COMPOSICIÓN DO XURADO O xurado é externo a Eganet e da súa valoración saen os 4 finalistas de cada categoría sendo un deles o gañador que só se coñece no transcurso da Gala. Nesta edición o xurado estivo formado por: 9

Alejandro Lamas

9

Amancio Varela

9

Antonio Pérez

9

Beatriz Legeren

9

Carlos Otero

9

Comunidade Lacon Network

9

Fernando Sarasqueta

9

Fernando Suárez

9

Gonzalo Garre

9

Iago Soto

9

Jacobo García-Durán

9

Javier García

9

Javier Varela

9

Jose Gainzarain

9

Luisa Pena

9

Marcos Saco

9

Marcus Fernández

9

Óscar García

9

Pablo López

9

Rubén García

9

Xabier Cid


GALA DOS PREMIOS EGANET Celebrada o 1 de febreiro de 2013 no Palacio de Exposicións e Congresos de Galicia, en Santiago de Compostela.

Recepción de autoridades

(de esq. a dereita) Víctor López, Mauro Fernández, Amelia González e Ana Búa

(de esq. a dereita) Víctor López, Javier García e Gil Bernárdez


Montaxe de escenario

Vista xeral de pĂşblico asistente

Presentador da Gala, VĂ­ctor Grande (humorista)

Momentos da Gala


Premio Aplicación Software

Proxectos finalistas: OnTouch DS de OnTouch (Gañador) Sheltrack de Igalia SetPay de Sarela Innova eVidens de Ilux Visual

Proxecto Gañador: OnTouch DS

Entregou o premio Ana Búa


Premio Comunicación Dixital

Proxectos finalistas: ARTEC primavera 2012 de Nasas Social & Media (Gañador) Pandeireta Pro de Galinus Stabri de Ángel Téllez A Torre dos Mouros de Grupo Novos Medios - USC

Proxecto Gañador: ARTEC

Entregou o premio Gil Bernárdez


Premio Proxecto Emprendedor TIC

Proxectos finalistas: PETRILLA TECH (Ga単ador) WIIMBO PRODUCTIONS SIGUETULIGA.COM GEODOING

Proxecto Ga単ador: Petrilla Tech

Entregou o premio Comunidade Lacon Network


Premio Proxecto de Negocio Online

Proxectos finalistas: Construdata 21 (Gañador) Eat Galicia Óptica Diagonal Perfumes TIN TIN

Proxecto Gañador: Construdata 21

Entregou o premio Amelia González (Concello Santiago de Compostela)


Premio Proxecto Colaborativo Empresarial TIC

Proxectos finalistas: LIFE+AtlanticVineyards da Deputación de Pontevedra (Gañador) Bits for Meetings de Primate e Ipoki Probeta de A Navalla Suiza, Cen Litros Metro Cadrado e Ekinocio App Eleccións Galicia de Bahía Software e Grupo El Correo Gallego

Proxecto Gañador: ARTEC

Entregou o premio Eduardo García, Director da Escola de Negocios Novacaixagalicia


Premio Especial EGANET Fora de concurso, EGANET reserva un Premio Especial para aquela entidade, empresa ou persoa que máis traballara para o desenvolvemento das TIC galegas. Un recoñecemento feito polas propias empresas socias de Eganet xa que son elas ás que propoñen posíbeis candidaturas para logo proceder á votación e obter ao gañador. Un proceso que demostra a implicación e participación das empresas e a democracia pola que se rixe a asociación.

Nesta edición o Premio Especial foi adxudicado, a título póstumo, a Víctor Gulías, que foi profesor da Universidade da Coruña e director da CITIC.

A súa traxectoria profesional, o seu coñecemento académico e a súa paixón polas TIC permitiron a creación de proxectos empresariais que acadaron éxitos e recoñecementos internacionais que nos abriron as portas a novos mercados posicionando e avalando a profesionalidade, calidade e innovación dos produtos e servizos das TIC galegas. A súa paixón polas TIC, o seu carácter visionario e a súa capacidade innovadora foron as bases do seus éxitos e hoxe queremos recoñecerllo.


