Page 1

Gandhi


Aínda que foi o artífice da independencia da India (1947), Mahatma Gandhi raramente é evocado por ese logro. En primeiro lugar, porque o máis inspirador da súa figura non reside tanto na fin como nos medios, é dicir, nas súas case tres décadas de perseveranza nun activismo pacifico fundado na non violencia e na forza das conviccións.


En segundo lugar, porque as súas metas abarcaron a abolición das castas, a xustiza social, a transformación das estruturas económicas e a concordia entre relixións.


Biografía


Mohandas Karamchand Gandhi naceu o 2 de outubre de 1869 na cidade costeira de Porbandar situada no estremo nordeste de India, na rexión de Gujarat que era entón un mosaico de minúsculos principados, cuxos gobernantes tiñan un poder absoluto sobre a vida dos seus súbditos.


O seu pai, Karamchand Gandhi, era o primeiro ministro de Porbandar e pertencía á casta dos Bandias, a casta dos mercaderes de proverbial astucia e habilidade no comercio. Súa nai, chamada Putlibai procedía da secta dos Pranamis, que mesturaban o hinduísmo coas ensinanzas do Corán.


A nai de Gandhi era unha muller profundamente relixiosa e austera que dividía o seu tempo entre o templo e o coidado dos seus. Na formación espiritual de Mohandas, que sentía un ilimitado amor polos seus pais, concorreron, ademais da adoración da deusa Visnú que profesaba a familia, unha serie de culturas e credos amalgamados: o hindú, o musulmán e o “jain”.


Este último tivo especial influencia na súa filosofía: os jainistas practicaban a non violencia non só cos animais e os seres humanos, senón incluso coas plantas, os microbios, ou auga, o lume e o vento.


O 30 de Xaneiro de 1948, cando ao anoitecer se dirixía á pregaria comunitaria, foi alcanzado polas balas dun mozo hindú. Tal como o predixera a súa neta, morreu como Mahatma, coa palabra Rama (“Deus”) nos seus beizos.


Lucía Cancela Rodríguez e Brais García Rey Curso: 6º A.

Arredor De Gandhi  

Saber sobre Gandhi

Arredor De Gandhi  

Saber sobre Gandhi

Advertisement