Recoñecemento a 10 anos de proxecto empresarial TIC

A situación socioeconómica fai que o noso tecido empresarial TIC adoeza dun alto risco de disolución ou de reconversión. É por isto, que son poucas as pequenas empresas TIC que chegan a percorrer unha andaina de 10 anos. EGANET sabe que os listóns, económicos e humanos, están moi altos para a maior parte destas empresas, mais tamén sabe do tesón, do atrevemento e do esforzo co que encaran esta realidade. Vaia pois o noso recoñecemento e os nosos parabéns a estas empresas, socias de EGANET, que levan unha década traballando, innovando e implicándose para achegar á sociedade galega ás novas tecnoloxías.


Discurso de peche de Víctor López, Presidente de EGANET Boas tardes a todos e a todas. Noraboa a todos os premiados e moitos ánimos para continuar co voso proxecto. Noraboa tamén a todo o sector TIC Galego pola cantidade e sobre todo pola calidade dos proxectos presentados a esta NOVENA Edición dos Premios EGANET, unha mostra clara da solidez e do empuxe da industria TIC Galega. Agradecementos aos nosos Colaboradores que esperamos seguir contando con eles na vindeira edición, e que haxa outros moitos que sigan os seus pasos. Levamos uns cantos anos duros e a suma vai minguando enerxías, incrementando frustracións e vendo, cada día máis, situacións desesperadas e proxectos que se pechan despois de moitos riscos e esforzos por parte dos seus promotores. EGANET non é allea! Desde a Directiva fixemos un esforzo e buscamos alternativas para poder realizar esta IX edición. Un traballo que nos permitiu a colaboración coa LaconNetwork e que deste xeito a Gala dos Premios se unira á 3rd LaconNetwork para facer a Festa das TIC. Unha unión á que se sumaron moitas outras persoas e empresas que de xeito desinteresado nos prestaron os seus servizos e aplicacións. Vaia pois un recoñecemento especial a todos e todas. Só nos queda, polo tanto, aproveitar a ocasión que nos brinda este acto para alentar a todos os axentes, e en especial ás Administracións Públicas, a que conten decididamente co sector TIC Galego á hora de planificar e xestionar as súas futuras políticas sectoriais. Lembrarlles que os axentes sectoriais intermediarios son precisos para canalizar e acompasar os ritmos dos sectores públicos e privados e que este labor non se pode facer cunha política de costas viradas e petos pechados. Como sabemos, o sector TIC galego non se caracteriza por grandes empresas, máis ben ao contrario, na súa maioría somos pemes e micropemes mais estamos convencidos que a colaboración entre grandes e pequenas conseguirá romper barreiras e levaranos a afianzar a un sector que precisa de mellorar en puntos estratéxicos como son o I+D+i e a internacionalización. Precisamos o apoio e fomento de redes colaborativas entre empresas, que as Administracións debuxen un escenario onde o sector TIC Galego poida competir e medrar, un escenario e unhas condicións que permitan consolidar postos de traballo e riqueza en Galicia. Para isto é fundamental que os axentes públicos, os que en maior medida arrastran a actividade económica, tanto deste coma doutros sectores produtivos, teñan en conta a realidade da estrutura empresarial Galega, e abran as portas e permitan entrar ao sector TIC Galego nos grandes proxectos TIC que se desenvolvan en Galicia, estes proxectos serán o aval das empresas Galegas nos seus plans de Internacionalización. A industria das Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información en Galicia ten forza innovadora e creativa, como acabamos de ver nesta Gala, pero esta industria precisa facerse forte, medrar, consolidarse e abrirse a novos mercados, e para iso precisa de medidas que palíen a actual situación. Agardamos que este sexa o ano do comezo da recuperación e con el o do crecemento das TIC. Moitas grazas.



Premios EGANET 2012